Deputados de Ourense, Pontevedra e Zamora reclaman conxuntamente ao Ministerio de Transportes que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas

8 deputados do grupo parlamentario popular no Congreso veñen de rexistrar por escrito ao Goberno que incremente a partida orzamentaria destinada á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros

A A-52 que da comezo en Bevavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Os deputados por Pontevedra, Ana Pastor, Irene Garrido e Pedro Puy; por Ourense, Celso Luis Delgado. Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana; e Elvira Velasco e Óscar Ramajo, deputados por Zamora, do grupo parlamentario popular no Congreso, veñen de rexistrar por escrito ao Goberno que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas.

Esta autovía é transitada diariamente por centos de conductores, con moito tráfico de camións, que non contan coa seguridade necesaria que debería ter esta estrada. Polo tanto, os deputados populares das 3 provincias polas que transcorre a A-52 solicitan ao Goberno o incremento das partidas orzamentarias destinadas á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros.

A A-52 que da comezo en Bevavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Os deputados consideran que as obras de mantemento e rehabilitación do firme non son suficientes posto que a calzada presenta multitude de baches e remendos, o asfalto é rugoso, e isto todo fai que a condución nesta vía sexa moi molesta e perigosa.