Dani Fernández sobe ao escenario de Castrelos o 13 de xullo

Abel Caballero anunciou esta mañá que o artista ciudadrealeño súmase ao cartel dos concertos das festas de verán da cidade

O alcalde deu a coñecer este venres a segunda cita do cartel de concertos programado no auditorio municipal de Castrelos dentro das festas de verán da cidade. O sábado 13 de xullo, Dani Fernández, que “se encontra no seu mellor momento”, subirase ao escenario para ofrecer un “grande concerto”, avanzou o rexedor.

Acaba de regresar á escena este 2024 con “Todo cambia”, o primeiro single do que será o seu próximo disco que verá a luz no outono: “La Jauría”. Trátase dun dos artistas de xénero pop máis destacados do momento.

Co seu segundo disco, “Entre las dudas y el azar”, foi disco de ouro, liderando a lista oficial de vendas en España, alzándose no primeiro posto na semana do seu lanzamento. Caballero destacou que é un artista tan premiado “que ata resulta difícil relatalos”, xa que recibiu: o Premio Ondas a “Fenómeno musical do ano”; o Premio Los40 Music Awards a “Mellor artista” e a “Mellor artista en directo”; o Premio Cadena Dial e o Premio Ídolo na categoría de música.

O de Dani Fernández é o segundo concerto confirmado para este verán:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Melendi (17 de agosto)