O goberno de Vigo proxecta crear un segundo rocódromo en VigoZoo

0

O Concello xa habilitou un primeiro no pavillón de Quirós, en Sárdoma, pendente de apertura, e planifica outra instalación de escalada no parque da Madroa

O alcalde expuxo ambos proxectos este martes a Peña Trevinca, Montañeiros Celtas, Azimut e á Federación Española de Deportes de Montaña para recoller as súas impresións

A parede do pavillón de Quirós, polideportivo que ultima a súa inauguración, cumpre con todos os requirimentos do ámbito da escalada e o Concello contou para o seu deseño co asesoramento do equipo técnico responsable do último rocódromo olímpico, segundo revelou este martes Abel Caballero.

Precisamente o alcalde anunciou que o goberno que preside proxecta habilitar unha segunda instalación vertical destas características, desta volta en VigoZoo, ao aire libre e con doce metros de altura.

Xunto ao edil de Deportes, Abel Caballero mantivo na mediodía deste martes unha entrevista con representantes do Club de montañeiros Peña Trevinca, do Club Montañeiros Celtas, Club de Montaña Azimut e da Federación Española de Deportes de Montaña. A eles transmitiulles os proxectos municipais e recibiu as súas suxestións “para que queden na mellor situación posible”.

O Concello abriu a rúa Rosal logo da súa humanización

0

O alcalde asistiu este martes á inauguración da rúa, remodelada cun orzamento de 385.000 euros

A obra incluíu 700 metros de novas canalizacións soterradas, alumeado público, xardineiras e beirarrúas de granito, e supuxo a ordenación do estacionamento do final da rúa, para facilitar o paso seguro de vehículos e peóns

A rúa Rosal, xusto ás costas do campo de fútbol federativo de Coia, non ten saída e finaliza nunha zona de aparcamento que vén de ser adecuada coa humanización. Trátase dun viario con moito tránsito de persoas e vehículos, tanto polos residentes como polo recinto deportivo e o supermercado alí emprazado, o economato de Citroën.

O Concello acometeu nos últimos meses a súa humanización, cun orzamento de 385.000 euros. Este martes, o alcalde, Abel Caballero, descubriu a placa conmemorativa da actuación xunto ao tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, e a edil de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez.

“Foi unha obra moi importante”, en verbas de Caballero, que supuxo a renovación de setecentos metros de redes de servizos soterradas: augas pluviais, saneamento, abastecemento e telecomunicacións. As antigas canalizacións “estaban nun estado terriblemente malo”.

O goberno de Vigo renovou tamén as beirarrúas, agora adaptadas á normativa de accesibilidade, e ordenou as zonas de aparcamento de vehículos, incluída a do final da rúa, cun acabado de formigón impreso similar aos do entorno.

Ademais, os traballos executados ao longo dos últimos meses significaron o cambio da rede de alumeado público e a disposición de dez novos puntos de luz e catro máis de reforzo nos pasos de peóns. O Concello tamén renovou toda a sinalización horizontal e vertical, instalou novas papeleiras, xardineiras e rede de rego.

“Había xente alí que nos felicitou, porque aquelo estaba nun estado absolutamente lamentable e catastrófico”, valorou o alcalde: “Esta é a cidade que herdamos e pasaron ducias de anos sen que ningún alcalde ou alcaldesa fixera nada en toda a zona de Coia. En todas as zonas de Vigo, debo dicir”.

Gondomar pon en marcha a II edición do programa “Abriendo Portas”

0

Trátase dun programa de fomento á lectura impulsado pola Concellaría de Xuventude e que na súa primeira edición tivo unha gran acollida entre a mocidade á que vai dirixida a iniciativa

“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram @omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.

Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.

O BNG de Vigo propón medidas para enfrontar a soidade ante a falla de respostas do Goberno municipal

0

A fronte nacionalista pide despregar un programa multidisciplinar de acompañamento das persoas que viven soas, un problema social que afecta a 25 mil fogares da cidade

Xabier P. Igrexas: “A resposta do goberno de Abel Caballero a este problema crecente foi deixar sen executar as partidas para actividades para persoas maiores en 2021”

O Bloque Nacionalista vén de propoñer medidas para enfrontar a soidade en Vigo, un problema social que vai en aumento e que afecta hoxe a preto de 25 mil fogares da cidade. A fronte nacionalista pide despregar un programa municipal de acompañamento das persoas que viven soas ante a falla de respostas e recursos por parte do Goberno municipal.

“A soidade non atendida e acompañada constitúe hoxe un problema social de primeira magnitude, unha realidade que se ten incrementado por volta dun 30% desde o ano 2007 e que se agravou de maneira severa por efecto da pandemia do coronavirus”, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que destacou os graves efectos psicosociais que a soidade ten sobre a saúde das persoas maiores.

O Bloque pide destinar un orzamento mínimo de 3 millóns de euros para ese programa municipal de acompañamento, como xa propuxera nas emendas á recente incorporación de remanentes nas contas municipais. “Un programa que dote á cidade dunha rede de recursos de carácter multidisciplinar -en colaboración co tecido asociativo, outras administracións e coa rede sanitaria- que permita ofrecer de maneira continuada, durante todo o ano, un programa de actividades e servizos para enfrontar con decisión a soidade”, salientou Igrexas.

Falla de recursos do Concello de Vigo

Unha proposta que, a xuízo das nacionalistas, busca reverter a carencia de recursos actuais do Concello de Vigo. Nese sentido, Igrexas subliñou que o goberno de Abel Caballero deixou sen executar o ano pasado a totalidade da partida destinada a actividades para persoas maiores, dotada con 46 mil euros, e tamén para a promoción de actividades deportivas para este colectivo, de 30 mil euros.

“Hai unha clamorosa falla de apoio municipal tamén á actividade que desenvolven os centros culturais e veciñais, que veñen suplindo desde hai moitos anos a carencia doutros recursos, e que se teñen configurado nos seus respectivos barrios e parroquias como un verdadeiro espazo de encontro, convivencia e acompañamento das persoas que viven soas”, criticou o edil do BNG.

Igrexas lamentou que a única medida concreta anunciada nos últimos meses polo goberno de Abel Caballero quede reducida a facer 4 mil enquisas, cun orzamento de 85 mil euros. “O diagnóstico pode ser necesario, mais fica claro que non existe unha aposta decidida por parte do Concello de Vigo á hora de despregar solucións”, valorou.

La Xunta refuerza desde este jueves los servicios de transporte público a los institutos de Baiona y de O Rosal y al centro de salud de Nigrán

0

Se habilita una parada en el IES Primeiro de Marzo de Baiona en la línea que conecta A Guarda con Vigo, en el horario de entrada al instituto

Se crean dos nuevas frecuencias en la línea circular Baiona-Gondomar-Nigrán, adaptadas a los horarios de las clases de los lunes y de los jueves por la tarde

La Xunta activará este jueves, 3 de marzo, nuevos servicios de autobús y realizará pequeños ajustes en las líneas para mejorar el transporte a los institutos Primeiro de Marzo de Baiona y A Sangriña de O Rosal, además de mejorar la conexión con el centro de salud de Nigrán.

Más concretamente, para facilitar los desplazamientos de los alumnos al instituto por la mañana, se habilita una parada en el IES Primerio de Marzo en la línea que conecta A Guarda con Vigo, evitando que estos alumnos tengan que hacer un trasbordo en la entrada al instituto.

Por otra parte, se crean dos nuevas frecuencias en la línea circular Baiona-Gondomar-Nigrán adaptadas a la jornada lectiva de tarde de los lunes y jueves, con posibilidad de trasbordo en Baiona en la parada ubicada frente al centro de salud con el resto de líneas del transporte interurbano.

Para dar servicio a los alumnos del IES A Sangriña de O Rosal, se prolonga la línea circular entre A Guarda y O Rosal hasta la parada San Xoán 2, en la parroquia de Tabagón.

En Nigrán, para favorecer los desplazamientos de los usuarios al centro de salud, se crea un nuevo servicio a las 10,00 horas en la línea circular Baiona-Gondomar-Nigrán y se adapta la línea de Chandebrito, añadiendo una nueva parada a 200 metros del centro y ajustando los horarios de los servicios, con una ida próxima a la hora de apertura y una vuelta a las 10,00 horas.

Las actuaciones diseñadas dan respuesta a las necesidades de desplazamiento comunicadas a la Consellería de Infraestructuras y Movilidad por los centros de enseñanza y los ayuntamientos y se enmarcan en el trabajo continuo de la Xunta por ofrecer más y mejores servicios de transporte público por carretera a los ciudadanos.
La información relativa a los refuerzos y cambios en los servicios estará disponible para su consulta en la página web www.bus.gal

Patrimonio Cultural autoriza el proyecto de recuperación del sistema dunar en la playa de Samil

0

Los servicios técnicos del departamento no encuentran desde el punto de vista de la protección impedimento al traslado del hórreo, como elemento ajeno al lugar

Condicionan la intervención municipal al mantenimiento de los elementos de la cubierta y su reconstrucción inmediata tras la preparación de la nueva solera en la que se asentará

La Dirección General de Patrimonio Cultural acaba de dar su visto bueno al proyecto de recuperación del sistema dunar de la playa de Samil promovido por el Ayuntamiento de Vigo, tras constatar que el traslado del hórreo para lo cual se solicitaba autorización no modifica las condiciones que inciden en la significación e interpretación del elemento.

A la vista de la documentación aportada, los servicios técnicos de Patrimonio en la provincia no encuentran desde el punto de vista de la protección impedimento alguno al traslado del hórreo, situado en la actualidad entre la carretera y el paseo de la playa de Samil, y catalogado en el PGOM de 2008 a partir del inventario de Patrimonio Etnográfico del Ayuntamiento de Vigo.

En su informe, indican que está descontextualizado en un espacio en el que se reconoce como un elemento ajeno al lugar con función decorativa y que la actuación definida en el proyecto de recuperación del sistema dunar en la playa de Samil 1ª Fase no altera esta situación.

Tras el estudio del expediente, acordaron informar favorablemente la intervención municipal, aunque la condicionan al mantenimiento de los elementos de la cubierta y su reconstrucción inmediata tras la preparación de la nueva solera en la que se asentará, a unos 26 metros del espacio actual desplazándolo hacia el Sur.

Al mismo tiempo, apuntan que las piezas deberán ensamblarse según el método tradicional, preferiblemente en seco, y que todo el procedimiento deberá quedar debidamente recogido en una memoria final.

Advierten que en el supuesto de sea necesaria el relevo, total o parcial, de elementos de la estructura o se acuerde una solución estructural diferente que no responda a la tradicional para este tipo de elementos, se deberá remitir un proyecto modificado de reconstrucción que requerirá de una nueva autorización.

Cinco servizos cirúrxicos colaboran nunha intervención de alta complexidade en Vigo

0

Especialistas en Uroloxía, Cirurxía vascular, Cirurxía xeral, Cirurxía cardíaca e Anestesia, xunto co persoal de enfermaría, perfusionista e celadores,  participaron nunha operación para extirpar un tumor maligno  de ril gran dimensión, que chegaba ao corazón

A intervención foi un éxito e o paciente, un home de Vigo de 64 anos, está dado de alta e evoluciona sen complicacións

A cirurxía, realizada con circulación extracorpórea, consistiu na extracción dun ril e do trombo tumoral, polo que foi necesario abrir a aurícula e reconstruír toda a vea cava

Tratábase dunha cirurxía de risco e moi esixente, que solo foi posible grazas ao traballo en equipo das diferentes especialidades cirúrxicas

Os profesionais da Área Sanitaria de Vigo veñen de realizar con éxito unha intervención multidisciplinar, de gran complexidade, nos quirófanos do hospital Álvaro Cunqueiro.

Así, grazas á colaboración de especialistas de cinco servizos cirúrxicos – Uroloxía, Cirurxía vascular, Cirurxía xeral, Cirurxía cardíaca e Anestesia– conseguiron extirpar un tumor maligno de ril de gran dimensión, que chegaba ata o corazón. Ademais destas especialidades cirúrxicas participaron tamén a Unidade de Radioloxía Intervencionista e os servizos de Radioloxía e Cardioloxía.

En total, ata unha vintena de profesionais estiveron no quirófano, xa que ademais dos especialistas, hai que engadir ao persoal de enfermaría, perfusionista, técnicos de imaxe diagnóstica e celadores.

Caso singular

A singularidade e excepcionalidade deste caso radica tanto na patoloxía do paciente como no seu tratamento.

O paciente, un home de Vigo de 64 anos, presentaba un tumor maligno no ril dereito que infiltrouse pola vea renal, ocupando toda a vea cava e veas do fígado, chegando ata a aurícula dereita do corazón.

Segundo o coordinador desta intervención, o urólogo Benito Rodriguez, “trátase dunha patoloxía moi infrecuente polo que a abordaxe cirúrxica presentaba gran complexidade, precisando dunha intervención multidisciplinar. Isto foi posible grazas a dispoñer, ademais dos recursos humanos, dunha importante dotación tecnolóxica no hospital Álvaro Cunqueiro”.

No momento actual, o paciente esta xa dado de alta hospitalaria e evoluciona sen complicacións.

Cirurxía de alto risco e traballo en equipo

A operación, que prolongouse durante 8 horas, consistiu na extirpación radical do ril dereito e do trombo tumoral da vea cava e da aurícula dereita. Para isto, os especialistas tiveron que abrir a aurícula, para extraer o tumor, e posteriormente realizar a reconstrución da vea cava .

Foi necesario empregar o sistema de circulación extracorpórea, no que unha máquina realiza a función do corazón. Deste xeito, conéctanse as veas e arterias principais do paciente ao equipo electrónico, que  recibe o sangue,  o osixena e  despois o devolve ao organismo.

Os profesionais amosan a súa satisfacción polo éxito desta intervención e poñen en valor que foi o resultado dunha acción conxunta multidisciplinar.  “Tratouse dunha cirurxía de alto risco e moi esixente, que solo foi posible grazas a un bo traballo en equipo, que requiriu dun gran esforzo colaborativo, de gran coordinación e dunha rigorosa labor previa de planificación”, asegura o doutor Rodríguez.

Marea de Vigo considera «un avance» aclarar que administracións públicas participarán na rexeneración do ámbito da panificadora

0

Rubén Pérez: “Agora o urxente é definir os usos finais do espazo toda vez que máis da metade do do mesmo estaba reservado para a Biblioteca do Estado, que finalmente non se ubicará na antiga panificadora”

Hoxe, na xuntanza semanal do Consello da Xerencia de Urbanismo aprobouse incoar un expediente importante para a cidade: o convenio entre o Concello e a Zona Franca para financiar os traballos de rehabilitación do ámbito da Panificadora, “ámbito absolutamente degradado durante os últimos anos froito das pugnas especulativas sobre a parcela” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Para a Marea de Vigo é moi positivo que dúas administracións públicas se poñan dacordo para financiar e darlle contido ao ámbito. “É unha boa nova, que se suma á aprobación da modificación puntual do PEPRI do Casco Vello en decembro do 2020 que eliminou os usos en vivenda, erradicando a cultura do pelotazo que levaba anos voando sobre o ámbito” sinala Rubén Pérez. No ano 1995 un convenio urbanistico propoñía a construción de dúas torres de máis de 70 vivendas e posteriormente e incopororado ao PXOM do 2008, un novo convenio que establecía un mínimo dun 50% e un máximo de un 90% de vivenda.

“Agora – asegura o voceiro -, queda claro que hai vontade real da Zona Franca en participar na reconstrución e usos do ámbito, usos que serán públicos e dotacionais, atendendo ao expresado hoxe na Xerencia de Urbanismo”. Mais, o que queda por facer de xeito urxente, segundo Rubén Pérez, é “definir en constante diálogo cos sectores implicados da cidade, os usos dos espazos que se van a construír, toda vez que dos 7.000 m2 de superficie que deixa consignados o proxecto gañador do concurso de ideas do 2016, 4.000 estaban reservados para a Biblioteca Pública do Estado, que finalmente non vai ser ubicada neste ámbito”.

Marea de Vigo aposta por un gran contedor cultural público e grantuito na cidade para entidades veciñais, asociativas de todo tipo, culturais, etc… que veña a paliar «a dependencia dos espazos da antiga obra social caixanova, hoxe en mans dun banco privado, e que permita ademais paliar a desaparición paulatina de espazos públicos gratuitos donde realizar conferencias, exposicións ou iniciativas culturais e asociativas de todo tipo».

Detenido un joven por agredir y romperle el pómulo a un menor en la Plaza de la Princesa

0

Los hechos tuvieron lugar a las 01:50 horas de la madrugada del día de hoy en la calle Concepción Arenal.

Una patrulla de la Policía Local que circulaba en funciones de prevención, observó a la altura del numero 12 de la mencionada calle a un joven gritando con la ropa ensangrentada y lesiones en el rostro, el cual estaba acompañado de otros muchachos.

Los acompañantes del herido tras describir al agresor, refirieron que momentos antes en la Plaza de la Princesa, el atacante se ensaño a puñetazos con la víctima, simplemente por mediar en un altercado entre un amigo suyo y el autor de los hechos.

La víctima, de 17 años de edad, fue trasladada posteriormente en una ambulancia al Hospital Álvaro Cunqueiro, debido a la gravedad de las heridas.

A continuación, los funcionarios se trasladaron a la Plaza de la Princesa, donde localizaron a un individuo que además de coincidir con las características físicas aportadas, tenía ensangrentados los nudillos de la mano izquierda.

El varón que se encontraba con otros dos individuos, tras ser entrevistado reconoció que había tenido un altercado con un grupo de jóvenes que «habían ido a por un amigo suyo para agredirle».

Tras la conversación los actuantes recibieron comunicado de otra patrulla que se encontraba con la víctima en el Hospital, indicando que el herido tenía fractura en el pómulo izquierdo y daños en el labio y que sería tratado por un cirujano maxilofacial. Por todo ello y debido a la gravedad de las heridas procedieron a la detención de B.G.L

Dos nuevos fallecidos elevan a 588 las víctimas de la pandemia en el área de Vigo

0

Sanidade notifica hoy la muerte de dos pacientes ingresados con Covid: dos hombres de 90 y 76 años

El Servicio Galego de Saúde ha notificado hoy la muerte de dos personas ingresadas con Covid en el área sanitaria de Vigo. Los decesos, que tuvieron lugar los días 23 y 24 de febrero, se corresponden con dos hombres de 90 años y 76 años.

De este modo, el total de víctimas de la pandemia en la comarca se eleva hasta las 591 desde marzo de 2020. Se trata, en este caso, de los primeros fallecidos de esta semana en el área viguesa.

Estas dos muertes se añaden, en el conjunto de la Comunidad, a otras dos registradas en Lugo y Ourense y notificadas hoy también: la de una mujer de 89 años en el área lucense, y la de un hombre de 86 en la de Ourense. Las cuatro víctimas tenían patologías previas.

En total, Galicia suma 3.109 muertes de pacientes con Covid desde el inicio de la pandemia.