O goberno local licita a xestión do albergue por 3,4 millóns durante tres exercicios

O Concello adicará 3.4 millóns de euros a xestionar o albergue durante os próximos tres anos. Así consta no expediente de licitación que vén de aprobar e que supón unha “suba importante” respecto ao actual debido aos incrementos salariais dos traballadores

O goberno local aprobou a licitación da xestión do albergue de Marqués de Valterra por un importe de 3.426.257,88 euros, un contrato de 3 anos que se estenderá ata 2025. En rolda de prensa, Caballero destacou o incremento do importe da anualidade do servizo cunha “suba moi importante” que pasa de 800.000 euros a 1,1 millón, debido ao incremento dos salarios.

Durante 2021, atendéronse nas instalacións de Marqués de Valterra a case 900 persoas, servíronse preto de 20.000 comidas e o servizo de lavandería contou con máis de 14.000 usuarios. Ademais do piso de transición á vida autónoma, o Centro de inclusión social conta cunha traballadora social, unha psicóloga e unha educadora social.