O BNG demanda o campo de béisbol prometido por Caballero para que o club Trasnos poida competir en Vigo

0

A fronte nacionalista afea que o equipo vigués leve 8 anos competindo como local na Coruña e Oviedo malia o compromiso do alcalde de construír as instalacións en 2016

Filipe Abalde: “Hai que garantir que o béisbol conte cun campo na cidade na temporada 25/26; o deporte vigués non pode permitirse o luxo de ver desaparecer os Trasnos”

O Bloque Nacionalista Galego demanda o campo de béisbol prometido por Abel Caballero para que o club Trasnos poida competir en Vigo. A fronte nacionalista reclama unha partida económica nos orzamentos municipais de 2025 para elaborar o proxecto e iniciar a construción das instalacións e rematar así co “inxusto maltrato” contra o equipo vigués, que leva 8 anos competindo como local nun campo da Coruña (e nalgunha ocasión até en Oviedo) malia o compromiso reiterado do alcalde.

“Abel Caballero prometeu en 2016 que Vigo ía volver contar cun campo de béisbol, e pouco antes das eleccións municipais de 2023 reiterou esa promesa asegurando que remodelaría o antigo e abandonado campo das Plantas en Bembrive, pero a realidade é que non existe tal proxecto”, denunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Filipe Abalde.

Abalde afeou que un Concello como Vigo que deixou 115 millóns de euros do orzamento municipal o pasado ano leve “castigando” durante oito anos ao club de béisbol da maior cidade galega. “É un síntoma máis da nefasta política deportiva do Goberno local e da incompetencia do concelleiro Manel Fernández”, criticou o edil nacionalista, que vai trasladar esta demanda na vindeira Comisión Informativa de Deportes.

Dende o Bloque aseguraron que o club Trasnos leva anos advertindo da “situación límite” que padecen por non dispoñer dunhas instalacións dignas na cidade, xerando un “elevado sobrecusto e sobrecarga” para xogadores e familias. “Esta situación pon en risco a propia continuidade do club e, se non toman medidas para evitalo, pode correr a mesma sorte que o desaparecido club Los Halcones en 2019 despois de xogar na máxima categoría”.

O concelleiro do BNG urxiu por iso a pasar das promesas aos feitos para facer realidade na temporada 2025/2026 unhas instalacións dignas onde se poidan celebrar competicións oficiais de béisbol na cidade. “O deporte vigués non pode permitirse o luxo de ver desaparecer o club Trasnos e, como maior cidade de Galiza, non podemos continuar carecendo dun campo de béisbol”, remachou Abalde.

A Deputación leva os primeiros percorridos de +Bosques de outubro ata o cabo Udra e o río Almofrei

0

A iniciativa, que remata este mes, promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas

A Deputación de Pontevedra leva os primeiros percorridos de +Bosques de outubro ata o cabo Udra (Bueu), o sábado 5 de outubro, e o río Almofrei (Pontevedra), o domingo 6. Serán en total 30 as persoas que participarán nestes percorridos, con duración de ata 3 horas, que permitirán afondar sobre a especiais características destes espazos que os converten en lugares protexidos ou con exemplares botánicos singulares.

Esta iniciativa da institución provincial, que promove o contacto directo coa natureza, permite ás persoas participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques” a través de preto de 40 percorridos organizados entre xuño e outubro polos ríos Almofrei (Pontevedra) e Xabriña (Covelo), O Carreirón (A Illa de Arousa), cabo Udra (Bueu), a illa de Tambo (Poio), o lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa) e o pazo de Lourizán (Pontevedra). Coas saídas desta fin de semana, a Deputación, a través de +Bosques, organiza oito percorridos en outubro, mes no que remata o programa, que teñen xa todas as prazas esgotadas. En total programáronse entre xuño e outubro 40 quendas en sete espazos tanto da costa como do interior da provincia que están a permitir coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. +Bosques promove  a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como a realización de exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox celebrarán o seu 10º aniversario cun concerto único en Galicia no Auditorio Mar de Vigo

0

Un fenómeno global que celebra 10 anos e máis de 1.000 shows: Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox percorreu 44 países en 5 continentes, acumulando millóns de seguidores. O seu éxito baséase no talento dos artistas e na recreación de sons clásicos cun toque contemporáneo

Unha experiencia inmersiva que conecta épocas: os concertos de Postmodern Jukebox convidan os asistentes a vestirse co seu mellor look vintage e mergullarse nun ambiente de décadas pasadas. Cada show é unha viaxe sonora que mestura o mellor do pasado co moderno

As entradas para o concerto de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox o vindeiro 25 de outubro no Auditorio Mar de Vigo pódense adquirir a través de www.teuticket.com

O Auditorio Mar de Vigo será o escenario de dous concertos únicos que marcarán a axenda musical en Galicia, reunindo a esencia dunha das bandas precursoras do power pop de Big Star e a creatividade retro de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox. O 24 de outubro, Big Star celebrarán o 50 aniversario do seu icónico disco “Radio City”, unha oportunidade única para revivir este fito cunha banda formada por Jody Setephens (Big Star), Mike Mills (R.E.M.), Jon Auer (The Posies), Pat Sansone (Wilco) e Chris Stamey (The dB’s). E ao día seguinte, Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox chegará cun concerto exclusivo o 25 de outubro, enmarcado na súa xira mundial polo décimo aniversario, para deleitar ao público da cidade olívica co seu característico estilo de transformar éxitos modernos en pezas clásicas.

Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox conseguiu ao longo da súa carreira redefinir a maneira en que escoitamos os éxitos contemporáneos. A banda caracterízase por tomar cancións de artistas como Beyoncé, Lady Gaga ou Radiohead e darlles un xiro inesperado, interpretándoas en estilos clásicos como o jazz dos anos 20, o swing ou o Motown. Este enfoque único namorou xa a audiencias de todo o mundo, creando unha base de fans que non só gozan da música en directo, senón que tamén participan activamente no espectáculo, vestíndose ao estilo vintage e formando parte dunha experiencia inmersiva.

Este concerto será especialmente significativo, xa que se enmarca na xira de celebración do seu 10º aniversario e o seu show número 1.000, un logro pouco común na industria musical. Desde os seus inicios nun pequeno apartamento en Queens, New York, Scott Bradlee e o seu colectivo de artistas creceron ata converterse nun fenómeno global. Cada actuación está coidadosamente deseñada para transportar ao público a outra época, fusionando a nostalxia dos xéneros clásicos coa frescura dos éxitos actuais, creando un ambiente único e emocionante.

O evento no Auditorio Mar de Vigo será a única oportunidade de ver este espectáculo en Galicia, o que converte esta data nunha cita ineludible. Cun elenco de músicos e artistas de primeiro nivel, o show promete ser unha celebración da música en todas as súas formas, onde o pasado e o presente atópanse nunha harmonía perfecta. 

As entradas para o concerto de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox o vindeiro 25 de outubro no Auditorio Mar de Vigo pódense adquirir a través de www.teuticket.com.

Dos individuos armados y encapuchados asaltan un estanco en Moaña

0

Uno de los atracadores llevaba una pistola, que aún no se ha determinado si era auténtica, con la que intimidaron al empleado para que les entregara el dinero, huyendo inmediatamente después

Dos individuos, cubiertos de negro y con el rostro oculto, asaltaron a mano armada un estanco en Moaña, Pontevedra, llevándose el dinero de la caja registradora.

Según fuentes de la Guardia Civil, el suceso tuvo lugar alrededor de las 21.15 horas del pasado martes, cuando los dos hombres entraron en el establecimiento situado en la zona de A Xunqueira.

Uno de los atracadores llevaba una pistola, aunque aún no se ha determinado si era auténtica o una réplica. Con esta arma, intimidaron al empleado para que les entregara el dinero, huyendo inmediatamente después.

La Guardia Civil ha iniciado la búsqueda de los responsables de este robo, en el que, afortunadamente, no se reportaron heridos.

Luis López salienta o labor dos Amigos dos Pazos como precursores da valorización dun Camiño Portugués que hoxe é fonte de riqueza patrimonial, turística e económica

0

O presidente provincial participa en Tui, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado Jorge Cubela, na celebración do corenta aniversario da primeira peregrinación a Santiago de Compostela promovida por este colectivo para a recuperación do Camiño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou na noite de onte a importancia do Camiño Portugués e as súas variantes na provincia como un elemento vertebrador do territorio, un motor económico, de emprego e de turismo, e unha marca global que dá a coñecer a provincia de Pontevedra en todo o mundo. Fíxoo no acto de celebración do corenta aniversario da primeira peregrinación a Santiago de Compostela impulsada pola asociación Amigos dos Pazos e que serviu para a valorización dunha ruta que cada ano medra en número de peregrinos. “Unha aventura que comezaron pouco máis de 20 persoas naquel ano 1984 e que no que vai de ano xa a teñen completado máis de 145.000 peregrinos”, sinalou o mandatario provincial para recoñecer o labor do colectivo que recuperou o Camiño Portugués.

Acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado Jorge Cubela, o presidente da Deputación entregou as Vieiras de Honra aos peregrinos que completaron o camiño hai corenta anos nunha cerimonia na que tamén entregaron galardóns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta da Asociación Amigos dos Pazos, Montserrat Maneiro. Coa ruta completada no ano 1984 polos integrantes deste colectivo e doutras entidades do país veciño, comezaba unha campaña de recuperación das peregrinacións polos camiños portugueses que incluíu iniciativas como varios encontros internacionais ou a promoción de itinerarios alternativos como o da costa. Accións que comezaron a popularizar un Camiño Portugués, que naquela época carecía de calquera tipo de sinalización, que hoxe en día é fonte de riqueza patrimonial, turística e económica.

“Se temos a oportunidade de desfrutar deste Camiño é grazas ao labor dun grupo de persoas, Os Amigos dos Pazos. Os precursores que acenderon un dos principais motores turísticos e económicos da nosa provincia, un grupo de entusiastas que traballaron arreo durante anos para que esta histórica ruta obtivera o recoñecemento que merece e un colectivo que hoxe segue sendo esa fonte de inspiración que nos anima a seguir tendendo pontes cos nosos irmáns da outra beira do Miño”, agradeceu o presidente da Deputación un labor de protección e divulgación do Camiño co que o organismo provincial está plenamente comprometido.

Coa súa presenza en Tui, “o quilómetro cero” desta ruta do Camiño, Luis López recoñeceu que a súa afección polo deporte moveuno a completar varios treitos das distintas rutas do Camiño Portugués, moitos deles en compañía do presidente Alfonso Rueda. “Son tantos os treitos do camiño que percorremos xuntos, a pé ou en bicicleta, polo interior ou pola costa, por pracer ou polo noso labor de servizo público; que xa me custa levar a conta de cantos quilómetros temos sumados”, declarou o dirixente provincial.

Neste sentido, López aproveitou a celebración deste acto na porta de entrada do Camiño Portugués en Galicia para garantir o apoio  e traballo da Deputación a un dos máis grandes activos culturais da provincia. “Recoñecemos unha asociación pioneira, Os Amigos dos Pazos, que hai corenta anos deron ese primeiro paso para impulsar o Camiño Portugués. E desde o quilómetro cero desta ruta seguimos construíndo, coa mesma ilusión e o mesmo entusiasmo, un itinerario que segue sendo sinónimo de unión, esperanza e prosperidade”, concluíu o presidente da Deputación.

O BNG reclama a cesión para alugueiro social das 318 vivendas baleiras en Vigo de entidades financeiras

0

A fronte nacionalista urxe o Goberno municipal a actuar dunha vez diante do aumento dun 30% nos prezos alugueiros no último lustro, cun custo medio por riba dos 634 euros

Xabier P. Igrexas: “É unha demostración máis da falla de vontade e da impotencia de Abel Caballero á hora de despregar políticas fronte ao gravísimo problema da vivenda”

O Bloque Nacionalista Galego reclama a cesión das 318 vivendas baleiras rexistradas en Vigo en mans de entidades financeiras, filiais inmobiliarias, fondos de investimento e da Sareb, titular do 55%. A fronte nacionalista chama ao Goberno municipal a actuar dunha vez para incorporar estas vivendas a un parque público en alugueiro social diante do aumento disparado dos prezos.

Sobre esta cuestión interpelou este martes o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, á concelleira de Urbanismo. “A telegráfica resposta ofrecida pola concelleira María José Caride limitouse a sinalar a existencia de contactos coa Sareb, pero que os prezos de adquisición desas vivendas e o estado dalgunhas delas fixeron imposíbel adquirilas para o Concello”, lamentou.

Igrexas considerou esta resposta “unha demostración máis da falla de vontade e da impotencia do Goberno municipal á hora de despregar unha verdadeira política municipal que enfronte o gravísimo problema da vivenda na nosa cidade”. Nese sentido, reprochou que o Concello non valore solicitar a cesión desas vivendas, unha medida legal que están a aplicar outros concellos do Estado como Barcelona, que o pasado decembro asinou un convenio coa Sareb para a cesión de 200 inmóbeis.

“É inaceptábel que sigamos tolerando que unha sociedade como a Sareb, resultado do millonario rescate da banca privada e que está participada maioritariamente polo Goberno español, actúe como un fondo voitre en lugar de poñer as vivendas a disposición de uso social”, cuestionou o voceiro municipal nacionalista, lembrando que esta medida foi un dos compromisos adquiridos en marzo deste ano coa aprobación dunha moción do BNG.

Aumento dun 30% nos alugueiros en 5 anos

Dende a fronte nacionalista insistiron na urxencia de actuar dende o Concello para ofrecer alternativas aos prezos “imposíbeis” dos alugueiros na cidade. Así, segundo datos oficiais da Xunta de Galiza, o prezo medio supera xa os 634 euros mensuais cun aumento de case un 30% no últimos lustro. Na actualidade, até un 25% das vivendas na cidade superan os 1.000 euros segundo cifras da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.

A iso súmase a falla de oferta de vivenda dispoñíbel, advertiu Igrexas, polo “auxe do fenómeno ultraespeculativo dos pisos turísticos”, case 2.000 na cidade. “A día de hoxe é practicamente imposíbel optar a unha habitación nun piso compartido por menos de 400 euros e micropisos de menos de 30 metros cadrados xa superan os 500 euros”, lamentou.

“É hora de actuar poñendo en marcha políticas que atendas as necesidades reais das viguesas e dos vigueses, garantindo o primeiro dereito da cidadanía que é o de poder habitaren a súa propia cidade”, reclamou o portavoz municipal do BNG.

El PP de Vigo denuncia que el gobierno local no solicitó las ayudas autonómicas para fomentar la contratación de víctimas de violencia de género

0

La concejala Patricia García califica de “grave” el “desinterés” del Concello de Vigo por esta línea de subvenciones, que habría contribuido a la inserción laboral de seis mujeres de la ciudad

El grupo municipal popular critica que el ejecutivo de Caballero no haya respondido a las preguntas formuladas al respecto en las comisiones informativas y reclama que la ciudad concurra a la próxima convocatoria

El grupo municipal del PP de Vigo ha denunciado este martes que el gobierno de Abel Caballero no ha concurrido a la convocatoria de subvenciones destinadas al fomento de la contratación de víctimas de violencia de género en el ámbito de colaboración con entidades locales. Unas ayudas lanzadas por la Xunta de Galicia en el marco del Pacto de Estado contra la violencia de género, que sí han solicitado otras ciudades gallegas y que en el caso de Vigo habrían contribuido a la inserción laboral de hasta seis mujeres.

La concejala Patricia García ha calificado de “grave” el “desinterés” del Concello olívico por esta línea de subvenciones que busca promover la independencia económica de víctimas de violencia de género, violencia vicaria o trata con fines de explotación sexual, especialmente entre aquellas que no pueden acceder a un puesto de trabajo a corto plazo. Mujeres que “necesitan avanzar en su proceso de recuperación ganando autonomía personal”, tal y como ha indicado la edila del PP.

“¿Cómo se puede incurrir en esta indiferencia, que además es reiterada en los últimos años?”, ha cuestionado Patricia García. El grupo municipal popular preguntó a la Concellería de Igualdade por esta “falta de colaboración institucional” en las últimas comisiones informativas, celebradas el pasado 23 de septiembre. Sin embargo, como es habitual, el gobierno local no ha ofrecido ninguna respuesta. “Queremos pensar que esta inacción no está relacionada con la animadversión de Caballero hacia todo lo que parte de la Xunta de Galicia, porque eso sería demasiado grave. Así que le instamos, e incluso le exigimos, que Vigo esté presente en la próxima convocatoria al igual que otras ciudades gallegas”, ha concluido Patricia García, representante del PP en el Consello Municipal da Muller.

Abel Caballero asiste a Conxemar demandando “un gran apoio” de Europa ás actividades pesqueira e acuícola

0

Abel Caballero dirixiuse este martes aos representantes das empresas dos 46 países que participan na 25 edición de Conxemar para expresar o seu compromiso coa continuidade da cita internacional en Vigo polo peso e significado do sector na economía e na sociedade

Ante o ministro de Pesca reclamou “un gran apoio” desde a Unión Europa para ás actividades pesqueira e acuícola

O alcalde apelou hoxe, ante o ministro de Ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de España, Luis Planas, a “que a pesca ocupe o lugar que lle corresponde en Europa, cun comisario ou comisaria sempre dedicados a atender ao sector”.

Caballero indicou aos empresarios que participaron no acto de inauguración da feira do sector dos produtos do mar conxelador, Conxemar, que “sodes o mundo que nos gusta, do negocio, da transacción, do benestar, da xeración de emprego e de valor engadido, e da paz”, porque demostrades a vosa capacidade de dialogar, negociar, e xerar economía.

O rexedor incidiu en que a feira “é unha especie de ONU que produce un inmenso benestar” por ser escenario do diálogo entre persoas de distintas orixes e represetar o “modelo en que queremos que estea o planeta, en paz”.

Caballero chamou a defender a actividade relacionada co mar, ao tempo que recoñoceu ao sector como “grandes defensores da sustentabilidade” do medio mariño.

O alcalde recalcou que a cita de Vigo, ademais de abordar os negocios relacionados coa empresa e a acuicultura, aborda a «alimentación saudable».

Rueda subraya la responsabilidad de Galicia para garantizar un futuro sostenible y competitivo en el sector mar-industria

0

El presidente de la Xunta intervino en la inauguración de la Feria Internacional de Productos del Mar Congelados 2024

Insiste en la necesidad de que se incluyan los productos del mar en la rebaja del IVA a los alimentos básicos de la compra

Reclama un PERTE realmente adaptado a la relevancia y necesidades de la cadena mar-industria, así como afrontar el debate para la implantación de la energía eólica offshore «favoreciendo los intereses de todos, que pueden ser compatibles»

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, destacó hoy la importancia del sector mar-industria en Galicia y comprometió el trabajo y responsabilidad de la Administración autonómica para garantizar su sostenibilidad y competitividad en el futuro. Así lo apuntó durante la inauguración de la 25 Feria Internacional de Productos del Mar Congelados, donde aseguró que «la industria a la que representa Conxemar contribuye a crear riqueza y empleo, la que Galicia sea más innovadora y más competitiva y, en definitiva, la una Galicia Calidade que nos identifica en el exterior».

En el acto, en el cual estuvo acompañado por el conselleiro del Mar, Alfonso Villares, destacó el hecho de que este evento no deje de crecer que atraiga cada año a más empresas, situando a «Vigo como capital de la industria pesquera del congelado a nivel mundial».

En este sentido, y haciendo referencia al lema escogido este año para la feria –Responsabilidad para el futuro-, el titular del Ejecutivo gallego insistió una vez más en la necesidad de que el Gobierno central incluya los productos de mar en la rebaja del IVA a los alimentos básicos de la cesta de la compra.

Asimismo, apeló también la necesidad de seguir ofreciendo ayudas a su competitividad, para lo cual defendió que se debería convocar un PERTE realmente adaptado a la relevancia y necesidades de la cadena mar-industria, así como afrontar el debate para la implantación de la energía eólica offshore, «favoreciendo los intereses de todos, que pueden ser compatibles: los de nuestra pesca por supuesto, marca de identidad de Galicia, pero también del desarrollo económico y de las oportunidades para nuestra tierra», aseguró.

En su intervención, también elogió la potencia del sector pesquero y transformador en Galicia, que fue quien de convertirse en todo un referente combinando su carácter tradicional con la apuesta por la modernización y la internacionalización.

Por último, agradeció el trabajo de todos los expositores, participantes y organizadores de la feria, en la que en cada edición participan más países y más personas, con la previsión de superar este año a los 26.000 visitantes de la edición anterior.

A Deputación organiza o próximo mércores 9 de outubro en Cangas unha conferencia de Teresa Portela sobre valores deportivos

0

Terá lugar ás 18:00 horas no Auditorio Xosé Manuel Pazos e forma parte de “Unha vida olímpica”, a alianza establecida entre a Deputación e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo

A Deputación de Pontevedra organiza o próximo mércores 9 de outubro, ás 18:00 horas, no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas unha conferencia de Teresa Portela sobre valores deportivos.  Esta iniciativa forma parte de “Unha vida olímpica”, a alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo.

Para o presidente provincial, Luis López, Teresa Portela “é un exemplo de constancia, conciliación e igualdade” que se ten convertido en lenda “non só polo seu extenso palmarés deportivo, senón polos valores que transmite cada día”. Deste xeito, a deportista afondará na súa conferencia en Cangas sobre a importancia e incidencia dos valores deportivos na sociedade. Tamén dará a coñecer a súa traxectoria deportiva, que a ten convertido na primeira muller española en participar en sete Xogos Olímpicos, e como os valores deportivos influíron no seu éxito. Ademais, analizará a importancia, relación e pegada da contorna da provincia de Pontevedra e das Rías Baixas na súa carreira. O apoio do organismo provincial á deportista de Aldán supón unha mostra máis do compromiso do goberno de Luis López co deporte, a través do apoio aos deportistas e como instrumento para dar a coñecer o destino turístico Rías Baixas. Neste eido, a conferencia de Teresa Portela en Cangas será a primeira das catro que ten previsto organizar a Deputación ata decembro e que se completan coa integración da imaxe da provincia de Pontevedra na equipación da deportista.