A Deputación analiza as claves do futuro do sector naval na súa aula de formación en Navalia

0

A aula organizada pola institución provincial é froito do primeiro patrocinio da súa historia no marco da Feira Internacional da Industria Naval que se está a celebrar en Vigo

As actividades que está a organizar a Deputación de Pontevedra no marco da súa aula de formación en Navalia, a Feira Internacional da Industrial Naval de Vigo, están a permitir coñecer as claves dalgunhas das cuestións que máis preocupan ao sector á hora de abordar o seu futuro. A institución provincial impulsa estas accións froito do primeiro patrocinio na historia da Deputación a este evento, que reúne milleiros de visitantes de todo o mundo en torno a un sector estratéxico para o desenvolvemento da provincia.

Neste sentido, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, indicou que o apoio da institución provincial “non é un feito anecdótico” por canto “somos moi conscientes de que o naval, do mesmo xeito que todo o que ten que ver co mar, é un sector estratéxico para a nosa provincia”. Convencida de que se superarán os 20.000 visitantes alcanzados o pasado ano, Sánchez ve nesta feira un “potencial de captación magnífico para a nosa aula”, onde, dixo, “abordáranse cuestións de vital importancia para o desenvolvemento e o futuro do sector” relacionadas coa enerxía, o almacenamento de hidróxeno, a sustentabilidade, o impacto ambiental ou a mellora da eficiencia na construción naval.

Deste xeito, a aula de formación da Deputación acolle este mércores unha xornada organizada por GABADI e Bureau Veritas co título “Solucións aos regulamentos de descarbonización da Organización Marítima Internacional-Marpol (Convenio internacional para previr a contaminación polos buques) e da Unión Europea en 2050. Impacto no sector marítimo, oportunidades e retos”, distribuída en cinco paneis que xiran arredor do gas natural licuado, o H2/ammonia, o metanol e o etanol e mais as tecnoloxías, con máis dunha vintena de expertos de firmas internacionais. Tamén se exporán nela algúns dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ que incorpora este ano a feira, deseñada para apoiar e incentivar o ecosistema emprendedor do sector, e se analizarán as “Solucións de almacenamento de hidróxeno mediante a xeración de amoníaco verde como combustible multipropósito”, da man de Soermar.

Mañá xoves 23 de maio, en horario de mañá, terán lugar na aula da Deputación dúas. A primeira será a conferencia “Solucións modulares alternativas á soldadura”, a cargo de Sergio Forcelledo, trade manager da firma E&I, e con representación da firma Hilti. E, por último, a mesa “Enerxía naval do futuro: Solucións Innovadoras de Almacenamento Enerxético en Proxectos Europeos enfocados á Descarbonización e Desenvolvemento con Baterías”, organizada por Soermar e con representación de SEABAT, Hypobatt, AENEAS e o proxecto Flexship. As actividades da aula de formación da Deputación en Navalia comezaron este martes con tres conferencias arredor da redución de custos utilizando ferramentas imantadas na construción naval e industrial, a redución de custos e tempos de ciclo utilizando ferramentas magnéticas na industria moto motriz e sobre combater a corrosión xerando un bo perfil de ancoraxe con pelo de aceiro ou aceiro inoxidable sen aplicar o granallado tradicional, e mais outra rolda de exposicións dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ da feira.

El PP de Vigo pide a Caballero que confirme si el uso previsto de la Pass Vigo en los conciertos de Castrelos conllevará limitaciones o descuentos

0

El grupo municipal popular lamenta que el Gobierno local no haya aclarado a los licitadores cómo deben cumplir con la nueva exigencia de integrar los servicios de la tarjeta ciudadana en la venta de entradas 

Miguel Martín recuerda que el alcalde socialista “lleva años sembrando la duda” sobre el empleo de este método de pago, con posibles prioridades o incluso accesos exclusivos para sus poseedores

El Partido Popular de Vigo ha pedido este miércoles a Abel Caballero que aclare cómo se implementará el uso de la Pass Vigo que se prevé incorporar este verano en la comercialización de las entradas de los conciertos de Castrelos, tal y como recoge el pliego de condiciones del contrato licitado este año para que una empresa habilite un sistema de venta online y gestione la distribución de localidades de manera presencial. Más concretamente, el grupo municipal del PP solicita que se confirme si esta novedad conllevará alguna limitación exclusiva para titulares de dicha tarjeta ciudadana, si dará acceso prioritario, si permitirá acceder a algún tipo de beneficio como eventuales descuentos, o si simplemente se planea añadirla como método de pago.

En este sentido, el principal partido de la oposición en el Concello de Vigo lamenta que el Gobierno local haya perdido la oportunidad de matizar esta información a raíz de las dudas trasladadas por los propios licitadores. En su respuesta a las preguntas formuladas por las empresas, el servicio de Festas se limita a reiterar lo que ya contempla la cláusula 4 del punto 10 del pliego de prescripciones técnicas. Es decir, que el sistema de venta que se proponga “deberá poder integrarse de tal forma que permita la interacción con los servicios” que ofrece la Pass Vigo.

El PP de Vigo entiende que restringir la adquisición de localidades para los conciertos de Castrelos contraviene la normativa vigente, pero el grupo municipal recuerda también que Abel Caballero “lleva años sembrando la duda” cuando recurrentemente anuncia que va a limitar la compra a titulares de la Pass Vigo, “por lo que le exigimos que explique cuanto antes cuáles son sus planes al respecto”, en palabras del portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, Miguel Martín. El concejal popular ha destacado igualmente que ya avisó hace varias semanas de que conviene iniciar la licitación de este contrato con una mayor antelación. “No tiene sentido que se estén anunciando conciertos y la gente tenga que esperar meses para poder comprar las entradas y saber cuáles son las condiciones”, ha reiterado el edil vigués. Así, ha pedido que al menos se dé celeridad a la formalización del contrato y su entrada en vigor. “No olvidemos que los dos últimos años se tardó mucho en activar el proceso, el concurso público quedó desierto y eso generó mucha incertidumbre entre los fans”, ha concluido.

O BNG chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais en Vigo para revitalizar o sector

0

A fronte nacionalista lamenta durante unha visita á feira Navalia a falla dunha política industrial da Xunta de Galiza para “impulsar as enormes capacidades deste sector estratéxico para a economía e o emprego”

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”

O Bloque Nacionalista Galego chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais na ría de Vigo que permita revitalizar o sector. Así o demandou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante unha visita á feira internacional Navalia xunto a deputada no Parlamento galego Carmela González e o deputado Brais Ruanova.

“Navalia é a expresión máis clara da enorme capacidade que ten o sector naval de Vigo e de Galiza, cunha acreditadísima capacidade técnica, produtiva e de innovación”, valorou Igrexas, cuestionando pola contra a falla dunha verdadeira política industrial por parte da Xunta de Galiza que permita traducir esa capacidade no impulso dun sector “estratéxico” para a economía e o emprego de Vigo e de Galiza.

O portavoz nacionalista acusou o Goberno galego do PP de ser “responsábel por inacción do devalar do naval vigués” que, malia ser un dos grandes tractores económicos da área, está lonxe dos 10 mil postos de traballo que acadou hai 15 anos mentres os principais estaleiros e a industria auxiliar atravesan “importantes dificultades”. Fronte a esta situación, asegurou que “non abonda con boas palabras e grandes declaracións” como as realizadas na inaguración da feira por diferentes responsábeis políticos, entre eles o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

25% do PIB galego na industria

Dende o BNG defenderon como obxectivo irrenunciábel incrementar o peso das actividades industriais até representar o 25% do PIB galego, no que a cidade de Vigo recupere o seu papel como “potente pulmón industrial” de Galiza. “Isto esixe blindar o futuro da construción e reparación naval na nosa ría con políticas concretas e cunha decidida intervención públicos como o Centro de Reparacións Navais”, defendeu Igrexas.

No mesmo sentido, as nacionalistas chamaron a despregar políticas que alenten o proceso de innovación tecnolóxica, para que a industria viguesa e galega produzan tamén bens de equipo destinados aos buques que se arman nas gradas dos estaleiros locais. “Hai que apostar por alargar a competitividade do sector sobre a xeración de valor engadido e da innovación e non do abaratamento de custes”, subliñou, propoñendo a posta en marcha dun verdadeiro holding do sector naval de Vigo con participación pública.

Naval de Vigo, potencia internacional

Así, o portavoz municipal do Bloque defendeu que o “naval galego non é menos capaz” que o de outros territorios do Estado ou do resto de Europa. “O que non ten o sector é o apoio decidido desde os Gobernos galego e central”, afeou, urxindo facer do impulso do sector naval unha “verdadeira política de País” como un dos elementos centrais dun modelo industrial que permita aumentar a produción e consolidar o emprego.

“O noso obxectivo é facer do naval de Vigo e de Galiza unha verdadeira potencia produtiva a nivel internacional”, apostou Igrexas. “No Concello de Vigo, no Parlamento galego, no Congreso e tamén en Bruxelas, o BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”, remachou.

Román Rodríguez destaca el compromiso de la Xunta con la Red de Investigación Universitaria de Excelencia, cuya financiación se incrementa en un 31%

0

El conselleiro de Educación y Ciencia se reúne con los 13 centros, a los que el Gobierno gallego inyecta casi 23,6 M€ para blindar su funcionamiento hasta 2027

«Estamos preparando un nuevo Plan de I+D+i para sumar esfuerzos y conseguir cuotas máximas de transferencia de conocimiento a la sociedad», explica

El conselleiro de Educación, Ciencia, FP y Universidades, Román Rodríguez, se reunió hoy con representantes de las entidades que componen la Red de Centros de Investigación Universitaria de Galicia. En el encuentro, celebrado en la Cidade da Cultura, el titular del departamento educativo del Gobierno gallego reafirmó el compromiso de la Xunta con la investigación realizada en las tres universidades públicas gallegas. «No en vano, venimos de incrementar en un 31% la financiación de esta red, con una nueva inyección de casi 23,6 M€ que permitirá que estos centros disfruten de estabilidad económica para desarrollar su actividad hasta 2027», recordó.

«La ciencia es una prioridad para el Gobierno gallego. Venimos de reforzar orgánicamente su estructura y estamos preparando un nuevo Plan de I+D+i para sumar esfuerzos, establecer sinergias y avanzar en un ecosistema de investigación e innovación, dentro y fuera de la Universidad, que nos permita conseguir cuotas máximas de transferencia de conocimiento a la sociedad», explicó el conselleiro. 

Bienvenida a cinco nuevos centros

En el transcurso de la reunión, en la que también participaron el secretario general de Universidades, José Alberto Díez, y la directora de la Agencia Gallega de Innovación, Carmen Cotelo, se dio la bienvenida a los cinco nuevos centros que la Xunta acaba de incorporar a la red, dos en la máxima categoría y tres en la nueva categoría de colaboradores, que aspiran a entrar en los próximos años y que también recibirán financiación autonómica.

Los nuevos centros con el máximo reconocimiento son el Centro de Investigaciones Científicas Avanzadas (CICA) de la Universidade da Coruña y el Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS) de la Universidad de Santiago de Compostela. Por su parte, la segunda categoría, de centros colaborativos y creada este año, se estrena con el Centro de Innovación Tecnológica en Edificación e Ingeniería Civil (CITEEC) de la Universidade da Coruña, el Centro de Investigación en Tecnologías, Energía y Procesos Industriales (CINTECX) y el Economics and Business Administration for Society (ECOBAS), ambos de la Universidad de Vigo.

Los restantes ocho Centros de Investigación Universitaria de Galicia vienen de renovar también su acreditación de excelencia. Se trata de los siguientes: por la Universidad de Santiago de Compostela, el Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS), el Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS), el Centro de Investigación Singular en Tecnologías Inteligentes (CITIUS) y el Instituto Gallego de Física de Altas Energías (IGFAE); por la Universidad de Vigo, el Centro de Investigación en Tecnologías de Telecomunicaciones (AtlantTTic), el Centro de Investigaciones Biomédicas (CINBIO) y el Centro de Investigaciones Marinas (CIM), y por la Universidade da Coruña, el Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones (CITIC).

Los 13 centros contarán con un presupuesto de casi 23,6 M€ para que los más de 1.530 investigadores que trabajan en ellos puedan desarrollar su actividad científica de una manera estable hasta 2027. La Red de Centros de Investigación Universitaria transforma la potencia individual de los centros más avanzados del sistema en una gran fuerza colectiva mediante la puesta en marcha de acciones estratégicas y coordinadas que contribuyen a consolidar su excelencia, a incrementar su impacto social en el bienestar, en la salud o en la economía, y a situar a Galicia como referente científico en el panorama nacional e internacional.

El conselleiro de Sanidade presenta al nuevo director de la Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez

0

El conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, presentó esta mañana al nuevo director de la Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, el doctor Román Gómez Vázquez, que cuenta con una amplia trayectoria profesional desarrollada en este organismo.

El titular de Sanidad de la Xunta le pidió al nuevo director el mismo nivel de exigencia, trabajo e implicación que viene guiando la labor de este organismo, hasta ahora con Adriana Regueira al frente, a quién le dio las gracias por su compromiso y dedicación a lo largo de los cerca de cuatro años que ejerció esta responsabilidad.

En la visita de esta mañana a la central del 061 en el ayuntamiento pontevedrés de A Estrada, el conselleiro de Sanidade estuvo acompañado por el delegado territorial de la Xunta, Agustín Reguera Ocampo;  por el gerente del Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal; por el gerente de la Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo Pereira; además de por el nuevo director de la fundación, Román Gómez; y de la hasta ahora directora, Adriana Regueira.

Gómez Caamaño resaltó que el 061 es un elemento estratégico del sistema sanitario público. Se trata, dijo, de un organismo que el pasado año atendió 1,15 millones de llamadas que derivaron en casi medio millón de asistencias sanitarias urgentes. En esas asistencias, en cerca del 70% fue necesario movilizar ambulancias y helicópteros con el correspondiente desplazamiento urgente de personal sanitario.

La Xunta, a través de la Consellería de Sanidade está impulsando un incremento de equipaciones y aumentando la capacidad de respuesta y llevándola cada vez más lejos.

Entre las mejoras que se van a llevar a cabo, el conselleiro destacó que Lalín va a ser base de una ambulancia de Soporte Vital Avanzado de Enfermería, «abriendo un camino para mejorar la atención en poblaciones semiurbanas, con población dispersa y distancia hacia el centro hospitalario de referencia, esencial en Galicia».

Asimismo, puso en valor a la red de casi 2.900 desfibriladores y de más de 550 voluntarios del programa Acude e Axuda, que cada día contribuyen a salvar vidas.

El conselleiro también incidió en la importancia de potenciar la atención urgente de los pacientes vulnerables, como los crónicos, los chicos con asma y con patología mental, así como los pacientes con sensibilidad química múltiple.

A Coral Casablanca subirá ao escenario de Castrelos o 20 de xullo

0

O alcalde anunciou a actuación terá 2.500 cadeiras na platea para as que a entrada será libre ata completar aforo

A Coral Casablanca é “un concerto tradicional” que cada ano se suma ao programa de Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos

A Coral Casablanca subirá ao escenario do Auditorio de Castrelos o sábado 20 de xullo para celebrar o seu concerto “tradicional”, tal e como o definiu o alcalde. A coral viguesa, con máis de 130 voces mixtas, é un evento que forma parte da programación de Vigo en Festas cada ano.

O concerto da Coral Casablanca terá 2.500 cadeiras na platea de acceso libre ata completar aforo. O resto de público poderá gozar da actuación desde o resto do anfiteatro.

A Coral Casablanca fundouse no 1957 no Convento dos Pais Capuchinos do barrio vigués co mesmo nome. É a máis laureada de Galicia e a máis antiga en activo da cidade. O coro ten sido premiado e recoñecido nunha vintena de ocasións e ten actuado en Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragón, Castela e León, Canarias, Cataluña, Madrid, Bélxica, Francia e Alemania.

Cabe destacar os concertos que deu no Palau da Música de Barcelona, a Catedral de Bruxelas con motivo da Europalia 85, o Teatro Comunale de Estrasburgo, a Catedral de L’Orient, así como outros tantos escenarios de toda España.

A Coral Casablanca súmase ao resto de cartel que xa ten confirmadas as actuación de Dani Fernández (13 xullo), Luis Fonsi (23 xullo), Sen Senra (25 xullo), Luz Casal (2 agosto), UB40 (7 agosto), Víctor Manuel (14 agosto), Melendi (17 agosto).

O Concello organiza viaxes pola ría para 2.600 maiores dentro do programa «Vigo, cidade amiga dos maiores»

0

Abel Caballero explicou hoxe que o Concello volve poñer ao dispor das persoas maiores interesadas en realizar unha viaxe pola ría de Vigo, incluída no programa municipal de “Avellentamento Activo”, un total de 2.600 prazas, que están distribuídas en 49 navegacións nas que os participantes poden coñecer a riqueza do medio mariño.

O Concello organiza as viaxes durante os meses de maio, xuño e xullo, de forma totalmente gratuíta, segundo lembrou o alcalde. En cada viaxe participan 51 persoas, ademais hai tres prazas para persoas con mobilidade reducida que se desprazan en cadeiras de rodas.

O rexedor explicou que o barco “Nautilus” conta cun dron submarino que proxecta o fondo da ría nunha pantalla. “Poñemos ao dispor da xente maior a ría de Vigo enteira, e o fondo total da ría. Non só un cristal pegado a un peirao, é o fondo navegando e podéndoo ver a través dun dron que o proxecta de forma extraordinaria”, recalcou.

Caballero lembrou que a través do programa “Vigo, Cidade Amiga dos maiores” o Concello pon ao dispor das persoas  interesadas un total de 7.000 prazas en talleres, situados en 40 localizacións distintas, para realizar distintas actividades centradas en mellorar a calidade de vida e contribuír a hábitos de vida máis saudables.

A esta iniciativa, a administración municipal de Vigo destina preto dun cuarto de millón de euros, segundo incidiu o rexedor ao trasladar o “gran interese” do goberno municipal na calidade de vida e nos hábitos de vida da xente maior.

Cada semana ábrese o prazo para anotarse a unha das viaxes da semana seguinte. Os interesados poden chamar aos números 600854260 e 649493797, da adxudicataria «Ocean Secrets», ou a través do servizo de información 010.

A Selección Española de Baloncesto Feminino preparará a disputa dos Xogos Olímpicos en Vigo

0

Realizará unha concentración na cidade entre o 15 e o 26 de xuño, disputando o Torneo Cidade de Vigo fronte a China e a Turquía no pavillón de As Travesas

As mellores figuras do baloncesto español, capitaneadas polo seleccionador vigués Miguel Méndez, adestrarán en Vigo do 15 ao 26 de xuño, no pavillón de As Travesas, onde tamén xogarán fronte seleccións de China e Turquía os días 21, 22 e 23 de xuño.

O pavillón municipal de Quirós acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación do Torneo Cidade de Vigo de baloncesto feminino. Abel Caballero e Carmela Silva, acompañados pola presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar, e polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, anunciaron esta mañá que a selección vai completar no mes de xuño en Vigo a súa preparación de cara aos Xogos Olímpicos de París 2024.

O alcalde de Vigo asegurou aos medios de comunicación que “esta cidade está agradecida á Federación Española de Baloncesto e á súa presidenta. Imos gozar de baloncesto con dous grandes rivais”, para preparar as olimpíadas, “aínda que a nosa selección feminina española é máis grande aínda”. Ademais, o rexedor quixo destacar o papel do seleccionador feminino, Miguel Méndez, “que non só é de Vigo, é que o ano pasado démoslle o nomeamento de Vigués Distinguido”. Finalmente animou á cidadanía a gozar “de días de gran baloncesto”.

Pola súa banda, Elisa Aguilar, afirmou que “Vigo deunos sorte, porque neste último ano fomos prata no Europeo e clasificámonos para os Xogos Olímpicos de París. E que mellor cerco que preparar esa cita olímpica en Vigo, unha cidade que respira baloncesto”. A presidenta da FEB animou á afección “a que se pase por As Travesas porque será un torneo de gran nivel con dúas seleccións como China e Turquía. Vémonos pronto e asegúrovos que se vimos de París cunha medalla olímpica, aquí tédesnos todos os veráns”. Tamén o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, afirmou que “conxuranse dous aspectos importantes para poder celebrar un gran acontecemento na nosa cidade: o amor polo deporte de Vigo e a axuda incondicional do Concello”.

Un año de cárcel por amenazar a un hombre con enviarle sicarios si no pagaba

0

El procesado, de 33 años y nacido en Gambia, obtuvo el teléfono del perjudicado de una web de contactos para chatear con mujeres relacionadas con la prostitución

El acusado de extorsionar a un hombre y amenazarlo con enviarle ‘sicarios’ si no le pagaba ha aceptado, durante una vista de conformidad celebrada hoy, un año de cárcel y el pago de una indemnización de mil euros a la víctima.

El procesado ha declarado por videoconferencia desde un juzgado de la ciudad Condal, quedando la condena en un año de prisión gracias al atenuante de reparación del daño, tras pagar 350 euros de los 1.000 euros de indemnización. Además, al carecer de antecedentes, no ingresará en prisión.

El hombre estaba acusado de un delito menos grave de extorsión, tras supuestamente engañar a otro varón, haciéndose pasar por responsable de una web de contactos con prostitutas, y amenazarlo con enviarle a sicarios si no le pagaba 1.500 euros.

Según se recoge en el escrito de acusación de Fiscalía, el procesado, un ciudadano de 33 años de edad nacido en Gambia, obtuvo el teléfono del perjudicado de una página web de contactos para chatear con mujeres relacionadas con la prostitución.

En enero de 2022 le envió un mensaje haciéndose pasar por responsable de esta web, y amenazando con enviarle a sicarios si no le pagaba por el tiempo que había hecho perder a las mujeres con las que había estado chateando (y de quienes no había llegado a contratar los servicios).

En los mensajes advertía a la víctima de que podría tener un «problema personal», tanto él como su familia, si no accedía a pagar, y que incluso había ordenado a ocho de sus «mejores hombres» que rondaran por su localidad y le llevaran su «cabeza» si no pagaba.

El perjudicado recibió media docena de mensajes de ese tenor, así como llamadas en las que el acusado le reclamaba el pago de 1.500 euros, hasta que, finalmente, la víctima le hizo dos pagos, mediante Bizum, de 500 euros cada uno.

Sin embargo, el acusado siguió extorsionándolo y amenazando con que sus sicarios estaban «listos» para salir a por él, y lo conminaba a pagar más, incluso pidiendo dinero prestado si era necesario. El perjudicado no realizó más pagos.

Por estos hechos, la Fiscalía pedía para el acusado una pena de 2 años y medio de prisión, y una indemnización de 1.000 euros, más el interés legal correspondiente.

“Navia Espacio de Arte” inaugura su sexta exposición“Un Mundo Particular”

0

El acto tendrá lugar mañana jueves 23 de mayo a las 18:00 horas, en el Centro de Atención Integral de APAMP en Navia

Navia Espacio de Arte inaugura mañana, jueves 23 de mayo, la exposición de la artista argentina María Luján titulada “Un mundo particular”.

María Luján, nacida en Buenos Aires en el año 1977, define el arte como un viaje personal de autodescubrimiento y exploración.
A través de sus obras expresa emociones, pensamientos y experiencias de una manera sutil, más allá de las palabras. Para la autora, la magia en el arte puede ser una forma de explorar estos viajes personales y de conectarse con los recuerdos.

En cada una de las ilustraciones, más de cuarenta, juega con la magia y la realidad, intentando sumergir al/a la espectador/a en un sueño compartido entre hadas, mensajes ocultos y espacios (casi) imposibles.

La exposición estará abierta al público desde el 23 de mayo hasta el 30 de junio de 2024 en horario de lunes a viernes de 10:30h-13:30h/16:00h-18:00h