A delegada da Xunta supervisa a última fase das obras da nova senda da estrada PO-551 en Moaña

0

Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos da senda, que estará finalizada en novembro e que supón un investimento de preto de 1,8 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres a última fase dos traballos de construción da nova senda da estrada PO-551 en Moaña. Acompañada pola xefa territorial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), a representante autonómica comprobou o avance das obras da senda que unirá as parroquias de Domaio e Meira cun investimento de preto de 1,8 millóns de euros.

A actuación céntrase na construción dunha nova zona peonil e ciclista, segura e accesible, pola marxe dereita da estrada, de 1,7 km de lonxitude, desde a zona da praia da Borna ata conectar coa beirarrúa da área recreativa da Cerradiña. O inicio dos traballos levouse a cabo en setembro de 2022  e están próximos a finalizar. Nas obras que se levan a cabo tamén se tivo en conta a solicitude trasladada polo Concello, polo que a lonxitude da senda se ampliou respecto ao previsto inicialmente. Esta actuación está recollida no Plan de sendas da comarca do Morrazo, que a Xunta está a desenvolver nos distintos concellos e que prevé a construción de máis de 8 km de sendas seguras, sostibles e saudables, cun investimento autonómico superior aos 5 M€.

O BNG cualifica de “chapuza e dedazo” o arranque da programación do VigoCultura

0

Critican que a día de hoxe a web oficial do programa segue inactiva e non é posíbel a compra nin dos abonos de tempada nin a anticipada de entradas

A fronte nacionalista denuncia o procedemento opaco e arbitrario para definir os espectáculos e compañías que se incorporaron na programación dos vindeiros tres meses

Xabier P. Igrexas: “Falamos de algo tan grave como que a decisión sobre a programación cultural do Concello da maior cidade galega a tome persoalmente o concelleiro, como se estivese comprando por catálogo”

Coincidindo co inicio da programación de VigoCultura para os vindeiros tres meses, desde o Bloque Nacionalista Galego lamentan o seu arranque dentro, do que cualifican, como unha verdadeira “chapuza e un dedazo” por parte da Concellaría de Cultura.

Un “desastre de xestión” que para o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas fica evidenciado no feito de que a día de hoxe a páxina web oficial do programa VigoCultura (www.vigocultura.org) non estea activa e que tampouco se permita a compra dos abonos de tempada nin a compra anticipada de entradas para os primeiros espectáculos.

Igrexas tamén cuestionou con dureza o procedemento seguido para a configuración da programación. “Sen desmerecer a calidade artística dos eventos seleccionados si que temos que denunciar o procedemento lamentábel co que se configurou a programación, cunha convocatoria apresurada e case clandestina por falla de publicidade (que non foi anunciada nin na web do Concello nin no BOPPO), e no que ao final a decisión sobre que espectáculos se van celebrar no auditorio municipal foi tomada por dúas persoas: o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e o xefe de servizo.” Para o nacionalista “cualificar iso de ‘comisión de valoración’ é un insulto a intelixencia, porque o que fixeron é o máis parecido a unha decisión por dedazo”. “É o dedo do concelleiro quen decide que compañías actúan e cales non. Supoñemos que por iso o expediente municipal non incorporaba ningún informe xurídico, porque non se pode avalar un procedemento tan discrecional e arbitrario”, acrecentou.

As críticas do nacionalista enfatizan o alcance desta maneira de actuar sinalando que “falamos de algo tan grave como que a decisión sobre a programación cultural do Concello da maior cidade galega a tome persoalmente o concelleiro, como se estivese comprando por catálogo, sen ningún tipo de baremación obxectiva e sen indicadores claros para avaliar”. Para Igrexas esta é unha nova demostración dunha “xestión desastrosa que volve demostrar o profundo desprezo pola cultura dun Goberno municipal que pola súa nefasta xestión logrou que a cidade Vigo quedase por vez primeira fora da Rede Platea, do Ministerio de Cultura, e tamén da Rede Galega de Teatros e Auditorios deixando precisamente o programa VigoCultura nunha situación absolutamente límite”

A fronte nacionalista esixe a fin desta política que só fixo avanzar a desertización cultural da cidade. Defenden que cómpre que o deseño das programacións se faga con rigor, con profesionalidade, en base a criterios claros e que aposte por unha oferta máis ampla, variada, de calidade, innovadora, que poña en valor a enorme potencia cultural das creadoras galegas e coa ambición de facer que Vigo volvamos ser un grande referente cultural en Galiza.

Tapias reclama al Gobierno central que rectifique en su negativa a la transferencia de la AP-9 y pide al PSOE vigués que se haga valer ante Sánchez

0

La presidenta del PP de Vigo defendió que, en este objetivo, todos los partidos deben trabajar unidos desde Galicia y reprocha a los socialistas gallegos que sigan de perfil ante los “atropellos de Sánchez”

Recuerda que la AP-9 que utilizan a diario miles de vigueses es de las más caras de España y advierte de que, como en cada ejercicio, el inicio de 2024 traerá nuevas subidas de peajes

Alerta de los efectos que provoca que la ciudad lleve 5 años excluida de la agenda del Ejecutivo central, que sigue perdiendo peso a nivel económico y social por los “desprecios del presidente socialista”

La presidenta del PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, ha reclamado al Gobierno central una rectificación ante su negativa, anunciada por el secretario de Estado de Transportes, David Lucas, a traspasar la AP-9, y ha pedido al PSOE vigués que se haga valer ante Pedro Sánchez.

Tapias ha ironizado sobre las contradicciones de los socialistas que, por una lado, “votan sí a una demanda histórica en Galicia”; y, por otro, “no saben ya de dónde sacar excusas que justifiquen su rechazo en Madrid”, ha dicho. Ha defendido además que, en este objetivo, todos los partidos deben trabajar unidos desde Galicia y reprocha a los socialistas gallegos que sigan de perfil ante los “atropellos” de su jefe de filas.

La popular ha lamentado que la cerrazón a hacer efectiva la transferencia siga perjudicando a los miles de vigueses que utilizan habitualmente esta autopista, recordando que se trata de una de las más caras de España y que, como en cada ejercicio, el inicio de 2024 traerá nuevas subidas de peajes. Tapias ha reiterado que este corredor, que concentra el 80% de la actividad económica de Galicia en su entorno, no puede seguir soportando esta discriminación respecto a otras vías estatales. A colación, la presidenta de los populares vigueses ha alertado de los efectos que provoca que la ciudad lleve 5 años excluida de la agenda del Ejecutivo central, que sigue perdiendo peso a nivel económico y social por los “desprecios del presidente socialista”.

Marta Fernández-Tapias participa no acto para dar a coñecer os novos gañadores do certame “Vigo histórico”

0

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de participar na sede da Asociación Évame Oroza en Vigo no acto para dar a coñecer os novos gañadores do certame “Vigo histórico”. Un certame que, en palabras da vicepresidenta, “acada a súa simbólica décima edición convertido en todo un referente non só nesta provincia e Galicia, senón tamén fóra da nosa comunidade”. Fernández-Tapias felicitou a Editorial Elvira por ter posto en marcha este concurso, no que participaron 200 persoas do conxunto de España, de Europa e América, e tamén os gañadores, Paula Palacios e Juan Portabales, que recibirán os seus premios nunha gala a finais de novembro xunto a Gloria Fernández, Fátima González, Andrea Peiteado e Alejandro Hernández que obtiveron os accésit do certame. Ademais, a vicepresidenta aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da institución provincial coa cultura destacando que “é un deber impulsar e promover as letras, os autores, os novos creadores e as súas múltiples manifestacións e entidades. A cultura referéncianos en todo o mundo”.

Deputados de Ourense, Pontevedra e Zamora reclaman conxuntamente ao Ministerio de Transportes que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas

0

8 deputados do grupo parlamentario popular no Congreso veñen de rexistrar por escrito ao Goberno que incremente a partida orzamentaria destinada á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros

A A-52 que da comezo en Bevavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Os deputados por Pontevedra, Ana Pastor, Irene Garrido e Pedro Puy; por Ourense, Celso Luis Delgado. Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana; e Elvira Velasco e Óscar Ramajo, deputados por Zamora, do grupo parlamentario popular no Congreso, veñen de rexistrar por escrito ao Goberno que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas.

Esta autovía é transitada diariamente por centos de conductores, con moito tráfico de camións, que non contan coa seguridade necesaria que debería ter esta estrada. Polo tanto, os deputados populares das 3 provincias polas que transcorre a A-52 solicitan ao Goberno o incremento das partidas orzamentarias destinadas á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros.

A A-52 que da comezo en Bevavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Os deputados consideran que as obras de mantemento e rehabilitación do firme non son suficientes posto que a calzada presenta multitude de baches e remendos, o asfalto é rugoso, e isto todo fai que a condución nesta vía sexa moi molesta e perigosa.

La Diócesis Tui-Vigo retirará símbolos franquistas de algunas iglesias de Nigrán

0

Estas inscripciones continúan en los muros exteriores de los templos, y en ellas figura el nombre del dirigente falangista José Antonio Primo de Rivera y, en algún caso, el símbolo fascista del yugo y las flechas, además de referencias a los «caídos en Cruzada de 1936 a 1939» y al «Año de la Victoria»

La Diócesis Tui-Vigo retirará la simbología franquista en las iglesias y propiedades de su titularidad en el municipio de Nigrán. Así lo ha confirmado en un comunicado la asociación Lucenza-Ateneo, que el pasado mes de agosto reiteraba la solicitud que había realizado el año pasado de que se retirase la simbología franquista que permanece todavía en algunos lugares del municipio.

Estas inscripciones continúan en los muros exteriores de los templos, y en ellas figura el nombre del dirigente falangista José Antonio Primo de Rivera y, en algún caso, el símbolo fascista del yugo y las flechas, además de referencias a los «caídos en Cruzada de 1936 a 1939» y al «Año de la Victoria».

La asociación considera esto un «claro enaltecimiento» del bando franquista y un «agravio permanente» a las víctimas, además de un incumplimiento de la Ley de Memoria Histórica. 

Conxemar cierra otra edición de récord tras reunir a 26.736 compradores y proveedores de 110 países

0

Participaron 45 países con Tanzania, Uganda, Kenia y Emiratos Árabes Unidos como nuevas incorporaciones; y Mauritania, Turquía, Grecia y Países Bajos como asistentes, por primera vez, como pabellón de país

La XXIV Feria Internacional de Productos del Mar Congelados de Conxemar cerraba ayer una edición de récord. Fueron tres jornadas de intensa actividad en el Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), con una afluencia total de 26.736 visitantes, un 3% más que la edición de 2022, los cuales procedían de 110 países. Además de España, el top 5 de países visitantes fueron Portugal, Italia, Francia, Argentina y Marruecos.

Este año, la Feria contó con la participación de 767 expositores -un 13,3% más-, gracias a la optimización de espacios que sumaron 1.300 metros cuadrados más de exposición que el año anterior.

El evento reunió a instituciones y proveedores procedentes de 45 países con Tanzania, Uganda, Kenia y Emiratos Árabes Unidos como nuevas incorporaciones; y Mauritania, Turquía, Grecia y Países Bajos como asistentes, por primera vez, como pabellón de país.

Nueva edición en 2024

La Feria Conxemar regresará de nuevo al Instituto Ferial de Vigo (Ifevi) los días 1, 2 y 3 de octubre de 2024, con el reto de seguir ofreciendo los mejores servicios a los expositores y visitantes. La edición de 2024 tendrá especial relevancia: se cumplirán 25 años de este evento que supone un punto de encuentro para la industria de la transformación y comercialización de los productos del mar.

Un incendio calcina por completo el restaurante del Puerto deportivo de Moaña

0

Los servicios de emergencia consiguieron a las tres de la madrugada controlar el fuego, que había calcinado por completo las instalaciones

El restaurante del puerto deportivo de Moaña ha resultado completamente calcinado esta madrugada a causa de un incendio que también afectó a las oficinas del Club Moaña Mar.

El incendio, del que se desconocen las causas, se produjo sobre las dos de la madrugada, según fuentes del 112. La Central de Emergencias recibió a esa hora una llamada de la Policía Local de Moaña para que pusiese en marcha un amplio dispositivo. En él participaron los Bomberos de O Porriño y los de Ribadumia, así como los equipos GES de Mos.

También se solicitó la intervención de la Guardia Civil y la del servicio de Guardacostas, ya que al estar el restaurante sobre una plataforma de madera que se adentraba en el mar, se hacía inevitable que el agua dulce, mezclada con residuos del incendio, acabase en el mar, lo que se trató de evitar, motivo por el que también intervino personal de la Xunta de Galicia con elementos de contención.

Los servicios de emergencia consiguieron a las tres de la madrugada controlar el fuego, que había calcinado por completo las instalaciones, pero continuaron enfriando hasta las cinco de la madrugada, momento en que se dio por finalizada la intervención.

Aunque ninguna persona resultó afectada por el fuego, los daños han sido importantes, y hubiesen podido ser incluso mayores de no ser por la intervención de los servicios de emergencia, que impidieron que las llamas se extendiesen al pantalán. Además del restaurante y las oficinas del club deportivo, dos turismos que estaban en las inmediaciones se vieron también afectados por las llamas, al igual que algunas de las embarcaciones atracadas en el pantalán

Vigocultura leva o espectáculo a rúa do Príncipe esta fin de semana

0

A programación municipal de artes escénicas organiza 26 espectáculos para tódolos públicos entre os meses de outubro e decembro con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques. Mañá venres, 6 de outubro, a rúa do Príncipe recibe a Pablo Méndez Performances coa súa proposta “Sobe aos teus soños – Rock in the air» e o sábado, día 7, será a compañía Troula con “Psychodelia” a que encha a rúa de música e cor

A programación de Vigocultura para este trimestre inclúe os seguintes espectáculos:

– Venres 6 outubro: Pablo Méndez Performances: “Sobe aos teus soños” – espectáculo de rúa

– Sábado 7 outubro: Troula: “Psychodelia” – espectáculo de rúa

– Venres 13 outubro: Natalia Outeiro “Isolada” – clown con poesía

– Sábado 14 outubro: Migallas Teatro: “Falemos como galegas”- humor

– Domingo 15 de outubro: Festuc Teatre: “Lámpara maravillosa” – teatro, marionetas

– Venres 20 de outubro: Territorio Violeta «A que voy y lo encuentro»

– Sábado 21 outubro: A Feroz: “Frío” – teatro

– Domingo 22 outubro: L’Auténtica “Oh uh ei! tierra, aire, fuego, agua” – instalación

– Venres 27 e sábado 28 outubro: Jazmín Abuín presenta “A rir a Vigo” con monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri, Bianca Kóvacs, Arantxa Treus, Maru Candel e David Navarro

– Domingo 29 de outubro: TALÍA Teatro: “Voa, voa” – teatro familiar

– Venres 3 novembro: Chicharrón Circo Flamenco “Sin Ojana” – circo con malabares e clown, flamenco e teatro

– Domingo 5 novembro: Xanela do Maxín “Coliño” – espectáculo para bebés, inmersivo, visual, musical e marionetas (de 0 a 3 anos)

– Venres 10 novembro: Óscar Cobos Compañía de Danza: “Bailador”

– Sábado 11 novembro: Ibuprofeno Teatro: “Deazpan Karaoke”

– Domingo 12 novembro: Maxia na Manga: “A Igualdade non ten truco” , con Sara Rodríguez e Carlos Tomico – maxia

– Sábado 18 novembro: Rafa Fernández “SEIS, Lorca en Galicia” – espectáculo audiovisual con música en directo e videocreación

– Domingo, 19 de novembro: * A BALDUFA: “La fábula de la ardilla” – teatro familiar

– Venres 24 novembro: Compañía Pepa Plana: “Se tú te vas” – espectáculo clown

– Sábado 25 novembro: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida” – espectáculo multidisciplinar de danza, música e teatro

– Domingo, 26 novembro: Luz, micro e punto: “Años luz” – teatro de sombras

– Domingo 3 decembro: Guayominí Producciones: “CaLORCALor” -teatro contemporáneo

– Sábado 9 decembro: Producións Teatrais Excéntricas: “O auto do Castromil” – teatro comedia

– Venres 15 decembro: Cantigaéverso: Francisco Castro e Federico Welicki – espectáculo de poesía musicalizada

– Sábado 16 decembro: Vaivén Producións “Redada familiar”- teatro comedia

– Domingo 17 decembro: Teatro Paraíso: “Ventanas” – teatro

Nova edición da Batalla Mural e das Xornadas de Arte Urbano, o 21 de outubro

0

Dentro do X Programa de Murais artísticos nas medianeiras aprobado recentemente inclúese e organización das sextas Xornadas de Arte Urbano e a quinta Batalla Mural. A cita será o sábado 21 de outubro no Colexio de Arquitectos

O Concello de Vigo organiza o sábado 21 de outubro, coa colaboración do Colexio de Arquitectos, as sextas Xornadas de arte urbano e o quinto concurso da Batalla Mural, dentro do décimo programa de murais, actividades complementarias que ata o de agora tiveron un éxito “excepcional”.

Tal e como explicou o rexedor, a quinta edición deste certame conta con dez prazas gratuítas para maiores de idade e o prazo de inscrición finaliza o 16 de outubro. Na web municipal pódese atopar toda a información, as bases e o formulario de inscrición. Cun horario de 10,30 a 16,30 h, o concurso volverá servir para difundir o valor da arte urbana, dos graffiti, así como promover a participación de artistas mozos. A partir das 16,00 h, está previsto un obradoiro infantil.

De xeito simultáneo, a partir das 11,00 h e baixo o título “Acupuntura urbana”, o arquitecto Jaime Lerner impartirá un faladoiro sobre as intervencións puntuais nas cidades con potencial para rexenerar as urbes.