A Deputación de Pontevedra espalla o teatro por toda a provincia ao longo deste outono con medio centenar de funcións para todos os públicos

0

Trinta compañías protagonizan as representacións gratuítas deste ciclo que arranca este sábado 7 de outubro no Concello de Moaña e se prolongará ata o 28 de decembro, cunha última función en Salvaterra de Miño

No marco do apoio da institución provincial á escena galega, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha xuntanza con representantes de Escena Galega

A Deputación de Pontevedra levanta o pano dunha nova edición do ciclo teatral “Tornar ás Táboas”, que achegará ao longo destes tres últimos meses do ano un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia, coa participación de trinta compañías galegas. Este programa, que busca espallar a arte escénica e encher os escenarios dos espazos culturais dos municipios de menos de 20.000 habitantes, arrancará en Moaña este sábado 7 de outubro e prolongarase ata o 28 de decembro, data no que finalizará coa representación que terá lugar en Salvaterra de Miño. No marco do apoio da institución provincial á escena galega, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha xuntanza con Santiago Cortegoso e Xoque Carbajal, presidente e responsable da comisión de traballo de compañía con sede en Pontevedra da asociación Escena Galega.

A primeira das representacións de “Tornar ás Táboas”, de acceso libre ata completar o aforo, terá lugar este sábado, 7 de outubro, no IES As Barxas de Moaña, a cargo de Amorodio Teatro, que porá en escena “A nai” ás 21:00 horas. Dirixida a público mozo e adulto, a peza é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmáns Lola, Julia e Amparo Touza e as súas fazañas como salvadoras de preto de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de ser mellores persoas e tempos de degradación moral.

Pola súa banda o domingo, 8 de outubro, Covelo acollerá a segunda das funcións, tamén de acceso libre e ata completar o aforo, a cargo de Ártika Cía, que porá en escena “Illa da deslembranza” no Auditorio Municipal, ás 19:00 horas. Trátase dun espectáculo dirixido ao público infantil e familiar que narra a historia de Uxía, unha nena de dez anos que tenta axudar á súa avoa a recuperar os seus recordos ante o perigo de que acaben na “illa da deslembranza”. A peza aborda, entre outros temas, a enfermidade de Alzhéimer, co obxectivo de axudar a comprender situacións que poden darse nun ambiente familiar.

Posteriormente, en outubro haberá outras dezaseis funcións, que chegarán ao concellos de Valga o día 14; a Vila de Cruces e Soutomaior o 15; a Fornelos de Montes o día 20; a Gondomar, Tomiño e Mondariz o día 21; a Pazos de Borbén e Meaño na xornada do 22; a Cambados o 24; a Poio e Pontecesures o día 28; aos concello da Cañiza e O Rosal o día 29 e por último a Oia e Vilanova de Arousa o día 31. Nestes municipios actuarán, ademais de Amorodio, as compañías Ibuprofeno Teatro, Viravolta Títeres, Ártika Cía, Migallas Teatro, Tanxarina, Teatro Ghazafelhos, A Panadaría, Nelson Quinteiro Producións, Simplemente Enricco, Baobab Teatro, Dani Blanco, Compañía Humana, De Ste Xeito e Barafunda.

No mes de novembro, están previstas un total de 12 representacións, que chegarán aos concellos de Agolada o día 10; aos municipios da Guarda e Bueu o día 11; a Meis o 12; a Ponte Caldelas o 17; a Rodeiro o día 18; a Portas e Catoira o día 19; á Illa de Arousa o 24; a Cerdedo-Cotobade o 25 e aos concellos de Ribadumia e O Grove o día 26. Algunhas das compañías que levarán nese mes os seus espectáculos a escena son Isabel Risco, Os Náufragos Teatro, Redrum Teatro, Olivas Negras, Matrioshka Tetro, Culturactiva Producións ou Malasombra. Por outra banda, no mes de decembro desenvolveranse as restantes 19 funcións, que terán lugar o día 2 nos municipios de Nigrán e Moraña; o día 3 en Baiona e Mos; o día 8 nas Neves; o 9 en Sanxenxo e Arbo; o día 10 en Caldas de Reis; o día 16 a Forcarei, A Lama e Campo Lameiro; o día 20 a Dozón; o día 22 a Mondariz-Balneario, Vilaboa e Barro; o día 23 a Silleda; o día 26 a Cuntis e Salceda de Caselas e, por último, o día 28 a Salvaterra de Miño. Ademais de varias das anteriores compañías, outras que actuarán neste último tramo do ciclo son A Cova das Letras, Artefeito, Vero Rilo, Píscore, Brais das Hortas, Fulano, Mengano e Citano, a Fundación Rogelio Groba e Expresión Producións.

O BNG de Vigo pide a Caballero que non volva “estafar” a cidade co “retorno económico imaxinario” do nadal

0

A fronte nacionalista refuta a estimación de 1.000 millóns de euros de retorno, sostida polo alcalde, con datos oficiais da Axencia Tributaria e do Instituto Galego de Estatística

O nadal de 2023 supuxo un 7,37% menos de recadación de IVE na cidade que o nadal anterior, e rematou con 195 empregos menos no sector servizos dos que había en novembro

Xabier P. Igrexas: “Os datos, unha vez máis, matan o relato de Caballero e deixan en evidencia que o seu conto do nadal é un capítulo máis dentro da fábula do Rei espido no que está instalado, absolutamente desconectado da realidade e obsesionado con dar titulares histriónicos para alimentar a súa xira por platós televisivos”

Desde o Bloque Nacionalista Galego demandan ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que non volva intentar estafar as viguesas e vigueses con “datos inventados” do retornos económico do nadal.

O Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, afeou que Caballero se atrevese a afirmar que o nadal vigués era a principal industria da cidade o que cualificou de “absoluto disparate, que xustificou cifrando sen ningún dato, nin indicador, nin informe técnico que o respaldase que o retorno económico que xeraba situábase por acima dos 1.000 millóns de euros con 6 millóns de visitas”. Un movemento económico que ten sido utilizado reiteradamente polo rexedor como escusa ou xustificación para “impoñer caprichosamente un modelo de nadal que reduce durante 3 meses a cidade a un parque temático inhabitábel e inseguro”.

“Un número [o dos 1.000M€] que só existe na cabeza do alcalde e na súa inesgotábel imaxinación pero que os datos oficiais botan por terra. Non é o BNG quen refuta a súa falsidade. É a propia Axencia Tributaria, que nos datos desagregados de recadación de IVE na delegación de Vigo, recolle que o nadal de record do pasado ano 2022 supuxo, computando os meses de novembro, decembro e de xaneiro, un 7,37% menos de ingresos fiscais que o nadal anterior na nosa cidade”, explicou o portavoz municipal nacionalista.

Menos recadación de IVE e menos emprego

Os datos oficiais de recadación territorializada da delegación de Vigo da Axencia Tributaria recollen que nos meses de novembro, decembro de 2022 e xaneiro de 2023, a recadación neta do Imposto de Valor Engadido atinxiu 109.862.000 euros, un 7,37% menos que no mesmo período do ano anterior cando a cifra se elevou a 118.612.000 euros.

Por outra parte, a fronte nacionalista bota man das cifras oficiais do paro rexistrado, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, nos que se recollen que se ben de novembro a decembro do pasado ano se crearan apenas 192 empregos no sector de servizos, o mes de xaneiro remataba con 195 parados máis que no inicio do nadal. “Creación de emprego non xa cero, senón negativa. Menos de 200 de postos de traballo ultratemporais, por unhas poucas semanas, e absolutamente precarios.”, resumiu.

A evolución do paro rexistrado reflicte que en novembro de 2022 o número de persoas desempregadas no sector servizos na cidade de Vigo eran 14.161, en decembro descendeu a 13.969 e volvía subir en xaneiro de 2023 con 14.356.

“É claro que un catedrático de economía como Abel Caballero é perfectamente consciente de que un retorno mil millonario como o que el afirma tivo o pasado nadal, tería que traducirse nun incremento substancial tanto na recadación impositiva polo aumento da actividade económica como tamén na creación de emprego. Pero os datos, unha vez máis, matan o seu relato e deixan en evidencia que o seu conto do nadal é un capítulo máis dentro da fábula do Rei espido no que está instalado, absolutamente desconectado da realidade e obsesionado con dar titulares histriónicos para alimentar a súa xira por platós televisivos”, remachou Igrexas.

Comesaña destaca a importancia de intervencións educativas para fomentar a concienciación coa doazón e transplantes

0

Na exposición inaugurada no Hospital Álvaro Cunqueiro, o conselleiro de Sanidade salienta o extraordinario labor que desempeñan as asociacións de doadores ao dar visibilidade, sensibilizar e pór en valor a oportunidade de vida que ofrecen os transplantes

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu  á entrega de premios da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) con motivo da inauguración, no Hospital Álvaro Cunqueiro, da exposición do V Concurso de Carteis para Escolares relacionado coa Doazón e Transplantes.

A apertura da exposición e entrega de galardóns contou coa presenza da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente Prieto, e da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, e o presidente de ADROVI, Celso García.

No acto, o conselleiro de Sanidade puxo en valor a actividade de concienciación da doazón dirixida a escolares porque “permite dotar de coñecemento á rapazada, que se atopa nunha idade moi receptiva, para que tome conciencia e transmita esta información no eido familiar”.

Como reflexo desa solidariedade, no ano 2022, o Servizo Galego de Saúde alcanzou a cifra de 128 doadores de órganos, que permitiron a realización de 296 transplantes nos hospitais galegos.  En concreto, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo rexistrou durante o pasado ano datos históricos nas doazóns de determinados órganos, con 9 corazóns e 18 pulmóns. Este fito foi posible grazas á xenerosidade de 27 doantes, que permitiu contar con 75 órganos.

No que vai de ano, ao peche do primeiro semestre de 2023, Galicia suma 50 doantes, dos que nove son de Vigo. Desde a realización do primeiro transplante no ano 1981 ata o remate de 2022, en Galicia realizáronse 9.217 transplantes de órganos.

28 pymes gallegas del mar inician contactos en Conxemar con 12 firmas internacionales en el marco de una Misión Inversa de la Cámara

0

Durante los tres días de la feria, las empresas gallegas se reunirán con importadores de Singapur, Filipinas, Japón, Colombia, Perú, Estados Unidos y Georgia

Esta acción de comercio exterior se integra en el Programa Internacional de Promoción (PIP) y cuenta con la colaboración del Consorcio Zona Franca de Vigo

Un total de 28 pymes gallegas del sector de productos del mar participan en un programa de reuniones con empresas importadoras extranjeras que se desarrolla en la Feria Internacional de Productos del Mar Congelados – Conxemar, en el marco de una Misión Inversa que organiza la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa con la colaboración del Consorcio Zona Franca de Vigo.

Esta acción busca reforzar la internacionalización de las pequeñas y medianas empresas del sector de productos del mar y congelados de Galicia. Durante los tres días de la Feria, las firmas gallegas se reunirán con 12 importadores procedentes de Singapur, Filipinas, Japón, Colombia, Perú, Estados Unidos y Georgia. En total, a través de esta misión inversa se han agendado más de 300 reuniones entre las firmas participantes.

La Misión Inversa de Importadores de Productos de Mar en Conxemar es una de las acciones que se desarrollan en el marco del convenio firmado entre la Cámara y el Consorcio Zona Franca de Vigo para la promoción del Comercio Exterior y cuenta con financiación a cargo del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través del Programa Internacional de Promoción (PIP). Dentro de esta colaboración, también se celebró en septiembre una Misión Inversa de Compradores de Subcontratación Industrial, en la que participaron 20 firmas gallegas vendedoras de bienes intermedios a la industria y 7 empresas compradoras, con una agenda de 70 reuniones.

Promoción del Comercio Exterior

La Cámara de Comercio, a través de su departamento de Comercio Exterior, pone a disposición de las compañías sus servicios de asesoramiento, programando una amplia serie de acciones para ayudar a las empresas a abordar mercados exteriores, como misiones comerciales, visitas a ferias, misiones inversas, encuentros comerciales, jornadas y seminarios.

El TSXG presenta su nueva identidad corporativa

0

La balanza, el símbolo más reconocible de la Justicia, y la bandera de Galicia son la base de un imagotipo que pretende acercar la institución a la ciudadanía

Coma Comunicación Creativa ha sido la agencia seleccionada para llevar a cabo el proyecto de modernización de la imagen del alto tribunal gallego

Nueva identidad visual corporativa del TSXG

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha presentado hoy su nueva identidad corporativa, que tiene como objetivo acercar la Justicia a la ciudadanía y transmitir la imagen de una institución seria y de confianza, al tiempo que moderna, abierta y que evoluciona con la sociedad. Coma Comunicación Creativa ha sido la agencia seleccionada para llevar a cabo el proyecto de modernización de la imagen del TSXG. Partiendo de la balanza, el símbolo más reconocible de la Justicia, y de la bandera de Galicia, el diseñador Carlos el Rojo (@carloselrojo) ha obtenido un imagotipo que aspira a ser distinguido por la mayor parte de los gallegos y gallegas, destinatarios del servicio público que presta el TSXG. La tipografía utilizada es una Myriad Pro Regular; y, para reforzar la imagen de seriedad y fiabilidad, se ha optado por el contraste de los tonos azul y arena.

La nueva imagen trata de expresar que el TSXG ofrece respuestas a los conflictos de manera imparcial, protege a las víctimas y garantiza el cumplimiento de sus derechos. Galicia también tiene un papel protagonista en el imagotipo, a través de la bandera, al ser el TSXG el máximo órgano judicial en el ámbito territorial de la comunidad autónoma, sin perjuicio de la jurisdicción que corresponde al Tribunal Supremo y de aquellas materias que exijan garantías constitucionales, competencia del Tribunal Constitucional.

Las residencias del futuro son gallegas

0

La Xunta apuesta por la instalación de sensores en los centros de la red pública para que sus usuarios ganen en confort y seguridad

Las pruebas en el laboratorio funcionaron, por lo que a lo largo de los próximos meses todas las residencias de mayores integradas en la red pública de la Xunta se convertirán en inteligentes. Por supuesto, no significa que vayan a ser capaces de resolver raíces cuadradas o de especializarse en poesía del Siglo de Oro, pero la incorporación de los últimos avances tecnológicos en los centros gallegos permitirá que sus usuarios ganen en seguridad y confort para que cada vez las sientan más como lo que realmente son: sus hogares.

La pandemia supuso una prueba de estrés a todos los niveles, pero muy especialmente en las residencias de mayores, al tratarse de centros en donde convivían personas vulnerables. Galicia no solo logró convertirse en la comunidad autónoma con la tasa de mortalidad más baja de toda la Península, sino que aprovechó un momento tan convulso para diseñar los centros del futuro: más humanos, más acogedores, más confortables… en definitiva: más hogares.

A lo largo de los últimos dos años la residencia de mayores de A Estrada (Pontevedra) se convirtió en un banco de pruebas en el que la Xunta instaló varios sensores en las habitaciones que permitieron detectar situaciones de riesgo, e incluso alertar sobre incipientes enfermedades. Destacan los medidores de temperatura y humedad, que se aseguran de mandar una señal de alarma al control advirtiendo de que una habitación está fuera de los estándares recomendados.

La nueva tecnología también permite informar a los trabajadores de una posible caída de la cama, de un abandono de la estancia en horario nocturno, o incluso de un posible problema de salud al saltar una alarma indicando que un usuario está acudiendo al baño de forma inusual. Así mismo, las habitaciones inteligentes también permiten a sus usuarios comunicarse directamente con el control del centro para trasladarles cualquier necesidad que les pueda surgir durante los momentos de descanso.

El éxito del laboratorio de A Estrada, realizado en tiempo real y con pacientes y trabajadores reales, motivó que la Xunta apostase por ampliar el sistema a todos los centros de su red pública.

Otras actuaciones

Por otro lado, los cuidados de proximidad son otra herramienta básica para garantizar que los mayores disfruten de esta etapa de sus vidas sin abandonar sus entornos. La realidad geográfica gallega y su histórica dispersión territorial hacen que llevar estos recursos a las zonas rurales sea de vital importancia.

Entre estos servicios destacan las más de un centenar de casas do maiordistribuidas por toda Galicia con más de 500 plazas gratuitas para la atención, o el programa de Coidados porta a porta, mediante el que ocho unidades móviles recorren toda la geografía gallega sin descanso para prestar servicios gratuitos de podología, audiología y de estimulación de la memoria y con el que la Xunta lleva atendidas a más de 50.000 personas.  

«Visión cero» para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura

0

O plan busca reducir un 25% o número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, así como entre os usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten activo o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, o cal foi recoñecido como referencia nacional polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria.

Este plan ten dúas metas estratéxicas, unha delas diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesía, con respecto a 2019. O outro obxectivo é reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas. Algunhas de las medidas que a Xunta está promovendo para acadar este obxectivos son: a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.

Reforzo da seguridade nas estradas.

No que se refire ás intervencións en marcha, Xunta segue avanzando na eliminación de tramos de concentración de accidentes. Estas intervencións supuxeron o acondicionamento de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns.

Destacan, ademais, as obras específicas de eliminación de obstáculos en estradas e a conservación das estradas autonómicas. Tamén ten en marcha un programa pioneiro de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros.

Mobilidade segura e sostible

O Goberno galego está priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos 6 anos. Ademais, tamén se están a impulsar outras acción como son, a construción de eixes de mobilidade sostible nas contornas das cidades e o desenvolvemento dunha liña de acción novidosa para a mellora da seguridade de 1.100 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas.

Concienciación

Co obxectivo de promover os hábitos seguros nas estradas, a Xunta vén promovendo campañas de concienciación para fomentar as actitudes responsables nas estradas, tanto entre os condutores como entre os peóns ou os ciclistas.

Os nenos tamén foron obxecto de actividades divulgativas e de concienciación coa campaña «O corazón está do teu lado», coa cal aprenderon a relevancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

La Xunta propone a Manuel Pérez Álvarez como presidente del Consello Económico e Social de Galicia

0

Después de trasladarle esta propuesta a todas las organizaciones sindicales y empresarios y al resto de asociaciones y entidades representadas en el pleno del organismo consultivo, el nombramiento corresponde al presidente de la Xunta, tras la comparecencia del candidato en el Parlamento

La Xunta de Galicia propone a Manuel Pérez Álvarez cómo nuevo presidente del Consello Económico e Social de Galicia (CES), en relevo de Agustín Hernández.

Después de trasladarle esta propuesta a las organizaciones sindicales y empresariales, y al resto de asociaciones y entidades representadas en el pleno del CES, el conselleiro de Facenda e Administracións públicas, Miguel Corgos; y la conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, elevarán esta propuesta conjunta para ocupar la presidencia de este organismo consultivo de la Xunta en materia socioeconómica.

El nombramiento corresponderá al presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, una vez se produzca la comparecencia del candidato propuesto ante el Parlamento gallego, como establece la legislación autonómica.

Licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago y perteneciente en su etapa laboral al cuerpo de Inspectores de Trabajo, Manuel Pérez Álvarez (3 de diciembre de 1946) tiene un amplio conocimiento de la administración local, autonómica y comunitaria, ya que fue conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais del Gobierno gallego (1989-1995), alcalde de Vigo (1995-1999) y miembro del Parlamento Europeo (1999-2004). De su etapa como conselleiro en el Gobierno de Manuel Fraga destaca su participación en la puesta en marcha de la Renta de Inclusión Social (RISGA).

Al frente del Consello Económico e Social de Galicia, le corresponderá presidir este foro permanente de diálogo y deliberación entre la sociedad civil y la Administración autonómica. El CES desarrolla, además, un importante papel en la elaboración de estudios e informes con propuestas para impulsar las políticas públicas de los diferentes sectores de actividad representados, como la economía, fiscalidad, empleo y seguridad social, agricultura y pesca, educación y cultura, consumo, medio ambiente, transporte y comunicación, industria y energía, vivienda o integración europea.

Un accidente con varios heridos provoca retenciones en los accesos a Vigo

0

El incidente, que coincide con la celebración de la segunda jornada de Conxemar, ha provocado la interrupción del tráfico

Un accidente en el que se vieron implicados varios vehículos a primera hora de la mañana en la AP-9 en Vigo está provocando retenciones en los accesos a la ciudad. El suceso, que suma varios heridos, coincide con la segunda jornada de la feria Conxemar.

La colisión se produjo a las 08.20 horas en el túnel de A Madroa de la Autopista del Atlántico, según ha trasladado el CIAE 112. El incidente ha provocado la interrupción del tráfico en la zona y ha generado importantes retenciones en la vía que sirve de circunvalación en la ciudad.

En este sentido, cabe recordar que hoy tiene lugar la segunda jornada de la 24ª edición de la Feria de Productos del Mar Congelados, Conxemar, que reúne a más de 700 empresas del sector hasta este jueves en el Instituto Ferial de Vigo.

Durante la jornada inaugural se produjeron colas en las vías de acceso a los pabellones. Este año, el plan de tráfico especial ha cortado la entrada 157 de la AP-9 desde la Avenida del Tranvía de Vigo, convirtiéndose este tramo de la calle de un único sentido hacia el Ifevi. Además, para acceso exclusivo de expositores, se abrió un ramal hasta ahora inhabilitado que conecta la AP-9 con el aparcamiento del recinto.

Rueda ve no éxito de Conxemar a proba da importancia de Galicia no sector de transformación dos produtos do mar e garante o apoio da Xunta ante os seus retos

0

O presidente da Xunta interveu hoxe na inauguración da XXIV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar)

Salienta o papel da Lei de Ordenación do Litoral para compatibilizar e preservar a sustentabilidade medioambiental da costa coa vida económica

Compromete o apoio do Goberno galego contra medidas que “non son xustas”, en referencia á veda da pesca de arrastre de fondo

Reclama a redución ou eliminación do IVE en alimentos como o peixe e conservas e un Perte específico para as empresas pesqueiras

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou hoxe que o éxito de Conxemar supón a proba da importancia de Galicia no sector da transformación de produtos do mar e amosou o compromiso de apoio económico e institucional do Goberno galego ante os novos retos aos que se enfronta.

“Somos perfectamente conscientes da importancia deste sector, que fai Marca Galicia en Europa e en todo o mundo”, manifestou Rueda no acto de apertura da vixésimo cuarta edición desta feira, celebrada no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). O mandatario galego erixiu Conxemar como o “mellor lugar do mundo” para falar dos asuntos que lle importan e preocupan a este sector, “e que Goberno galego toma moi en serio”, asegurou, xa que Galicia é a comunidade con máis peso no sector do conxelado, aglutinando o 34,2 % das empresas (263).

Así, Rueda garantiu a total unión e apoio da Xunta coa Administración central e co sector ante a medidas que considerou que “non son xustas”, en referencia á veda de pesca de arrastre de fondo por parte da Unión Europea. Ao respecto, defendeu a aposta por unha pesca sustentable con “medidas ecuánimes” que permitan preservar e protexer o medio mariño, á vez que a vida económica “que ten que ser tida en conta”.

Importancia da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia

Neste senso, puxo en valor a Lei de Ordenación do Litoral de Galicia, da que explicou que procura, precisamente, compatibilizar e preservar a sustentabilidade medioambiental da costa galega coa vida económica que depende dela, “que ten que seguir medrando como ata agora”, incidiu.

De igual xeito, amosou o compromiso da Xunta en reclamar a redución ou eliminación do IVE en alimentos como o peixe e conservas. “É necesario facelo e canto antes”, reclamou, á vez que defendeu un Perte específico dirixido ás empresas do sector da pesca. Neste senso, considerou unha “magnifica noticia” o compromiso do Goberno central con esta medida e adiantou que, de levarse a cabo, contará coa colaboración da Xunta para “levalo a bo porto”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que esta nova edición de Conxemar se celebra nun IFEVI máis amplo, tras a inversión da Xunta de máis de 8, 3 millóns de euros para contar cunha nova superficie construída de máis de 6.500 metros cadrados. “Fixemos un esforzo importante”, aseverou. No entanto, amosou a receptividade do Goberno á reivindicación de “necesidade de seguir  medrando.  “Estaremos á altura como estivemos ata agora”, engadiu. A ampliación actual permitiu que o número de expositores medrase un 11,4 % máis ata acadar 754 empresas procedentes de 45 países, o que supón acadar este ano a cifra máis alta de superficie e expositores de toda a súa historia.