Vigo prevé acender as luces de Nadal ás 19 horas deste sábado 19 de novembro

0

“Dentro de catro días comeza o Nadal no planeta”, sinala o alcalde

“Estamos pendentes da hora, en función da meteoroloxía e nestes momentos temos en mente as 7 da tarde”. Este é o anuncio que vén de facer Abel Caballero que explicou que non é o definitivo xa que a decisión final tomarase coa previsión do tempo.

O rexedor deu conta dalgunhas das medidas adoptadas no ámbito da seguridade para a xornada do vindeiro sábado 19 de novembro: o punto de encontro de nenos e obxectos perdidos estará situado na rúa Elduayen con Abeleira Menéndez e, en todo caso, de perderse algún neno, cómpre contactar con Protección Civil, Cruz Vermella ou a Policía Local. O centro de coordinación do evento estará na Casa Galega da Cultura, en Porta do Sol, mentres as ambulancias e os bombeiros quedarán situados en Elduayen. García Barbón con Pontevedra e a praza de Doutor Cadaval. A carpa do hospital de campaña sitúase en Doutor Cadaval e o posto de socorro en Elduayen con Abeleira Menéndez. “Imos darlle o máximo de seguridade – ao acendido- dacordo co plan de autoprotección”, explicou, que establece un máximo de 9.000 persoas no recinto pechado na contorna da árbore da Porta do Sol.

O Concello aprobou tamén o bando de paralización das obras durante o Nadal co obxectivo de facilitar a mobilidade no centro da cidade nun período de maior afluencia de persoas e vehículos. Queda prohibido realizar obras ou traballos que afecten á vía pública entre o sábado 17 de decembro ás 00 horas e o luns 9 de xaneiro de 2023 ás 8 horas. Durante estes vinte días non se poderán executar obras que afecten á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa do Concello. Estas restricións afectan ás rúas Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, estación de autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroen e a circunvalación oeste ata Bouzas.

Ademais o bando recolle que na zona urbana interior, nas rúas Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Rolda de Don Bosco, Cachamuíña, Falperra, Paseo Alfonso e Poboadores, debido aos traballos de montaxe e mantemento da iluminación do Nadal, queda prohibida a realización de calquera evento que afecte á vía pública, tanto en calzada como en beirarrúas, entre o sábado 19 de novembro desde as 14 horas, ata o luns 16 de xaneiro ata as 8 horas.

En canto ao horario da iluminación, o rexedor explicou que se acenderá cada día ás 18:30 horas e apagaranse ás 00:30 horas. O apagado de xoves a domingo, en vésperas de festivo e os días especiais (24, 25, 30 e 31 decembro e 1, 5 e 6 xaneiro) será ás 2 da mañá, recortando o tempo para “aforrar enerxía”, máis dun 14%, tal e como apuntou o alcalde.

Marea de Vigo solicita o transporte urbano gratuito durante o nadal

0

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, propuxo hoxe que o transporte urbano de Vigo sexa gratuíto durante os meses que dure a campaña do nadal polo agravio evidente en solucións de mobilidade que vai supoñer para os vigueses e viguesas. Marea de Vigo propón unha medida que xa opera para eventos concretos e mesmo de xeito permanente en varias cidades europeas e que trataría así de “compensar aos veciños e veciñas de Vigo que ven como durante case catro meses a cidade se convirte nun embotellamento permanente. Durante este tempo as opcións de tránsito quedan reducidas e os tempos de traslado entre domicilios, lugares de traballo, de estudo ou centros sanitarios complícanse moito”. É un xeito de devolverlles o feito de que a súa cidade quede secuestrada para o desfrute de miles de paseantes e excursionistas. Marea de Vigo lembra ademais que o transporte público de Vigo xa está subvencionado nun 30% polo Goberno do Estado ate decembro, o que significaría un impacto menor nas arcas municipais.

A este factor de dificultade de mobilidade súmase, a xuízo de Marea de Vigo, o feito de ter planificado erroneamente un macro centro comercial como Vialia con espazos de ocio no centro urbano, en lugar de ter adaptado a oferta deste espazo á realidade dunha estación intermodal, ademais do feito de ter retrasado, de xeito delibero ou por incapacidade de xestión, numerosas obras públicas nas rúas do centro da cidade ao mesmo tempo. 

“O que provoca esta situación son decisións políticas, non cuestións técnicas ou accidentais, e significan que case catro meses ao ano complican a vida dos vigueses e viguesas, especialmente das persoas maiores e das que teñen que desprazarse necesariamente ao centro da cidade por motivos laborais ou escolares”. Xa que non hai opcións de transporte urbano que conecten en tempos e frecuencias óptimas o centro e as parroquias “o Concello debe asumir que son miles de vigueses e viguesas os e as sacrificadas e que o retorno económico non pode ser a escusa para ter unha cidade en estado de excepción durante meses”

Os vigueses e viguesas teñen dereito a un desfrutar dun nadal equilibrado coas súas vidas diarias, que conxugue descanso co lecer e fomento do consumo no comercio e hostalería local. O turismo excursionista, que en case todas as grandes cidades do estado tenta reducirse “en Vigo chámase permanentemente a encher rúas e colapsar vías. Vigo ten que apostar por un turismo que durma e consuma nos recintos hostaleiros de toda a cidade, non en dous quilómetros cadrados no centro exclusivamente”.

A Área Sanitaria de Vigo e a Asociación Anedia conmemoraron o Día Mundial da Diabetes coa inauguración dunha exposición de fotografía

0

O  Álvaro Cunqueiro conta coa tecnoloxía máis avanzada para  evitarlles aos nenos e nenas as múltiples picadas que tiñan que realizarse para medir a glicemia en sangue, mellorando asi a súa calidade de vida

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia) inaugurou a exposición de fotografía “Que a diabetes non te pare” nas consultas externas de Pediatría do Alvaro Cunqueiro.

A mostra está composta de 21 retratos realizados polo fotógrafo Pichero, Victor  Manuel Martínez Campos. O obxecto é por en relevancia dúas visións, que a diabetes é unha enfermidade invisible, que non se pode adiviñar nos rostros dos que a padecen e, por outro lado, mostrar a realidade vital de que a diabetes non é un impedimento para cumprir as metas e sonos dos máis novos.

Así, as fotografías mostran a nenos e nenas practicando disciplinas ou actividades deportivas e a súa sombra como persoas adultas convertidas en profesionais. Os protagonistas aparecen con capas para amosar que son heroes e heroínas  que todos os días soportan unha dura presión con esta enfermidade crónica. As fotografías acompañase de testemuños dos nenos e adultos.

Aposta polas novas tecnoloxías

A Unidade de Diabetes Infanto-Xuvenil do Hospital Alvaro Cunqueiro está composta por un Pediatra especialista en Endocrinoloxía infantil e un enfermeiro educador. No momento actual, atenden a 140 nenos e nenas menores de 16 anos con diabetes tipo 1. O pasado ano diagnosticáronse 26 novos pacientes.

Nos últimos anos, o manexo da diabetes ten experimentado grandes avances tecnolóxicos, e o SERGAS realizou unha importante aposta neste eido coa implantación das novas tecnoloxías, co obxecto de axudar aos pacientes no control desta enfermidade así como a mellorar a súa calidade de vida e a dos seus coidadores.

Así, a  día de hoxe, todos os pequenos pacientes do CHUVI dispoñen de motorización de glicemia; isto é, sensores implantados no pel que lles permiten realizar todas as medicións de glicosa que desexen sen necesidade de picarse. Este dispositivo almacena esas medicións, coa data, hora, e resultado dese control; tamén conta cun sistema de alarmas de xeito que os pacientes, os seus coidadores e os profesionais sanitarios dispoñen de toda esa información en tempo real, permitíndolles tomar decisións en canto aos tratamentos

A metades dos pacientes con Bombas de insulina

Segundo afirma o responsable da Unidade, Jose Luis Chamorro, “os menores con diabetes son pacientes crónicos, dependentes da insulina, polo que necesitan inxectarse esta hormona entre 4 e 6 veces ao día. Actualmente ofértase a posibilidade de utilizar os infusores subcutáneos continuos de insulina, as chamadas bombas de insulina; polo que máis da metade dos nosos pacientes xa dispoñen destes dispositivos”.

Trátase dun sistema que regula e administra a cantidade da insulina de xeito automático tras a integración dos valores de glicemia obtidos polo sensor. Así, se o sistema prevé ou detecta que o paciente vai presentar unha hipoglucemia, suspende a infusión de insulina, mentres que se está en hiperglicemia pode incrementar a dose a administrar.

Fernández-Tapias anuncia unha Proposición non de Lei para que a Xunta coordine un programa cultural sobre a figura do escritor Carlos Oroza

0

A presidenta do PP de Vigo presenta a proposta do grupo parlamentario popular destinada a divulgar a vida e a obra do poeta no centenario doseu nacemento en 2023

“Estamos ante un dos grandes creadores que viviu na nosa cidade e con todo o seu nome e a súa obra aínda son grandes descoñecidos entre os galegos”, sinalou

O diputado Ovidio Rodeiro defendeu a necesidade de conmemorar ocentenario mentres que Javier Romero e Antón Beiras, membros da Asociación Évame-Oroza, celebraron a iniciativa

A presidenta do PP local e candidata á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes que o grupo parlamentario popular presentará o próximo 21 de novembro unha Proposición non de Lei (PNL) na Cámara galega co obxectivo de solicitar á Xunta que coordine unha programación ao redor do escritor Carlos Oroza.

Nun acto celebrado na Editorial Elvira, sede provisional da Asociación Évame-Oroza, a máxima responsable do partido na cidade defendeu a necesidade de destacar a figura do poeta. “Estamos ante un dos grandes creadores que viviu na nosa cidade e con todo o seu nome e a súa obra aínda son grandes descoñecidosentre os galegos, polo que solicitamos ao Goberno galego que axude a divulgar o seu traballo”, sinalou.

Carlos Oroza (Viveiro, 1923 – Vigo, 2015) foi un poeta e creador galego que conxugou a palabra oral e a escritura coa acción poética en directo. Fernández-Tapias destacou que Oroza non tivo adscrición a ningunha corrente estética en particular e foi, en todos os sentidos, un “autodidacta que creou un universo poético propio, fortemente enraizado no substrato galego e español”.

Parlamento de Galicia

Durante o acto tamén estiveron presentes o deputado do grupo popular Ovidio Rodeiro, encargado de presentar a Proposión non de Lei no Parlamento de Galicia e dous dos membros da Asociación Évame-Oroza, Javier Romero e Antón Beiras. 

Ovidio Rodeiro explicou que Oroza deuse a coñecer nos anos setenta, no ambiente literario e cultural español pola realización de múltiples recitais adscritos en forma e contido aos da xeración Beat. Así, destacou pola interpretación e performance da súa propia obra, frecuentemente reescrita e baseada en poemas de versos libres con predominio do ritmo, unha poesía elaborada para ser escoitada.

Obra reducida e significativa

Tal e como destaca a proposta parlamentaria, ao longo da súa vida, Carlos Oroza foi autor dunha obra reducida en número pero significativa en canto a contido, como “Eléncar” (1974); “Cabalum” (1980); “Alicia” (1985); “Una porción de tierra gris del norte” (1996); “En el norte hay un mar que es más alto que el cielo” (primeira edición en 1997); “La llama prestada” (1998); e “Un sentimiento ingrávidorecorre el ambiente” (2006).

Tal e como lembraron Romero e Beiras, nos anos setenta, despois de residir en Madrid, Ibiza e Estados Unidos, o escritor elixiu a cidade de Vigo como a súa localidade de residencia. “A celebración do centenario do seu nacemento, o próximo ano 2023, é unha oportunidade para profundar na divulgación do traballo deste poeta e creador entre a poboación de Galicia”, apuntaron.

Policías locales de O Porriño salvan la vida a una bebé que sufría insuficiencia respiratoria

0

Los agentes procedieron a trasladar a la menor a urgencias mientras continuaban efectuando dichas maniobras; de camino, la pequeña logró expulsar las secreciones que le impedían respirar y abrir la vía aérea

Policías locales de O Porriño salvaron este lunes la vida a una bebé de dos años que sufría insuficiencia respiratoria. Tal como ha informado el concello, el suceso ocurrió sobre las 22.00 horas, cuando los padres de la pequeña se acercaron a la jefatura de la Policía Local con ella en brazos porque no podía respirar.

«Tras constatar que la menor sufría insuficiencia respiratoria, comenzaron a realizarke las maniobras básicas de primeros auxilios, consiguiendo que reaccionase», detallan.

A continuación, los agentes procedieron a trasladar a la menor a urgencias mientras continuaban efectuando dichas maniobras. De camino, dieron resultado y la pequeña logró expulsar las secreciones que le impedían respirar y abrir la vía aérea, comenzando a respirar con normalidad.

La menor ya se encuentra en su domicilio recuperándose, tras ser atendida por los facultativos.

CAROUTLET VIGO LLEGA AL IFEVI CON MÁS DE 1.000 COCHES LISTOS PARA ENTREGAR

0

Llega a IFEVI la décima edición de CarOutlet Vigo, el salón del vehículo usado y de ocasión que tradicionalmente se celebra a finales de año en las instalaciones del recinto ferial de Vigo. 

Esta salón, que se celebra del 18 al 20 de noviembre, reúne el stock de los concesionarios oficiales de la comarca de Vigo, que pondrán a disposición del público todos sus vehículos de kilómetro cero, ejecutivos, demostración y ocasión, por lo que la exposición reunirá más de 1.000 vehículos, ya que en el momento en el que se venda una unidad, el concesionario rápidamente la cambiará por otro disponible.  

Sin duda se trata de la solución perfecta para todos aquellos interesados en cambiar de coche, sobre todo teniendo en cuenta los largos plazos de entrega en vehículos nuevos. CarOutlet Vigo pondrá a disposición de los visitantes todo tipo de marcas, modelos y precios, siempre tratándose de unidades en perfecto estado y con la comodidad de poder comparar precios, prestaciones y comodidades en un mismo espacio. 

Por un simbólico precio de tan sólo 2 euros, los visitantes podrán acceder a todo tipo de vehículos de ocasión, listos para entregar a sus compradores de forma inmediata y con condiciones especiales ofertadas por los concesionarios. Además, el salón mantiene durante un año más su labor solidaria, donando el 50% de la recaudación del mismo a Aldeas Infantiles SOS.

CarOutlet Vigo se celebrará en el Recinto Ferial de Vigo (IFEVI), entre el viernes 18 de noviembre y el domingo 20. El primer día, el salón abrirá sus puertas a las 16.00 h. para cerrar a las 21:00 h. El sábado y el domingo arrancará a las 11.00 h. de la mañana, hasta las 21:00 el sábado y hasta las 20:00 h. el domingo.

Las entradas estarán disponibles en la taquilla del evento, siempre con acceso acceso gratuito para los menores de 10 años.

Nico Montes presenta a súa candidatura polo Partido Popular de Tui ás eleccións municipais

0

«Son un amante de Tui, a miña cidade e o meu fogar. Aquí nacín, aquí crieime e aquí formeime. Doéme ver a cidade tan triste e apagada», apunta

O Partido Popular de Tui xa ten candidato de cara as próximas eleccións municipais do 2023. Nicolás Lorenzo Montes, que xa foi concelleiro de Deportes, Conxunto Histórico e Medios de Comunicación entre o 2011 e 2015, deu un paso adiante para liderar ao partido co reto de devolver ao Partido Popular ao Goberno de Tui.

O anuncio fíxose dende o Parador de Tui, onde contou co apoio do delegado territorial da Xunta en Pontevedra e Presidente provincial, Luis López Diéguez, o da Secretaria Xeral, Luisa Piñeiro, o deputado provincial, Moisés Rodríguez Pérez e máis membros da xunta local do partido. “O apoio é total e unánime en torno á candidatura de Nicolás. Ten experiencia en política, ten experiencia en xestión e está moi vencellado cos colectivos e coa ciudadanía de Tui. A unidade é o máis importante para recuperar a alcaldía de Tui”, declarou Luis López.

Pola súa parte, Nico Montes asume esta responsabilidade coa confianza e ilusión de acadar a victoria na súa cidade. “Son un amante de Tui, a miña cidade e o meu fogar. Aquí nacín, aquí crieime e aquí formeime. Doéme ver a cidade tan triste e apagada, por iso din este paso adiante para que os veciños de Tui recuperen a ilusión polo seu municipio”, expresaba Nicolás Montes durante a presentación.
Como xogador en activo de baloncesto e Presidente do Club Baloncesto Tui, destaca a importancia do equipo para acadar a victoria.

“No vestiario é onde se conseguen os resultados. Se o equipo está unido, a este partido non o para ninguén. O máis importante nestes momentos é o traballo e o apoio dos afiliados e militantes do PP de Tui, persoas que o dan todo dende o minuto un, un espello ao que temos que mirarnos todos”, manifestaba o candidato popular á alcaldía de Tui.

Un informe de la UVigo señala que 63% de los casos de acoso en la red proceden de hombres que la víctima conoce

0

El estudio indica que de los casos que aparecen en la prensa, «solo un 10,3% son acosadores desconocidos para las víctimas»

El 63% de las situaciones de acoso digital son cometidas por hombres conocidos por la víctima, según el informe que ha presentado este lunes la Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada por la Universidade de Vigo (UVigo) y la Diputación de Pontevedra.

Este estudio, que analiza la violencia machista digital a través de la prensa gallega, señala que los acosadores forman parte tanto del ámbito afectivo, como del educativo, deportivo, vecinal o laboral de la víctima. Así, explica que en estos casos, el acosador dirige su violencia, vigilancia y hostigamiento digital a una mujer concreta.

La Diputación de Pontevedra ha explicado en un comunicado que esta investigación exploratoria analizó, entre enero y septiembre de 2022, un total de 245 noticias de gran parte del ecosistema mediático gallego.

De este modo, el informe indica que de los casos que aparecen en la prensa, «solo un 10,3% son acosadores desconocidos para las víctimas».

Asimismo, el análisis señala que «resulta alarmante el número de niñas y de adolescentes que sufren este tipo de violencias» y que entre las técnicas más utilizadas están la sextorsión, los desnudos no solicitados o la llamada pornovenganza.

Además, la directora de la Unidade de Igualdade de la UVigo y la Cátedra de Feminismos 4.0, Águeda Gómez, ha subrayado que esta violencia se utiliza con la intención «crear un clima de terror sexual que sirve para controlar y condicionar la vida de las mujeres en el espacio digital y que afecta al resto de esferas de la vida».

El PP municipal registra una enmienda a la totalidad al presupuesto del Concello de Vigo

0

Los populares mantienen que las cuentas municipales “se olvidan de las familias en el peor momento”, y fijan como objetivos “irrenunciables” la creación de empleo, la protección social y la actividad económica

El PP municipal, tal y como había anunciado en una primera valoración, ha hecho efectivo su rechazo a los presupuestos del Concello de Vigo para 2023 a través de una enmienda a la totalidad, que será debatida en el pleno del próximo 18 de noviembre.

Según informó su portavoz, Alfonso Marnotes, la situación de crisis económica requiere unas cuentas acordes, en las que se reconozcan las dificultades que atraviesan las familias, las necesidades de los colectivos sociales más vulnerables y los sectores más afectados por inflación. Para todos ellos, exigen ayudas y exenciones fiscales que no tienen reflejo en el actual diseño presupuestario.

Unas cuentas, en opinión del concejal popular, “elaboradas de espaldas a los vigueses” que disparan el gasto corriente y que no tienen en cuenta el contexto económico actual. Así, desde el PP fijan como objetivos “irrenunciables” la creación de empleo, la protección social y la actividad económica.

En esta misma línea, reclaman una revisión exhaustiva y a la baja de los impuestos municipales para aliviar la carga de las familias, evitar el cierre de más comercios y estimular la creación de nuevos negocios y establecimientos.

Esencial consideran desde el PP municipal reforzar las políticas de empleo, “residuales y prácticamente desconocidas”, según indicó Marnotes, con programas formativos adaptados a las necesidades actuales del mercado laboral, evitando planes que sean “meras colocaciones temporales sin ninguna vocación de permanencia más allá del periodo subvencionado a entidades y asociaciones”, añadió.

Piden también impulsar el empleo público, con 300 vacantes sin cubrir en el Concello. “De nada sirve hacer convocatorias públicas de empleo con cifras récord si luego no se convocan o no se adjudican estas plazas”, censuró, en clara alusión a que todavía están pendientes de resolución las correspondientes a los años 2017, 2018, 2020 y 2021. En este sentido, incidió en que “el empleo estable y de calidad es la mejor garantía para el correcto funcionamiento de los servicios públicos”.

PROTECCIÓN SOCIAL

Muy preocupado se mostró el edil del PP respecto a las cuantías que se recogen para inversión social y que condenan a Vigo a seguir liderando a las ciudades españolas con el menor gasto por habitante en este ámbito. “Dar una ayuda puntual es insuficiente”, aseguró Marnotes, quien acentuó el fracaso del ingreso mínimo vital para el que, dijo, se deniegan la mitad de las solicitudes. Asimismo, recordó que de las 14 oficinas de apoyo que prometió el alcalde “no se ha hecho ninguna”.

Proponen, además, un reparto “equitativo y racional” de las inversiones, de manera que se cubran las necesidades de los barrios y parroquias más allá del centro vigués, con licitaciones de obras que incluyan cláusulas sociales, para priorizar a las personas desempleadas en la contratación, y apoyadas por proveedores locales.

Ya para terminar, ponen el foco en la falta de partidas presupuestarias para finalizar con la reforma en el Estadio Balaídos. Según argumentó Marnotes, las obras quedarán interrumpidas con la Grada de Marcador, pues no existe consignación para la de Gol. Tampoco se recogen partidas para la demandada pista de atletismo municipal, una reivindicación que el propio alcalde prometía desatascar el pasado verano y para la que sí existe compromiso de la Xunta.

En la misma línea, echan en falta partidas específicas para terminar el proyecto de la Puerta del Sol y para abordar la continuación del túnel hasta el Barrio del Cura, posibilitando la peatonalización de Elduayen y del Paseo de Alfonso; y reclaman la  la renovación del convenio para la reforma de la Avenida de Madrid, que Caballero comprometió una vez finalizasen las obras de la Gran Vía.

O Concello modifica o tráfico para peonalizar o centro no Nadal

0

O horario de cese da limitación ao tráfico é as 00 horas, menos os días 24 e 31 e o 5 de xaneiro, que adiantase unhas horas

O Concello modificará o tráfico durante as datas de Nadal para favorecer a mobilidade peonil pola zona centro da cidade e mellorar o fluxo de vehículos na súa contorna.

Abel Caballero presentou o plan, que dará comezo o sábado 19 a partir das 16:30 horas, coincidindo coa data do alumeado do Nadal, e durará ata o fin das festas. O horario de cese da limitación ao tráfico é as 00 horas, menos os días 24 e 31 e o 5 de xaneiro, que adiantase unhas horas. As rúas co acceso restrinxido ao tráfico serán as seguintes:

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valladares

-Rúa Areal entre República Argentina e Colón

-Rúa Concepción Arenal cara a Colón

-Rúa García Barbón entre República Argentina e Colón

-Rúa de Colón

-Rúa Pontevedra entre García Barbón e Rosalía de Castro

-Rúa de Urzaiz entre a Avda. de Gran Vía e rúa de Uruguay

-Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa Areal entre República Arxentina e Colón

O alcalde manifestou que a peonalización de rúas e espazos enteiros da cidade “é algo que aprendimos coa pandemia e é norma no Nadal de Vigo, porque funciona ben e resolve a cuestión de xeito razoable”.

Caballero invitou aos cidadáns e cidadás a minimizar o uso do vehículo privado e acudir a pé ao centro ou utilizar o servizo de bus urbano. O transporte público fora do horario establecido polos cortes de tráfico nos días de máxima afluencia e ata finalizada a tempada de nadal terá as seguintes variantes:

– De Cánovas del Castillo a Colón por Marques de Valadares:

Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 18, Marques de Valadares, Colón, García Barbón 28

– De Urzáiz a Praza Compostela:

Paradas operativas máis próximas: Colón 22, Praza Compostela

Os cambios na circulación en horario de 17:30-23:00 os días de máxima afluencia:

– De Cánovas del Castillo a Urzaiz por Marques de Valadares-Oporto, República Arxentina- Uruguai-Cervantes:

Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 28, Marques de Valadares, Uruguay 18, Cervantes 18, García Barbón 60

– De Urzáiz a Praza Compostela:

Paradas operativas máis próximas: República Arxentina e Gaiteiro Ricardo portela

Durante as datas de Nadal haberá cambios na circulación normal de vehículos que se detallan a continuación:

– A rúa República Arxentina entre entre García Barbón e Uruguay establecese dobre sentido de circulación. O sentido ascendente será exclusivo para transporte público, residentes e aparcadoiros.

– A rúa Uruguay entre República Arxentina e Colón establecese en sentido contrario de circulación para acceso a residentes e aparcadoiros.

– A rúa García Barbón entre República Argentina e Colón serán uso exclusivo para hotel, residentes e aparcadoiros con saída pola rúa Pontevedra

– A rúa Montero Ríos terá permitido o acceso en sentido contrario de circulación dende a rúa Olloqui para acceso exclusivo de autobuses turísticos aos hoteis.

– A rúa Praza de Compostela entre Velázquez Moreno e Colón establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Velázquez Moreno.

– A rúa Colón entre Areal e Rosalía de Castro establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Marqués de Valadares.

– A rúa Velázquez Moreno entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz permanecerá en dobre sentido para o acceso e saída ao parking de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas.

– Permítese o paso sentido ascendente na Avda. da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e María Berdiales para uso exclusivo do transporte público.

– Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz con acceso dende a rúa María Berdiales

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

– Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

– Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

– A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9.

– A Avda. de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

Día do alumeado

O acto do acendido das luces de Nadal está programado para o 19 de novembro ás 20:30 horas, dependendo sempre da situación meteorolóxica. O tráfico estará cortado desde as 16:30 horas nas rúas Policarpo Sanz e García Barbón ata República Arxentina, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e as rúas adxacentes, con hora estimada de finalización ás 23:30 horas. O acceso aos garaxes e aparcamentos das rúas afectadas estará restrinxido desde as 18 ata as 22 horas. O rexedor recomendou non utilizar o vehículo privado e desprazarse a pé ou no bus urbano, que terá paradas en Cánovas del Castillo 28, Marqués de Valadares, Uruguay 18, Cervantes 18, García Barbón 60, República Argentina e Gaiteiro Ricardo Portela.

Abel Caballero explicou que o plan de seguridade establece un aforo de 9.000 persoas na contorna da árbore. Poderase seguir a emisión do acto de alumeado en directo en pantallas na Porta do Sol, a farola de Urzáiz, a fonte de Rosalía de Castro e a praza interior do Centro Comercial Vialia.