O BNG pide un plan urxente para reparar o “abandono” das pistas deportivas abertas de Vigo

0

A fronte nacionalista lamenta o “total desleixo” do Goberno municipal co mantemento das instalacións deportivas en numerosos parques e alamedas da cidade

O Bloque Nacionalista Galego pide un plan urxente de reparación das pistas deportivas abertas en Vigo diante do estado de “total abandono” que presentan moitas das instalacións. Así o vén de denunciar este domingo o concelleiro nacionalista, Filipe Abalde, quen sinalou como responsable o “desleixo e desatención” do Goberno municipal no mantemento destas dotacións en diferentes parques da cidade.

Abalde puxo como exemplo a pista exterior do pavillón de Quirós “que leva demasiado tempo precintada e co mobiliario e o valado destrozado”; o caso da alameda da Salgueira “que por non ter non ten nin porterías”; ou as pistas ao aire libre de Navia, Torrecedeira, ou na Balsa en Matamá “onde é evidente a falla de limpeza e medra a maleza”.

O concelleiro do BNG lamentou que a concellaría de Deportes “non estea nin ao máis básico”. Nese sentido, afeou que o Concello nin tan sequera executara o pasado ano 2023 a totalidade da partida, “xa de por si ridícula”, destinada ao mantemento destas pistas, deixando case un 20% sen gastar dos 180 mil euros orzamentados.

“Hai recursos para facelo, o único que fai falla é un Goberno que xestione e exerza as súas competencias”, asegurou Abalde sobre o plan urxente de reparación. O obxectivo da proposta nacionalista, subliñou, é que poidan estar operativas coa chegada do bo tempo nas vindeiras semanas.

O edil do Bloque puxo en valor a importancia deste tipo de instalacións, que permiten a práctica deportiva libre a unha grande cantidade de viguesas e vigueses en todos os barrios e parroquias. “Crianzas, mocidade e xente de maior idade acoden a elas pola súa proximidade e tamén por ser máis accesíbeis que outras instalacións nas que hai que solicitar quenda e teñen horarios restritivos”, destacou, chamando a intensificar a promoción do deporte como mellor maneira para ter unha cidade máis saudable.

La luz estará hoy dos horas a -1,01 euros/MWh, la cifra más baja registrada

0

En total habrá nueve las horas con precios negativos a partir de las 10 hasta las 19 horas

La luz registrará hoy su mínimo más bajo con un precio negativo de -1,01 euros por megavatio hora (MWh). Una cifra que se dará entre las 15 y las 17 horas, mientras que el precio medio seguirá su tendencia baja con 5,60 euros/MWh.

Según los datos del Operadora del Mercado Ibérico de Energía (OMIE), en total serán nueve las horas con precios negativos a partir de las 10 hasta las 19 horas y, además, habrá una hora a cero euros por megavatio hora (de 9 a 10 horas de la mañana).

En cambio, el valor máximo del precio de la luz de este domingo será de 21 a 22 horas, que se pagará a 30,77 euros por megavatio hora.

Con el de este domingo serán ya once los días de este mes de abril en los que el ‘pool’ ha registrado precios negativos en algunas de sus horas, un hecho que hasta el pasado 1 de abril no se había producido nunca.

O Concello executará un acceso “seguro” ao Ceip Párroco don Camilo

0

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para dotar ao centro educativo dunha nova entrada desde a estrada de Camposancos por un importe de 1,1 millón de euros

O alcalde avanzou este venres a decisión que permitirá crear unha “entrada segura e ampla” para o centro educativo situado en San Andrés de Comesaña, logo do rexeitamento da Xunta de Galicia á petición do Concello, que quería reformar o acceso aplicando a Lei Vigo. “A Xunta opúxose frontalmente cando se trata da seguridade do alumnado” que entra cada día en condicións “moi deficientes”.

Ante a negativa autonómica, o goberno municipal executará unha “nova obra” para solucionar o problema de accesibilidade do Ceip Párroco don Camilo a través da aprobación inicial do Plan Especial de infraestruturas e dotacións no Consello da Xerencia de Urbanismo.

O Concello abrirá unha nova vía, desde a estrada de Camposancos, cun ancho de máis de 16 metros para peóns e vehículos, con beirarrúas de 2 metros de ancho, dous carrís de 3,5 metros de ancho e unha rotonda á altura do centro que permitirá o xiro dos autobuses, e que será onde remate a vía.

Abel Caballero explicou que o goberno municipal investirá 1,1 millóns de euros nesta obra, que será “pagada na súa totalidade” polo Concello “dado a Xunta non quixo facelo”.

Trala aprobación inicial, o Plan Especial será sometido a información pública por un período de dous meses desde a publicación no DOG.

Dani Fernández sobe ao escenario de Castrelos o 13 de xullo

0

Abel Caballero anunciou esta mañá que o artista ciudadrealeño súmase ao cartel dos concertos das festas de verán da cidade

O alcalde deu a coñecer este venres a segunda cita do cartel de concertos programado no auditorio municipal de Castrelos dentro das festas de verán da cidade. O sábado 13 de xullo, Dani Fernández, que “se encontra no seu mellor momento”, subirase ao escenario para ofrecer un “grande concerto”, avanzou o rexedor.

Acaba de regresar á escena este 2024 con “Todo cambia”, o primeiro single do que será o seu próximo disco que verá a luz no outono: “La Jauría”. Trátase dun dos artistas de xénero pop máis destacados do momento.

Co seu segundo disco, “Entre las dudas y el azar”, foi disco de ouro, liderando a lista oficial de vendas en España, alzándose no primeiro posto na semana do seu lanzamento. Caballero destacou que é un artista tan premiado “que ata resulta difícil relatalos”, xa que recibiu: o Premio Ondas a “Fenómeno musical do ano”; o Premio Los40 Music Awards a “Mellor artista” e a “Mellor artista en directo”; o Premio Cadena Dial e o Premio Ídolo na categoría de música.

O de Dani Fernández é o segundo concerto confirmado para este verán:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Melendi (17 de agosto)

O BNG de Vigo denuncia que son máis de 11 mil as queixas veciñais rexistradas no Concello desde o inicio do mandato

0

A fronte nacionalista solicita que se constitúa a Comisión Especial de Queixas e Suxestións para “botar abaixo o muro de silencio co que Caballero lle vira as costas ás viguesas e aos vigueses”

Xabier P. Igrexas: “Este volume brutal de queixas evidencia a desatención das necesidades reais das viguesas e vigueses pola de xestión dun Goberno municipal reducido a un único superconcelleiro de propaganda na persoa do alcalde”

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar que o Concello de Vigo recibiu desde o inicio do actual mandato municipal, o 17 de xuño do pasado ano 2023, máis de 11 mil queixas por parte da veciñanza e de diferentes colectivos e entidades sociais, o que fai unha media de 37 queixas ao día.

Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, esta “enorme cantidade de queixas evidencia a insatisfacción cidadá e a desatención das necesidades da veciñanza de Vigo”, nomeadamente no referido ao funcionamento dos servizos públicos dependentes do Concello e tamén ao estado de “abandono” que padecen o conxunto dos barrios e parroquias da cidade.

“Non sabemos se todas esas persoas son tamén parte do club antiVigo no que Abel Caballero inclúe, día si e día tamén, a todo aquel que se atreve a denunciar a situación real da cidade, a demandar solucións aos problemas ou a formular alternativas fronte ao seu desgoberno” ironizou.

As 11.160 queixas contabilizadas no rexistro municipal non inclúen aquelas tramitadas polo Valedor do Cidadán, que desde o ano 2017 non presenta o seu informe anual perante o Pleno. Un feito que o nacionalista considera “moi preocupante porque incide nunha inda maior desprotección da cidadanía á hora de lograr que os seus reclamos e peticións sexan atendidos”.

Para Igrexas este volume “brutal” de queixas, que na súa maioría son ignoradas, “son o contraste obxectivo e rotundo da política aparencial do Goberno municipal de Abel Caballero que utiliza grandes anuncios, vistosas infografías e promesas reiteradamente incumpridas como xigantesca alfombra na que meter debaixo a realidade da cidade para ocultar o Vigo real que vivimos as viguesas e vigueses”.

Unha situación inxustificábel, en opinión do BNG, cando o Concello dispón de máis recursos económicos do que nunca e que ten como causa “a falla de xestión dun Goberno reducido a un único superconcelleiro de propaganda na persoa do alcalde”. Así o demostra, denuncian, que mentres as viguesas e vigueses padecen o mal funcionamento de instalacións municipais, avarías constantes en subministros esenciais como a auga, a falla de limpeza e mal estado de espazos públicos, o maltrato ao noso medio natural, ou demoras infinitas para poder facer algunhas xestións diante do Concello, o executivo de Caballero deixara sen gastar só no ano 2023 un total de 152 millóns de euros do orzamento municipal.

Comisión Especial

O BNG anunciou que vai solicitar a posta en marcha a Comisión Especial de Queixas e Suxestións do Concello, que malia o seu carácter obrigatorio, non foi constituída este mandato como xa pasara no anterior.

“Entendemos que é absolutamente necesario este organismo para poder realizarmos unha fiscalización moito máis intensa e sobre todo efectiva da atención que se dá ás queixas da veciñanza da cidade”, explicou o portavoz municipal nacionalista.

“Temos que botar abaixo o muro de silencio co que Caballero lle vira as costas ás viguesas e aos vigueses”, remachou Igrexas.

El PP de Vigo denuncia que el proyecto de la Avenida de Madrid está parado por la falta de conformidad del Ministerio y el Concello

0

El propio departamento de Transportes y Movilidad Sostenible ha reconocido al Partido Popular que la Comisión de Seguimiento de la reforma todavía “está supervisando” el documento elaborado

La diputada viguesa Irene Garrido alerta de que existe riesgo de que las obras tampoco empiecen en 2024, ejercicio para el que se reservaron 7,7 millones de euros, por lo que pide celeridad en la tramitación

El Partido Popular ha denunciado este viernes que el proyecto de reforma de la Avenida de Madrid todavía está pendiente del visto bueno del Gobierno de España y del Concello de Vigo, administraciones que componen la Comisión Paritaria de Seguimiento de la obra. Una situación que pone en riesgo el inicio de las obras para este 2024, ejercicio para el que se reservó una inversión de 7,7 millones de euros.

En respuesta a la pregunta formulada el pasado 5 de marzo por cuatro diputados gallegos en el Congreso, entre los que se encuentra la parlamentaria y concejala viguesa Irene Garrido, el propio Gobierno de España reconoce que el proyecto redactado por Ineco aún “se está supervisando con objeto de obtener la conformidad de la Comisión de Seguimiento”. Una contestación que, en palabras de la edil olívica, ha causado “cierto asombro” en el PP, dado que a este paso todavía le deben seguir muchos otros. Esta circunstancia hace sospechar a los populares que los trabajos no comenzarán este año.

La diputada viguesa ha recordado que el convenio publicado en el BOE en agosto de 2023 establece que el proyecto debe contar con la conformidad de la Comisión Paritaria de Seguimiento, una tarea que “llevará tiempo”. Una vez finalizada esa supervisión, el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible debe aprobarlo. Luego debe ser devuelto a la citada comisión para elevarlo a la Junta de Gobierno Local de Vigo y que ésta le dé luz verde. Pasos que, dada la “lentitud” con la que se suelen mover estas administraciones, dificultan que la obra empiece en 2024.

“¿Pero no estaba todo encarrilado, tal y como aseguró Abel Caballero con su habitual e inequívoca rotundidad?”, se ha preguntado Irene Garrido. “Pero claro, quién puede creer a Abel Caballero cuando hace poco más de un mes mintió al culpar a la Xunta de un supuesto retraso en el proyecto por la de falta de dos informes, cuando uno de los cuales lo había solicitado ese mismo día y el otro ni siquiera lo había pedido. Pero es que ni siquiera se trata de informes, sino de autorizaciones, que son cosas distintas”, ha añadido.

Garrido ha explicado, además, que la licitación de los trabajos se puede realizar sin necesidad de esos permisos. “¿De verdad que Abel Caballero no sabe esto? Porque bien que pedía lo mismo antes de que la Xunta de Galicia acometiera la última ampliación del Ifevi. ¿Es que tiene mala memoria?”, ha cuestionado. En definitiva, tal y como constata el PP, la respuesta que ofrece el propio Ministerio de Transportes evidencia que la única razón por la que la reforma de la Avenida de Madrid no avanza es por culpa de los gobiernos socialistas de España y Vigo.

A Deputación de Pontevedra asina un convenio coa Federación Galega de Fútbol por valor de 120.000 euros para a Copa Deputación 2024

0

O presidente provincial Luis López remarcou que “tras uns anos de parón contribuímos a que esta proba deportiva, de enorme popularidade entre o fútbol base e de categorías da provincia, regresara este ano”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar un convenio de colaboración entre a institución provincial e a Federación Galega de Fútbol, por valor de 120.000 euros, para a Copa Deputación 2024. “Tras uns anos de parón –remarcou o presidente provincial Luis López – contribuímos a que esta proba deportiva, de enorme popularidade entre o fútbol base e de categorías da provincia, regresara este ano”.

López salientou que “a Copa Deputación é un trofeo que reúne a centos de deportistas de todos os puntos da provincia e cremos que é unha competición que merece a pena seguir celebrando e apoiando. Máxime, se somos o goberno provincial do deporte”. Deste xeito, recordou que na Copa masculina están participando todos os equipos da provincia, adscritos ás delegacións de Pontevedra, Santiago e Vigo, inscritos nas distintas divisións da categoría afeccionados de ámbito autonómico, e, pola súa banda, na feminina os equipos da categoría sénior feminino de ámbito autonómico adscritos ás mesmas delegacións. En función da categoría na que compitan, os equipos reciben contías que abranguen entre os 300 e os 800 euros, iguais tanto para os equipos masculinos como para os femininos. Ademais, a Deputación de Pontevedra faise cargo, entre outras cuestións, de sufragar os gastos asociados dos arbitraxe e dos premios, tanto da fase previa como das eliminatorias e da final.

Un vecino de Vilagarcía necesitó asistencia médica tras incendiarse un deshumidificador en su vivienda

0

El electrodoméstico estaba instalado en un baño anexo a un dormitorio y, aunque el fuego se sofocó rápido, los daños por humo en la vivienda eran evidentes

Un vecino de Vilagarcía ha precisado de asistencia médica después de incendiarse un deshumidificador en su vivienda.

Los hechos, informan desde el 112 Galicia, sucedieron antes de la una de esta madrugada en un piso de la Rúa Arapiles, en Vilagarcía.

Allí acudieron los equipos de extinción después de recibir el 112 Galicia la llamada de un familiar del afectado por un fuego que comenzó en un deshumidificador. El electrodoméstico estaba instalado en un baño anexo a un dormitorio y, aunque el fuego se sofocó rápido, los daños por humo en la vivienda eran evidentes.

Con todo, el ocupante, que recibió asistencia médica en el mismo lugar de los hechos sin que fuera necesario su traslado, decidió pasar allí la noche tras asegurar los efectivos de extinción buenos niveles de oxígeno.

Ciertamente, la respuesta ágil de los agentes de la Policía Local y Nacional, que aplicaron el contenido de un extintor, permitió que todo se resolviera con mayor celeridad.

Así, además de los profesionales de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 y agentes de seguridad, acudieron los Bomberos de Vilagarcía y el servicio local de emergencias.

Dos detenidos al desarticular un punto negro de venta de drogas en Navia

0

La investigación se inició a raíz de la recepción de informaciones en las que se ubicaba en esta zona de Vigo un posible punto de venta de sustancias estupefacientes

Dos hombres han sido detenidos este jueves en Vigo por un presunto delito de tráfico de drogas en una operación que llevaron a cabo agentes de la Comisaría de la Policía Nacional de Vigo-Redondela, grupo Udyco, y que permitió desarticular un punto negro de venta de sustancias estupefacientes en el barrio de Navia.

La investigación, según ha explicado la Policía Nacional, se inició a raíz de la recepción de informaciones en las que se ubicaba en esta zona de la ciudad un posible punto de venta de droga.

Los investigadores constataron que los autores del delito eran dos hombres que, en su propio domicilio, distribuían pequeñas cantidades de sustancia estupefaciente, concretamente heroína, a consumidores e intermediarios.

Ambos fueron detenidos este jueves y se les incautaron efectos y útiles para la elaboración de la droga, varias básculas de precisión, dinero en efectivo y sustancia estupefaciente (heroína), además de teléfonos móviles.

También se efectuó el registro del domicilio de los detenidos, utilizado para reparto y distribución de la droga, lo que evidenció, a juicio de los agentes, su participación en un delito de tráfico de drogas. 

Dani Fernández actuará en el auditorio de Castrelos de Vigo el 13 de julio

0

Se une a Melendi, que fue el primer concierto anunciado para Castrelos y que tendrá lugar el 17 de agosto

Dani Fernández actuará en el auditorio de Castrelos de Vigo el sábado 13 de julio.

En un audio enviado a los medios de comunicación, el alcalde, Abel Caballero, ha dado a conocer el segundo artista que visitará la ciudad en el marco de las Fiestas de Vigo organizadas por el Ayuntamiento.

El regidor ha puesto en valor la carrera de Dani Fernández, que presentará su nuevo trabajo ‘Todo cambia’.

Fernández se une a Melendi, que fue el primer concierto anunciado para Castrelos este año, que se llevará a cabo el 17 de agosto.