«Visión cero» para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura

O plan busca reducir un 25% o número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, así como entre os usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten activo o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, o cal foi recoñecido como referencia nacional polo Observatorio Nacional de Seguridade Viaria.

Este plan ten dúas metas estratéxicas, unha delas diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesía, con respecto a 2019. O outro obxectivo é reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas. Algunhas de las medidas que a Xunta está promovendo para acadar este obxectivos son: a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.

Reforzo da seguridade nas estradas.

No que se refire ás intervencións en marcha, Xunta segue avanzando na eliminación de tramos de concentración de accidentes. Estas intervencións supuxeron o acondicionamento de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns.

Destacan, ademais, as obras específicas de eliminación de obstáculos en estradas e a conservación das estradas autonómicas. Tamén ten en marcha un programa pioneiro de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros.

Mobilidade segura e sostible

O Goberno galego está priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos 6 anos. Ademais, tamén se están a impulsar outras acción como son, a construción de eixes de mobilidade sostible nas contornas das cidades e o desenvolvemento dunha liña de acción novidosa para a mellora da seguridade de 1.100 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas.

Concienciación

Co obxectivo de promover os hábitos seguros nas estradas, a Xunta vén promovendo campañas de concienciación para fomentar as actitudes responsables nas estradas, tanto entre os condutores como entre os peóns ou os ciclistas.

Os nenos tamén foron obxecto de actividades divulgativas e de concienciación coa campaña «O corazón está do teu lado», coa cal aprenderon a relevancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.