A Deputación repara de urxencia un muro caído na estrada de Ponte Val a Barciademera en Mondariz

0

Os traballos, que tamén permitirán arranxar o afundimento do carril dereito da vía, teñen un orzamento de 40.000 € e un prazo de execución de dous meses

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar pola vía de urxencia as obras de reparación dun muro de contención situado na EP-4306 Ponte Val-Barciademera, no Concello de Mondariz, uns traballos dotados de 40.000 euros e cun prazo de execución de dous meses. A través desta actuación, e xa que a situación actual impide garantir a estabilidade do terraplén, a institución provincial pretende garantir o servizo da vía e evitar riscos de danos antes de que a calzada e o tráfico rodado se vexan afectados polos defectos do muro a calzada.

O muro está localizado á altura do punto quilométrico 4+350, nunha zona de vexetación frondosa, e a situación foi detectada durante os traballos de roza das marxes desta vía. Ademais, a parte deste muro que aínda segue en pé carece de cimentación, xa que se apoia directamente sobre un terraplén que, co paso do tempo e por mor das cargas de tráfico, foise esborrallando ata producir un descalce.

Xunto a isto, neste punto da estrada discorre unha obra de drenaxe transversal coincidente cun regato do río Tea, e como consecuencia disto tamén se detectaron asentamentos lonxitudinais e o afundimento do carril dereito da estrada. Polo tanto, a situación do muro é de inestabilidade e podería derivar nun colapso.

As superbacterias centran este luns unha charla do ciclo “Aida Fernández Ríos” no CPR Aloya de Vigo

0

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias retoman os faladoiros deste programa en centros educativos da man da directora científica do Centro de Biomedicina e Veterinaria da Universidade de Santiago, Azucena Mora

A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias retoman este luns 30 de outubro o IV Ciclo de Conferencias “Aida Fernández Ríos” nos centros educativos, cunha nova charla dirixida ao alumnado mozo que terá lugar no CPR Aloya de Vigo. Neste faladoiro, que terá lugar ás 15:00 horas, Azucena Mora Gutiérrez, profesora titular de Microbioloxía da Facultade de Veterinaria e  directora científica do Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) da Universidade de Santiago, abordará o tema das superbacterias.

“Superbacterias e One Health: do filete ao raposo e á diarrea” é o título desta charla, na que Mora incidirá en que a resistencia aos antimicrobianos mata cada ano a uns 1,2 millóns de persoas e, ademais, pon en perigo a seguridade alimentaria, o desenvolvemento sostible e, globalmente, a estratexia “da granxa á mesa”. Segundo afirma, as persoas estamos inmersas nunha pandemia silenciosa e, para abordala, necesítase unha “saúde única” (one health). As investigacións demostran que as superbacterias flúen polos distintos ecosistemas, desde a granxa ata o filete que se consome, e a ciencia busca estratexias para salvagardar os antibióticos e ferramentas para gañar esta batalla.

O ciclo Aida Fernández Ríos, que promoven conxuntamente a Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, xurdiu como homenaxe a esta investigadora, bióloga oceanógrafa e académica que faleceu en 2015. A súa principal finalidade é difundir a ciencia e a tecnoloxía e espertar o interese do público por temas de actualidade científica con repercusións directas na sociedade, ao tempo que contribúen á educación e formación en igualdade, visibilizando a grandes referentes femininas do ámbito STEAM. O programa inclúe tanto conferencias abertas ao público como dirixidas especificamente ao alumnado de centros educativos.

Medio centenar de cardiólogos debaten no Álvaro Cunqueiro sobre os tratamentos intervencionistas da tricúspide

0

O hospital vigués foi o primeiro de España en implantar no corazón válvulas tricúspide a través de catéter

Medio centenar de cardiólogos reuníronse no Hospital Álvaro Cunqueiro para debater sobre os últimos avances nos tratamentos da válvula tricúspide, baixo o paraugas do PCR Tricuspid Focus Group.

Hai que recordar que os servizos de Cardioloxía e Cirurxía Cardíaca da Área Sanitaria de Vigo realizaron o pasado ano, por primeira vez en España, implantes no corazón de válvulas  tricúspide transcatéter.

Polo de agora, xa levan tratado 60 pacientes con procedementos mínimamente invasivos, entre reparación e reemplazo da válvula, que  están  dados de alta e presentan unha evolución favorable.

As novas técnicas consisten en reparar ou cambiar a propia válvula tricúspide do paciente, cando esta non realiza a súa función correctamente, con dispositivos que se introducen por un catéter a través dunha punción da vena femoral ou xugulara. Ata agora, o tratamento desta  valvulopatía realizábanse con cirurxía convencional; isto é, a corazón aberto, o que supón abrir o esterno e, moitas veces,  parar o corazón do paciente como na cirurxía extracorpórea.

Segundo afirma o cardiólogo do comité organizador desta xuntanza, Rodrigo Estévez-Loureiro “con este encontro queremos actualizar os coñecementos e visibilizar esta enfermidade e os seus tratamentos, xa que ata hai pouco a insuficiencia tricúspide era unha patoloxía infratratada, por representar un alto risco cirúrxico. Grazas ás novas técnicas que  evitan abrir o esterno e parar o corazón, os tratamentos intervencionistas son menos agresivos, máis seguros, e presentan menos complicacións. Así mesmo, tamén buscamos concienciar á comunidade cardiolóxica para unha derivación precoz que nos permita seleccionar mellor ós pacientes para que reciban corrección de dita valvulopatía, xa sea por medios cirúrxicos ou intervencionistas ”

Insuficiencia da tricúspide

A válvula tricúspide separa  o ventrículo dereito da aurícula dereita do corazón,  e regula  o fluxo sanguíneo  entre ambas cavidades. A válvula se abre para que o sangue pase,  e cando non pecha correctamente se produce regurxitación. Isto é, o refluxo do sangue que retrocede  cara ás veas principais en lugar de desprazarse adiante e chegar aos pulmóns para recoller osíxeno.

Ás veces, se esta insuficiencia é grave pode cursar con síntomas como cansazo, debilidade, inchazón de abdome, pes e nocellos, o cal limita de forma moi importante a calidade de vida dos doentes, ademais de impactar de xeito negativo na supervivencia dos mesmos.

Gran experiencia no Álvaro Cunqueiro

O servizo de Cardioloxía do Alvaro Cunqueiro conta con 3 laboratorios de Hemodinámica dedicados ao intervencionismo coronario e estrutural, que abarca unha serie de procedementos para as cardiopatías conxénitas e adquiridas, nas que se inclúen as enfermidades valvulares, obstrucións arteriais e venosas, ecétera. Este servizo realiza uns 2.000 procedementos diagnósticos e terapéuticos anuais.

Neste senso, o Álvaro Cunqueiro conta con gran experiencia nos implantes cardíacos transcatéter, o que supoñen un gran avance para os pacientes, que se poden beneficiar dun tratamento eficaz e seguro, sen as complicacións inherentes á cirurxía convencional.

Reabierta al tráfico la autovía Marín-Pontevedra, cortada este sábado por las inundaciones

0

La provincia de Pontevedra fue una de las más afectadas durante este sábado por la borrasca ‘Celine’, registrando casi un centenar de incidencias atendidas por los servicios de emergencias

Los servicios de emergencias han reabierto la autovía que une Marín con Pontevedra, después de que permaneciera cortada desde la tarde de este sábado debido a las inundaciones provocadas por la climatología adversa y por la subida de la marea.

La DGT informaba de que esta autovía permanecía cortada totalmente por inundaciones entre el kilómetro 1,4 y el 3,5. Finalmente, sobre las 06,30 horas de esta madrugada se restableció la circulación.

Precisamente, la provincia de Pontevedra fue una de las más afectadas durante este sábado por la borrasca ‘Celine’, registrando casi un centenar de incidencias atendidas por los servicios de emergencias.

En total, hasta las 18.00 horas, el 112 había contabilizado más de 300 incidencias en toda la Comunidad, con carreteras cortadas, balsas de agua, bajos anegados, árboles caídos y numerosos vuelos cancelados.

Rescatan a la única ocupante de un turismo volcado en O Porriño

0

La mujer fue evacuada en estado grave al centro hospitalario de referencia

Los bomberos han rescatado a la única ocupante de un turismo volcado esta mañana en O Porriño. La conductora fue evacuada en estado grave al centro hospitalario de referencia.

El siniestro se conoció a las 6.30 horas de esta madrugada, cuando varias personas llamaron al 112 Galicia para pedir ayuda. Comentaron que en el interior del vehículo, que estaba muy dañado y perdía combustible, había alguien atrapado. Fue así que los gestores del Centro Integrado de Atención a las Emergencias de Galicia pidieron la colaboración de los Bomberos de Baixo Miño para efectuar el rescate de la única ocupante del turismo. 

Una vez liberada, fue atendida y trasladada, con lesiones importantes, por un equipo de Urgencias Sanitarias de Galicia-061. Además, desde el 112 Galicia, se solicitó la intervención de los equipos de limpieza y mantenimiento de la vía, en este caso la N-550, en el punto kilométrico 154, con el fin de restablecer las condiciones de seguridad.

Por supuesto, los grupos de intervención de salvamento y sanitarios contaron con el apoyo de los agentes de la Guardia Civil de Tráfico y de la Policía Local.

Costa Rica y Uruguay visitan el Parque Nacional de las Islas Atlánticas para intercambiar experiencias en el cuidado de las áreas protegidas y establecer sinergias

0

Una delegación de los gobiernos de ambos países pasó seis días en Galicia en el marco de un proyecto de intercambio de formación e información financiado por la UE

El Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia recibió la semana pasada la visita de una delegación de los Gobiernos de Costa Rica y Uruguay con el objetivo de intercambiar experiencias de buenas prácticas en el cuidado de áreas protegidas, incluidas zonas marinas, y sentar las bases para establecer futuras sinergias y vías de colaboración en este ámbito.

En el marco de un proyecto de intercambio de formación e información financiado por la UE para el fortalecimiento de las zonas amparadas bajo algún tipo de protección de España, Costa Rica y Uruguay, representantes del Ministerio de Ambiente y Energía costarricense y del Ministerio de Medio Ambiente uruguayo estuvieron 6 días en la Comunidad para conocer a fondo las Islas Atlánticas y el trabajo que está realizando en ellas la Xunta con el fin de garantizar la protección de su riqueza y diversidad natural y su uso y disfrute público.

El objetivo de la visita, coordinada por el Organismo Autónomo de Parques Nacionales y por la Dirección General de Patrimonio Natural, es impulsar mejoras en el diseño e implementación de políticas públicas en estos países americanos que vayan en línea con los Objetivos de Desarrollo Sostenible fijados por Naciones Unidas para cumplir con las metas de la Agenda 2030.

A tal fin, la delegación sudamericana pudo conocer durante su estancia en Galicia los cuatro archipiélagos que integran el Parque Nacional —Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada— y analizaron las principales experiencias de buenas prácticas que se están llevando a cabo en los mismos en materias como el desarrollo sostenible o el turismo verde.

En concreto, mantuvieron reuniones de trabajo con personal del Parque Nacional y con su director-conservador, José Antonio Fernández-Bouzas, durante las que, entre otras cuestiones, analizaron los sistemas de emergencia (Camgal) y el Plan rector de uso y gestión (PRUX) de este espacio natural, así como el dispositivo de control de accesos puesto en marcha por la Xunta para controlar la afluencia a las islas durante la temporada alta y garantizar así que se respeta el cupo máximo de visitantes establecido para cada época.

Asimismo, también tuvieron ocasión de asistir y participar en alguna actividad educativa realizada en las propias islas y comprobaron sobre el terreno los resultados visibles de los programas para la erradicación de especies alóctonas que se están desarrollando en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas.

En este sentido, abordaron con especial interés los primeros avances conseguidos en el marco del proyecto europeo trasnacional Life Insular, en el que participan Cíes, Ons y Sálvora desde el año pasado y que incluye, precisamente, acciones para la mejora de la estructura y funcionalidad de dos tipos de hábitats propios de estas islas a través de la eliminación y control, mediante métodos manuales, de especies exóticas invasoras de flora.

A Deputación destina 300.000€ para que 70 entidades de Vigo e o sur da provincia poidan desenvolver actuacións no ámbito social

0

Os colectivos beneficiados financiarán, entre outros, programas de asistencia alimentaria e atención a familias en situación de risco de exclusión social, comedores sociais, clases de reforzo escolar ou proxectos de atención a persoas con problemas de saúde mental

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas para setenta entidades de Vigo e outros dez concellos do sur da provincia que traballan no ámbito social, cun investimento que acada os 300.000 euros. Estas axudas, que recibirán colectivos radicados en Vigo, Crecente, Mos, Tui, A Guarda, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tomiño, servirán para financiar distintas actuacións que estes colectivos desenvolven para axudar a persoas en situación de desvantaxe ou vulnerabilidade social.

As contías destas achegas oscilan entre os 1.100 e os 5.723€ e permitirán a estes colectivos financiar, entre outras, actuacións de asistencia alimentaria e atención a familias en situación de risco, vivendas tuteladas, comedores sociais, clases de reforzo escolar, proxectos de integración para persoas xordas, de atención a persoas con problemas de saúde mental ou con enfermidades como a esclerose múltiple.  

A maior parte das entidades beneficiarias, un total de 54, levan a cabo a súa actividade en Vigo, onde recibirán financiamento da Deputación de Pontevedra Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo; Alento-Asociación de Daño Cerebral de Vigo; Apacaf; Asociación Nós Mesmas; Acción Solidaria Galicia (Asdegal); Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia; Diversidades; Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia); Asociación Gallega de Afectados por VIH/Sida; Asociación Gallega de Hemofilia; Asociación Autismo Vigo; Asociación Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia; Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares; Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi); Asociación de Padres Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia; Asociación de Personas Sordas de Vigo; Asociación Dignidad Galicia; Doa Saúde Mental; Asociación Galega de Fibrose Quística; Asociación de Mulleres Pedra da Vella; Asociación Red Madre Pontevedra; Asociación Vida Digna; Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra e a Asociación Xaruma.

Tamén contarán con subvencións a Asociación Juvenil Abertal; Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (Anhida); a Asociación Párkinson de Vigo; a Asociación Asvidal; Aspanaex; Ategal; Bicos de Papel (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos Hospital Álvaro Cunqueiro); Emaús Fundación Social; Fademga Plena Inclusión Galicia; Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual; Fundación Esplai Ciudadanía Comprometida; Fundación Aldaba; Fundación Amedis; Fundación Casa Caridad de Vigo; Fundación de la Santa Cruz; Fundación Faiben; Fundación Formavigo; Fundación Funditea; Fundación Igual Arte; Fundación Ingada; Fundación Juan Soñador; Fundación Menela; Fundación para la Pesca y el Marisqueo; Fundación Provincial Banco de Alimentos; Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo; Grandes Amigos en Acción; Hogar y Clínica San Rafael; Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector; Misión del Silencio e Sociedad San Vicente de Paúl. Todas elas situadas tamén na cidade de Vigo.

Por outra banda, no concello de Redondela beneficiaranse destas achegas tres entidades: a Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional; a Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra e a Asociación Lenda de Saúde Mental. Tamén reciben subvencións provinciais dúas entidades da Guarda, Avelaíña e San Xerome Emiliani; dúas de Ponteareas, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e A Paradanta e Dar Más; dúas en Tomiño, SOS Tomiño-Baixo Miño e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade e dúas en Tui, a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns e a Congregación de Hermanas Franciscanas Hospitalarias.

Ademais, en Mos recibirá unha achega a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa; en Nigrán, a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos la Esperanza del Valle Miñor; en Pazos de Borbén, a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo (Aspavi); no Porriño, a Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (ACEESCA) e, en Crecente, o Colegio Nuestra Señora de Fátima Esclavas de la Virgen Dolorosa.

Esta noche regresa el horario de invierno: a las 3 serán las 2 de la madrugada

0

El cambio ha suscitado polémica en los últimos años, con expertos que defienden su mantenimiento por razones de ahorro energético, frente a otros que aseguran que ha perdido su sentido y puede perjudicar a la salud

Esta noche volverá a cambiar la hora. Después de medio año con el horario de verano que comenzaba el pasado mes de marzo, esta madrugada volveremos, una vez más, al horario de invierno. De este modo, a las 03.00 de la madrugada será necesario retrasar los relojes, si no lo hacen de modo automático como sucede con los móviles, hasta las 02.00, en cumplimiento de la directiva europea vigente.

Este cambio viene generando polémica los últimos años, ya que algunos expertos defienden su mantenimiento, fundamentalmente por razones de ahorro económico o de organización social, mientras que otros apuntan que en una sociedad digitalizada ya ha perdido la utilidad con la que fue ideado. Aseguran, además, que no resulta beneficioso para la salud.

En 2018, la Comisión Europea organizó una consulta pública para conocer la opinión de los ciudadanos, en la que el 80% de los 4,6 millones de personas que participaron votó a favor de terminar con el cambio horario.

En España, se creó en septiembre de ese mismo año un comité de expertos que llegó a plantear el abandono del horario actual y la asunción de un único huso, el vigente en las islas Canarias, que es igual al que rige en Portugal y Reino Unido.

Sin embargo, finalmente no tomó ninguna decisión concreta. De hecho, todos los Estados miembros de la UE han decidido mantener de momento este cambio estacional dos veces al año: el último domingo de marzo y el último de octubre.

Detenido un vigués por gastar 1.200 euros con la tarjeta de otra persona

0

Los agentes averiguaron que el ahora detenido había conseguido los datos de la tarjeta bancaria de la víctima, utilizándolos para abrir una cuenta con una identidad falsa en una plataforma intermediaria de pagos

El Equipo Coruña de Asesoramiento Prevención y Respuesta contra la Ciberdelincuencia de la Comandancia de la Guardia Civil de A Coruña ha detenido a un vecino de Vigo como presunto autor de un delito de estafa y otro de falsedad documental por realizar cargos con la tarjeta de otra persona por valor de 1.200 euros.

Según informan desde el Instituto Armado, la investigación se inició a raíz de la denuncia interpuesta por la víctima en las dependencias oficiales de la Guardia Civil de Cambre. En ella comunicaba la realización de cargos no autorizados en su cuenta bancaria por un importe total de 1.200 euros.

Así, la Guardia Civil investigó los hechos para tratar de constatar su veracidad e identificar al autor o autores en su caso. De este modo, los agentes averiguaron que el ahora detenido había conseguido los datos de la tarjeta bancaria de la víctima, utilizándolos para abrir una cuenta con una identidad falsa en una plataforma intermediaria de pagos, realizando a través de la misma los pagos de productos tecnológicos comprados online.

Tras el análisis de la información recabada, los agentes que intervinieron en el operativo lograron la identificación plena del presunto autor de los ilícitos, un varón con domicilio en Vigo. A continuación, procedieron a la detención de esta persona como presunto autor de un delito de estafa y otro de falsedad documental, poniéndolo, junto con las actuaciones realizadas, a disposición del Juzgado de Instrucción de guardia de A Coruña.

O BNG de Vigo urxe a Concello e Xunta a actuar diante da “emerxencia laboral” que retrata a última EPA

0

Os últimos datos oficiais da Enquisa de Poboación Activa recollen que na cidade de Vigo o desemprego aumentou en 3.500 persoas no último trimestre e que inda non se recuperou o nivel de ocupación anterior á pandemia

A fronte nacionalista anuncia que a promoción do emprego será unha das súas prioridades nas emendas aos orzamentos do Concello e da Xunta

Xabier P. Igrexas: “A cifra que mellor retrata o retroceso de Vigo en termos de emprego e de capacidade produtiva é que a día de hoxe teñamos 7.400 postos de traballo menos dos que había no ano 2009”

O Bloque Nacionalista Galego urxe tanto ao Concello de Vigo como á Xunta de Galiza a que actúen diante da “emerxencia laboral” que retratan os últimos datos oficiais da Enquisa de Poboación Activa. Así o vén de demandar o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após se coñecer que no último trimestre aumentou o paro na cidade en 3.500 persoas.

Igrexas tamén alertou de que no terceiro trimestre deste ano inda non se logrou recuperar o nivel de ocupación existente na cidade antes da pandemia da Covid-19. “A cifra que mellor retrata o retroceso de Vigo en termos de emprego e de capacidade produtiva é que a día de hoxe teñamos 7.400 postos de traballo menos dos que había no ano 2009”, enfatizou.

Unha situación que se fai notar especialmente en actividades e sectores estratéxicos para a economía viguesa como son a industria, na que hai 1.500 empregos menos dos que había antes da pandemia, ou no sector primario (agro e pesca) onde nos últimos tres meses se destruíron 6 de cada 10 empregos en comparación co trimestre anterior.

Falla de resposta

O portavoz municipal nacionalista critica a falla de resposta por parte dos gobernos galego e municipal diante da grave situación laboral que atravesa a maior cidade galega. Neste sentido, denuncia a “falla dun compromiso real do Goberno municipal de Abel Caballero coas políticas de emprego como evidencia que o Vigo Emprega veña de convocarse con apenas 75 prazas, fronte as 220 que se convocaron en 2016, ou que programas como o Plan de Emprego Municipal e os destinados a emprego xuvenil e de mulleres vítimas de violencia machista practicamente non teñan executado nada do seu orzamento no que vai de ano”.

Á inacción municipal engádese a “nefasta política económica, industrial e laboral” da Xunta de Galiza do Partido Popular que, lembra Igrexas, leva 4 anos consecutivos negándose a impulsar un Plan de reactivación produtiva e industrial na comarca de Vigo como demandou reiteradamente o BNG na tramitación dos orzamentos da  Xunta.

Diante desta situación,  Igrexas anuncia que a promoción do emprego será unha das prioridades das emendas que a fronte nacionalista trasladará tanto aos orzamentos para 2024 de Concello e Xunta.

“O compromiso do BNG é claro. Faremos todo o que estea na nosa man para apostar por políticas que creen oportunidades aquí. Que aposten no emprego digno, estábel e con dereitos. Para poñermos fin á expulsión de millares de mozas e mozos á emigración forzosa e garantir o dereito das viguesas e vigueses a viviren con dignidade dun traballo na propia terra”, remachou.