As actividades formativas do programa da Deputación “Conectadas” continúan esta semana en catro concellos

0

Máis de 60 mulleres de Moaña, A Guarda, A Estrada e Vigo participan en cursos de pilates, apoderamento e liderado, personalización de álbums e relaxación e manexo do estrés

Esta semana desenvolveranse novas accións formativas no marco do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra nas que participarán 62 mulleres dos concellos de Moaña, A Guarda, A Estrada e Vigo. Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a participación e a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se desenvolverán en 53 concellos con máis de 4.000 usuarias.

O xoves 17 de agosto comezará un curso de pilates para 25 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais O Menhir de Moraña, que terá lugar os martes na sala multiúsos do concello en horario de 17:00 a 18:30 horas. O mesmo día comezará na Guarda un curso de apoderamento e liderado para 13 usuarias da Asociación Érguete, que se desenvolverá os mércores e xoves de 11:00 a 13:30 horas.

O día seguinte, o venres 18 de agosto, dará comezo un curso de iniciación á personalización de álbums para a Asociación de Mulleres Rurais de Ribeira, na Estrada, do que se beneficiarán 12 mulleres en horario de 20:30 a 22:00 horas todos os martes e venres na Casa da Escola da parroquia. E, por último, a partir deste sábado 19 de agosto 12 mulleres da Asociación Veciñal Novo Vigo participarán nun curso sobre relaxación e manexo do estrés que se impartirá todos os sábados de 10:30 a 12:30 horas na sede da entidade.

Neste 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova).

Os colectivos beneficiarios puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

O Castelo de Soutomaior acolle este xoves o espectáculo escénico para público familiar “Nino e Mambrú”

0

A peza da compañía Nauta, que inclúe acrobacias, mimo e improvisación co público, enmárcase no ciclo da Deputación “Tras as Ameas” e ten todas as prazas esgotadas

A compañía galaico-francesa Nauta protagoniza este xoves 17 de agosto no Castelo de Soutomaior unha nova proposta do ciclo da Deputación de Pontevedra “Tras as Ameas”. Os xardíns da fortaleza converteranse no escenario do espectáculo ‘Nino & Mambrú’, que comezará ás 19.00 horas para o público familiar, e que xa ten todas as prazas esgotadas.

Inspirado polos grandes dúos da historia da comedia (como O Gordo e o Fraco e o humor físico de Buster Keaton e Charlie Chaplin), ‘Nino & Mambrú’ presenta un número de teatro físico onde caben a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público. Nauta é unha nova compañía de creadores galaico-francesa que bebe do teatro físico, especialmente do mundo da máscara e as marionetas. O grupo explora un teatro que busca abrir novos espazos e converterse nun punto de encontro entre artistas de diferentes nacionalidades e disciplinas.

Esta actividade é unha das 13 programadas ao abeiro de “Tras as Ameas”, o programa co que este verán a Deputación de Pontevedra está a encher de cultura os castelos de Soutomaior e Sobroso. O ciclo arrancou o 27 de xuño e inclúe ata o 29 de agosto un total de 13 accións entre concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos de maxia e circo. As actividades están divididas en cinco bloques: ‘Noite no castelo’ (accións nocturnas), ‘Música con historia’ (concertos para público familiar), ‘Nin príncipes nin princesas’ (contacontos), ‘O teatro vén de visita’ (teatro de rúa), ‘Creando no xardín’ (obradoiros participativos de arte), ‘Vaia circo este castelo!’ (espectáculos de circo exterior) e ‘Entre muros de maxia!’ (espectáculos de maxia).

As próximas dúas actividades serán as últimas da actual edición do programa. Trátase da peza de maxia ‘Superheroe’, que ofrecerá Fran Frei o 22 de agosto, e do obradoiro ‘Lingoreteira’, de Xarope Lulú, o 29 de agosto. Ambas as dúas terán lugar no Castelo de Sobroso e teñen as prazas esgotadas.

Máis de cen persoas participan nun programa de inclusión social de COGAMI

0

Ademais de ter discapacidade recoñecida, todas as persoas que pasaron por ese programa están en situación de risco ou exclusión social

A área de Promoción da Autonomía Social que COGAMI ten nas instalacións de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo acolle un servizo de Inclusión e Transición ao Emprego dirixido a persoas con discapacidade ás que se lles pretende favorecer a súa inclusión sociolaboral. No que vai de ano, neste servizo participaron máis de 100 persoas ás que, a través de itinerarios axustados aos seus intereses, déuselles cobertura ás súas necesidades.

Entre as actuacións desenvolvidas, destacan a diagnose, o deseño, o seguimento e a avaliación de cada unha das persoas participantes. Ademais, prestouse acompañamento social e laboral a través do deseño de accións que fortalezan as súas capacidades persoais e de transición ao emprego, a través da realización de intervencións de competencias básicas, tanto individuais como grupais, orientadas a lograr o acceso ao mercado laboral.

Na selección das persoas que forman parte deste programa, ademais de ter unha discapacidade recoñecida, priorizouse naquelas que son perceptoras dunha renda de inclusión social, dun ingreso mínimo vital, en situación de risco ou exclusión social ou aquelas que foron derivadas por equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios ou outras entidades sociais. Este programa é posible coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF de todas as persoas que ao facer a declaración da renda marcaron o recadro de Actividades de Interese Social coñecido pola X Solidaria. 

Las universidades de Santiago y Vigo, entre las 700 mejores del mundo

0

A nivel mundial, el primer lugar lo ocupa por 21 año consecutivo la Universidad de Harvard (EEUU), seguida de las también americanas de Stanford y el Instituto de Tecnología de Massachusetts

Nueve universidades españolas se colocan entre las 500 mejores del mundo -con dos gallegas entre el puesto 500 y 700-, aunque ninguna logra colarse entre las cien primeras, un ránking en el que la Universidad de Barcelona y la de Granada obtienen los mejores resultados, según la clasificación de Shanghái 2023, la más prestigiosa de los campus a nivel global.

De acuerdo con esta lista, divulgada hoy martes, 38 universidades del país figuran entre las mil mejores del mundo, nueve entre las 500 más destacadas y ninguna dentro de las 100 primeras. En esta edición se caen de la clasificación la Miguel Hernández de Elche (Alicante) y la de Las Palmas de Gran Canaria, que sí estaban en 2022.

Comparando con países vecinos, Francia, Suiza y Alemania suman cada uno cuatro campus entre los cien mejores; Reino Unido tiene ocho, y Países Bajos y Suecia tres cada uno.

A nivel mundial, el primer lugar lo ocupa por 21 año consecutivo la Universidad de Harvard (EEUU), seguida de las también americanas de Stanford (2) y el Instituto de Tecnología de Massachusetts (3).

A continuación se posiciona Cambridge (4, Reino Unido), Berkeley (5) y Princeton (6), ambas de Estados Unidos, Oxford (7, Gran Bretaña), Columbia (8), Instituto de Tecnología de California (9) y Universidad de Chicago (10), todas ellas de Norteamérica.

El Academic Ranking of World Universities (ARWU), más conocido como la clasificación de Shanghái, se publica desde 2003 y lo actualiza cada año la Universidad Jiao Tong, situada en esa ciudad china. Los campus se ordenan uno a uno hasta el número cien y partir de ahí lo hacen por bloques.

El Aceites Abril recupera el cetro en la Rías Baixas tras una jornada final sin Cíes

0

Aceites (ORC 1-2), Adegas Terrae (ORC 3), Balea Dous (ORC 4-5), Portu III (Open 1) y Sampaio (Open 2) ganaron la Vigo-Vigo

La sexagésima edición de la Regata Rías Baixas, que patrocinan Galicia Calidade y Xacobeo y que organiza desde 1964 el Real Club Náutico de Vigo, concluyó sin vuelta a Cíes y con el triunfo final del Aceites Abril (ORC 1-2), justo veinticinco años después de su primer triunfo en el rías (1998).

Adegas Terrae (ORC 3), Balea Dous (ORC 4-5), Salseiro (Open 1) y Sampaio I (Open 2) fueron los otros vencedores tras cinco días de marcajes a lo largo de 92 millas náuticas (83,90 para los Open y ORC 4-5). La incertidumbre por el parte meteorológico fuera de Cíes -ausencia de viento- decidió al Comité de Regatas a modificar el recorrido. La organización optó por uno por la ría, de 14,40 millas, diez menos que el previsto, lo que reconstruyó la jornada para una prueba más técnica de la que el Aceites Abril salió vencedor. El barco de los Pérez Canal, pero también el Adegas Terrae de Vicente Cid (RCN Vigo), que ganó la etapa en su clase y fue el mejor, en tiempo compensado, de todos los ORC 1-2-3.

ORC 1-2. El Swan 45 Aceites Abril (Jorge y Luis Pérez Canal, RCN Vigo) le devolvió la moneda al Swan 42 Cs Magical (Julio Rodríguez, RCN Vigo) por la victoria de este en 2022. Aquel fue el primer enfrentamiento entre ambos barcos, sustitutos de anteriores modelos. El barco aceitero, que tenía por delante al Sailway de Ramón Ojea (Marítimo de Vigo), vigiló al Magical y acabó primero en tiempo real (02:05:58), con 96 segundos de diferencia sobre el velero de Rodríguez. Cid y su Adegas Terrae, también con grímpola del Náutico vigués, acababa con 2:34.06 horas y en compensado era el mejor de la flota ORC 1-2-3. El Aceites Abril era segundo y, tercero, el Magical, El tiempo real del Sailway (2:30:26 horas) solo le daba en el corregido para ser sexto, cediendo el liderato pero no el subcampeonato. En el podio final, el Abril sumaba 11 puntos (1-4-2-2-2), frente a los 14 del Sailway (3-1-1-3-6) y los 15 del Magical (2-3-6-1-3).

“Ha sido una regata bastante técnica con varios roles, pero navegamos bastante bien y salimos controlando al Magical”, explicaba Luis Pérez Canal. Él y Jorge, junto con su tripulación (José Luis Colmenero, Sebastián Martínez-Risco, Pablo Iglesias, Eduardo Reguera, Pablo Espinosa, Luis da Rocha, Carlos Sanmartín y Juan de Cominges), suman así dos grandes este verano, tras haberse impuesto en el Conde de Gondomar. Les falta para el triplete el Príncipe de Asturias, en septiembre. “Lo intentaremos, sería bonito”, concluyó.

Para los Pérez Canal es su octavo Rías. Ganaron en 1998 y 1999, pero también, ya con un First 44.7, en 2015, 2016, 2019, 2020 y 2021. Esta es su primera victoria en esta regata de cinco etapas con el Swan.

ORC 3. El Adegas Terrae (Vicente Cid, RCN Vigo) dominó otra regata (ganó cuatro de cinco). Lo persiguieron en el podio La Burla Negra (Juan José Martínez, CN Castrelo de Miño) y el Maracaná (Carlos García, CM Panxón). Éxito pues para el Deep Blue, que en la ría estrenaba patrocinio.

ORC 4-5. El Balea Dous (Luis María Pérez, RCN Rodeira) volvió a ganar (1-1-2-1-1) y se alzó con el triunfo en su división, con el Ronáutica Marinas (Jorge Carneiro, CN San Telmo) en segundo lugar a diez puntos.

Open 1. El Portu III (Antonio Tena, CN Altea) ganó la regata, con el Berlinguiño II segundo. El Salseiro (Manuel Blanco, RCN Coruña), tercero, supo controlar a sus rivales directos para hacerse con el triunfo. El subcampeonato fue para Tena, con el barco de los Campos (RCN Sanxenxo) pagando su retirada del día anterior.

Open 2. Emoción hasta el final. El Sampaio I (José Pérez, CN Rianxo) supo ganar también en la ría viguesa (1-9[NSC]-1-3-1, 15 puntos) para hacerse con la victoria tras cinco etapas de intercambio de líderes. El Villano (Luis Bodelón, RCN Coruña), segundo en la etapa, se tuvo que contentar con el subcampeonato con 18 puntos (3-9 [DNF]-3-1-2).

Entrega de premios. A la entrega de premios en el Salón Noble de la centenaria sociedad recreativa asistieron, además del presidente del Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, José Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; el teniente de navío Martín Sanjorge, segundo Comandante Naval de Vigo; Manel Fernández, concejal de Deportes del Concello de Vigo; Ana Méndez, directora gerente de Galicia Calidade; Ana Ortiz, delegada territorial de la Xunta en Vigo; y Manuel Villaverde, presidente de la Real Federación Gallega de Vela.

Portela agradeció una vez más el respaldo institucional que el club recibe en sus grandes eventos deportivos.        

Regata Guardiamarina. La entrega de premios puso el colofón a esta regata. Pero no será la última gran prueba de vela pesada del Náutico este año, porque el 23 y 24 de septiembre el club organiza conjuntamente con la Comisión Naval de Regatas de Marín la Regata Guardiamarina, que cumple su trigésimo aniversario. El año pasado fue Campeonato de Galicia, este será Copa Galicia de clubes. En 2022 ganó el Mirfak.

A Xunta colabora na elaboración dunha guía de viaxe cos puntos de maior interese e información turística sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

0

O manual recompila os lugares máis atractivos de cada arquipélago do parque, presentando a información de forma e entretida e comprensible para todos os públicos

A Xunta colabora na elaboración e promoción da guía de viaxe Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Un mar de ciencia, un mar de illas, unha publicación que ten como obxectivo presentar de xeito atractivo e accesible os lugares de interese natural de cada un dos catro arquipélagos que compoñen o parque: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

O manual permitirá ás persoas interesadas descubrir os lugares máis emblemáticos de cada zona, comprender a historia e etnografía do territorio e coñecer a flora e a fauna que habita neles. Así, os visitantes poderán explorar as praias, miradoiros, enclaves naturais e puntos de interese histórico e cultural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a través dun relato que vai máis alá de mostrar o seu valor paisaxístico.

Ademais, a publicación conta con mapas detallados de cada unha das rutas e información esencial para preparar a viaxe a cada unha das illas: como chegar, onde pasar a noite ou onde comer. Tamén inclúe indicacións sobre como percorrelas sen impactar nos ecosistemas protexidos.

Esta guía, que recibiu unha das axudas da Xunta para iniciativas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional financiadas con fondos Next Generation, conta coa colaboración do medio de divulgación científica Gciencia, que difundirá contido relacionado co parque no micrositio Illas Atlánticas habilitado no seu portal. Ademais, neste mesmo espazo poñeranse ao dispor dos lectores as diferentes entregas da guía. Este manual, na súa totalidade, será subido proximamente en formato PDF á páxina do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O BNG de Vigo denuncia a «irresponsabilidade temeraria» de Caballero pola falla de bombeiros

0

A fronte nacionalista vai solicitar a comparecencia da concelleira-delegada de Seguridade despois do novo feche do parque de Coruxo en pleno Marisquiño

O Bloque Nacionalista Galego reaccionou ao novo feche do parque de bombeiros de Coruxo durante a fin de semana denunciando a «irresponsabilidade temeraria» do Goberno municipal de Abel Caballero.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou que se volvese «poñer en risco a seguridade na cidade pola permanente falla de persoal no servizo bombeiros como resultado da nefasta xestión do goberno».

Igrexas fíxose eco da denuncia do propio persoal de bombeiros e das organizacións sindicais que alertaron de que o feche do parque de Coruxo provocaba demoras de 15 minutos no tempo de resposta no caso de se producir algunha situación de emerxencia na contorna de Samil, na que esta fin de semana se celebraba o festival do Marisquiño cunha afluencia masiva. «Deixar a cidade cun só parque de bombeiros compromete gravemente a capacidade de resposta», advertiu.

Desde a fronte nacionalista reclaman ao goberno local que «deixe de ollar para outro lado e despregue as medidas necesrias para garantir o persoal necesario para manter abertos e operativos os dous parques de bombeiros da cidade». Neste sentido, Igrexas anunciou que van solicitar a comparecencia na Comisión informativa de Seguridade, da concelleira-delegada da área, Patricia Rodríguez Calviño, para esixirlle «explicacións pero sobre todo que actúe para resolver esta situación».

«Non podemos seguir soportando cada vez mais días nos que en lugar do mínimo de 20 bombeiros temos dispoñíbeis apenas 5 efectivos, como sucedeu esta fin de semana. Xa son demasiados anos soportando como a irresponsabilde do desgoberno de Caballero pon en risco a seguridade das viguesas e dos vigueses», esixiu o portavoz municipal nacionalista urxindo solucións para dotar Vigo dun servizo de bombeiros «á altura dunha cidade de 300 mil habitantes e con 110 quilómetros cadrados de extensión»

Caballero cualifica a edición do Marisquiño como “a mellor que houbo na historia”

0

Máis de 150.000 persoas asistiron ao entorno de Samil para participar e presenciar as actividades deportivas e festivas de O Marisquiño

Abel Caballero cualificou a edición de O Marisquiño 2023 como “a mellor da historia”. A organización cifrou en máis de 150.000 os asistentes ao festival, que este ano trasladouse ao entorno de Samil na maior parte dos seus eventos.

O alcalde asistiu ás diferentes probas durante a fin de semana e manifestou “o éxito incontestable con moitos espectadores e calidade dos participantes”.

Caballero tamén deu conta da ocupación hoteleira na fin de semana que foi do 94%, hoxe luns, previo aos dous días festivos na cidade, a ocupación é do 90%. “Un mes turísticamente excepcional, o que significa milleiros de empregos na cidade”, concluíu.

Golpea a los agentes y al coche de la Policía Local de Vigo durante O Marisquiño

0

Personal de seguridad de las instalaciones del festival de cultura urbana O Marisquiño, en la playa de Samil, alertó a la Policía Local de la presencia de un varón en estado ebrio y con conducta agresiva

Un hombre en estado ebrio y con conducta agresiva fue detenido en Vigo después de haber golpeado a los agentes de la Policía Local y el vehículo policial.

Los hechos, informan fuentes policiales, se produjeron el pasado sábado por la tarde, cuando personal de seguridad de las instalaciones del festival de cultura urbana O Marisquiño, en la playa de Samil, alertó a la Policía Local de la presencia de un varón en estado ebrio y con conducta agresiva que no quería abandonar el recinto, al que accedió sin autorización.

Las unidades policiales mediaron con el varón para que abandonara el recinto deportivo, pero este, en vez de dialogar pacíficamente, emprendió una actitud agresiva con los agentes. Les amenazó y posteriormente golpeó, relata la Local de Vigo, y también hizo lo mismo con el vehículo policial, por lo que finalmente fue detenido y trasladado a dependencias policiales.

Investigado en Vigo tras provocar un accidente mientras conducía drogado, sin carné y sin ITV

0

Los hechos sucedieron sobre las 16.00 horas del pasado sábado cuando se produjo un choque en la calle García Barbón

Un hombre ha sido interceptado en Vigo tras provocar un accidente mientras conducía bajo los efectos del cannabis, sin carné y con un vehículo que no había pasado la ITV.

Según informa la Policía Local, los hechos sucedieron sobre las 16.00 horas del pasado sábado cuando se produjo un choque en la calle García Barbón. Una vez en el punto, se le realizó una prueba de tóxicos a uno de los implicados en el mismo, dando resultado positivo en cannabis y comprobándose que conducía sin carné porque nunca lo había obtenido y que el vehículo no tenía ITV.

Por ello, fue citado para comparecer en juicio rápido por los delitos cometidos contra la seguridad vial.