Rueda pone en valor la potencia del naval gallego y las oportunidades de futuro de uno de los motores de la economía de la comunidad

0

El presidente de la Xunta asiste a la inauguración de la IX Navalia que se celebra en Vigo

Asegura que es «uno de los escaparates» de Galicia en el exterior y un sector que hace falta «cuidar» ya que representa el 5% del PIB gallego y que de la trabajo a 26.000 personas

Galicia es la comunidad con mayor número de nuevos contratos del naval

Insta a aprovechar las oportunidades de nuevas iniciativas como la eólica marina

La Xunta lleva tiempo reclamando al Gobierno central una nueva convocatoria del Perte naval

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, puso en valor esta mañana el potencial del sector naval gallego y las oportunidades de futuro de uno de los ámbitos estratégicos de la economía de Galicia.  

Durante la inauguración de la IX Navalia que se celebra hasta el próximo jueves en Vigo, Rueda resaltó que Galicia tiene todas las características para consolidarse como referente internacional en este sector y «aprovechar las oportunidades» que ofrecen nuevas iniciativas como la eólica marina. «Tenemos experiencia», un «excepcional» nivel en la construcción naval y «un mar que explica nuestra historia pasada, presente y futura».

Para el presidente el sector naval «es un escaparate de Galicia» que hace falta «cuidar» y seguir potenciando para que este ámbito siga siendo una parte importante «de la Galicia del futuro».

En la actualidad el sector naval representa el 5% del PIB gallego y genera empleo de forma directa o indirecta a 26.000 personas en toda la comunidad. Además, Galicia es la autonomía con mayor número de nuevos contratos del naval de toda España con siete contratos y 17 buques encargados. 

La Xunta lleva tiempo reclamando al Estado una nueva convocatoria del Perte naval para dar estabilidad y garantías de futuro a un sector con el que el Gobierno autonómico ya está trabajando en el diseño de un plan director específico.

O Correlingua 2024 chegará a Vigo o 23 de maio

0

A concelleira de Educación, Olga Alonso, presentou a nova edición acompañada de Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, e de Tamara Martínez, secretaria comarcal da CIG – Ensino

O Correlingua volverá encher a cidade da reclamación festiva do uso do galego en todos os ámbitos, pero especialmente entre o alumnado o vindeiro 23 de maio. Como indicou Olga Alonso, “este ano asistirán 23 centros de ensino cun total de 1.823 alumnos a esta festa da lingua”.

Baixo o lema “Dende aquí ate acolá, galego xa!”, o Correlingua, que este ano acada a súa vixésimo cuarta edición, contará cunha ampla programación: concertos, festas, regueifas, obradoiros e concursos.

En Vigo, os 23 centros educativos percorreron o traxecto entre a Praza do Rei e o parque de Castrelos en defensa do idioma, para realizar múltiples actividades a súa chegada. Anxo Terán agradeceu “ao Concello de Vigo a colaboración nas 24 edicións”, sinalando que a cidade é “un sitio moi importante para gardar ese tesouro que é a nosa lingua”.

O alcalde convida á cidadanía a gozar o domingo en Castrelos dos actos do Bicentenario da Policía Nacional

0

O auditorio de Castrelos acollerá, a partir das 11 da mañá do vindeiro domingo 26 de maio, o acto organizado para conmemorar o Bicentenario da Policía Nacional

As exhibicións dos medios cos que este corpo das forzas de seguridade desenvolve o seu traballo cotiá, que vertebran o programa, foron presentadas este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e co comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez

Abel Caballero explicou hoxe que a conmemoración dos 200 anos da Policía Nacional en España é “un feito da maior importancia”, que “transcende” a unha mera celebración por “ser unha forma importante da forma de entender o país», e o papel durante dous séculos deste corpo das forzas de seguridade.

O rexedor incidiu en que os actos organizados en Vigo e Redondela a próxima fin de semana mostrarán o traballo da policía. “Convido a toda a cidade a que o domingo, ás 11.00 da mañá, en Castrelos, contemple as demostracións organizadas”, indicou.

O alcalde dirixiuse ao comisario xefe para recoñecer á policía como unha “peza clave” na seguridade, e na “forma de entender a convivencia pacífica nunha cidade”, así como para felicitalo polos 200 anos de traballo.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, compartiu o agradecemento expresado por Abel Caballero polo traballo policial. Anunciou que a celebración na localidade choqueira está programada no Campo da Feira o sábado 25 a partir das 18.00 horas da tarde.

Exhibicións

O comisario xefe da Comisaria de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, adiantou que entre as unidades que participarán nas exhibicións da próxima fin de semana atópanse as de cabalería, coa demostración de habilidades de 6 equinos; así a canina, con 8 cans guía que realizarán exercicios de obediencia e de distintos materiais. A estes sumaranse o despregamento tanto dos Tedax, como dos drons e do material da policía científica.

Caballero compromete o seu apoio ao PERTE do Naval na inauguración de Navalia

0

O alcalde acudiu á inauguración da Feira Internacional Navalia que converte á cidade de Vigo no epicentro do sector naval coa chegada de empresas e comerciais de máis de 75 países. Abel Caballero comprometeu seguir no apoio a esta actividade produtiva a través do PERTE que está a desenvolver o Goberno de España cos fondos europeos Next Generation EU. «Somos empresa, economía, emprego e produción… É o noso ADN». Caballero relatou que a construción naval «é o corazón de Vigo», onde comezou o proceso industrial na cidade. Deste xeito, pola súa historia e importancia ao día de hoxe, louvou á directiva de Navalia por seguir adiante coa feira e amosar ao resto de mundo que Vigo ten unha gran industria.

El primer AVE Vigo-Madrid: remolcado

0

El estreno de los trenes Avril se salda con sorpresa: el viaje inaugural se interrumpe a escasos metros de Ourense

Tras años de esperas y promesas, hoy se estrenaba el primer tren Avril, esos convoyes llamados a traer la alta velocidad a Vigo. Sin emabrgo, un problema técnico ha obligado a interrumpir durante una hora y media, antes de llegar a Ourense, el viaje inaugural de este convoy, que había salido a las 9.20 horas de la estación de Vigo hacia la capital, y que finalmente ha sido remolcado por un Alvia, tren al que viene a sustituir.

Los pasajeros fueron informados por megafonía de la incidencia en el viaje y de la obligación de una parada inesperada que se ha producido minutos después de las 11 horas.

El Avril ha llegado a la estación de Ourense remolcado por un Alvia y Adif ha informado minutos antes de las 13 horas que se ha restablecido la «circulación normal» entre Santiago y Ourense.

El tren de ancho variable fabricado por Talgo que permite la llegada de la alta velocidad a Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela y A Coruña -hasta ahora solo llegaba a Ourense-, ha retomado el viaje remolcado por el Alvia.

O BNG de Mos solicita a instalación de bandas redutoras da velocidade na subida a San Antoíño

0

O concelleiro Alberto Barreiro insiste na necesidade de “mellorar a seguridade viaria” nun tramo que rexistra un tránsito crecente de automóbiles e peóns

A veciñanza de Louredo alertou sobre a velocidade excesiva á que circulan moitos vehículos e as características da vía dificultan a visibilidade

O Grupo Municipal do BNG de Mos vén de presentar un escrito, no rexistro do Concello, no que se insta ao goberno a colocar unhas bandas redutoras da velocidade na estrada que dá acceso á urbanización de San Antoíño dende a igrexa de Louredo. O concelleiro nacionalista Alberto Barreiro presentara xa esta mesma solicitude, a través dun rogo, no pleno do pasado mes de setembro, pero ata o momento a petición non foi atendida pola Concellería de Vías e Obras.

As bandas redutoras, de acordo coa proposta do BNG, deberían colocarse en dirección ascendente xusto antes da rotonda. Tal como indica Alberto Barreiro, trátase dunha intersección “con visibilidade reducida” na que “boa parte dos vehículos circulan a unha velocidade que non é prudencial”. Por outra parte, a posición da rotonda, segundo o concelleiro, “tampouco axuda a que os condutores levanten o pé do acelerador”. 

Tráfico en aumento

O lugar rexistra un crecente tránsito de automóbiles e peóns. Aparte de dar servizo ás familias residentes en San Antoíño, un núcleo de poboación que experimentou un notable crecemento de poboación nas últimas décadas, a estrada é utilizada polas persoas que acoden ás actividades do Centro Social de Louredo. É, ademais, a principal saída cara á N-550, en dirección ao Porriño, dende os barrios de Pombal e Torreira, así como un dos accesos empregados pola veciñanza das Regadas, na parroquia de Mos, a través do camiño de Casanova.

A Deputación inaugura no CEIP Lope de Vega a mostra “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”

0

A exposición, inaugurada pola deputada de Igualdade Sandra Bastos e enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable dos recursos mariños

A Deputación de Pontevedra inaugurou este martes a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” no CEIP Lope de Vega, en Vigo. Esta iniciativa, promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo, busca darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño e estará dispoñible no centro ata o próximo 30 de maio. A deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, asistiu ao acto de inauguración que rematou cun obradoiro impartido por Tamara Amorín (participante na investigación do proxecto) para o alumnado de 5º de Primaria.

Sandra Bastos destacou que con esta mostra “recuperamos a memoria daquelas mulleres que dedicaron a súa vida aos oficios do mar no pasado, pero tamén damos voz a aquelas que os desempeñan na actualidade”. Neste sentido, nos paneis da exposición amósanse “mulleres das vilas mariñeiras orgullosas do seu papel, que loitaron e loitan por mellorar as súas condicións de traballo e a explotación de recursos mariñeiros, e tamén mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas”. En definitiva, subliñou a deputada de Igualdade, “mulleres que representan á perfección que non se entende a economía e a sustentabilidade do mar sen a súa participación activa”.

“Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” afonda no papel destacado, e moitas veces invisibilizado, que as mulleres tiveron ao longo da historia na sustentabilidade do mar e no uso responsable dos recursos mariños. Recóllense oficios das mulleres do mar, desde 1914 ata a actualidade, comezando polos máis antigos –como os de mariscadora ou redeira– ata as investigadoras mariñas, pasando por aquelas que traballaron na salga e na conserva. A exposición está composta por vídeos e fotografías, así como imaxes (moitas delas inéditas) que serven para recuperar nas aulas o saber das mulleres do mar e promover a igualdade e mais a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos. A mostra chega ao CEIP Lope de Vega despois de pasar por múltiples lugares da provincia como Forcarei, A Guarda, Redondela, Vigo, Cangas, O Rosal, Cambados, Nigrán, Poio, Mondariz ou Pontevedra, e tamén estivo exposta no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

O Festival de Cans abre o telón co documental “Acordamos” de Uxía e a música de Antía Muiño

0

Xa tivo unha previa a pasada fin de semana coa exhibición de longametraxes da produtora francesa Sociéte Acéphale, a apertura das mostras “Cans Cartaces” e “Reservoir Cans” e a actuación de Cora Velasco

A XXI edición do Festival de Cans arranca este martes nesta aldea do Porriño que converteuse ao longo das dúas últimas décadas no punto de encontro anual do cine galego. Nesta oportunidade o programa do evento volve a estar cheo de propostas cinematográficas ás que se suman as actuacións musicais, os coloquios, os encontros con realizadores e actores e, como é imprescindible en Cans, coa presenza e participación dos veciños da aldea en todas as actividades previstas. O festival xa tivo unha previa a pasada fin de semana coa exhibición de longametraxes da produtora francesa Sociéte Acéphale, a apertura das mostras “Cans Cartaces” e “Reservoir Cans” e a actuación de Cora Velasco.
 
Nesta nova edición Cans volvera a contar coa visita de destacadas personalidades do mundo do cine de Galicia e de fora, entre os que estarán o director David Trueba (será o protagonista dun coloquio o sábado 25), varios representantes da produtora francesa Sociéte Acéphale, o músico vasco Kepa Junquera –que recibirá unha emotiva homenaxe en Cans o mércores 22– ou a actriz galega María Vázquez, que recollerá o Premio Pedigree de Honor de Cans o venres 23 e deixará as súas pegadas no Torreiro ese mesmo día.
 
A primeira xornada do festival comezará ás 10,30 da maña cun acto no Centro de Día de Torneiros, onde o director do Festival Alfonso Pato, fará a apertura da exposición arredor do emblema do Can de Cans e o cinema, feita por maiores de Centros de día de toda Galicia. A esa mesma hora comezarán a chegar a Cans ao longo da mañá perto de 200 estudiantes que asistirán a proxecións didácticas nos jalpóns e coñecerán os espazos da aldea.

As 11,30h terá lugar á beira da Igrexa de Cans a descuberta da placa da da Rúa Efémera, que estará aberta durante todo o evento e este ano leva o nome da produtora e técnica de son e á que fora Presidenta de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras audiovisuais), Dolores Ben.

Documental “Acordamos” e Antía Muiño

A continuación haberá un coloquio no Baixo de Carlos, arredor dos novos modelos de produción, coa presenza de Uxía Caride, xerente de AGAPI, que substituirá a Pablo Romero, que causou baixa de última hora. Pola tarde chegará  ás 19,30 horas no Centro Cultural do Porriño a proxección do documental “Acordamos”, dirixido por Uxía e Lucas Terceiro, que lembra os proxectos pioneiros que funcionaron en Galicia durante a Segunda República, a través de relatos de escritores e historiadores e de cancións interpretadas por artistas que van de Malvela a Woyza, pasando por Luis Pastor ou Celina da Piedade. Trala proxección, a cantante Antía Muiño, que tamén é unha das protagonistas do documental, poñerá o remate á xornada interpretando algúns dos temas vinculados ao documental.
 
As seccións competitivas do festival reúnen este ano un total de 51 pezas entre curtas de Ficción/Animación (14), Non ficción (10), Novas Camadas (10) e Videoclips (17). Haberá máis de 30 estreas (en Galicia ou estatais), cunha elevada calidade nas propostas a concurso. En total, proxectáranse máis de 100 obras audiosivisuais nesta edición do festival. 
 
Ademais dos filmes das seccións oficiais, en Cans tamén se poderá ver este ano unha retrospectiva das curtas da prestixiosa produtora francesa Sociéte Acéphale e haberá proxeccións de longametraxes, como a preestrea de “Alumbramiento”, que abrirá oficialmente o festival o xoves 23, cun coloquio posterior co director Pau Teixidor e as actrices María Vázquez e Sofía Milán.

The Rapants, Kepa Junquera e Susana Seivane

A música volverá a ser outro dos puntos fortes do festival, con formatos e estilos moi diversos. No escenario Estrella Galicia da Leira do Río pasarán bandas como The Rapants, Combo Paradiso o Nat Simons pero tamén haberá espazo para propostas de formato máis pequeno, como as actuacións de Susana Seivane e Su Garrido Pombo no Invernadoiro e as de Lontreira e Escuchando Elefantes no Torreiro de Cans. Un dos momentos máis emotivos deste ano chegará o mércores coa homenaxe musical que Cans lle renderá ao músico vasco Kepa Junquera, que volve a visitar a aldea dez anos despois da súa histórica actuación no Jaliñeiro que agora recibirá o seu nome.

Abre el plazo para solicitar las ayudas para comprar libros de texto y material escolar

0

El alumno matriculado en 3º a 6º de Primaria y en todos los niveles de la ESO accederá al fondo solidario de libros al no cambiar estos

La Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP abrirá hoy, y hasta el 21 de junio, con carácter general, el plazo para que las familias puedan solicitar para el próximo curso 2024/25 las ayudas para la compra de libros de texto y de material escolar, así como para participar en los fondos solidarios de libros de los centros públicos.

Este plazo se extenderá durante un mes, a partir de la formalización de matrícula, de manera excepcional para los alumnos que se incorporen más tarde en el curso y los que repitan 4º de ESO y no obtengan plaza en FP básica.

Según recoge la orden que este lunes publica el Diario Oficial de Galicia (DOG), el fondo solidario está previsto para el alumnado matriculado entre 3º y 6º de Primaria, así como todos los cursos de la ESO, porque en estos niveles se repetirán los libros de texto del curso 2023/24.

En cuanto a las convocatorias de ayudas, para adquirir libros de texto será para estudiantes de 1º y 2º de Primaria y en Educación Especial; y para material escolar en todos los cursos de Primaria, ESO y Educación Especial.

Los alumnos de los centros y cursos que empleen ‘E-Dixgal’, la iniciativa del libro digital de la Xunta, estarán excluidos del fondo solidario y de los vales para comprar libros, pero podrán optar a los de material.

En paralelo, este martes se abrirá el plazo, también hasta el 21 de junio, para que los centros privados concertados se adhieran a la iniciativa del fondo solidario de libros y a la línea de ayudas para adquirir libros y material.

Procedimiento

Las familias deberán presentar la solicitud preferentemente por la sede electrónica de la Xunta, pero también se aceptarán de forma presencial en los centros. Aunque el alumno para el que se pide la ayuda aún no esté admitido en un colegio o instituto para el próximo curso, se presentará en el centro en el que estuviera matriculado en la actualidad.

Según la orden que publica el DOG, el criterio para la adjudicación de los ejemplares del fondo solidario –de 3º a 6º de Primaria y en toda la ESO– será la renta per cápita de la unidad familiar, si bien tendrán preferencia el alumnado tutelado por la Xunta y el que presente una discapacidad igual o superior al 65 por ciento.

Cuando se agota este fondo, será el centro el que adquiera los libros de texto necesarios para garantizar la disponibilidad para familias de hasta 10.000 euros de renta per cápita, alumnos tutelados o con discapacidad igual o superior al 65 por ciento. En este caso, la Xunta abonará a cada colegio 40 euros por libro en Primaria y 45 en ESO.

Para las ayudas a la compra de libros –1º y 2º de Primaria–, con carácter general serán de 160 o de 240 euros, en función de la renta, para Educación Primaria; y de 180 o de 270 euros para ESO.

Por su parte, la ayuda para material escolar –para todos los cursos– será de 60 o de 75 euros, también en función de la renta, tanto en Primaria como en ESO.

Los vales estarán sellados y firmados por la dirección de cada centro y serán únicos para cada alumno. Nunca se expedirá un nuevo vale en caso de que la familia o la librería se extravíen. Si la persona interesada detecta algún error en el vale, tendrá 10 días hábiles para subsanar la solicitud y devolverlo.

Lo antes posible

Los alumnos beneficiarios podrán adquirir los libros y el material en el establecimiento que deseen, pero deberán gastar toda la cuantía en una única tienda. Tendrán que utilizarlos «lo antes posible», tal y como recoge la orden del DOG, pero «en todo caso» el plazo terminará el 10 de abril de 2025.

Posteriormente, serán los responsables de las librerías, que deberán estar de alta en el correspondiente registro, los que tendrán que notificar los importes descontados a las direcciones territoriales de la Consellería de Educación, con el fin de que se les devuelva la cuantía.

También deberán hacerlo «lo antes posible» pero, en todo caso, hasta el 12 de diciembre. Si los vales se emplean más tarde, lo notificarán del 1 de enero al 22 de abril de 2025.

Un conductor ebrio circula tres kilómetros en sentido contrario en la A-55

0

El vehículo causó un accidente tras impactar lateralmente contra otro turismo que circulaba de manera correcta

La Guardia Civil interceptó a un conductor de 67 años que circuló tres kilómetros en sentido contrario por la A-55, que cuadriplicaba la tasa máxima permitida de alcohol y que causó un accidente, afortunadamente, sin mayores consecuencias para nadie.

Los hechos, según ha informado este lunes, tuvieron lugar el pasado jueves a la altura del kilómetro 29 de la A-55, en Tui, sentido Portugal.

Varios fueron los conductores que se cruzaron con este conductor y que llamaron a la Guardia Civil, que optó por cortar la circulación para tratar de evitar una posible colisión frontal.

En todo caso, el vehículo causó un accidente tras impactar lateralmente contra otro turismo que circulaba de manera correcta, afortunadamente sin heridos, y después abandonó la vía a la altura de Tui.

Una patrulla del Destacamento de Tráfico de O Porriño interceptó poco después el vehículo, y los agentes comprobaron que el conductor presentaba síntomas de conducir bajo los efectos de bebidas alcohólicas, lo que ratificó la prueba de alcohol.

El Grupo de Investigación de Accidentes de Tráfico del Subsector de Tráfico de Pontevedra procedió a investigar al conductor por dos delitos contra la seguridad vial, al circular en sentido contrario y superar lastasas de alcoholemia legalmente establecidas y las diligencias han sido entregadas en el Juzgado de Guardia de Tui.