Investigan al dueño de un bar de O Grove por ‘menudeo’ de drogas

0

Durante la inspección los agentes se incautaron de una riñonera del propietario del local que tenía 7 gramos de cocaína y 12,5 gramos de hachís, además de dinero en efectivo

La Guardia Civil investiga al propietario de un bar de O Grove como presunto autor de un delito contra la salud pública por tráfico de drogas al ‘menudeo’.

Las investigaciones, señalan fuentes del instituto armado, se iniciaron al tenerse conocimiento de la existencia de un punto negro de venta de estupefacientes en un bar de la localidad. Tras establecerse un dispositivo de vigilancia, se llevó a cabo una inspección del local el pasado 30 de abril.

En el marco de esa inspección los agentes se incautaron de una riñonera del propietario del bar, en la que tenía 7 gramos de cocaína y 12,5 gramos de hachís, además de dinero en efectivo.

El sospechoso ha quedado investigado por tráfico de drogas y las diligencias, junto con la droga, fueron puestas a disposición del juzgado de guardia de Cambados, donde tendrá que comparecer el investigado cuando sea requerido.

La Guardia Civil detiene en Vilaboa a un conductor que circulaba con un coche robado y que dio positivo en cocaína y anfetaminas

0

Una patrulla de Tráfico observó a este conductor circulando por la N-554 en Vilaboa, haciendo uso del teléfono móvil

La Guardia Civil ha detenido en Vilaboa al conductor de un vehículo robado que dio positivo en drogas y sobre el que pesaba una orden judicial de arresto procedente de un juzgado de Puebla de Sanabria.

Tal y como señalan fuentes de la Comandancia de Pontevedra, los hechos ocurrieron el pasado jueves, cuando una patrulla de Tráfico observó a este conductor circulando por la N-554 en Vilaboa, haciendo uso del teléfono móvil. Al detenerlo e identificarlo, los agentes comprobaron que el conductor, un vecino de Pontevedra de 35 años, tenía pendiente una orden de búsqueda y detención del juzgado de instrucción número 1 de Puebla de Sanabria.

Asimismo, el coche que conducía figuraba denunciado en la Comisaría de Marín como robado; y los guardias también encontraron un teléfono móvil y una tarjeta de crédito sustraídos.

El conductor fue detenido y denunciado por circular hablando por teléfono y porque dio positivo en cocaína y anfetaminas en el test de drogas. El detenido y las diligencias practicadas fueron puestos a disposición del juzgado de guardia de Cangas.

Tapias se compromete a impulsar la modernización de las plazas de abastos a través de su transformación estética y digital

0

La candidata a la alcaldía y presidenta del PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, se comprometió este martes, coincidiendo con una visita al Mercado de Teis, a impulsar la modernización de las plazas de abastos a través de su transformación estética y digital. Recogiendo algunas de las ideas que le trasladaron los propios placeros, apostó por reforzar el papel de los mercados como centros de dinamización de los barrios y elementos clave para asentar población.

La ópera «El Barbero de Sevilla» llega a Vigo el 7 de mayo

0

L.G. ARTIST MANAGEMENT nos acerca una vez más a la ópera con “EL BARBERO DE SEVILLA” de Gioacchino Rossini con decorados del Teatro Argentina de Roma, donde se representó por primera vez el 20 de febrero de 1816.

Estos decorados se confeccionaron para conmemorar los 200 años del estreno de El Barbero de Sevilla en el Teatro de Roma el 20 de febrero de 2016 y el día 7 de mayo estarán en Vigo en el Auditorio Mar de Vigo.

El público se va a encontrar una ópera divertida, ágil e ingeniosa con muchos momentos de humor y con un gran elenco de primeros solistas todos ellos dirigidos bajo la batuta del maestro José Escandell. Intervendrán más de 70 artistas entre orquesta, coro y solistas y el espectáculo contará con traducción simultánea en castellano para que el espectador pueda seguir los diálogos y las arias que se interpretan. Una oportunidad única para disfrutar de una de las óperas más divertidas de todos los tiempos, una obra maestra del gran compositor Gioacchino Rossini.

El 7 de mayo termina en Vigo la Gira Nacional de la ópera El Barbero de Sevilla, un total de 21 representaciones en diferentes localidades españolas como Valladolid, Toledo, Alicante, Murcia, Burgos, Logroño, Guadalajara , Santander, Zamora y Orense entre otras.

Fígaro, barbero sevillano, barítono: Pedro Carrillo (Italia)
Rosina, alumna de don Bartolo, soprano : Susana García (A Coruña – Galicia)
Conde de Almaviva (Lindoro), Grande de España, amante de Rosina, tenor: Caio Durán (Brasil)
Don Bartolo, doctor en medicina, tutor y pretendiente de Rosina, bajo: Jorge Tello (Perú)
Don Basilio, profesor de música , bajo: Max Hochmuth (Alemania)
Berta, ama de llaves de Don Bartolo, soprano: Emilia Pérez (Carballino – Galicia)

La Trama relata las peripecias del conde de Almaviva y la joven Rosina, dos enamorados que quieren casarse, pero deben sortear al preceptor de la joven, Don Bártolo, que también la pretende a pesar de la diferencia de edad. Para evitarlo, la pareja consigue la ayuda del barbero Fígaro, quien, mediante enredos, engaña a Don Bártolo y consigue unir en matrimonio a los enamorados antes de que el preceptor obligue a Rosina a casarse con él.

AUDITORIO MAR DE VIGO

Domingo 07 de mayo a las 19:00 h.

O Concello aboará desde hoxe 20.756 becas de libros

0

O alcalde informou que o Concello ordenou esta mañá o pago de 4.254.980 euros para as 20.756 axudas de libros de texto validadas e aceptadas

As 1.955 persoas pendentes de subsanación teñen ata o día 8 de maio incluído

As familias de Vigo recibirán na súa conta bancaria entre hoxe e mañá as axudas para libros de texto, 205 euros por neno e nena en educación Primaria, Secundaria e Especial. O Concello deu orde do pago de 4.254.980 euros para 20.750 estudantes coa súa solicitude validada e aceptada.

O alcalde lembrou que está aberto o período de subsanación para 1.955 solicitudes rexistradas con algún erro. O prazo para a corrección está aberto ata o día 8 incluído. “Todas as solicitudes erróneas son subsanables”, declarou o rexedor. Este procedemento pódese facer de forma telemática, presencial ou pedindo información no 010.

O alcalde felicita ao Celta Zorka polo ascenso á Liga Endesa

0

As xogadoras, o cadro técnico e a directiva do Celta Zorka Recalvi foron recibidos este martes no Concello polo alcalde que lles trasladou os parabéns no nome da cidade polo ascenso á Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino español. “Foi extraordinario o proceso de ascenso, xogaron marabillosamente ben e o público animou dunha forma fóra de serie”, un aspecto este, o de disputar a fase na casa, que as xogadoras recoñecen que “axudou tanto no proceso”, apuntou Caballero.

Dúas medallas de bronce para equipo da UVigo no CEU de bádminton

Pola súa banda, os equipos de vela e natación obtiveron varios cuartos, sextos e oitavos postos

O equipo de bádminton da Universidade de Vigo logrou dúas medallas de bronce no Campionato de España Universitario disputado entre o 29 de abril e o 1 de maio nas instalacións deportivas de Fuente de la Mora en Valladolid. O equipo da UVigo, formado por Antonio Iglesias, Alejandro Rivadulla e Daniela Sanz, enfrontouse no CEU, organizado pola Universidad de Valladolid, a deportistas de gran nivel, fronte aos que Antonio Iglesias foi quen de acadar unha medalla de bronce, o mesmo metal que logrou a UVigo en dobres masculinos, coa parella formada por Alejandro Rivadulla e Antonio Iglesias.

Iglesias, que partía como cabeza de serie número 2, superou a fase de grupos con autoridade para despois, no cadro principal, enfrontarse a Simón Cognet da Universitat Internacional de Catalunya nos cuartos de final e perder a final con Alberto Perals (cabeza de serie número 2) da Universidad Miguel Hernández de Elche, acadando unha meritoria medalla de bronce. O segundo dos metais acadouno o equipo da UVigo na categoría dos dobres masculinos, coa parella formada por Antonio Iglesias e Alejandro Rivadulla, formada para esta competición, polo que contaba cunha clara desvantaxe co resto de equipos, moito máis conxuntados. Rivadulla e Iglesias superaron a fase de grupos ante as universidades de Alacante, Granada e Carlos III de Madrid, tamén os cuartos de final e perderon o pase á final .

Participación nos CEU de vela e natación

Pola súa banda, os equipos da UVigo que participaron nos CEU de vela e natación acadaron varios cuartos, sextos e oitavos postos. No CEU de vela, disputado en Calpe (Alacante), o equipo da UVigo rozou o bronce, logo de ir de menos a máis na competición, acadando un cuarto posto, por detrás dos equipos da universidades de Murcia, Valencia e Pompeu.

Mentres, nos CEU de natación, Antía García, campioa do mundo de salvamento, logrou dous cuartos postos nas probas de 50 e 100 libres, ademais dun oitavo posto nos 50 bolboreta. Pola súa banda, Eva Feijoo foi quen de chegar á final dos 50 libres, na que quedou oitava, ademais de conseguir un sexto posto nos 100 libres. Mentres, Marcos García foi sexto nos 100 bolboreta.

O BNG de Vigo comprométese a multiplicar por catro os recursos para políticas municipais de emprego

0

A fronte nacionalista propón destinar un mínimo de 20 millóns de euros no vindeiro mandato diante do aumento do desemprego, a principal preocupación das viguesas e vigueses

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo pasa por blindar actividades estratéxicas na industria e polo seu potencial como cidade universitaria, e non polo monocultivo de luces de nadal nin do Xacobeo”

O Bloque Nacionalista Galego comprométese a multiplicar por catro os recursos orzamentarios destinados a políticas municipais de emprego e de promoción económica. Así o anunciou este martes o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que propón destinar un mínimo de 20 millóns de euros no vindeiro mandato diante do aumento do desemprego, a principal preocupación das viguesas e vigueses.

“Estes últimos catro anos tiveron unha moi preocupante evolución dende o punto de vista laboral con 1.500 postos de traballo menos na nosa cidade”, denunciou Igrexas, que presentou un estudo elaborado pola fronte nacionalista en base aos últimos datos oficiais da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que constatan o “brutal agravamento” do contexto de crise social, laboral e produtiva en Vigo durante o actual mandato.

Unha destrución de emprego que, advertiu o edil do Bloque, está afectando con especial gravidade ás mulleres. “A ocupación masculina superou o nivel de ocupación anterior ao inicio da pandemia, mentres que a feminina rexistra até 3.400 mulleres menos traballando nestes momentos”, asegurou.

Por sectores, Igrexas alertou da continuada “desertización” produtiva na cidade, con 6.800 postos de traballo menos en actividades industrias comparado co primeiro trimestre de 2020. Neste sentido, cuestionou o avance da “terciarización da economía”, con cada vez maior peso do sector servizos que ofrece empregos “máis inestábeis, precarios e de menor calidade.

Outro dos indicadores “preocupantes”, a xuízo do BNG, é a perda de traballadoras e traballadores no sector privado, 4.300 menos que no inicio do mandato, e a destrución de preto do 13% do traballo que representa o empresariado, persoas autónomas e profesionais independentes. Así, o único emprego neto xerado nos últimos anos foi no sector público.

Refutan os retornos do nadal de Caballero

“Estes datos refutan os retornos económicos imaxinarios do nadal de Abel Caballero”, subliñou o concelleiro nacionalista, que considerou “imposíble” que unha actividade que xera máis de mil millóns de euros, segundo afirma o alcalde, non se traduza nun aumento dos postos de traballo na cidade. “O que estamos a constatar é o contrario, que hoxe hai menos emprego do que había cando Caballero iniciou o actual mandato”, remachou.

Para reverter esta situación, o candidato do BNG apostou por blindar o futuro de actividades estratéxicas na industria, como a construción e reparación naval, a automoción e a pesca, así como por desenvolver as “enormes potencialidades” de Vigo como cidade universitaria para “nos referenciar como a capital galega da innovación, da tecnoloxía e das comunicacións, na capital galega do futuro”.

Así, Igrexas asegurou que un BNG “determinante” no Concello de Vigo a partir das vindeiras eleccións municipais do 28 de maio será a garantía dunha nova política que teña entre as súas prioridades a promoción do emprego para atender a primeira preocupación das viguesas e dos vigueses.

O servizo de alergoloxía do CHUVI organiza unha xornada de portas abertas para a cidadanía

0

Con motivo do Día Mundial da Asma, o próximo venres os especialistas atenderán sen cita a calquera persoa que se achegue ás consultas do hospital Meixoeiro de 12.30 h. a 14.30 h.

Ademais haberá dúas charlas-obradoiros, unha sobre diagnóstico e tratamento da asma e outra sobre o manexo de inhaladores

Se calcula que a asma afecta en torno ao 5% da poboación adulta e o 10% dos nenos e adolescentes nos países de noso entorno

Con motivo do Día mundial da Asma que se celebra hoxe, o servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) organiza o próximo venres día 5 unha Xornada de Portas abertas para toda a cidadanía.

Así, calquera persoa que o desexe pode achegarse ás consultas do Meixoeiro, sen necesidade de cita previa, na planta 1ª porta 132, onde será atendido por un especialista en horario de 12.30 h. ás 14.30 horas.

Ademais, no servizo vanse realizar dúas charlas-obradoiros, unha sobre diagnóstico e tratamento da asma e outra sobre o manexo de inhaladores. Nesta xornada, os interesados poderán coñecer máis detalles desta patoloxía e resolver as dúbidas que tanto pacientes como cidadáns en xeral expoñan aos propios facultativos ou ao persoal de enfermaría.

O CHUVI súmase así un ano máis á celebración auspiciada pola Global Initiative for  Asthma (GINA) baixo o lema “Coidado da asma para Todos”.

“Trátase dunha iniciativa para concienciar á poboación das cargas que supón esta enfermidade para aqueles que a padecen, así como da posibilidade de tela baixo control levando unha vida saudable sen limitacións”, explica a alergóloga do CHUVI, Mónica Fernández.

Gran incidencia da enfermidade na Área de Vigo

A  asma é unha enfermidade crónica que foi incrementando a súa incidencia nas últimas décadas. Se calcula que a padece o 5% da poboación adulta e o 10% dos nenos e adolescentes nos países de noso entorno.

A doutora Fernández afirma que “a  área sanitaria de Vigo é  a que presenta unha maior incidencia de pacientes con asma, sobre todo en idade pediátrica,  por encima da media española e galega. A franxa de idade con maior prevaleza está entre 13 e 14 anos, na que o 18,5% dos mozos e mozas desa idade teñen asma, mentres que a media galega é 12,1% e a estatal do 9,9%”

Os especialistas consideran que ata 8 de cada 10 casos de asma son de orixe alérxica. Supón o segundo motivo de consulta entre os pacientes que acoden por primeira vez ao  alergólogo, ao redor dun 23% dos pacientes vistos por estes especialistas. Trátase dunha patoloxía que non se cura, pero xeralmente se pode controlar adecuadamente. Na maioría dos pacientes ten unha presentación de clínica leve ou moderada, pero nunha minoría presentan unha evolución máis complexa con afectación grave de control difícil.  Do total de asmáticos, entre o 5-8% padece asma grave. Desde o ano 2020 , o servizo de Alergoloxía conta cunha Unidade de Asma Grave acreditada pola Sociedad Española de Alergologia (SEAIC).

Podemos-Marea de Vigo considera esencial recuperar nesta campaña electoral o debate sobre os servizos públicos que pode afrontar unha futura área metropolitana

0

A coalición de Podemos-Marea de Vigo lembra que Abel Caballero sinalou no inicio da actual lexislatura a recuperación do debate e traballo para ter un área metropolitana configurada pero «nin PP nin PSOE deron pasos para un consenso sobre como configurar este instrumento»

Rubén Pérez: “Vigo é xeograficamente a área metropolitana máis poboada do Estado que non ten configurado legalmente o instrumento xurídico e que permitiría, entre outras cousas, o artellamento dun tren de proximidade, unha empresa pública de vivenda como opera xa en Barcelona ou mesmo un sistema propio de xestión de residuos».

Podemos-Marea de Vigo anunciaron hoxe que incorporarán ao seu programa unha proposta política e xurídica que permita desbloquear un modelo de xestión metropolitano de servizos públicos. A coalición considera que actualmente é un instrumento urxente xa que temos enriba a posibilidade de captación de fondos europeos e de mancomunar servizos públicos que agora están externalizados en empresas privadas e de xeito individual por cada concello.

Rubén Pérez, candidato da coalición de esquerda, considera que “a frustrada constitución da Área Metropolitana de Vigo deixou sen un mecanismo propio para organizar servizos públicos supramunicipais e sen un espazo de diálogo entre concellos limítrofes, nun contexto especialmente importante coa chegada de numerosas liñas de fondos europeos de todo tipo”.

Do mesmo xeito actualmente, a Mancomunidade vive nun “limbo” entre a vontade declarada polo presidente do ente, Abel Caballero, que «defende a disolución da entidade ate a súa desaparición no momento de constitución da futura área metropolitana», e a existencia de determinados servizos que sigue ofertando: asesoramento a empresas, plans de garantía xuvenil, plans de emprego de persoas perceptoras de RISGA, etc.… servizos que, a xuízo da coalición de Podemos e Marea de Vigo, “poden ser complementados con verdadeiras actuacións supramunipais, xestión de servizos públicos mancomunados e mesmo contar coa posibilidade de ser un organismo que capte fondos europeos que exceden de dimensións locais e quedan demasiado amplos para ámbitos provinciais ou autonómicos” matiza o voceiro.

Podemos e Marea de Vigo seguen considerando que mesmo constituíndose a área metropolitana, “é necesario abrir o debate do órgano mancomunado de municipios xa que este podería chegar a ser unha útil ferramenta á hora da planificación de servizos públicos compartidos entre os concellos pertencentes á mesma como así o é a Mancomunidade de Municipios de Barcelona dentro do ente metropolitano”. Para a coalición, son necesarios consensos entorno á xestión mancomunada de servizos públicos, cara a artellar o traballo de reconstrución dos consensos da Área Metropolitana de Vigo, polo que insta ao ás forzas políticas que concorran ao proceso electoral a que se definan claramente con respecto a un mecanismo de xestión que que regula a vida de máis de 30 millóns de europeos e europeas que viven en áreas metropolitanas constituídas e con xestión directa de múltiples servizos.