O BNG de Vigo defenderá no Pleno a protección dos ríos Eifonso e Barxa como espazos naturais de interese local

0

A fronte nacionalista recolle a proposta de diferentes colectivos veciñais e ecoloxistas co obxectivo de reforzar a conservación destes importantes ecosistemas

Xabier P. Igrexas: “Fronte a un goberno de Abel Caballero de cor gris cemento, o BNG defendemos esta moción como un paso chave para avanzar cara un Vigo máis verde”

Desde o Bloque lamentan que os grupos municipais de PSOE e PP renuncien a que Vigo acolla as sedes permanentes do IEO “por non molestar aos seus xefes en Madrid, Cantabria e Murcia”

O Bloque Nacionalista Galego pide a protección dos Ríos Eifonso e Barxa como espazos naturais de interese local (ENIL). A fronte nacionalista trasladará esta proposta na súa moción ao vindeiro Pleno municipal, previsto para este mércores, recollendo así as demandas de diferentes colectivos da cidade como Avibe, Adega, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Amigos da Terra para reforzar a conservación destes ecosistemas.

“O ENIL é unha fórmula legal que pretende valorizar ámbitos de especial relevancia ambiental e alargar de maneira efectiva a súa protección”, explicou en rolda de prensa o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que destacou o enorme valor dos ríos Eifonso e Barxa, tanto pola súa biodiversidade natural como polos elementos de carácter patrimonial e etnográfico.

“Estes cursos fluviais que percorren as parroquias de Bembrive, Beade e Sárdoma constitúen un espazo valioso en termos de flora e fauna”, valorou Igrexas, que recordou que o Eifonso e o Barxa son a principal fonte de augas limpas para o río Lagares e os que mellor grao de conservación presentan no termo municipal.

O edil nacionalista contrapuxo esta proposta co desleixo do Goberno local na defensa e protección dos espazos naturais da cidade. “Fronte a un goberno de Abel Caballero de cor gris cemento, o BNG defendemos esta moción como un paso chave para avanzar cara un Vigo máis verde”, afirmou. O concelleiro do BNG enumerou algúns dos “atentados ambientais consentidos polo Concello, como os proxectos de viais que pretenden tronzar o rural vigués, a nova urbanización de chalés en Cabo Estai, a renuncia á recuperación integral do areal de Samil ou a falla de actuacións contra o novo recheo portuario no Berbés».

Renuncia de PSOE e PP á sede do IEO en Vigo

A exclusión do Centro Oceanográfico de Vigo no proceso de descentralización do IEO será outro dos asuntos de debate na sesión plenaria deste mércores, froito de sendas mocións de PSOE e PP. Desde a fronte nacionalista lamentan que «ambas forzas políticas renuncien a esixir unha rectificación do Goberno español, logo de ter rexeitado a proposta de declaración institucional do BNG para trasladar unha resposta firme e contundente en termos de cidade”.

Igrexas cualificou de “esperpento” que PSOE e PP presenten dúas mocións sobre o mesmo asunto e ningunha delas reclame para Vigo a sede permanente de investigación en pesquerías e acuicultura.  “Por non molestar aos seus xefes en Madrid, en Cantabria ou en Murcia, renuncian a defender os intereses da cidade e limítanse a pedir unha presunta sede de coordinación, inexistente até o momento, ou ser tan só unha sede administrativa”, criticou o concelleiro nacionalista.

Desde o BNG reiteraron o seu compromiso para “seguir dando a batalla” —tanto a nivel municipal como no Parlamento galego e no Congreso — para que o Oceanográfico de Vigo sexa a sede de referencia do IEO. “Non hai un centro que reúna condicións máis idóneas en todo o Estado nin cunha traxectoria innovadora máis avalada”, defendeu Igrexas, que anunciou que “nin PP nin PSOE van contar coa complicidade do BNG á hora de maquillar, xustificar ou desculpar esta decisión gravísima do Goberno español”.

O goberno local licita a xestión do albergue por 3,4 millóns durante tres exercicios

0

O Concello adicará 3.4 millóns de euros a xestionar o albergue durante os próximos tres anos. Así consta no expediente de licitación que vén de aprobar e que supón unha “suba importante” respecto ao actual debido aos incrementos salariais dos traballadores

O goberno local aprobou a licitación da xestión do albergue de Marqués de Valterra por un importe de 3.426.257,88 euros, un contrato de 3 anos que se estenderá ata 2025. En rolda de prensa, Caballero destacou o incremento do importe da anualidade do servizo cunha “suba moi importante” que pasa de 800.000 euros a 1,1 millón, debido ao incremento dos salarios.

Durante 2021, atendéronse nas instalacións de Marqués de Valterra a case 900 persoas, servíronse preto de 20.000 comidas e o servizo de lavandería contou con máis de 14.000 usuarios. Ademais do piso de transición á vida autónoma, o Centro de inclusión social conta cunha traballadora social, unha psicóloga e unha educadora social.

Serrat actuará en Castrelos en su gira de despedida

0

El espectáculo «Él vicio de cantar 1965-2022» llegará a Vigo el domingo 10 de julio

Abel Caballero anunció en rueda de prensa un nuevo concierto para Castrelos. Serrat subirá al escenario vigués en su gira de despedida el domingo 10 de julio. “Él vicio de cantar 1965-2022” pondrá fin a la carrera musical del autor, con la que quiere despedirse personalmente de su público con los que compartió momentos durante más de medio siglo.

Serrat, artista internacional abrirá su gira en él Beacon Theatre de New York el 27 de abril y finalizará el 23 de diciembre en él Palau Sant Jordi de Barcelona. Entre medias, el 10 de julio, actuará en el escenario de Castrelos.

De este modo, ya son 9 las confirmaciones de Castrelos para el verano de 2022. La Joan Manuel Serrat se suma Sebastian Yatra el 13 de julio; Love of Lesbian el 29 de julio; Tanxugueiras el 30 de julio; Leiva el 4 de agosto; Sting el 6 de agosto; Lola Índigo el 8; Hombres G el 14; y Raphael el 16 del mismo mes.

A Brincadeira volve a celebrarse en Bouzas o 7 e 8 de maio

0

O alcalde presentou no Palco da Alameda de Bouzas a XVII Festa da Brincadeira que terá lugar o segundo fin de semana de maio con máis de 120 postos de artesanía e comida

Abel Caballero celebrou que, logo da pandemia, volva a celebrarse a Festa da Brincadeira de Bouzas, que chega a súa XVII edición. O alcalde presentou a Brincadeira do 2022 xunto á Asociación Amigos da Historia de Bouzas. A festa terá lugar o 7 e 8 de maio e conta a día de hoxe con 120 postos de comida e artesanía.

Para o rexedor, a Brincadeira “é unha das grandes celebracións de Vigo, con raíces históricas cando houbo que expulsar aos exércitos de Napoléon” e felicitou á Asociación pola organización: “Invitamos a vir a toda a cidade, a área metropolitana, a provincia, ao norte de Portugal… que gocen da romaría urbana”, dixo Caballero.

O mercado abrirá ás 11 da mañá. Haberá obradoiros de cerámica o música durante as dúas xornadas, cos grupos de folk, Airiños de Pontecaldelas e Son do Verdugo. Haberá concerto do grupo A Roda o domingo ás 20 horas. A representación será na zona da pérgola o sábado ás 16 horas ao cago da Asociación Cultural Catro Ventos. O domingo será ás 13 horas a cargo da compañía Porta Aberta”

Marea de Vigo cualifica de “extrema gravidade” que se estean usando recursos económicos da concesión de transporte de Vigo para «tapar miserias do Grupo Avanza fóra do municipio»

0

Oriana Méndez: “O diñeiro dos vigueses e das viguesas debe quedarse en Vigo e non acabar nas ‘aventuras societarias’ que ten o Grupo Avanza fóra da nosa cidade, esiximos que o Concello faga unha auditoria das contas depositadas por VITRASA”

Tras coñecer a denuncia da UGT con respecto ás contas da concesionaria municipal de transporte urbano, VITRASA, no marco das negociacións que evitarían un novo conflito laboral, Marea de Vigo esixe ao Goberno local que audite as contas depositadas pola concesionaria, e “fiscalice deste xeito o uso dos recursos que pagamos todos os vigueses e viguesas polo transporte público” afirma Oriana Méndez.

Marea de Vigo afea a actitude da concesionaria, que insiste en a utilizar ao persoal coa posibilidade dun descolgue salarial argumentando que a concesión non é rendible, “pese a estar esta empresa ‘hiper subvencionada’ a costa da veciñanza viguesa” matiza a concelleira.

Marea de Vigo considera que co que queda por amortizar do contrato “e cun orzamento expansivo como o do noso Concello – afirma Méndez -, é perfectamente asumible xestionar de xeito directo este servizo, ben a través de empresa pública ou directamente coma unha unidade de gasto do propio Concello”.

Para a Marea de Vigo, as actuacións de VITRASA e as permanentes ameazas de recortes de dereitos no seu persoal, “é máis que suficiente para que a administración local tome isto como unha oportunidade para sacar ao Grupo Avanza da concesión e volver a ter unha empresa 100% pública” conclúe a concelleira.

‘Arte en lata’ suma al artista gallego Raúl Velloso para potenciar la colaboración con la gente del mar

0

Tras lanzar en ARCOMadrid el proyecto, Real Conservera Española incorpora a uno de los pintores más prestigiosos de nuestra tierra, con el objetivo de reforzar el perfil solidario de una iniciativa que destinará parte de sus beneficios a la Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados y la Fundación ECOMAR

Tras presentar en ARCOMadrid su proyecto estrella para este año, ‘Arte en Lata’, Real Conservera Española suma ahora a la iniciativa a uno de los artistas gallegos más prestigiosos del panorama actual: Raúl Velloso. Una incorporación que persigue no sólo reforzar el vínculo entre el arte y las mejores conservas del mundo, sino que permitirá también potenciar el papel solidario de un proyecto que busca, en última instancia, ampliar la colaboración de la conservera con las gentes del mar.

En este sentido, además de configurarse como un proyecto artístico original, ‘Arte en Lata’ contribuye de modo importante a la sostenibilidad y al bienestar social, mejorando las condiciones de las trabajadoras y trabajadores de nuestro mar. Así, una parte importante del beneficio del proyecto revertirá en pescadores y mariscadores, cuyo esfuerzo diario es parte fundamental del proceso de esta industria conservera. Por este motivo, la Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados y la Fundación ECOMAR disfrutarán de un porcentaje de los resultados de la iniciativa.

“Esta apuesta por aunar arte y gastronomía, para poner en valor nuestra tierra, no tendría sentido sin un fin social y medioambiental que nos permita, como comentábamos, premiar a nuestra gente”, ha subrayado Borja Sánchez Campos, presidente de la compañía, durante el acto celebrado hoy en las instalaciones de Real Conservera Española en Cambados.

‘Arte en Lata’ da así un nuevo paso para resaltar el trabajo diario de todos aquellos que contribuyen, con su esfuerzo, a la elaboración de las mejores conservas artesanales. Para ello, la iniciativa conjuga cultura, gastronomía y una apuesta decidida por la sostenibilidad, ofreciendo un conjunto inolvidable.

De esta forma, ‘Arte en Lata’ suma las obras de algunos de los artistas más destacados de nuestro tiempo. Un conjunto elaborado a partir de las latas artesanales de Real Conservera Española, que reúne creaciones únicas que tienen como hilo conductor el mar y su ecosistema, y al que ahora se suma Raúl Velloso (Cangas, 1965).

La obra del pintor gallego se desarrolla a través de su visión personal de los volúmenes, las líneas curvas y el movimiento. Un artista que ha expuesto en cuatro continentes, y que cuenta, entre sus series más reconocidas, las de edificios, costumbrismo gallego, pescadores, mujeres del mar, gaiteros y músicos. Pese a su éxito, Velloso sigue apegado a nuestra tierra, para la que reserva varias fechas al año para mostrar sus obras.

“La trayectoria de Raúl Velloso lo confirman como un artista distinto, capaz de unir tradición y vanguardia. Un artista, si me permiten, ideal para un proyecto como ‘Arte en Lata’, que une también tradición y vanguardia”, resalta Sánchez Campos.

Ser parte de la cadena solidaria con las gentes del mar

Durante su intervención, el propio Raúl Velloso ha mostrado su satisfacción por sumarse a un proyecto que le permite ser parte de la cadena solidaria con las gentes del mar.

“Mi familia está vinculada al mar y a las conservas”, ha recordado el pintor de Cangas, que ha agradecido esta oportunidad para elaborar obras de arte específicas que buscan poner en valor el trabajo de todos aquellos que, con su dedicación diaria, contribuyen a elaborar las mejores conservas del mundo.

Raúl Velloso se incorpora a un proyecto que cuenta con otros trece creadores de reconocido prestigio: Isabel Muñoz, Miquel Navarro, José Manuel Ballester, Bernadí Roig, Mar Solís, Karina Beltrán, Arturo Berned, Guillermo Fornes, Hugo Fontela, Julio Quaresma, Juan Garaizabal, Pierre D’Argyll y Pepe Sanleón. Cada uno de ellos ha creado obras únicas para este momento, que tienen como hilo conductor el mar y su ecosistema.

Una exposición por toda España

La presentación en ARCOMadrid fue el punto de partida de ‘Arte en Lata’, que ahora abre un espacio expositivo en la sede de Real Conservera Española en Cambados y que tendrá su continuidad a través de una exposición itinerante que recorrerá distintos espacios de la geografía nacional e internacional. Las piezas, elaboradas a partir de la localización de exteriores y de las propias especies marinas que se reflejan en ellas, tienen un tamaño de 50×50 centímetros, y se muestran enmarcadas sobre las tapas de las cajas donde se almacenan las conservas. A lo largo del proceso creativo, los autores han utilizado desde la fotografía a la escultura o la pintura, conjugando estas artes con distintas técnicas digitales.

El área sanitaria de Vigo suma 94 casos activos más que ayer y se sitúa en los 2.374

0

Durante las últimas 24 horas se realizaron 920 pruebas diagnósticas que arrojaron 203 positivos (20%), se contabilizaron 108 curaciones y hubo que lamentar una víctima mortal

La presión asistencial se mantiene sube ligeramente en UCI, con 3 pacientes ingresados (+1), y mejora en planta, con 80 hospitalizados (-5)

La incidencia acumulada en Vigo a siete días baja hasta los 282 casos por cada 100.000 habitante, 11 menos que en la víspera

El área sanitaria de Vigo suma hoy 94 casos activos más que ayer, lo que eleva el total de pacientes en observación hasta los 2.374.

Esta cifra se alcanza después de realizarse durante las últimas 24 horas 920 pruebas diagnósticas que arrojaron 203 positivos (20%), contabilizarse 108 curaciones y lamentarse una víctima mortal.

Por su parte, la presión asistencial empeora levemente en UCI, con 3 pacientes ingresados (+1), y mejora en planta, con 80 hospitalizados (-5). Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo baja hasta los 282 casos por cada 100.000 habitantes, 11 menos que hace 24 horas.

El escenario de Vigo es extrapolable al conjunto de la Comunidad. Galicia registra hoy 541 casos activos más que ayer, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 14.798.

Del total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 676en unidades de hospitalización y 14.092 en el domicilio. Por ahora, en Galicia hay un total de 561.063 personas curadas, registrándose 3.329 fallecimientos. 

El DOG publica la ampliación hasta los 4,7 M€ de las ayudas al ocio nocturno por los cierres de fin de año

0

Las ayudas oscilan entre los 2.500 y los 45.000 euros y se destinan a todos los establecimientos que cumplan con las condiciones de la orden

El Diario Oficial de Galicia publica hoy la ampliación, hasta los 4,7 millones de euros, de las ayudas extraordinarias dirigidas a los titulares de los negocios de ocio nocturno que optaron por cerrar sus establecimientos el pasado fin de año, con el objeto de poder atender todas las peticiones que cumplan con los requisitos previstos en la orden publicada el pasado febrero.  

La Consellería de Empleo e Igualdad añade 1,2 millones a la partida inicial de 3,5 millones, con el objeto de compensar las pérdidas de estos establecimientos ocasionadas por el cierre opcional propuesto por las autoridades sanitarias el pasado Fin de Año para evitar la propagación del coronavirus. La extensión del presupuesto no afecta a los plazos ni a las solicitudes ya realizadas, que seguirán su curso común y recibirán, de cumplir con los requisitos, los pagos de las ayudas directas que les correspondan.

Al día de hoy recibieron ayudas un total de 479 empresas. La Xunta estima superar las 600, entre discotecas, pubs, cafés-espectáculo y salas de fiestas y de conciertos. Los apoyos se están financiando con  fondos REACT-UE en el marco del Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la Unión Europea a la pandemia de la covid-19.

Los apoyos alcanzan cuantías que varían en función de la superficie de los establecimientos: 2.500 euros si tienen menos de 100 metros cuadrados; 5.500 euros para los que tengan entre 100 a 250 metros cuadrados; 9.000 euros para los de 250 a 500 metros; 14.000 en los que cuenten con una superficie entre 500 y 700 metros; 27.000 euros en aquellos que tengan de 700 a 2.000 metros; y un total de 45.000 euros para los grandes establecimientos, con más de 2.000 metros cuadrados.

La situación pandémica, agravada en diciembre de 2021 por la velocidad de la propagación, obligó a las autoridades sanitarias gallegas a articular medidas extraordinarias para minimizar el impacto económico y apoyar el mantenimiento del empleo en una de las actividades más afectadas, los establecimientos de ocio nocturno.

Por este motivo se diseñó un programa extraordinario de ayudas para los negocios que optaron por acogerse a la suspensión de la actividad sin haber adelantado o retrasado las fiestas y eventos previstos en esas fechas, que ahora se quieren hacer llegar a todos los negocios que cumplieron con los requisitos exigidos, gracias a la ampliación del presupuesto hoy publicada en el Diario Oficial de Galicia.

O proxecto Biocellphe avanza na procura dunha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro a nivel de célula individual

0

Liderado por Isabel Pastoriza, investigadora do grupo Functional NanoBioMaterials do Cinbio

Tras un ano de traballo, o consorcio do proxecto Biocellphe, liderado pola Universidade de Vigo e do que forman parte outras seis institucións europeas, reuniuse en Vigo para avaliar os primeiros resultados obtidos na procura dunha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro a nivel de célula individual. Á fronte deste proxecto, cun orzamento de 3,5 millóns de euros da convocatoria europea FET-OPEN, está Isabel Pastoriza, investigadora principal do grupo Functional NanoBioMaterials do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, da Universidade de Vigo. 

Biocellphe, Ultrasensitive BIOsensing platform for multiplex CELLular protein PHEnotyping at single-cell level, céntrase na detección de marcadores tumorais a nivel unicelular empregando bacterias e nanopartículas de ouro. Os investigadores explican que a causa principal das mortes por cancro, que chegan aos 8,2 millóns anuais en todo o mundo, “son as metástases que se producen tras a intravasación de células tumorais circulantes (CTC) na circulación sanguínea”. Destacan que a enumeración de CTC mediante biopsia líquida representa un predictor eficaz da progresión metastásica e a eficacia terapéutica. “A caracterización destas células malignas mediante a determinación fenotípica da presenza de biomarcadores tumorais específicos, é dicir, proteínas que son características dun tipo de cancro en particular, podería axudar significativamente para acadar unha estratificación correcta, estimar o prognóstico, instaurar terapias precoces, avaliar a resposta aos tratamentos realizados e descubrir novas dianas terapéuticas”, explica Pastoriza. Non obstante, a diagnose temperá do cancro mediante o illamento e o estudo fenotípico das CTCs “é un método tecnicamente moi desafiante debido á cantidade extremadamente baixa destas células no torrente circulatorio”. É neste contexto no que xurde o proxecto Biocellphe, na procura de novos avances tecnolóxicos que permitan a análise fenotípica a nivel unicelular para posibilitar a oncoloxía de precisión e a medicina personalizada.

Unha nova estratexia para loitar conta o cancro

O proxecto está constituído por un consorcio multidisciplinar de grupos de investigación europeos que inclúe expertos en bioloxía sintética, nanotecnoloxía, plasmónica, microfluídica, intelixencia artificial e cancro de mama. Pola parte española están implicados o Cinbio, que lidera o proxecto, o Centro Nacional de Biotecnología e a Universidad Politécnica de Madrid. Ademais, hai dous grupos franceses, procedentes do Centre de Biochimie Structurale e do Institut national de recherche pour l’agriculture, l’alimentation et l’environnement (INRAE). A eles súmase o Istituti Clinici Scientifici Maugeri SpA Società Benefit, de Italia, o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, con sede en Braga e as empresas Rubynanomed, de Portugal e Tematis, de Francia.

Estes grupos traballan co obxectivo de xerar bacterias modificadas xeneticamente que actúen como sensores capaces de recoñecer e unirse a determinadas proteínas biomarcadoras situadas na superficie das células tumorais. “Este recoñecemento por parte da bacteria desencadeará a produción de sinais químicas que poden detectarse simultaneamente e con extremada sensibilidade mediante dispersión Raman mellorada en superficie. Isto é o que se coñece como SERS, unha técnica analítica ultrasensible baseada en nanopartículas de ouro plasmónicas que permite acadar niveis de detección dunha única molécula”. O obxectivo final de Biocellphe é implementar estes elementos nun dispositivo de microfluídica lab-on-a-chip para posibilitar a miniaturización e portabilidade da ferramenta de diagnose. Como proba de concepto, este dispositivo analítico empregarase para a detección de certos biomarcadores presentes en CTCs obtidos mediante biopsia líquida en pacientes con cancro de mama. 

Balance do primeiro ano de traballo

25 representantes dos nove grupos dos catros países que forman o consorcio reuníronse nestes días en Vigo, na que foi a primeira xuntanza presencial do proxecto dende que botou a andar hai xusto un ano. Neste encontro, que tivo lugar no Hotel Ciudad de Vigo, cada un dos grupos presentou os avances obtidos nos diferentes paquetes de trabalo e tamén se planificaron as próximas tarefas. As discusións, destaca Pastoriza, foron “moi frutíferas e púidose comprobar que Biocellphe non só se está desenvolvendo dentro do previsto, senón que ademais se están acadando grandes avances” de cara á consecución do obxectivo final de desenvolver unha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro. Ademais, tamén participou na reunión o doutor Florian Formaneck, da empresa Horiba, como membro da xunta asesora científica.

Denunciado un establecimiento en la Miñoca por depositar basura de forma reiterada fuera de los contenedores

0

Este fin de semana, un operario del servicio telefónico 010 realizó una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo. El motivo era la recepción de varias quejas vecinales respecto a las rutinas de los empleados de un negocio de la zona de la Miñoca.

Empleados del local, a diario depositaban las bolsas de basura fuera del contenedor, como consecuencia de esto, las gaviotas las rompían y esparcían los desechos por la vía pública. Operarios del servicio de limpieza FCC habían apercibido al personal del establecimiento, indicándoles que debían introducir la basura en el contenedor para evitar este tipo de situaciones.

A pesar de ello, en el día indicado, se había recibido una nueva queja debido a que el establecimiento volvía a incumplir la normativa. Al lugar se desplazó una unidad, que a su llegada, interceptó a un trabajador depositando fuera del contenedor tres bolsas.

Los agentes filiaron al aludido y a la encargada del establecimiento, informándoles que se procedería a su denuncia acorde a lo establecido en la ordenanza.