El precio de la luz se mantiene hoy por encima de los 180 euros por megavatio hora

0

El coste medio de la electricidad es este jueves un 253% más caro que los 53,04 euros/MWh del 12 de mayo de 2021

El precio medio de la electricidad en el mercado se mantiene hoy por encima de la cota de los 180 euros por megavatio hora. En concreto, el precio medio del ‘pool’ se situará en los 187,27 euros/MWh según los datos publicados por el Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

El precio máximo se dará entre las 22.00 horas y las 23.00 horas, con 227,49 euros/MWh, mientras que el mínimo para la jornada, de 161,11 euros/MWh, se ha registrado entre las 04.00 y 05.00 horas.

Respecto a hace un año, el precio medio de la electricidad para este jueves es un 253% más caro que los 53,04 euros/MWh del 12 de mayo de 2021.

El pasado abril, la factura de la luz del usuario medio alcanzó los 124,90 euros, un 53,2% por encima de los 81,55 euros del mismo mes del año pasado, siendo el quinto más alto de la historia, según datos de Facua-Consumidores en Acción.

No obstante, el recibo registró en abril un descenso del 29,3% con respecto al de marzo, en el que se produjo el récord histórico mensual en el precio de la luz en el mercado mayorista, con más de 283 euros/MWh.

Caballero enreda con Peinador y la Xunta le recuerda que no subvenciona vuelos desde 2013

0

Marta Fernández-Tapias resalta que el alcalde «prometió a los vigueses vuelos internacionales en verano, y cuando no es capaz de cumplir, porque en el mejor de los casos no serán hasta el próximo invierno, apela de nuevo al inexistente enemigo exterior»

Es un tema recurrente de la política municipal, que vuelve cada cierto tiempo a boca del alcalde, Abel Caballero, capaz de usar cualquier infraestructura como arma arrojadiza contra la Xunta, ahora y siempre, o contra el gobierno central, sólo antes, cuando el presidente era Mariano Rajoy. Lo cierto es que Peinador ha vuelto a escena hoy, sin motivo aparente, y lo ha hecho en boca del regidor, que denuncia que el aeropuerto de Vigo carece de conexiones aéreas con Londres, Bruselas, París y una zona Holanda-Alemania. Una carencia, asegura Caballero, que se produce pese a estar hablándose de «vuelos estructurales» y a haber sido negociados en su momento. Conclusión, si no hay esos vuelos es por competencia «desleal» promovida, claro está, desde Santiago.

«La Xunta de Galicia, con dinero de Vigo, habló con Ryanair y le ofreció pagarle las rutas que íbamos a hacer desde Vigo», ha dicho el alcalde, olvidando así -el paso del tiempo ayuda- que hace algo más de tres años fue la compañía británica quien puso fin a su estancia en Vigo por desavenencias con el propio gobierno municipal.

Así, y como aclara la delegada autonómica en Vigo, Marta Fernández-Tapias, al hilo de las declaraciones del regidor, la Xunta nada tuvo que ver entonces ni ahora en estas decisiones sencillamente porque la administración gallega no financia ningún tipo de vuelo desde 2013. «Asistimos nuevamente a una cortina de humo del alcalde y a un intento de desviar la atención ante su nuevo fracaso en la gestión de las subvenciones que pretende repartir de modo discrecional», ha señalado Fernández-Tapias.

En este sentido, caber recordar que hace ya tres meses Caballero detallaba en qué consistiría el concurso de vuelos, pero todo sigue igual hasta el momento, una situación que achaca a la actuación de la Xunta en contra de Vigo «con dineros de la ciudad».

Una acusación que Fernández-Tapias ha desmontado reincidiendo en la evidencia de las subvenciones, o de las ‘no subvenciones’, de Santiago a ninguna aerolínea, decisión adoptada tras finalizar un acuerdo adoptado en su momento por el gobierno bipartito.

«El Ayuntamiento de Vigo lleva años dedicando dinero público a la subvenciones a aerolíneas con una absoluta falta de transparencia sobre el proceso de adjudicación de esos recursos y sobre los resultados para la ciudad de esas inversiones. Y dejando a la ciudad en manos de las decisiones comerciales que tome en cada momento una compañía aérea», ha añadido.

Según ha explicado la delegada, las declaraciones llegan después de un nuevo fracaso en sus intentos de gestión aeroportuaria. «Prometió a los vigueses vuelos internacionales en verano, y cuando no es capaz de cumplir, porque en el mejor de los casos no serán hasta el próximo invierno, apela de nuevo al inexistente enemigo exterior», apunta.

«Ni hay subvenciones del Gobierno gallego, ni hay campañas del Xacobeo en aerolíneas, ni hay nada de nada, ni un solo euro en publicidad…», ha destacado la delegada de la Xunta en Vigo.

Preto de 50 docentes dos tres campus integran a nova Cátedra Unesco da Universidade de Vigo

0

Desenvolverá accións formativas, de investigación e de transferencia centradas nos ODS

Preto de 50 docentes, das diferentes facultades e escolas do campus pontevedrés pero tamén de Vigo e Ourense, forman parte da Cátedra Unesco Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade, que esta organización das Nacións Unidas concedía nas últimas semanas á Universidade de Vigo. Dirixida pola catedrática Francisca Fariña, coa catedrática Margarita Pino como coordinadora adxunta, trátase dunha iniciativa que englobará “actividades de investigación, formación e transferencia”, centradas en sete dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030, como explicou este mércores na súa presentación na Escola de Enxeñaría Forestal.

“Acadar esta cátedra para a nosa Universidade debe ser un motivo de orgullo para todos nós, porque non é doado obter a aprobación da Unesco”, salientou Fariña, nunha presentación na que estivo acompañada polo reitor en funcións, Manuel Reigosa, o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Ramón Pereiro, e a coordinadora nacional da Rede de Escolas Asociadas da Unesco (PEA-Unesco), Luisa Márquez. Nese senso, a catedrática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte lembrou que só existen no mundo 600 cátedras Unesco, preto de 70 impulsadas por universidades españolas, entre as que tamén se atopa a Cátedra Unesco en Desenvolvemento Local Sostible do Campus do Mar. 

Concedida no mes de abril por un período de catro anos, trátase dunha cátedra que, á súa vez, permite “renovar o noso compromiso cos valores da Unesco, que nestes momentos tan convulsos que estamos a vivir amósase máis preciso que nunca”, saliento Fariña. A coordinadora da cátedra lembrou nese senso que a Unesco naceu co obxectivo “de contribuír á consolidación da paz, á erradicación da pobreza, ao desenvolvemento sostible e ao diálogo intercultural a través da educación, a ciencia, a cultura, a comunicación e a información”, no acto desenvolvido na EE Forestal, onde se sitúa a súa sede provisional, que se viu continuado por unha reunión de traballo dos seus integrantes.

Unha iniciativa que debe servir como “faro” para a sociedade

Como “un éxito que contamos que poida converternos nun faro que alumee moitas das cousas que xa están recollidas no noso plan estratéxico” definiu o reitor a concesión desta cátedra. Reigosa lembrou que o plan aprobado o pasado ano define como “liñas principais de actuación” tratar de promover “unha Universidade máis galega, máis igualitaria e máis internacional”, á vez que outorga unha especial importancia aos ODS, co obxectivo final de contribuír a que as futuras xeracións “convertan a sociedade galega nunha sociedade máis xusta, máis fraterna e máis igualitaria”, aspectos nos que , sinalou,“esta cátedra pode darnos algunhas pistas”. Nesa mesma liña, Márquez puxo de relevo que unha cátedra “que fala de educación transformadora pode achegar moitas posibles solucións” a problemáticas como “a desigualdade no ámbito da educación” que, lembrou, fixo patente a covid-19, “que deixou a 87 millóns de nenos e nenas fóra das escolas”. De aí que a coordinadora da rede PEA-Unesco subliñase que esta iniciativa «vai ser un faro para a Universidade de Vigo e para a toda a rede de escolas”, da que forma parte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, o único centro universitario integrado nesta rede.

“Trátase dun fito importante para o campus e para a Universidade de Vigo, que demostra o seu crecemento educativo e investigador e o seu constante avance cara a vangarda universitaria”, engadiu Pereiro. O representante da Xunta destacou tamén a “decidida aposta” do Goberno galego coa universidade, plasmado no plan de financiamento do SUG recentemente asinado, nun acto no que participaron tamén os vicerreitores en funcións de Comunicación e Relacións Institucionais; Mónica Valderrama; Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Maribel Doval; Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, e o vicerreitor do campus Jorge Soto, así como a coordinadora galega da rede PEA, Susana Enguidanos. 

Diferentes eixos da actuación

Como explicou Fariña, a cátedra centrarase en sete dos ODS, os referidos a saúde e benestar; educación de calidade; igualdade de xénero; enerxía accesible e non contaminante; redución das desigualdades; cidades e comunidades sostibles; paz, xustiza e institucións sólidas e alianzas para acadar obxectivos. Entre outras iniciativas, abranguerá accións como a organización de xornadas e congresos, a produción de publicacións científicas e educativas ou a difusión de material audiovisual e de folletos informativos dirixidos a promover un desenvolvemento sostible, baseado na igualdade, na cultura de paz e no espírito crítico e ético. Así mesmo, na súa memoria recóllense tamén accións centradas na humanización de espazos educativos e sanitarios, a creación de unidades didácticas ou a participación de estudantes internacionais.

Un proceso que arrancou en 2016

O proceso que deu lugar á concesión desta cátedra ata 2026 arrancou, como lembrou Fariña, en 2016, ano no que Ciencias da Educación e do Deporte acadaba a súa integración na Rede PEA-Unesco. Naquel ano, elaborouse unha primeira proposta que “queríamos que implicase a todas as facultades do campus, e así foi”. Finalmente, a cátedra foi solicitada por 38 profesores e profesoras, contando tamén cos apoios da rede de escolas asociadas e de “grupos e institutos de cinco universidades de España”, o que permitiu dar forma a “un proxecto moi robusto desde a perspectiva científica e moi comprometido cos valores da Unesco”. Non obstante, esa primeira proposta, explicou, foi rexeitada en 2018 pola comisión avaliadora estatal, o que levou á elaboración dunha nova en 2019, que foi “avalada por 158 persoas, que representaban a institucións ou asociacións profesionais e científicas de gran relevancia e prestixio” e que recibiu o visto e prace tanto da comisión estatal como, neste 2022, da internacional. 

De xeito paralelo, a cátedra ampliou tamén o seu número de integrantes, pasando a estar conformada actualmente por preto de 50 persoas, incorporando tamén a cinco estudantes, e ampliando tamén, como apuntou Fariña, “os seus órganos de coordinación e dirección”, sumando a Margarita Pino como coordinadora adxunta.

O Concello avanza na recuperación do Barrio do Cura e xa ten parcelas de titularidade municipal

0

A rehabilitación do Barrio do Cura avanza co cambio de titularidade de parcelas dese ámbito que pasan a ser municipais, tal e como recolle o proxecto de compensación

Trátase dun paso máis na recuperación dunha zona histórica no centro da cidade, salientou Abel Caballero

O goberno municipal prosegue na recuperación do Barrio do Cura, unha zona moi degradada no centro da cidade, e hoxe comezaron os trámites para a inscrición rexistral das parcelas a nome do Concello, tras a aprobación do proxecto de compensación. Tal e como detallou o rexedor, o ámbito prevé zonas verdes, hortas urbanas o que suporá un espazo medioambiental “enormemente” positivo no centro da cidade.

O proxecto de compensación -que recolle o solo non consolidado – inclúe, ademais das zonas verdes, unha parcela do 10% da edificabilidade e outra para a nova escola infantil. Tamén prevé a ampliación da rúa Torrecedeira dentro do viario do ámbito. Dos 12.000 m2 de solo urbano non consolidado, o Concello disporá de 7.000 m2 aproximadamente.

O Concello culmina a obra de Gómez Román na Guía coa instalación do Cristo na ermida

0

Co remata da instalación do Cristo do Sagrado Corazón, a capela da Guía xa está rematada segundo a deseñou o “excepcional” arquitecto Manuel Gómez Román en 1951

“Estamos encantados de completar esta obra de arte dun arquitecto cunha traxectoria democrática impecable”, afirmou Caballero

O alcalde deu conta esta mañá da culminación da capela da Guía, obra do máis importante arquitecto de Galicia Manuel Gómez Román. Coa instalación do Cristo do Sagrado Corazón complétase unha obra “marabillosa” dun arquitecto “excepcional” que quedou sen rematar desde o ano 1951. Trátase, explicou o rexedor, dunha escultura de 6 metros de alto e 6 toneladas de peso que está formada en seis pezas dun metro cada unha.

En declaracións aos medios, agradeceu o “bo facer” da Escola de Canteiros na construción da escultura que seguiu “meticulosamente” as indicacións de Gómez Román. Nesta capela da Guía, “un faro na nosa Ría”, faltaba a peza máis visible arquitectonicamente. “Estamos encantados de completar esta obra de arte dun arquitecto cunha traxectoria democrática impecable”. O rexedor lembrou que durante a República Gómez Román foi membro do Partido Galeguista, da Editorial Galaxia e de diversas institucións de estudos antropolóxicos de Galicia.

A escultura foi doada ao Bispado froito dun convenio tripartito entre Concello, Deputación e a Diócese de Vigo.

Na mesma rolda de prensa, Caballero aclarou que en breve se iluminará tanto o parque da Guía como o contorno da ermida. O Concello leva dous anos tratando de obter permiso de Patrimonio da Xunta para poder acometer ese proxecto de renovación e instalación de luminarias.

A Xunta investirá 300.000 euros na reforma da área de necropsias do Álvaro Cunqueiro

0

O Sergas anuncia a licitación da obra de reforma no servizo de Anatomía Patolóxica

Tal e como informara o Consello da Xunta, o Executivo galego executará no hospital vigués obras por 2,6 millóns de euros que mellorarán a atención en áreas como a saúde mental, cardioloxía, anatomía patolóxica, hospitalización a domicilio e   enfermidades raras

Así mesmo, a Xunta de Galicia destinará, nos orzamentos deste ano, outros 3,1 millóns de euros para equipamento deste hospital

O Sergas xa anunciou a licitación da obra de reforma para a nova Unidade de Necropsias do hospital Álvaro Cunqueiro, por un importe de  298.561,50 euros .

O obxectivo é que os profesionais de Anatomía Patolóxica poidan practicar en Vigo necropsias de nivel de bioseguridade 3, o máximo nivel de protección para o seu traballo, garantindo a súa seguridade fronte a axentes infecciosos.

A obra consiste basicamente en potenciar a presión negativa da sala de Autopsias, e dotar a área  dunha esclusa con dobre  circuíto de acceso, de entrada e saída.

Cinco novas Unidades

Tal e como informara o Consello da Xunta, esa obra enmárcase nos 5.7 millóns de euros que este ano vanse investir no hospital Álvaro Cunqueiro para dotalo de novos espazos e equipamento, xa que o Executivo galego considera que, unha vez consolidado este hospital, é o momento de afrontar actuacións para reforzar a súa funcionalidade.

Así,  executaranse obras por 2,6 millóns de euros que mellorarán a atención en áreas como a saúde mental, a cardioloxía, a anatomía patolóxica, a hospitalización a domicilio e as enfermidades raras.

En concreto,  procederase á habilitación de espazos para cinco Unidades novas.  Ademais da nova Sala de Necropsias, investirase preto dun millón de euros para a Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil, da que xa está adxudicado o proxecto e que está previsto licitar a obra neste mes de  maio.

Para a novo espazo da Unidade de Enfermidades Raras, vanse investir  máis de 150.000 euros, estando xa adxudicado o proxecto e prevista a licitación da obra nas próximas semanas.

No que atinxe a outra das novas unidades, en concreto, á de Rehabilitación Cardíaca,  se  destinará 530.000 euros. Xa está licitado o proxecto e a obra licitarase á volta do verán, co obxectivo de crear unha área que axude a mellorar a calidade de vida dos pacientes da área de Vigo, que se recuperan dun ingreso ou dunha intervención cardíaca, controlando os seus factores de risco, reducindo os reingresos e facilitando asúa reincorporación laboral.

Por último, a nova Unidade de Hospitalización a Domicilio contará cun orzamento demáis de 500.000 euros. Está pendente de licitarse o proxecto e a previsión é licitar aobra antes de rematar o ano.

Novo equipamento

Ademais, os orzamentos da Xunta de 2022 recollen outra partida de 3,1 millóns, que se utilizará para a compra de equipamento destinado á nova sala de intervencionismo en endoscopia avanzada do Servizo de Dixestivo,  e para equipar o novo Servizo de Cirurxía Maxilofacial.

Tamén adquiriranse aparataxe para outros servizos como unha torre de laparoscopia para o de Cirurxía Torácica e un equipo de urodinamia para o Servizo de Uroloxía.

13 millóns para a mellora do diagnóstico por imaxe na área de Vigo

Finalmente, os orzamentos da Xunta de Galicia, a través dos Fondos Next Generation para este ano, contemplan a renovación dos equipos de diagnóstico por imaxe. En concreto, vanse renovar cinco TAC, tres gammacámaras, dúas salas de hemodinámica, dúas resonancias magnéticas, un equipo de anxiografía vascular e un PET. Estas renovacións suporán un investimento total de máis de 13 millóns de euros, dos cales os fondos Next Generation distribuídos polo Ministerio financian dez. Os tres millóns restantes corresponden a fondos autonómicos cos que a Xunta complementa a achega estatal para optar por equipamentos de máis alta gama, como un TAC espectral, unhas resonancias magnéticas máis avanzadas e un PET de altas prestacións.

Detenidos dos jóvenes por arrastrar un vehículo al medio de la calzada y patearlo hasta causarle daños

0

A las 10:34 horas del pasado domingo, una persona informaba a miembros de la Policía Local de Vigo que dos jóvenes en la calle Heraclio Botana habían desplazado un vehículo que estaba correctamente estacionado, dejándolo situado en el centro de la calzada.

Una vez en el lugar, la patrulla observó que efectivamente el vehículo se encontraba en la situación descrita y presentaba daños en diversas partes de la carrocería. Los agentes no localizaron en ese momento a los jóvenes aludidos.

Se comunicaron telefónicamente con el demandante del servicio, que les indicó que los aludidos comenzaron a arrastrar el vehículo para después patearlo y saltar sobre el mismo. Acto seguido abandonaron el lugar en dirección a la calle García Barbón.

Con las descripciones físicas aportadas, los agentes peinaron la zona y a unos 200 metros del lugar de los hechos, en la confluencia con la calle Roupeiro, localizaron a los dos varones. Identificados resultaron ser R. B. F. de Vigo y 22 años de edad, que iba acompañado de M. R. A. también de Vigo y 23 años de edad.

Al objeto de realizar cotejo y verificación de las huellas que se encontraba en el turismo con las del calzado de ambos, les desplazaron al lugar de los hechos. En el punto comprobaron claramente la coincidencia de huellas con los daños causados, a lo que se sumo el testimonio de un testigo, que les reconoció sin ningún género de duda como los autores del hecho.

Los agentes procedieron a su detención por la supuesta comisión de un delito de daños. Mientras se realizaban los trámites anteriores, se localizó al propietario del vehículo que verificó la situación del mismo y recibió instrucciones para realizar los trámites a seguir para presentar la pertinente denuncia.

Fernández-Tapias acusa ao goberno de Vigo de paralizar a actividade do Consorcio Casco Vello e bloquear a rehabilitación de 14 novas vivendas

0

A delegada territorial e presidenta do CCVV visitou San Sebastián 20, unha das promocións «paralizadas polo rechazo dos membros do PSOE a aprobar os orzamentos»

A representante autonómica critica que, por un lado, o alcalde anuncie a concesión das licencias de Elduayen 39 e Ferrería 16 e, por outro, impida a súa execución

Recorda que, pese a representar tan so o 10% do CCVV, é necesario o visto e prace do Concello vigués para poder executar as partidas orzamentarias previstas

Considera un “sen sentido e un despropósito” que voten a favor do plan de actuacións para os vindeiros catro anos e, ao mesmo tempo, dinamiten a inversión

Reprocha ao alcalde vigués o seu empeño en “torpedear” a labor dun organismo que ata o día de hoxe suma 83 edificacións e 117 vivendas rehabilitadas na cidade

Recorda que a Xunta é a única administración que inviste en vivenda de promoción pública e que é responsabilidade única de Caballero a paralización do Consorcio

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe San Sebastián 20, unha das últimas promocións do organismo rehabilitador que o Goberno local mantén paralizadas pola súa negativa a aprobar os orzamentos deste ano.

Segundo informou, o Consorcio está a funcionar coas contas prorrogadas do 2021, o que implica de facto a paralización da actividade de rehabilitación e o bloqueo de 9 edificacións e 14 vivendas de promoción pública, que suman en conxunto unha inversión superior aos 1,5 millóns de euros. Compre lembrar que pese a representar tan so o 10% do CCVV, o 90% restante corresponde a Xunta de Galicia, é necesario o visto e prace do Concello vigués para poder executar as partidas orzamentarias previstas.

A delegada detallou así que na mesma situación que San Sebastián 20 se atopan Hortas 2 e 4, Rúa Alta 8, 10, 12 e 14 e Elduayen 39 e Ferrería 16. Neste sentido, Fernández-Tapias incidiu no “torpedeo permanente” dos representantes socialistas no CCVV a todas as cuestións relativas a este organismo, que ata o día de hoxe ten rehabilitado 83 inmobles e 117 vivendas de promoción pública.

A representante autonómica criticou que, por un lado, o alcalde anuncie a concesión das licencias de construción de Elduayen 39 e Ferrería 16 e, por outro, impida a execución destas cinco novas vivendas ao opoñerse a aprobar as contas anuais, cunha cifra total de 4 millóns de euros.

“Pese a ter licencia, proxecto e orzamento non imos poder executalas mentres que o alcalde manteña bloqueadas as contas”, indicou, para engadir que “non so non activa as ferramentas urbanísticas que nos permitirían adquirir un maior número de propiedades e  impide que construamos a sede do CGAC, o máis grave de todo é que agora paraliza a actividade do Consorcio Casco Vello de Vigo”.

“É absurdo que anuncien a concesión de licencias coma se fosen eles quen van rehabilitar e que logo bloqueen o orzamento para por en marcha a actuación. Que será o seguinte?”, se preguntou. Marta Fernández-Tapias incidiu tamén en que “se está a bloquear unha inversión de 1,5 millóns de euros e 14 vivendas en conxunto na cidade de Galicia coa maior demanda neste eido”.  

Na opinión da delegada da Xunta é “unha mostra máis do nulo interese do alcalde por facilitar aos veciños vivendas de promoción pública, tendo en conta que a Administración autonómica é a única que as executa”. Asemade, chamou a atención sobre a “incongruencia” de que os mesmos representantes socialistas que votaron a favor do plan de actuación para os vindeiros catro anos, que contempla a compra de 25 edificacións (45 vivendas) e a mobilización de 14,5 millóns de euros, se opoñan a respaldalo con partidas reais.    Deste modo, tras indicar que as 12 vivendas que hai actualmente en construción corresponden ao  exercicio orzamentario do 2021 (Subida ao Castelo 9, Elduayen 31 e Real 13), Fernández-Tapias responsabilizou directamente a Caballero de que o Consorcio Casco Vello de Vigo estea en unha situación de “bloqueo técnico”.

El programa de Cuidados Porta a Porta de la Xunta llega a Mos para ofrecer servicios de audiología, podología y estimulación de la memoria a los mayores

0

El director general de Mayores y Personas con Discapacidad, Fernando González Abeijón, visitó con la alcaldesa de la localidad, Clara Arévalo, uno de los autobuses habilitados

En su primer mes de actividad se beneficiaron de esta medida más de 2500 personas de más de 40 ayuntamientos de las cuatro provincias

La Consellería de Política Social destinará a esta iniciativa pionera 10 millones de euros entre este año y el que viene

El director general de Mayores y Personas con Discapacidad, Fernando González Abeijón, visitó esta mañana con la alcaldesa de Mos, Clara Arévalo, el autobús del programa de Cuidados Porta a Porta que llegó al municipio pontevedrés para acercar a las personas mayores de 55 años que lo soliciten servicios podología, audiología y estimulación de la memoria.

El autocar, que se emplaza en el Multiusos das Pozas, se instaló en el día de ayer y continuará atendiendo a todas las personas que lo soliciten a lo largo del día de hoy y de mañana. Se puede pedir cita previa a través de los dos teléfonos habilitados a tal efecto (el 622748283 o el 623546992); o del correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Durante la visita, Fernando González Abeijón destacó que solo en el primer mes de funcionamiento de esta iniciativa, que recorrerá todos los ayuntamientos de Galicia excepto las siete ciudades, se beneficiaron más de 2500 gallegas y gallegos de 55 años en más de cuarenta ayuntamientos diferentes.

Diez millones de euros

Asimismo, el director general destacó que la Xunta de Galicia invertirá 10 millones de euros en esta iniciativa pionera, que permitirá acercar a todas las gallegas y gallegos revisiones y valoraciones auditivas; atención podológica para prevención, diagnosis y tratamiento de las principales patologías de los pies; y realización de pruebas de valoración cognitiva o ejercicios de estimulación para la prevención de alzhéimer y otras demencias neurodegenerativas de manera gratuita.

Marnotes cuestiona la capacidad del Gobierno local para negociar con Vitrasa, que deja a Vigo como la única ciudad española con reducción salarial

0

El portavoz municipal del PP denuncia que mientras que en Zaragoza el Grupo Avanza estima una mejora global del 8%, la concesionaria viguesa plantee recortes del 30% para sus cerca de 400 empleados

Con unos ingresos de 12 millones de euros al año, “la propuesta de la empresa -dice- es inadmisible y requiere una reacción contundente”

Habla de un “negocio redondo” para una contrata municipal que ofrece un servicio de transporte “muy deficiente y obsoleto”  

“Inaceptable e inadmisible”. Así de tajante se ha manifestado hoy el portavoz municipal del PP en el Ayuntamiento de Vigo, Alfonso Marnotes, sobre la propuesta de reducción salarial y de incremento de la jornada laboral que plantea la concesionaria del transporte municipal para su plantilla. Fruto, ha dicho, de la “incapacidad” del gobierno local para negociar con Vitrasa, dejando a Vigo como la única ciudad española con un empeoramiento de las condiciones para sus cerca de 400 trabajadores. 

En este sentido, el concejal popular ha denunciado que frente al 8% de mejora global que estima el Grupo Avanza en Zaragoza, donde está negociando el convenio al alza, la contrata viguesa plantee un recorte del 30% con carácter general para los empleados. “Es una auténtica tomadura de pelo”, ha dicho en clara alusión a los 12 millones de euros que se embolsa Vitrasa al año por ofrecer un servicio de transporte “muy deficiente y obsoleto”. 

Así, ha indicado que en ninguna de las 35 ciudades en las que opera la empresa de movilidad se plantean rebajas salariales, dejando en entredicho una gestión como mínimo “cuestionable” por parte del Gobierno local, al que ha acusado de ser “cómplice del negocio redondo” que está haciendo la concesionaria en Vigo a costa de las arcas públicas. “Reducen líneas, frecuencias y salarios, mientras incrementan los precios y la jornada laboral de sus empleados”, ha señalado para, insistir en que, con unos ingresos de 12 millones de euros al año, “la propuesta de la empresa es inadmisible y requiere una reacción contundente”. 

A su juicio lo que pasa en esta ciudad con las concesionarias municipales “es para analizar con detenimiento”. Así, ha recordado que no son pocas las interpretaciones legales que apuntan a la irregularidad de estas prórrogas. Como ejemplo se ha referido a la propia de Vitrasa, acordada en junio del 2020 en pleno confinamiento tras prometer una nueva licitación; o la de Aqualia, ampliada hasta el 2026, que fue autorizada el 31 de diciembre de ese mismo año.