Agentes de la Unidad Medioambiental rescatan una cría de gaviota atrapada en un patio interior de una vivienda

0

Un vecino de la calle Lóriga, informaba que tenía una cría de gaviota en su bajo. Agentes de la Unidad Medioambiental se desplazaron al domicilio para la recogida del ave.

Como viene siendo habitual, el protocolo establece que sean trasladadas a dependencias policiales para su posterior recogida por parte del personal del Centro de Recuperación de Cotobade.

Tal extremo no fue necesario, dado que los Funcionarios comprobaron que la mencionada cría se encontraba en perfecto estado. El único problema consistía en que no podía alzar el vuelo a consecuencia del poco espacio del que disponía para hacerlo al encontrarse en un patio interior.

Los actuantes la recogieron con sumo cuidado, trasladándola al exterior del domicilio, donde una vez suelta remontó el vuelo, dando la situación por satisfactoriamente resuelta.

A Área Sanitaria de Vigo conseguiu reducir o uso de antibióticos un 5%

0

Hoxe celébrase o Día Europeo do Uso Prudente dos Antibióticos para lembrar a importancia de usar adecuadamente estes fármacos

A Área Sanitaria de Vigo acadou unha redución no uso de antibióticos dun 5% con respecto ao pasado ano. Este dato fixérono público hoxe os especialistas con motivo do Día Europeo do Uso Prudente dos Antibióticos.

Isto foi posible grazas ao esforzo que nos últimos anos vense desenvolvendo polo Comité de Infeccións e Política Antimicrobiana xunto co Equipo PROA (Programa de Optimización do Uso dos Antibióticos). Neste senso, segundo explica a coordinadora do Comité, María Teresa Pérez,  ”somos a área sanitaria galega que máis ten reducido a utilización destes fármacos. Trátase dun dato moi positivo, continuando nesa liña anual descendente, xa que hai que recordar que nos últimos seis anos conseguimos reducir o uso global dos antibióticos na nosa área un 30%”. Unha utilización correcta de antibióticos deriva en menos efectos secundarios, máis seguridade para o paciente e igual eficacia clínica.

Doutra banda, en Atención Primaria tamén observouse un descenso no uso dos antibióticos, un 4.8% con respecto ao 2019. Este cambio débese especialmente á diminución de antibióticos para infeccións respiratorias. Moitas destas infeccións están producidas por virus e non precisan de tratamento antibiótico. “Por isto, neste día, aproveitamos para enviar unha mensaxe a poboación reiterando a importancia de  evitar  a utilización de antibióticos no tratamento de catarros e patoloxías de orixe vírico”, insiste a doutora Pérez.

Actualización das Guías para Atención primaria

O Comité de Infeccións e Política Antimicrobiana xunto co Equipo PROA veñen de actualizar as Guías de “Tratamento empírico das infeccións máis habituais en Atención Hospitalaria” de adultos.

Ademais, por primeira vez, elaborouse unha guía de tratamento empírico das infeccións pediátricas máis frecuentes. Trátase dun tríptico, de peto e en versión dixital, que os profesionais levan nas súas batas ou nos móbiles, de fácil manexo e de gran utilidade para a súa actividade diaria.

Estas Guías recollen as pautas e a duración dos tratamentos antibióticos nas infeccións a tratar, naquelas patoloxías máis frecuentes, como a infección de ouriños ou a pneumonía.

Tradicionalmente, relacionábase os tratamentos curtos coa aparición de resistencias ás bacterias ou co fracaso clínico. Hoxe en día, se coñece que é exactamente o contrario. A maioría das infeccións precisan de poucos días de antibióticos para resolverse. Ademais, a duración excesiva dos tratamentos antibióticos asociase con máis efectos adversos como a diarrea,  e coa selección de bacterias resistentes.

Sesión xeral sobre as últimas novidades

Os antibióticos son uns dos fármacos utilizados con mais frecuencia pola poboación. Sen embargo, en moitas ocasións, o seu uso non é o máis adecuado. España continúa sendo un dos países do mundo cun consumo de antibióticos máis elevado. Nos últimos anos estanse desenvolvendo múltiples estratexias a nivel estatal e comunitario  para promover un uso adecuado destes fármacos .

Na Área de Vigo elaboráronse diferentes guías de tratamento que axudan á facultativos a elixir o mellor antibiótico en cada situación. Ademais, leváronse a cabo diferentes cursos, nos que participaron, neste ano, máis de 200 profesionais co fin de mellorar as habilidades de prescrición. As guías revísanse e actualizan periodicamente segundo as recomendacións internacionais.

Neste contexto, o próximo dia 30 celebrarase unha sesión xeral no hospital, organizada polos servizos de Microbioloxía e Farmacia para informar aos profesionais sobre as últimas novidades en microbioloxía e a súa aplicación práctica na prescrición dos antibióticos.

Galicia reforza os apoios a emprededores e autónomos para dinamizar o mercado laboral

0

A Xunta despregará ata finais de 2023 un total de 12 polos de emprendemento por todo o territorio para acompañar na posta en marcha de actividades vencelladas coas contornas

O novo programa Impacto Autónomo impulsará o emprego duns 25.000 traballadores con achegas medias de 1.200 euros

A aposta polo emprendemento e as oportunidades dos autónomos configúrase como unha das apostas de Galicia para dinamizar o mercado laboral, ofrecendo aos cidadáns máis e mellor emprego.

Neste sentido, o apoio ao emprendemento e o traballo autónomo serán dous dos eixos aos que a axenda do Goberno galego prestará atención durante o 2023, con incentivos e acompañamento para a posta en marcha de iniciativas que pretenden situar no centro ás persoas, sacar partido ao seu talento e xerar riqueza vencellada co territorio.

a Promoción do Emprego e Igualdade crecen máis dun 13% ata acadar os case 432 millóns

Para acadalo, a Xunta deseñou uns orzamentos expansivos para a área de Promoción do Emprego e Igualdade que crecen máis dun 13% ata acadar os case 432 millóns de euros. Vinte de cada cen euros deste presuposto, destinaranse a apoiar o emprendemento e o traballo autónomo.

Preto de 220.000 autónomos

Galicia conta actualmente con 218.210 persoas traballadoras autónomas, incluídas ás que forman parte do réxime especial do mar. O colectivo representa o 20,8% do total das afiliacións á Seguridade Social segundo os últimos datos difundidos este mes de novembro. Trátase dun colectivo con amplo peso cuantitativo, pero tamén cualitativo ao que o Goberno galego quere prestar atención por se tratar da base da economía de moitas familias galegas.

Un novo programa denominado Impacto Autónomo inxectará 30 millóns de euros a este sector para axudar ás persoas traballadoras a facer fronte e minimizar o impacto que a suba de custos enerxéticos e das materias primas está a ter na súa actividade. As achegas directas, que se espera favorezan a uns 25.000 traballadores, suporán unha media de 1.200 euros por persoa beneficiaria.

De xeito paralelo, a Xunta de Galicia seguirá cos apoios ao inicio de actividade e para a consolidación e crecemento do emprego autónomo e para contribuír á  súa consolidación. Intensificaranse os apoios ao colectivo, que disporá o ano que vén de case 57 millóns de euros en total.

Polos de emprendemento e apoio ao emprego

A nova Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego no organigrama da Xunta de Galicia consolidará, por outra banda, nos próximos meses, a coordinación de todos os recursos autonómicos na materia. Esta área estratéxica é a responsable de despregar a Rede de polos, que estará integrada, a remates de 2023, por 12 centros repartidos por toda a xeografía galega. Trátase de dar impulso efectivo á xeración de emprego de calidade e iniciativas emprendedoras vinculadas ao territorio.

Na actualidade os Polos Ourense Centro e Sur (en Verín), Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (Coristanco) xa traballan con iniciativas reais que están a poñer o foco nos sectores do turismo e o ocio, a alimentación, os servizos profesionais, o agro ou a fabricación de bens de consumo. Todas estas medidas encaixan na estratexia integral de emprego Xempre Contigo que a comunidade está a desenvolver poñendo no centro das políticas ás persoas e aos sectores e empresas con maiores dificultades. No marco da mesma estase a traballar para que Galicia conte cun Servizo de Emprego máis accesible, próximo e dinámico para ofrecer novas oportunidades laborais para unha Galicia con maior cohesión e que faga do progreso económico a súa bandeira.

Nace la plataforma Nuevos Vigueses creada desde la Comisión Exterior del PP de Vigo

0

La colonia foránea en la ciudad supera ya las 21.600 personas censadas con los venezolanos y los portugueses a la cabeza, representando a más de un centenar de países

La Comisión Exterior del PP de Vigo ha impulsado la plataforma Nuevos Vigueses, que nace con el objetivo de aglutinar a la colonia foránea en un proyecto participativo, entorno a la formación popular, que ponga en valor las experiencias de “superación y éxito” de los retornados y extranjeros que han elegido la ciudad para vivir y formar una familia. 

El volumen de nacionales de otros países en Vigo ha pisado el acelerador en los últimos años y suma a día de hoy más de 21.600 censados, un cifra muy superior si se tienen en cuenta los retornados con doble nacionalidad. La mayor representación corresponde a venezolanos y portugueses, como viene siendo tradicional, pero la ciudad cuenta con inmigrantes de más de un centenar de países.

Nuevos Vigueses busca así la participación activa de la ciudadanía de origen extranjero en la política municipal a través del PP de Vigo. Nanda Ruiz, presidenta de la Comisión Exterior, llama a los retornados y extranjeros que residen en la ciudad a incorporarse a este proyecto, encabezado por la presidenta y candidata a la Alcaldía, Marta Fernández-Tapias, apelando al sentimiento de unidad “en la búsqueda de un futuro mejor”.

“Para nosotros sois uno más, un Nuevo Vigués, que aporta a la Comunidad y suma con nosotros”, asegura. En este sentido, Ruiz señala que el objetivo es que encuentren en el PP un sostén   y “entre todos podamos construir un Vigo amable, acogedor y participativo” que entienda que “todos los que vivimos y trabajamos aquí somos vigueses, independientemente de nuestro origen, y que todos tenemos mucho que decir en el futuro de la ciudad que queremos”.

El Ifevi acoge este fin de semana la décima edición de CarOutlet Vigo

0

El evento reúne el stock de los concesionarios oficiales de la comarca de Vigo, juntando unos 1.000 vehículos de diferentes marcas listos para entregar

El Instituto Ferial de Vigo acogerá este fin de semana la décima edición de CarOutlet Vigo, el salón del vehículo usado y de ocasión que tradicionalmente se celebra a finales de año.

El evento tendrá lugar entre hoy y el próximo día 20 de noviembre, y reúne el stock de los concesionarios oficiales de la comarca de Vigo, juntando unos 1.000 vehículos de diferentes marcas «listos para entregar a sus compradores de forma inmediata y con condiciones especiales ofertadas por los concesionarios».

Hoy el salón funcionará entre las 16.00 y las 21.00 horas. Ya el sábado, 19 de noviembre, y el domingo, 20 de noviembre, arrancará a las 11.00 horas y finalizará a las 21.00 horas el sábado, mientras que el domingo hará lo propio a las 20.00 horas.

Las entradas, que tendrán un precio simbólico de dos euros, siendo la mitad del precio destinada a la ONG Aldeas Infantiles SOS, estarán disponibles en la taquilla del evento y el acceso para los menores de 10 años será gratuito.

Fallece un trabajador en Vigo tras sufrir una caída desde varios metros de altura

0

Los hechos sucedieron en el Camino de Pedreira, en la parroquia de San Andrés de Comesaña

Un trabajador fallecía en la tarde de ayer en una parroquia de la ciudad tras precipitarse desde varios metros de altura.

Según informa el CIAE 112-Galicia, el suceso ocurrió poco después de las 16.00 horas en el Camino de Pedreira, en la parroquia de San Andrés de Comesaña. La persona implicada había caído desde una altura de varios metros y estaba herido de consideración, según se informaba en la llamada.

El personal de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, que se desplazó al lugar a bordo de una ambulancia, nada pudo hacer por su vida. Además, fueron movilizados agentes de la Policía Nacional y de la Policía Local de Vigo.

Fernández-Tapias anuncia a apertura do concurso de ideas do novo Centro de Asociacionismo de Vigo, que contará cun auditorio para 400 persoas e salas de ensaio e exposicións

0

A delegada territorial avanzou que este xoves se publican as bases para a reforma integral do edificio da rúa Lalín

O obxectivo é habilitar locais para entidades sociais da cidade unha vez que finalice o traslado á Cidade da Xustiza

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou a publicación este xoves das bases do concurso de ideas para remodelar o edificio dos xulgados e convertelo no novo Centro de Asociacionismo de Vigo. O proceso lévase a cabo despois de que o Goberno galego e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) firmasen un convenio en busca do mellor proxecto.

Segundo inclúe o prego de condicións do concurso, o inmoble da rúa Lalín terá un auditorio con aforo para 400 persoas, unha sala de exposición, 6 salas de reunións, 5 salas de ensaio e 5 salas polivalentes, todas elas para uso por parte das asociación.

O documento final serviría de base á redacción do proxecto técnico, básico e de execución, incluído o proxecto de seguridade e de saúde, de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación, que o gañador do concurso de ideas presentaría no mes de marzo.

Esta actuación pretende habilitar locais na planta baixa e da primeira e quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Ademais, tamén se poderán trasladar dependencias administrativas que están a ocupar oficinas alugadas. Os traballos poderían estenderse a outras tres plantas -os 2 sotos e o semisoto- que na actualidade se destinan a aparcamento e zona de arquivos, polo que poderían habilitarse unhas 134 dependencias. 

As obras inclúen intervencións na carpintaría, revestimentos, acabados e instalacións, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio. O orzamento estimado para intervir na totalidade do edificio -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros.

Nesta contía inclúense 100.000 euros para os premios do concurso de ideas e máis de 409.000 euros para a redacción do proxecto derivado do concurso e a dirección de obra. Nos orzamentos resérvase un crédito de 3 millóns de euros co obxectivo de botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible. Coa posta á disposición do edificio da rúa Lalín a entidades sociais da cidade para a súa ocupación temporal, a Xunta contribúe a mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo.

Pontón destaca que un BNG decisivo no goberno de Vigo permitirá á cidade recuperar o seu papel de motor económico de Galiza

0

Xabier Pérez Igrexas: “fronte a quen só pode ofrecer máis do mesmo, o BNG vai levar Vigo máis alá cun proxecto en positivo e coas persoas no centro”

A portavoz nacional destaca o traballo “valente e rigoroso” do candidato do Bloque, con propostas en positivo fronte á confrontación inútil dos que usan Vigo como un pim-pam-pum

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na presentación de Xabier Pérez Igrexas como candidato á Alcaldía de Vigo, do que salientou o seu traballo “valente e rigoroso” e sempre con propostas en positivo. “Así é como entende a política o BNG, mentres outros se perden nun enfrontamento inútil, nun pim-pam-pum con Vigo tan absurdo como estéril, que está facendo perder moitas oportunidades á primeira urbe de Galiza”, incidiu.

Pontón recalcou que, nun contexto de crise, non se pode seguir perdendo o tempo na confrontación, polo que defendeu que “Vigo merece moito máis que ser o campo de batalla dos egos políticos de ninguén” porque esta cidade “ten que ser o motor principal de Galiza, recuperar o papel de vangarda industrial e empresarial, volver ser o referente que sempre foi no sector naval, na automoción ou na pesca e tamén aquel referente cultural que colocou á cidade entre as máis creativas do Estado español e de Europa”.

Vigo precisa, subliñou, ter un proxecto de futuro que lle permita recuperar pulso no económico, no social e no cultural e “ese proxecto de futuro é o que representa o BNG, desde a seriedade e a solvencia, con propostas e alternativas en positivo, para dinamizar a industria viguesa, reforzar os servizos públicos na cidade ou impulsar vivenda a prezos razoables, sobre todo en aluguer, hoxe con prezos que moitas familias, e especialmente a xente moza, non poden pagar”. 

A líder nacionalista tamén salientou a aposta decidida do Bloque para que Vigo lidere, desde a cooperación, a área metropolitana e xogue un papel fundamental no avance da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Neste sentido, defendeu a conexión ferroviaria por alta velocidade con Porto “fronte a quen mira para outro lado ante o desleixo que o Goberno central mostra con esta infraestrutura ou fronte a quen a usa como arma arreboladiza”.

“O futuro de Galiza non se entende sen un Vigo puxante, que avance”, remarcou, para concluír destacando o seu convencemento de que “Xabier como candidato á Alcaldía e todo o BNG imos dar o mellor para conseguilo”.

Na súa intervención, Pérez Igrexas chamou a “resetear a cidade” despois de anos de “inercia paralizante dun goberno municipal absolutamente incapaz”. “Fronte a quen só pode ofrecer máis do mesmo, dende o BNG imos levar Vigo máis alá”, afirmou. Igrexas propón un “proxecto de cidade en positivo coas persoas no centro” para levar Vigo “máis alá do parque temático, das luces, do dinoseto, dos titulares, das promesas incumpridas e das actuacións virais en platós televisivos; da frivolidade, da xordeira autoritaria e da falla de xestión”.

O candidato sintetizou as liñas estratéxicas que van definir a proposta do BNG para as eleccións municipais, que pasan por avanzar cara a unha “cidade de iguais”, con políticas feministas e facendo do Concello un “parapeto social contra a crise”, con máis servizos públicos e facilitando o acceso social á vivenda nunha cidade na que, apuntou, “temos 18.500 casas sen xente e moita xente sen casa”. Outros dos eixos fundamentais serán o da sustentabilidade ecolóxica, un urbanismo ao servizo dos intereses sociais e unha mobilidade para devolverlle a cidade ás persoas fronte aos coches.

Pérez Igrexas apostou por que Vigo volva ser “o pulmón industrial de Galiza” e converter a cidade na “capital galega da innovación, da tecnoloxía e das comunicacións”, poñendo en marcha tamén políticas que faciliten a creación de emprego e dean oportunidades á mocidade para que deixe de ser “expulsada á emigración”.

“Imos facer do diálogo unha obriga e da participación directa da veciñanza na toma de decisións un dereito”, prometeu. Recuperar o pulso da cidade como potencia deportiva e poñer fin ás políticas de desertización cultural son outras das liñas que definen o proxecto de cidade “rigoroso, innovador e aberto” co que o BNG aspira a unha verdadeira transformación da urbe.

Igrexas asegurou que o BNG enfronta os comicios con optimismo e ambición, “aspirando a todo, sen límites nin teitos, coa confianza de termos as ideas, a capacidade, a experiencia e un proxecto que vai lograr incorporar a moitos millares de viguesas e vigueses para facermos realidade, entre todas e todos, o Vigo que soñamos”. “Só un BNG determinante no Concello pode levar Vigo máis alá”, proclamou, nun acto que abriu a responsable local, Carmela González, quen destacou a elección por unanimidade do candidato.   

La Audiencia de Pontevedra condena a cuatro acusados de transportar más de dos kilos de cocaína desde Galicia a Avilés

0

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha condenado a tres acusados de traficar con droga. A uno de ellos le ha impuesto a ocho años y medio de cárcel y el pago de una multa de 700.000 euros; y, a los otros dos, seis años y nueve meses de prisión y el abono de 600.000 euros. Además, ha condenado a una mujer, por el mismo delito -contra la salud pública en cantidad de notoria importancia- a cuatro años de cárcel y al pago de 200.000 euros.

El tribunal considera probado que los cuatro imputados, al menos durante los meses de marzo y julio de 2021, “desplegaron actividades tendentes al acopio y comercialización de sustancias estupefacientes, concretamente cocaína, para su posterior distribución entre los consumidores finales o distribuidores secundarios en el mercado ilícito, conscientes del daño que para la salud pública implicaba”. En la sentencia, relata que de los dispositivos de vigilancia y seguimiento establecidos sobre los investigados se comprobó que mantuvieron encuentros para organizar el traslado de cocaína a Avilés, finalidad para la que uno de los condenados disponía de un vehículo “adaptado específicamente para el transporte de estupefacientes, con dos compartimentos situados tras los altavoces traseros y provistos de un dispositivo de apertura eléctrica”.

Tres de los sospechosos fueron detenidos en una cafetería de Avilés cuando portaban 2.030 gramos de cocaína, con una pureza del 81,9 % y un valor en el mercado ilícito, si fuese vendida en gramos, de 222.784 euros. Además, en la vivienda de uno de los condenados se localizaron billetes por importe de 1.366.065 euros, los cuales la Sala considera que provenían de su dedicación al tráfico de estupefacientes.

La Audiencia subraya que “no consta que los acusados actuasen a causa de la dependencia de sustancias estupefacientes ni que esta afectase a su conducta en relación con los hechos enjuiciados”. Contra la resolución cabe presentar recurso.

A Unidade de Neonatoloxía conmemora o Día Internacional do Prematuro baixo o lema «Chegou o Día»

0

Profesionais sanitarios, a Asociación Agaprem, e pais e nais de bebés prematuros xunto cos seus fillos, participaron nunha xornada de portas abertas

No pasado ano naceron no Álvaro Cunqueiro 208 bebés prematuros, un 6,6% do total;  e 28 foron “grandes prematuros”, de menos de 32 semanas de xestación 

Profesionais de enfermaría da Unidade editaron un vídeo que pode visualizarse no seguinte enlace:  https://youtu.be/Z2LbTrTFe6E

Baixo o lema “Chegou o Día” o equipo de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo conmemorou hoxe o Día Internacional do Prematuro. Con este eslogan faise referencia ao día tan esperado polos pais e nais, o momento da alta a casa dos seus fillos prematuros tras o seu ingreso hospitalario.

Neste contexto, organizouse unha xornada de Portas abertas, cunha serie de actividades divulgativas e lúdicas dirixidas ao antigos nenos e nenas prematuros e aos seus pais, así como aos proxenitores dos recén nados que neste momento están ingresados na Unidade.

Unha das charlas divulgativas, titulada “Un largo camiño”, foi impartida polas enfermeiras de Neonatoloxía, Henar Riobó e Josefa Orozco xunto coa TCAE Angeles Expósito. Con este relatorio explicaron as dificultades coas que os pais dun bebé prematuro vanse a encontrar unha vez o bebé sexa dado de alta hospitalaria, así como os seus coidados e atencións requiridas .

O Dr. Marcelino Pumarada, pediatra responsable da consulta de seguimento destes nenos, ofreceu un relatorio orientado a detectar problemas a medio e longo prazo, sobre todo dos máis pequenos ou vulnerables. Tamén contouse coa intervención duns pais, que falaron da súa experiencia cos seus fillos prematuros.

Obradoiro de RCP e Patuco de honra

Por último, as residentes en pediatría Laura Barreiro e Raquel F. Patiño ofreceron un obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar de neonatos así como as actuacións ante un atragantamento.

Pola súa banda, os representantes da Asociación de Nais e Pais de Prematuros  AGAPREM, entregaron o “Patuco de honra” ao pediatra Marcelino Pumarada, para agradecerlle o seu apoio cando os pequenos son dados de alta.

Posteriormente, realizouse unha vista á Unidade de Neonatoloxía que foi decorada para a ocasión.

28 grandes prematuros

O pasado ano naceron no Álvaro Cunqueiro 3.149 bebés, dos que 208 foron prematuros (6,6%, do total) e  28 “grandes prematuros” (por debaixo das 32 semanas de xestación), un 0,9% do total. Esta porcentaxe mantense case constante nos últimos anos.  Para lograr a súa supervivencia e adecuado desenvolvemento cerebral no Álvaro Cunqueiro desenvolvénse algunhas estratexias terapéuticas como a lactancia materna ou a presencia e implicación dos proxenitores nos seus coidados durante a súa estadía hospitalaria.