O BNG acusa a Caballero de ocultar o novo PXOM de Vigo para impoñelo sen apoio veciñal

0

A fronte nacionalista denuncia opacidade do Goberno municipal co calendario de tramitación do plan urbanístico e afea que non se teña reunido con ningún dos colectivos que formulou alegacións en contra do proxecto

Xabier P. Igrexas: “Caballero coloca o PXOM na mesma escuridade dos despachos na que decidiu elaboralo sen participación e negándose a escoitar á veciñanza de Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo acusa ao goberno de Abel Caballero de ocultar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para impoñelo sen apoio veciñal. A fronte nacionalista denuncia a opacidade coa que o Goberno municipal está tramitando o plan urbanístico, escondendo o calendario de actuacións e ignorando as numerosas alegacións veciñais após 11 meses de finalizar o período de exposición pública.


“O Goberno municipal non se volveu reunir con ninguén, con ningún dos moitos colectivos que formularon alegacións a este proxecto de PXOM que foi elaborado en exclusiva polo PSOE”, lamentou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. “Non só oculta o calendario de tramitación, tamén cal vai ser a data na que se vai someter a Pleno a súa aprobación inicial”, engadiu.

Igrexas reprochou que o alcalde insista en impoñer un Plan Xeral, co que quere definir o modelo de cidade para os próximos 25 anos, sen diálogo social. “Caballero coloca o PXOM na mesma escuridade dos despachos na que decidiu elaboralo sen participación e negándose a escoitar á veciñanza de Vigo”, criticou.

O candidato do BNG asegurou que a xestión do Goberno local evidencia que “non quere mover nin un soa coma nin atender ningunhas das numerosas alegacións veciñais”. Nese sentido, afeou que a concelleira de Urbanismo, María Jose Caride, aínda non respondera á interpelación do Bloque para explicar cal vai ser o calendario de tramitación, tal como se comprometera hai unha semana na Xerencia Municipal de Urbanismo.

Desde a fronte nacionalista advertiron de que non van consentir unha aprobación con “nocturnidade e aleivosía”, como ocorreu no inicio do proceso o pasado agosto. “Por que Abel Caballero esconde o novo PXOM? Para aprobalo en plenas festas de nadal tentando desactivar a resposta social?”, cuestionou Igrexas.

Por contra, o concelleiro do BNG insistiu en que a “única garantía” para que Vigo conte cun PXOM que responda ás necesidades veciñais e dotado con seguridade xurídica “pasa pola transparencia e o diálogo”, permitindo planificar e deseñar o futuro da cidade “entre todas e todos os vigueses”.

O grupo de patoloxía dixestiva do IIS Galicia Sur organizou un seminario internacional sobre epidemioloxía en enfermidade inflamatoria intestinal

0

Trátase do 4º Seminario “Victor Ruiz Ochoa”, no que participaron máis de 70 investigadores nacionais e internacionais

Nesta edición abordouse o comportamento das EII en diferentes grupos poboacionais, e a transferencia de datos e estatísticas a nivel internacional

Contouse coa participación da Dra. Aline Charabaty, da Escola de Medicina Johns Hopkins (EEUU) que falou obre a incidencia particular destas patoloxías en diferentes grupos étnicos

Máis de 70 de Investigadores nacionais e internacionais no ámbito das enfermidades inflamatorias intestinais (EII) déronse cita un ano máis no 4º Seminario “Víctor Ruiz Ochoa” Sobre Epidemioloxía en Enfermidade Inflamatoria Intestinal, organizado polo Grupo de Patoloxía Dixestiva do IIS Galicia Sur, e que se celebrou no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e tamén de maneira virtual.

Os Dres. Vicent Hernández e Jose Ignacio Rodríguez Prada, do servizo do Aparello  Dixestivo da Área Sanitaria de Vigo e a Dra. Eva Poveda, Directora Científica do IIS Galicia Sur, inauguraban a presente edición deste encontro internacional, no que se abordaron aspectos de gran relevancia científica actual, como a revisión das características epidemiolóxicas das EII en diferentes grupos poboacionais; a utilidade e o manexo de novas ferramentas para realizar estudos epidemiolóxicos; e os retos futuros na atención aos pacientes con EII.

Cabe subliñar  que esta é a primeira vez na que este seminario leva o nome do Dr. Víctor Ruiz Ochoa, tras o acordo alcanzado na pasada edición ao homenaxear a quen foi pioneiro do interese en Galicia por este tipo de enfermidades.

Incidencia segundo grupos

No que respecta ás características epidemiolóxicas das EII en diferentes grupos poboacionais, os relatorios presentados correron a cargo da Dra. Mercedes Busto, do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra, expoñendo conclusións sobre resultados en poboación infantil.

Á súa vez, o Dr. Diego Casas, do servizo de Gastroenteroloxía do Hospital Universitario Miguel Servet de Zaragoza, abordou estes aspectos sobre pacientes anciáns, mentres que o Dr. Vicent Hernández, fíxoo sobre estudos realizados en poboación feminina. Finalmente,a Dra. Aline Charabaty, subdirectora clínica da División de Gastroenteroloxía da Escola de Medicina Johns Hopkins e directora clínica de EII no Johns Hopkins-Sibley Memorial de Washington D.C. (EEUU) tratou no seu relatorio aspectos relevantes sobre a incidencia particular destas patoloxías en diferentes grupos étnicos.

Colaboración en liña

Unha gran parte do labor investigador desenvólvese grazas á difusión e ao feito de compartir datos estatísticos e experiencias entre os diferentes equipos, co fin de xerar unha rede colaborativa que ofrece uns resultados excelentes. Para iso, nos últimos anos desenvolvéronse diferentes aplicacións e programas que facilitan esta cooperación e a elevan a un rango internacional. Así, a Organización Europea de Crohn e Colitis  desenvolveu o UR-CARE (United Registries for Clinical Assessment and Research), unha plataforma que constitúe un rexistro internacional sobre datos de enfermos de EII e que se pon a disposición da práctica clínica cotiá e dos estados de investigación.

Esta base de datos supón unha ferramenta de suma importancia e é polo que a Dra. Naila Arebi, directora Clínica do Servizo de EII do St. Mark’s Hospital de Londres desenvolveu neste encontro un taller sobre o uso e a aplicación deste programa e a súa difusión para a investigación das EII.

A atención ao paciente como epicentro

Nos últimos anos, as EII pasaron a ser manexadas de forma específica por Unidades Multidisciplinares para ofrecer aos pacientes unha atención integral. O coñecemento da epidemioloxía destas enfermidades permite dimensionar os equipos que atenden a estes pacientes, e planificar as estratexias do manexo destas patoloxías.

Desde este enfoque no  que a atención pivota sobre o paciente, neste Seminario tratouse de maneira exhaustiva as experiencias cultivadas desde as diferentes perspectivas, a do especialista EII, do médico de Atención Primaria e a do propio paciente. Neste senso, os relatores foron a Dra. María Teresa Diz-Lois, do servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o Dr. Benito Rodríguez, do Centro de Saúde O Porriño; e Raquel Blanco, da Asociación de Enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa de Vigo.

Aumenta a incidencia pero mellora o seu manexo

As enfermidades inflamatorias intestinais (EII) son trastornos crónicos dixestivos discapacitantes que teñen un importante impacto na vida dos pacientes e implican un custo substancial aos sistemas de saúde e a sociedade. Diversos estudos epidemiolóxicos recentes suxiren que a súa incidencia e prevalencia están a aumentar e o seu manexo cambiou radicalmente nos últimos anos coa aparición dos fármacos biolóxicos. Estímase que en Europa pode haber entre 2,5 e tres millóns de persoas afectas pola enfermidade, cuns custos sanitarios directos de ao redor de 5.000 millóns de euros anuais. Así pois, trátase dun problema sanitario de importante magnitude, que afecta non só a quen o padece, senón que tamén ten un gran impacto no seu medio debido á carga psicolóxica, social e económica que supón a enfermidade.

Intenta robar a un turista simulando tener una pistola en el bolsillo y se lleva un botellazo en la cabeza antes de ser detenido

0

A las 00:47 horas de esta madrugada, una Patrulla de la Policía Local de Vigo se encontraba en la calle Rosalía de Castro realizando labor de control y vigilancia en materia de seguridad ciudadana.

A la altura de la calle Roupeiro, fueron abordados por un varón al grito de «auxilio policía», dirigiéndose apresuradamente al lugar. El solicitante resultó ser E. D. de Irlanda y 22 años de edad, que estaba muy agitado y manifestó que acababa de ser víctima de un intento de atraco.

Relató que momentos antes, cuando se dirigía caminando hacia su hotel por la Avenida de García Barbón, se cruzó con un varón del que facilitó descripción. El reseñado llevaba la capucha puesta y al llegar a su altura, lo abordó con la mano izquierda metida en el bolsillo de la sudadera, aparentando llevar algún tipo de arma. El hombre le exigió su cartera y todo lo que llevaba, al tiempo que le señalaba con la mano derecha a modo de pistola la bandolera que portaba.

El demandante del servicio llevaba una bolsa que contenía una botella de cerveza y aprovechando un descuido del atracador, se la lanzó, impactándole en la cabeza. El atracador se cayó al suelo, momento en el que la víctima pudo escapar a la carrera.

Durante su huida, observó a la Unidad Policial, demandando auxilio. Dado su estado de nerviosismo y al no conocer bien la ciudad, los agentes se ofrecieron a trasladarlo a su hotel.

En tránsito por la Avenida de García Barbón, el requirente observó a un hombre, apoyado en un banco, identificándolo como el que le había intentado robar. Identificado, resultó ser M. L. M. de Vigo y 32 años de edad, que presentaba un fuerte hematoma con chichón en la frente.

Al ver al requirente, le amenazó, procediendo a su detención por la supuesta comisión de un delito de robo con fuerza en grado de tentativa.

Marea de Vigo pide ao alcalde que non “delire” co suposto retorno económico do nadal de 750 millóns de euros e empregue os 32 millóns do remanente que aproba maña

0

Marea de Vigo presentará mañá no pleno do Concello unha emenda á totalidade no Pleno extraordinario que aprobará a modificación orzamentaria para empregar 32 millóns de euros do remanente líquido de tesourería e fará o mesmo coa proposta de Orzamento para 2023

Marea de Vigo, que presentou unha emenda á totalidade aos usos dos 32 millóns de euros e votará mañá en contra no pleno, considera que o goberno local erra de novo xa que en vez de establecerse unha formulación global de uso dos recursos o que se da traslado é de investimentos puntuais en diferentes áreas funcionais do Concello como si se trataran de recursos orzamentarios normais. Este feito invalida de facto a motivación que deu lugar á posibilidade de empregalos: a reconstrución económica e social tras dous anos de pandemia e a situación dos prezos dos subministros básicos nas economías familiares.

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez considera xustificado o voto negativo xa que a esta modificación tráese dende reparacións pendentes en edificios de diferentes servizos municipais, indemnizacións xudiciais pendentes de satisfacer, ou mesmo a creación dun entramado de subvencións e gasto publicitario absolutamente opaco baixo a denominación “MARCA VIGO”. “De novo temos a asignación de recursos extraordinarios a empregos habituais que dende logo non corresponden, ao noso xuízo, ás prioridades de empregos para os que se liberaron por primeira vez os aforros dos concellos do estado” sinala o voceiro municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo manterá este mesmo criterio co proxecto orzamentario do Concello para o 2023 xa que considera que trátase dun proxecto propagandístico do alcalde que vende utilizando todo tipo de adxectivos superlativos, pero o certo é que pese ao incremento da cantidade orzamentada (aos 295 millóns de euros de orzamento súmase o remanente e o superávit, superando os 360 millóns) cousa diferente é que eses recursos sexan finalmente executados. Non vale de nada facer unha rolda de prensa anunciando grandes recursos económicos se logo estes non se executan”.

Marea de Vigo esixe ademáis que se solvente a falla de execución de máis de 100 millóns de euros do exercicio deste ano 2022, algo que non pode suceder nun ano tan difícil como este, especialmente no tocante a partidas as de emprego ou mesmo o capítulo 1, referente ao persoal.

Una Navidad de 750 millones

0

El alcalde, Abel Caballero, descuelga esta estimación de ingresos económicos que, según él, reportarán las luces: más del doble del presupuesto municipal para un año

Propenso a inflar los globos más de lo que la realidad permite, Abel Caballero se ha descolgado hoy, en el desayuno informativo de Nueva Economía Forun, en Madrid, con una estimación de ingresos para las próximas fiestas navideñas: 750 millones. La cifra, dada por el regidor sin aportar ningún estudio, supondría, por ejemplo, más del doble del presupuesto municipal de Vigo para el próximo año.

De este modo, y siempre según cálculos del alcalde, el alumbrado navideño, que comenzará ya el próximo 19 de noviembre, multiplicará por casi 1.000 el coste de la inversión municipal. Así, el Concello destina algo más de un millón de euros mientras que «el retorno para la ciudad está entre 500 y 1.000 millones de euros».

«La Navidad es una fiesta extraordinaria, en Occidente seamos agnósticos, creyentes o ateos, somos una cultura cristiana y por tanto es una parte importante de nuestro ocio, porque es satisfacción», ha defendido Caballero, que no ha dudado en afirmar que este año en las luces se ahorrará un 15% de energía al encenderse media hora más tarde y apagarse una hora antes.

O goberno municipal reclamará ás enerxéticas se non atenden á cidadanía no cambio de tarifa

0

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor está a dispor de particulares e comunidades de propietarios para axudarlles na reclamación do cambio de tarifa de gas do mercado libre á regulada

O alcalde recomenda aos cidadáns afectados pola imposibilidade de cambiar a tarifa do gas de mercado libre ao mercado regulado que acudan en última instancia á Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

O OMIC tramitará, logo do procedemento estipulado, unha nova reclamación segundo proceda. Abel Caballero explicou que, primeiro, os afectados deben intentar mudar a súa tarifa de xeito telemático, telefónico ou presencial. No caso de non ser posible, solicitar unha folla de reclamacións na oficina da compañía e esperar 30 días para obter resposta. En caso de non facelo, poden solicitar cita na OMIC para darlle un impulso á súa demanda, que debe ser resolta con carácter retroactivo desde a súa solicitude do cambio de tarifa, tal e como estipula a Ley.

Vigo será a sede do II Congreso Gallego de Personas con Cáncer y Familiares que organiza AECC

0

O congreso, que se desenvolverá durante os días 18 e 19 de novembro no Auditorio Mar de Vigo, tratará sobre as principais necesidades de pacientes e familiares e as desigualdades que se presentan co cancro

Más de mil personas se darán cita en el ‘II Congreso Gallego de Personas con Cáncer y Familiares. Galicia frente al cáncer: haciendo camino’, que se desarrollará el viernes y sábado, 18 y 19 de noviembre, en el Auditorio Mar de Vigo. Así lo ha expresado esta mañana la Presidenta de la Asociación Española Contra el Cáncer en Pontevedra, Mª del Carmen Abeledo, en la presentación del evento, junto al Acalde de Vigo, Abel Caballero. O Congreso será lugar de encontro de organizacións, pacientes, familiares, voluntarios e profesionais nunha edición que recupera a presencialidad tras dous anos de parón. 

As xornadas contarán con talleres, mesas de diálogos e conferencias de recoñecidas personalidades do ámbito sanitario como Alfonso Carregal, Rosario García Campelo, Isabel Lorenzo ou o oncólogo e Presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Vigo, Martín Lázaro, entre outros ademais de testemuños de pacientes e familiares e voluntariado.

A programación dará comezo co testemuño “O cancro en primeira persoa”, coa figura de Luz Casal. A xornada do venres continuará coa mesa de diálogo “Se hai investigación, hai esperanza e pechará a actuación do Ballet de Galicia, Diego Landín. O sábado 19 abrirá a xornada a Mesa de Diálogo “O compromiso da sociedade civil: experiencias de voluntariado”. Tomará a substitución outra das apostas deste II Congreso Gallego: a divulgadora, Elsa Punset coa súa conferencia “Proposta para estes tempos extraordinarios”.

Haberá tamén espazo para os testemuños dando voz a voluntarios e pacientes da entidade en “A vida despois dun diagnóstico de cancro”. A xornada rematará coa entrega de premios do Concurso de Fotografía “Facendo Camiño e o Teatro de improvisación a cargo de Impro Show que precederá a clausúraa do evento.
Por outra banda, haberá unha franxa de actividades onde os asistentes poderán elixir, á hora de inscribirse, entre 10 opcións. Nestes talleres abordaranse aspectos a nivel médico, social e psicolóxico, que poden ter lugar durante e despois da enfermidade. Os asistentes resolverán dúbidas e obterán pautas para mellorar o proceso da enfermidade.

Inscripciones

O evento, dirixido principalmente a persoas con cancro e as súas familias, está aberto a toda a poboación que desexe obter un maior coñecemento do que senten as persoas con cancro e conseguir normalizar a enfermidade humanizando cada vez máis o proceso oncolóxico.

Terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e contará cun aforo limitado de 1.400 persoas, polo que será necesario inscribirse previamente, de maneira gratuíta, en galiciacontraelcancer.es e nas sedes da Asociación en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense.

O Concello de Vigo realizará esta fin de semana un magosto con múltiples actividades

0

O alcalde confirmou que o sábado e domingo instalaráse unha carpa en Coia e outra na Praza do Berbés, que albergarán, entre outras actividades: talleres infantís, contacontos e actuacións musicais. Ademais, «como é natural, haberá castañas asadas», indicou Caballero

La Xunta adjudica por casi 85.000 € el primero de los trabajos para restaurar los hábitats de las islas Cíes, Ons y Sálvora en el marco del proyecto trasnacional ‘LIFE insular’

0

La actuación consistirá en la retirada de especies exóticas invasoras en los tres archipiélagos y su ejecución se extenderá hasta diciembre del año que viene

El objetivo principal de la iniciativa, con participación gallega, canaria e irlandesa, es implementar una estrategia de conservación sostenible de las dunas costeras y de los queirogais secos presentes en espacios insulares atlánticos pertenecientes a la Red Natura 2000 con el reto de revertir la situación de su paisaje a la de hace 70 años

La Xunta acaba de adjudicar por un importe de casi 85.000 euros el servicio para eliminación de especies exóticas invasoras en el Parque Nacional marítimo-terrestre de las islas atlánticas de Galicia. Se trata de la primera de las actuaciones que se impulsan en el marco del llamado LIFE Insular, un proyecto trasnacional con una vigencia prevista de 5 años y que tiene como fin conseguir la restauración integrada de los hábitats insulares de los archipiélagos de Cíes, Ons y Sálvora.En concreto, el contrato adjudicado incluye acciones para la mejora de la estructura y funcionalidad de dos tipos de hábitats propios de estas islas a través de la eliminación y control, mediante métodos manuales, de especies exóticas invasoras de flora. Las actuaciones que se van a llevar a cabo están planificadas a lo largo del que queda de 2022 y durante todo 2023 y permitirán intervenir sobre una superficie total de 145,6 hectáreas. 

Hace falta subrayar que el objetivo principal del proyecto LIFE Insular es promover un estado de conservación favorable de los hábitats de islas pertenecientes a la Red Natura 2000 en el Océano Atlántico, al tiempo que se aumenta su resiliencia como medida de adaptación al cambio climático. A tal fin, se pondrá el foco de atención sobre 8 Zonas de Especial Conservación localizadas en 5 islas que son —además de las tres gallegas ya citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.El papel de coordinadora de los trabajos recaerá sobre la Universidad de Santiago de Compostela, mientras que el Gobierno gallego, a través de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, se encargará de la ejecución técnica, tal y como se recoge en el convenio firmado el pasado verano entre ambos organismos. Los otros socios que se beneficiarán del proyecto europeo son el Organismo Autónomo de Parques Nacionales y, por la parte irlandesa, el Department of Housing, Local Government and Heritage y el Coillte CGA. 

Minimizar los efectos del cambio climático

A través de la iniciativa LIFE Insular se minimizará el impacto de posibles perturbaciones externas sobre las zonas de actuación —riesgo de vendavales, erosión eólica catastrófica…— y se buscará también una recuperación del paisaje natural de estas islas con el reto de revertir a situación a la que había 70 años atrás.Para conseguir estos objetivos, el proyecto prevé ejecutar sobre el terreno una serie de actuaciones centradas en los tipos de hábitats 2130 y 4030, correspondientes a las dunas costeras con vegetación herbácea y a los queirogais secos europeos (brezales).Precisamente con este fin, la Consellería acaba de adjudicar el primero de los contratos previstos durante los próximos años, destinado en este caso concreto a intervenir sobre la flora terrestre exótica invasora presente en Cíes, Ons y Sálvora y que incide en el estado de conservación de los hábitats insulares antes mencionados. 

Asimismo, el proyecto incluye una estrategia de sensibilización y difusión pública mediante jornadas en fechas señaladas, como el Día de la Red Natura 2000 o el Día europeo de los parques nacionales, así como acciones de voluntariado, talleres escolares y colocación de paneles informativos, entre otras. Por último, también se prevé un plan de conservación una vez finalizado el LIFE Insular —con fecha de finalización prevista para lo 31 de diciembre de 2026—, lo que permitiría darle seguimiento y continuidad.

Presupuesto plurianual

Con un presupuesto de más de 5,2 millones de euros a ejecutar hasta 2026, a la Xunta le corresponderán casi 750.000 euros, de los cuales 300.000 euros irán destinados a gastos en inversiones; mientras que la USC tendrá una financiación asignada de 1,08 millones como beneficiario coordinador.La aportación económica del proyecto por parte de la Unión Europea ascenderá a 3,95 millones de euros canalizados a través del programa *LIFE, dedicado de forma exclusiva al medio ambiente y a la acción por el clima.

Fernández-Tapias destaca la función de los centros sociocomunitarios como espacios de convivencia y envejecimiento activo

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo compartió parte de la jornada de hoy con los usuarios y usuarias del centro vigués de Coia

La Consellería de Política Social destina 328.000 euros anuales al funcionamiento de los 6 centros sociocomunitarios que forman la red pública gallega en el ayuntamiento vigués

En las instalaciones de Coia destacan las actividades relacionadas con el yoga, el pilates y el Taichi; los talleres de pintura, memoria y nuevas tecnologías; y teatro, danza y baile

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, compartió la jornada de hoy con los usuarios y usuarias del centro sociocumunitario de Coia, con los que tuvo oportunidad de dialogar, compartir algunas de las actividades que en él se imparten y conocer de primera mano su experiencia.

En este sentido, la representante autonómica destacó el importante papel que juegan estas equipaciones, pertenecientes a la Administración gallega y abiertos a toda la ciudadanía en los que se fomenta el desarrollo de actividades tanto de formación como de animación sociocultural dirigidas a propiciar las relaciones entre los distintos sectores de la población, con una especial dedicación a las acciones relacionadas con la prevención de la dependencia y la autonomía personal.

Fernández-Tapias destacó así la función de estos centros como espacios de convivencia entre distintas generaciones y de envejecimiento activo, propiciando una vida activa y participativa mediante la programación de actividades.

En la actualidad la Xunta cuenta en Vigo con 6 centros de este tipo, de los que disfrutan 30.000 usuarios y usuarias y a los que destina 328.000 euros de media al año para gastos de mantenimiento y realización de actividades, además de llegar a acuerdos con entidades que usan estos espacios para la realización de sus actividades de inscripción libre. 

Concretamente, en las instalaciones de Coia destacan las actividades relacionadas con el yoga, el pilates y el Taichi; los talleres de pintura, memoria y nuevas tecnologías; o las clases de idiomas, teatro, danza y baile. Al mismo tiempo, dispone de servicio de cafetería y lectura de prensa diaria, permaneciendo abierto al público todos los días de la semana.