O alcalde acudiu á inauguración da Feira Internacional Navalia que converte á cidade de Vigo no epicentro do sector naval coa chegada de empresas e comerciais de máis de 75 países. Abel Caballero comprometeu seguir no apoio a esta actividade produtiva a través do PERTE que está a desenvolver o Goberno de España cos fondos europeos Next Generation EU. «Somos empresa, economía, emprego e produción… É o noso ADN». Caballero relatou que a construción naval «é o corazón de Vigo», onde comezou o proceso industrial na cidade. Deste xeito, pola súa historia e importancia ao día de hoxe, louvou á directiva de Navalia por seguir adiante coa feira e amosar ao resto de mundo que Vigo ten unha gran industria.
Inicio Hoy en Vigo Política Caballero compromete o seu apoio ao PERTE do Naval na inauguración de...

