Caballero sitúa a Vigo como “capital do tenis mundial” co Vigo Tennis Open

0

O alcalde presentou hoxe o Vigo Tennis Open, torneo internacional para categoría sub-18, masculina e feminina, que o complexo deportivo municipal de Samil vai acoller do 8 ao 15 de outubro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o Vigo Tennis Open, torneo internacional para categoría sub-18, masculina e feminina, que o complexo deportivo municipal de Samil vai acoller do 8 ao 15 de outubro, como así foi tamén en 2021 e 2022, sempre co patrocinio do Concello. O xefe do goberno municipal situou este evento na categoría de “núcleo xerador de actividade deportiva, de ocio e económica” pola súa calidade e pola alianza público-privada no mesmo.

A organización, liderada por Manuel Álvarez, “Noli”, coordinador do mesmo, e Fernando del Barrio, mánager xeral, incidiu na relevancia dunha competición que é o paso previo ao profesionalismo e que pertence ao “circuíto mundial de tenis júnior máis importante”, co valor engadido das “sinerxias co seguinte campionato”, en Sanxenxo a seguinte semana, o que supón unha oferta “moi atractiva” para as e os principais xogadores destas idades, dixo “Noli”.

O torneo contará cun cadro de 32 xogadores e outro do mesmo número de xogadoras. Nos cadros principais xa hai tenistas confirmados de dezasete países, que probablemente superen as trinta nacionalidades cando estean fixados os cadros da “qualy”, as roldas previas dos días 8 e 9.

Para o alcalde, Abel Caballero, non hai dúbida: “Vigo é a capital do mellor tenis mundial. Isto é excepcional e non é ningunha esaxeración ese lema”. O rexedor agradeceu o traballo da organización para conseguilo e tamén a presenza do patrocinio privado (El Corte Inglés, Centro Comercial Vialia e Grupo CdeC, parte activa da presentación) porque “estamos na cidade da economía e da empresa”. Caballero sabe que estes eventos son tamén importantes “porque xeran tamén deporte de base”, a oportunidade para outros de “ser os grandes Alcaraz do futuro ou simplemente para facer deporte”.

O Vigo Tennis Open comezou en Vigo en 2021 pero xa ten bagaxe: por Samil pasou Mirra Andreeva, “récord de vitorias en torneos profesionais este ano ou tres números 1 do mundo como o mexicano Rodrigo Pacheco, o belga (a mellor instalación municipal de tenis do noso país), o mexicano0 Rodrigo Pacheco, o belga Gilles Arnaud Bailly e o español Martín Landaluce, campión do Open USA júnior, indicouse dende a organización, que avanzou que o extenista Albert Costa será o padriño este ano.

O alcalde asiste á posta en marcha da nova escaleira mecánica da rúa Talude

0

Abel Caballero, Carmela Silva, Javier Pardo e María Xosé Caride asistiron este xoves á posta en funcionamento da escaleira mecánica da rúa Talude enmarcado no programa Vigo Vertical. A nova actuación, no barrio do Calvario, supón un investimento de 856.178 euros

O alcalde remarcou que a intervención do Concello na rúa Talude propiciou a transformación total da zona ao pasar de ser unha vía estreita, escura e empinada, «cunhas escaleiras imposibles de subir porque eran empinadísimas», a unha «forma mecánica de subir con comodidade» e a contar con todo o ámbito «completamente humanizado». Abel Caballero destacou que a nova infraestrutura non xera emisións de gases de efecto invernadoiro: «Gases cero», incidiu.

O rexedor sinalou que o Concello incluíu na obra a reforma dun muro que dá seguridade ao tránsito de miles de persoas e alumnado do Colexio Mariano que cada día utilizan as escaleiras. «Este roteiro poderán facelo desde hoxe nunha escaleira mecánica ben acondicionada e cunha rúa marabillosa porque está con debuxos e pinturas, ademais de cadeiras para sentarse». Tamén sinalou que se mellorou a seguridade dos peóns con novos itinerarios contiguos, e que os usuarios contan con novo mobiliario urbano e zonas axardinadas.

O alcalde anunciou que de forma «inmediata» o Concello abordará a humanización da rúa San Roque e de Couto de San Honorato. «Por tanto, o conxunto da zona quedará humanizada e seguiremos modernizando a cidade».

A nova escaleira mecánica incorpora unha pérgola metálica acristalada con iluminación funcional e decorativa. A súa posta en funcionamento soluciona os problemas de mobilidade nunha zona conta cun desnivel de 8 metros e unha pendente do 30 por cento. Ademais, simplifica a conexión entre as rúas Urzáiz e o barrio de San Roque.

Caballero detallou que a actuación, que contou cun investimento de 856.178 euros, dos que 283.00 foron destinados a reconstruír o muro do colexio, serviron non só para construír a escaleira mecánica, senón para renovar a fixa con pedra do país. O rexedor apuntou que as obras conlevaron a instalación dunha nova rede de rega, así como de saneamento e pluviais, de iluminación led e a renovación e mallado da rede de abastecemento de auga.

O alcalde detallou que na parte alta, se humanizou a rúa Talude cunha plataforma única de formigón coloreado, permitindo crear unha rúa de oito metros de ancho pola cesión de 72 metros cadrados por parte do Colexio Mariano.

O BNG de Vigo pide ao alcalde aclarar cando se vai celebrar o acto aprazado polo Día Nacional de Galicia

0

A fronte nacionalista afea que desde xullo cando decretou o aprazamento sen data nada se sabe dun acto institucional que o Concello celebra desde hai moitos anos

Advirten de que a non celebración do acto suporía un exemplo do “españolismo máis casposo” que quere negar a posibilidade de celebrar en Vigo a nosa identidade como galegas e galegos

Xabier P. Igrexas: “O que non entende Abel Caballero é que os actos institucionais son do Concello, e non apenas do Goberno municipal. Son actos de toda a cidade”

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que indique cando se vai celebrar o acto institucional do Concello de Vigo en conmemoración do Día Nacional de Galicia. O mesmo foi aprazado o pasado 12 de xullo sen data por decisión unilateral da Alcaldía, alegando a proximidade das eleccións xerais do día 23X. “Xa pasaron máis de dous meses e con setembro case finalizado inda non coñecemos cando se vai celebrar este acto institucional”, criticou o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Igrexas lembrou que a decisión do aprazamento, da que se tivo constancia a través dun comunicado de prensa, non foi “nin informada, nin moito menos consultada” coa Xunta de Portavoces, “nun episodio máis da degradación e utilización sectaria”. que se fai por parte da Alcaldía dos actos institucionais. “O que non entende Abel Caballero é que os actos institucionais son do Concello, e non apenas do Goberno municipal, son actos de toda a cidade”, acrecentou.

Neste sentido, desde o BNG advirten que a non celebración do acto suporía confirmar que a decisión de Caballero non tiña nada a ver coa proximidade dunhas eleccións senón co “españolismo máis casposo” que quere negar a posibilidade de celebrar en Vigo a nosa identidade como galegas e galegos.

“Desde logo no BNG non queremos pensar que por vez primeira en moitos anos, descontando a paréntese forzosa da pandemia, o Concello de Vigo non vaia realizar ningún acto institucional polo día no que celebramos na maior cidade de Galicia o orgullo da nosa identidade como pobo e nación, o orgullo de sermos galegas e galegos”, afirmou Igrexas.

El Aeropuerto de Vigo realiza un simulacro general de accidente aéreo

0

El Aeropuerto de Vigo realiza un simulacro general de accidente aéreo

El Aeropuerto de Vigo, siguiendo el programa de revisión de su Plan de Emergencias Aeronáuticas, ha realizado hoy un simulacro con el objeto de evaluar los procedimientos de actuación y coordinación establecidos en dicho plan, analizar su eficacia y comprobar el grado de conocimiento e integración de los diferentes colectivos implicados en la atención de una emergencia aeroportuaria.

Todos los aeropuertos que componen la red de Aena disponen de un Plan de Emergencias Aeronáuticas que forma parte del Plan de Autoprotección del Aeropuerto, destinado a minimizar las consecuencias que podrían derivarse de un accidente aéreo, tanto en la zona de movimientos del aeropuerto como en el ámbito de sobrevuelo de las aeronaves durante las operaciones de aterrizaje y despegue que éstas realizan diariamente. Su cometido fundamental es garantizar, por un lado, la protección de las vidas humanas y los bienes que pudieran verse afectados por un incidente de ese tipo y, por otro, la continuidad o restablecimiento de la operatividad aeroportuaria.

En el simulacro celebrado hoy se han analizado los tiempos de reacción y respuesta de todos los colectivos (internos y externos) implicados. Con este ejercicio, el aeródromo vigués cumple con la normativa de la OACI (Organización de Aviación Civil Internacional) en materia de planificación de emergencias en los aeropuertos, pero también atiende a la legislación que aplican las administraciones nacionales, autonómicas y locales, que obliga al gestor de una instalación aeroportuaria a contar con un Plan de Autoprotección. Esta práctica obedece además al compromiso de Aena de ofrecer un servicio de calidad y seguro.

Desarrollo del ejercicio

El simulacro desarrollado en el Aeropuerto de Vigo ha tenido como guion el accidente sufrido por una aeronave en la que viajan 36 pasajeros y 4 tripulantes, que se sale de pista al aterrizar y acaba fuera del recinto aeroportuario, en zona E1. La aeronave queda dañada y se incendia.

El balance es de 28 heridos (de los cuales 12 son ilesos) y 12 fallecidos.
 
Tras conocer el suceso, el Centro de Control de Operaciones acciona la alarma del Servicio de Extinción de Incendios (SEI) del Aeropuerto y facilita a los bomberos la ubicación y todos los datos que posee del avión siniestrado. A su vez, da aviso para que se activen los procedimientos de emergencia, llama al 112 y ejecuta el resto de las acciones previstas en el Plan de Autoprotección.

A su llegada al lugar, los bomberos del aeropuerto aseguran la zona y se disponen a apagar el incendio declarado, tras lo que se constituye el Puesto de Mando Avanzado.

Durante estos primeros minutos van accediendo al lugar del accidente los medios de ayuda exterior alertados por el 112. Bomberos y servicios sanitarios atienden a las víctimas que se encuentran en las proximidades de la aeronave siniestrada y rescatan a los heridos. Se traspasa el mando de la emergencia al 112 y se activa el nivel 2 del PLATERGA.

Constituida el área de socorro y clasificados los heridos para determinar el orden de prioridad en su tratamiento y traslado, los efectivos sanitarios proceden a la estabilización y evacuación de estos.

Stellantis velve a parar su producción en Vigo en el turno de noche de hoy

0

Debido a la falta de suministros, la producción se detenderá en los dos sistemas de ensamblaje

La factoría del Grupo Stellantis en Vigo detendrá toda su producción en el turno de noche de este jueves.

Según informa la compañía, la causa es, una vez más, la falta de aprovisionamiento, un problema recurrente desde la vuelta de las vacaciones de verano.

En este sentido, la factoría viguesa ya se vio obligada a parar esta misma semana, ya que el pasado martes se detuvo la producción en los tres turnos del sistema 2, que ensambla las furgonetas y para el que la compañía recuperó el turno de fin de semana el pasado día 16.

En esta ocasión la producción se detendrá en los dos sistemas de ensamblaje.

O Festival de Cans inicia este sábado en Caminha o seu percorrido de proxecións internacionais

0

O obxectivo é visibilizar en varios países as obras premiadas na última edición do certame

O Festival de Cans comezará este sábado 30 de setembro na localidade portuguesa de Caminha o seu programa internacional “Cans Itinerante”, que busca visibilizar en varios países as obras premiadas na última edición do certame. Ata o momento, xa hai confirmadas cinco datas en catro países diferentes, a maioría en grandes capitais europeas, como Lisboa, Madrid, París e Bruxelas.

Como ven sendo habitual nos últimos anos, este sábado as proxecións arrancarán no fermoso Teatro Valadares de Caminha, coa colaboración do Cineclube Locus Cinemae desta localidade portuguesa. O horario previsto para as proxecións será ás 21,45 horas portuguesas. A sesión iniciarase co documental “Cans 22” de Javier Sobrado, que amosa a idiosincrasia do Festival de Cans a través dun achegamento a veciñas e veciños, cineastas e espazos da aldea e continuará coa curta de animación “Sandwich Cat”, de David Fidalgo, que levou o Premio do Público na última edición de Cans. Fidalgo é un dos grandes valores da animación galega, que xa fora finalista dos Premios Goya coa súa curta “Homomaquia”, estreada en Cans.

A curta que completará a sesión será “Mariví na pel da memoria”, das irmás Laura e Coral Piñeiro, unha mirada singular e persoal sobre a exiliada Mariví Villaverde, que levou o Premio Furacáns de non- ficción na última edición de Cans. Estas dúas irmás cineastas estarán presentes no Teatro Valadares de Caminha para manter un encontro co público asistente, no que estarán acompañadas por Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

O programa “Cans Itinerante”, quere ser unha ferramenta para visibilizar en grandes cidades europeas a idiosincrasia da conexión co territorio do Festival de Cans e, ao mesmo tempo, achegar ao público doutros países a obra das novas e novos cineastas que emerxen en Galicia. O pasado ano, arredor de 500 persoas de diferentes países, asistiron presencialmente a estas proxecións, que se exhiben en lingua orixinal, con subtítulos noutras línguas como inglés ou francés.

Trala proxeción deste sábado en Caminha, a seguinte parada será o Centro Galego de Lisboa, o vindeiro 13 de outubro. En Novembro, a programación das curtas gañadoras de Cans chegará a Université Sorbonne de París o dia 13 e, unha semana despois, o día 20 de novembro, proxectaranse en Madrid, na University of Saint Louis, no marco da colaboración entre o Campus en Madrid desta universidade americana e o Festival de Cans. No mes de decembro está previsto a exhibición das curtas de Cans no Cinema Vêndome de Bruxelas, nunha data que se concretará nos vindeiros días.

O Festival tamén está traballando para ampliar nas vindeiras semanas o número de proxecións noutras cidades, intentando crear deste xeito unha rede europea de espazos onde as curtametraxes e as novas e novos cineastas galegos poidan ter maior visibilidade.

Alcampo de Coia repite entre los supermercados más baratos de España

0

El informe de la OCU revela que los precios han subido de media un 14,1 % en el ultimo año, una subida que unida a la de 2022 hace que la cesta de la compra se haya encarecido un 30,8 % en los dos últimos años

Los precios han subido de media un 14,1 % en el ultimo año, una subida que unida a la de 2022 hace que la cesta de la compra se haya encarecido un 30,8 % en los dos últimos años. Así se desprende del último estudio de la OCU, que, en este escenario, pone el acento en la importancia de conocer cuáles son las grandes cadenas más baratas.

El informe de la Organización de Consumidores y Usuarios se ha realizado después de visitar 1.108 establecimientos en 65 ciudades, además de los supermercados online. De ellos han recogido 155.489 precios de una cesta de la compra compuesta por 236 productos de dieciséis categorías, entre ellas las de alimentación y productos de higiene y droguería.

Los más económicos de los visitados son los hipermercados Alcampo de Murcia y de Coia en Vigo, y los más caros, los super de Sánchez Romero de Arturo Soria y Castelló en Madrid.

Por cadenas locales, las más baratas son Supermercados Dani y Más Ahorro, Deza y Súper Carmela. A nivel regional Tifer, Cash Fresh y Familia y a nivel nacional, los mencionados: Family Cash, Alcampo, Supeco, Consum y Mercadona.

Los hiper nacionales son el formato comercial donde más barato resulta comprar y Alcampo es la opción más barata en 23 ciudades del estudio, aunque de cerca se sitúa Mercadona, en 21, y ya a mayor distancia Family Cash y Tifer, en seis cada una.

Las cadenas más caras en los distintos ámbitos -local, regional y nacional- son, según OCU, Sánchez Romero y El Economato; Condis y Caprabo, y Coaliment y Amazon, respectivamente.

Las ciudades más económicas son Teruel y Córdoba, además de Castellón, Ciudad Real, Burgos, Vigo, Lugo, Zamora, Cádiz, Puertollano, Jerez de la Frontera, Cuenca y Palencia. Por contra, Palma de Mallorca, Getxo, Madrid y, sobre todo, Las Palmas de Gran Canaria son las más caras.

En cuanto a las comunidades autónomas, La Rioja, Galicia y Murcia son las más baratas frente a Baleares y Canarias, las más caras. Subidas generalizadas El 14,1 % es la segunda mayor subida de precios en los 35 años del estudio de OCU (la primera fue la del año pasado que alcanzó el 15,4 %) y ese incremento ha afectado al 90 % de los productos analizados.

Los productos que más han subido son el azúcar (65,7 %), la leche condensada (61,4 %), las zanahorias (56,1 %) y las patatas fritas congeladas (49,7 %) y las cebollas ( 40 %), mientras que entre los pocos que bajan destacan el aceite de girasol (-39,8 %), los plátanos de Canarias (-34,8 %), las maquinillas desechables (-22%) y el queso fresco (-21,2 %). Se puede ahorrar Pero a pesar de estas subidas, la OCU ha constatado que de comprar en una u otra comunidad u otro establecimiento se puede ahorrar una media de 1.056 euros, un 6,2 % más que el año pasado.

Esos más de mil euros suponen un ahorro a tener en cuenta ya que representan casi la quinta parte del presupuesto de ali

Acepta casi dos años de cárcel por haber presionado a una menor de Vigo para que le enviase contenido íntimo

0

Los hechos se remontan a 2021, cuando la víctima tenía 12 años y el acusado contactó con ella a través de Instagram, presionándola con el paso del tiempo para que le enviase fotos y vídeos íntimos

Un joven de León ha sido condenado hoy a penas que suman 22 meses de prisión, y casi 8 años de inhabilitación para ejercer cargos o profesiones que tengan relación con menores, como autor de un delito de ‘sexting’ y otro de abuso sexual a una menor de 16 años de Vigo.

Las partes han llegado a un acuerdo de conformidad. El acusado ha aceptado la pena de 10 meses de prisión por el delito de ‘sexting’, y otro año de cárcel por un delito de abuso sexual. Asimismo, se le ha impuesto la mencionada inhabilitación, así como la prohibición de comunicarse con la víctima o acercarse a menos de 300 metros de ella por el mismo tiempo.

Cabe destacar que se ha aplicado la atenuante de reparación del daño, ya que el acusado consignó la indemnización que se le reclamaba por daños morales, de 5.000 euros. La sala ha acordado suspender la ejecución de la pena por un período de dos años a condición de que el procesado no delinca en ese tiempo y cumpla las medidas recogidas en la sentencia condenatoria.

Los hechos se remontan a 2021, cuando la víctima tenía 12 años y el acusado contactó con ella a través de la red social Instagram. Al principio los contactos eran inocuos, pero con el paso de las semanas el chico, mayor de edad, comenzó a presionarla para que le enviase fotos y vídeos íntimos, algo que consiguió, a pesar de que la niña en todo momento dejó claro que era menor de edad.

La víctima acabó desvelando lo que le estaba pasando y sus padres interpusieron la denuncia antes de que se consumase una cita entre la menor y el acusado, que estaba dispuesto a viajar desde León a Vigo a encontrarse con ella.

Rescatan en Nigrán a una octogenaria que estaba recogiendo castañas en una zona de maleza

0

La mujer fue socorrida en buen estado de salud, aunque fue evacuada por los profesionales sanitarios a un centro hospitalario por precaución

Los servicios de emergencia han rescatado en la madrugada de hoy a una octogenaria que estaba recogiendo castañas en una zona de maleza del ayuntamientode Nigrán.

Según informa el 112 Galicia, fue sobre las 06.00 horas cuando miembros del Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) de la localidad alertaron de que una mujer, que había salido a por castañas, podría estar en apuros.

Desde un primer momento, la persona estaba localizada, pero la maleza de la zona dificultaba el acceso a su ubicación. Hasta allí se desplazaron agentes de la Policía Local, además de los operativos del GES, personal de urgencias sanitarias y la Guardia Civil. También se di aviso a los bomberos de Baixo Miño y de Vigo, así como a Protección Civil.

Finalmente, la mujer fue socorrida en buen estado de salud, aunque fue evacuada por los profesionales sanitarios a un centro hospitalario por precaución.

Seis metros de eslora e dous de manga, así é o primeiro barco solar da UVigo

0

O trimarán, presentado na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, aspira a competir na Energy Boat Challenge de Mónaco

Un trimarán de seis metros de eslora e dous de manga no que a maior parte do equipamento procede de fabricación propia. Así é o Boeiro I, o primeiro barco solar da Universidade de Vigo, un proxecto ilusionante nacido hai arredor de tres anos da man da asociación estudantil CES UVigo, acrónimo de Clean Energy Ship, integrada na actualidade por unha vintena de alumnos e alumnas das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo: Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía.

Tras moitos meses de intenso traballo, “nos que houbo sabores e sen sabores”, puideron presentar en sociedade a súa embarcación. Fixérono na escola na que naceu o proxecto, Enxeñaría de Telecomunicación, da man de Lorena Gil e Marcos Pardeiro, as principais cabezas visibles deste proxecto, e arroupados por quen lles axudou a facer realidade esta iniciativa: a propia Universidade de Vigo, representada pola directora da escola, Rebeca Díaz, e o adxunto do reitor para a Sostibilidade, Jacobo Porteiro; as empresas patrocinadoras, con Bruno Lema, de Marine Instruments, e Patricia Malaver, de Sicnova, á fronte; o Consorcio Zona Franca de Vigo, da man de Ana Mejías, e a Xunta de Galicia, coa directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, como principal cabeza visible do apoio do goberno galego a este proxecto.

Un proxecto cheo de “empeño, empuxe e paixón”

Todos amosaron o seu orgullo polo “empeño, empuxe e paixón” que este alumnado das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo puxo nun reto que non era doado: a construción dun trimarán propulsado unicamente con enerxía solar. Polo camiño non lle faltaron atrancos, “non todo sae á primeira”, pero “con moito traballo e implicación sempre saístes adiante”, “demostrando a vosa paixón pola profesión fixestes enxeñaría en maísculas”.

Bautizado como Boeiro I, en honra do illote menor do arquipélago das Cíes, o trimarán está construído principalmente a base de fibra de carbono, escumas de alta densidade e algunha madeira. Na cuberta leva instalados seis metros cadrados de paneis solares, 386 células repartidas nunha ducia de paneis construídos integramente polo equipo. “Estes paneis teñen a vantaxe con respecto aos convencionais de que teñen un baixo peso”, explicaron os responsables do equipo, ao que engadiron que foron construídos con fibra de vidro, xa que, sen chegar a pesar tanto como o vidro, material convencional na construción deste tipo de paneis, achega a rixidez necesaria para este tipo de aplicacións.

‘Hidro-ás’ que elevan o casco da auga e fai que gañe velocidade

A fabricación manual caracteriza a maior parte dos elementos da embarcación. Como consecuencia das limitacións impostas polas distintas competicións europeas, a batería na que verten a potencia os paneis está limitada a 1,5 kWh. Esta batería tamén está construída por eles mesmos, empregando neste caso a soldadura por puntos para configurar o seu propio paquete de baterías coas que se alimenta ao motor da embarcación. Tal e como explicaron no acto de presentación, o trimarán ten a peculiaridade de que eleva o casco principal por encima da auga grazas a un particular sistema de navegación moi utilizado tanto en embarcacións recreativas como en competicións de alto nivel, coñecido como ‘hidrofoils’. Trátase dunhas pezas que funcionan de xeito similar ás das ás dun avión, pero neste caso mergulladas, de maneira que, cando se alcanza certa velocidade, sosteñen toda a estrutura por enriba da auga. “Trátase dunha técnica de navegación bastante novidosa e é o que fai brillar este proxecto respecto a outros”, salientou Pardeiro, quen tamén fixo fincapé en que deste xeito se aumenta tamén a autonomía como consecuencia da diminución da forza de arrastre.

“Se a esta eficiencia hidrodinámica se lle suma a xeración solar podemos chegar a desenvolver un prototipo de embarcación completamente independente dos combustible fósiles, un desafío ao que nos teremos que enfrontar nos vindeiros anos”, explica o responsable do equipo.

Na busca de financiamento para viaxar a Mónaco

Con respecto das competicións deportivas ás que lle gustaría acudir, dende que se fundou a asociación hai un obxectivo claro na mente de todos os estudantes que formaron e forman o equipo; a Energy Boat Challenge de Mónaco. “A principal problemática desta competición é conseguir o financiamento necesario para chegar alí”, apunta Pardeiro. Por unha banda, enfróntanse ao problema de trasladar o barco ata o Club de Iates de Mónaco, “xa que a maioría de transportistas non teñen Mónaco na súa ruta” e, pola outra, está o problema de financiar a viaxe das persoas do equipo. “Aínda que coa inscrición nesta competición xa se paga o aloxamento de cinco persoas, “é un tema que nos preocupa porque somos máis de cinco, e Mónaco non é precisamente barato”.

Por todas estas cousas están a expensas do financiamento que poidan conseguir e, en función disto, tomarán a decisión. A súa ilusión é ir a Mónaco, pero se isto finalmente non fose economicamente viable optarán por outras competicións europeas que poidan quedar máis en ruta para os transportistas e con posibilidades de aloxamento máis económicas.