A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas estrean os Buses da Vendima con percorridos desde Pontevedra e Vigo ata o Condado e O Rosal esta fin de semana

0

Con esta proposta preténdese dar a coñecer o proceso de recollida da uva nas subzonas do Condado, o sábado 21 de setembro, e O Rosal, o domingo 22. Ofértanse 20 prazas cada día e as entradas pódense adquirir xa en ataquilla.com

A Deputación de Pontevedra xunto coa Ruta do Viño Rías Baixas estrean os Buses da Vendima, unha iniciativa a través da cal pretenden dar a coñecer o proceso de recollida da uva nas subzonas do Condado, o sábado 21 de setembro, e O Rosal, o domingo 22. En total, ofértanse 20 prazas para cada un dos días e as entradas pódense adquirir xa en ataquilla.com a un prezo de 18,50 € por persoa.  Os autobuses partirán e chegarán a Pontevedra e Vigo.

O bus da vendima pola subzona do Condado do Tea contempla unha parada na adega Señoría de Rubiós para coñecer o proceso, así como unha visita a Nande hotel da Natureza e un paseo por Ponteareas antes de rematar a xornada cunha visita guiada ao Castelo de Sobroso. Inclúe as visitas, a explicación do proceso de elaboración do viño, a participación na propia vendima e unha cata de mosto e viños da bodega con aperitivo. A saída será ás 9.30 de Pontevedra (Praza de Galicia) e ás 10:00 horas de Vigo (Centro Comercial A Laxe) con chegada ás 19:30 horas a Vigo e ás 20.00 horas a Pontevedra. Pola súa banda, o percorrido pola subzona do Rosal inclúe a visita a adega Terras Gauda, unha visita á Guarda e un paseo en barco histórico polo río Miño. Inclúe as visitas, o proceso de elaboración dos viños tanto en viñedos coma no interior da adega, a participación na propia vendima, unha cata de mostos e a degustación de tres viños acompañados dun aperitivo. A saída, ao igual que a ruta anterior, será ás 9:30 de Pontevedra (Praza de Galicia) e ás 10:00 horas de Vigo (Centro Comercial A Laxe) con chegada ás 19:30 horas a Vigo e ás 20:00 horas a Pontevedra.

Auxilian a un palangrero en O Berbés

0

En el despliegue intervienen dos remolcadores, además de Capitanía Marítima y el Puerto de Vigo

El Palangrero ‘Siempre Perla’ ha sido auxiliado en el muelle de O Berbés esta mañana tras escorar a estribor de modo peligroso.

Al parecer, el barco, que llevaba escorado 24 horas, perdió posición debido a un fallo en el las válvulas del gasoil, que no le dejaban distribuir el combustible para el costado de babor.

El muelle en el que se encuentra tiene, asimismo, un escalón al que se le enganchó la quilla de balance. De este modo, y según baja la marea, el barco va escorando.

El incidente ha tenido lugar esta mañana hacia las 07.00 horas en la dársena 4 del muelle. En el despliegue intervienen dos remolcadores, además de Capitanía Marítima y el Puerto de Vigo. Se encuentran también en el lugar efectivos de medio ambiente que han desplegado barreras anticontaminación para prevenir posibles vertidos.

La Xunta celebra hoy en Vigo una reunión ciudadana para «enriquecer» el plan de usos del Teatro Fraga

0

El encuentro arrancará a las 19 horas en la Delegación mientras que por correo ya se han recibido más de 200 propuestas

La delegación territorial de la Xunta en Vigo celebrará hoy una reunión abierta a la ciudadanía para «enriquecer» el plan de usos del Teatro Fraga. El objetivo es conocer las propuestas y sugerencias de los vigueses y diseñar este documento.

El encuentro arrancará a las 19.00 horas y al mismo acudirán, entre otros, el conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López.

Tras su compra este pasado verano por más de 9,3 millones de euros, pagados en un 51% por la Xunta y un 49% por la Diputación de Pontevedra, ahora es el momento de su rehabilitación y de dotarlo de un plan de usos para su reapertura al público.

Por ese motivo, ambas administraciones entienden que la sociedad tiene que jugar un papel «fundamental» en el diseño de sus futuros usos, por lo que se ha puesto en marcha la campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, con la que se realizarán encuentros con vecinos para conocer sus propuestas y se ha abierto un correo electrónico para sugerencias.

La primera de estas reuniones será este martes, mientras que por correo ya se han recibido más de 200 propuestas, tras abrirse el pasado agosto.

Rueda anuncia que la Xunta destinará cerca de 8 M€ a la adquisición de 143 viviendas de promoción pública en la comunidad autónoma para destinarlas al alquiler

0

El Ejecutivo gallego autoriza la compra a particulares de viviendas construidas por el Instituto Gallego de Vivenda e Solo y adjudicadas en régimen de compraventa, cuyos propietarios quieren ahora venderlas

Rueda subraya que de las 143 viviendas que se prevén adquirir, «6 están situadas en la provincia de A Coruña, 103 en la de Lugo, 21 en la de Ourense, y 13 en la de Pontevedra»

Estos inmuebles mantendrán su actual cualificación de promoción pública 

El Gobierno gallego está impulsando la construcción o rehabilitación de más de un millar de viviendas de promoción pública, en la búsqueda de cumplir el objetivo de duplicar el número de viviendas públicas en esta legislatura, hasta las 8.000

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, anunció hoy que el Gobierno autonómico va a invertir 8 millones de euros «en la adquisición de 143 viviendas y promoción pública que están a la venta para destinarlas a alquiler».

Una medida que se enmarca en el compromiso «de duplicar el parque público residencial en esta legislatura» para poder facilitar el acceso a vivienda a los gallegos, «especialmente a los colectivos más vulnerables».

La actuación impulsada por el Gobierno gallego tiene como objetivo la compra  a particulares de viviendas protegidas de promoción pública, que en su día fueron construidas por el Instituto Gallego de Vivenda e Solo (IGVS), adjudicadas en régimen de compraventa, y cuyos  propietarios quieren ahora venderlas.

De las 143 viviendas que se prevén adquirir, y que están repartidas por toda Galicia, «6 están situadas en la provincia de A Coruña, 103 en la de Lugo, 21 en la de Ourense, y 13 en la de Pontevedra», según explicó Rueda, quien resaltó que la gran mayoría son «en ayuntamientos pequeños».

Se trata de inmuebles que siguen manteniendo la cualificación de vivienda de promoción pública en el momento actual, y que fueron puestas a la venta por sus propietarios a través del procedimiento de segundas transmisiones regulado por la normativa vigente, que indica que las mismas se ofrecerán a través de la web de la entidad dependiente de la Consellería de Vivenda ePlanificación de Infraestruturas, el IGVS.

Al amparo de la normativa vigente, la Xunta de Galicia prevé así adquirir las viviendas de promoción pública que se encuentran incluidas en el procedimiento de segundas transmisiones. En caso de que algunas de las viviendas inicialmente previstas no puedan ser adquiridas por algún impedimento registral o de otra índole, el IGVS podrá adquirir otras viviendas que se encuentren anunciadas en publicidad permanente por el proceso de segundas y posteriores transmisiones.

El precio de adquisición de cada vivienda es el establecido por la normativa para la venta en segunda transmisión de viviendas de promoción pública. Las viviendas que se adquieran seguirán cualificadas como de promoción pública y serán adjudicadas en régimen de alquiler.

Una vez autorizada hoy por el Ejecutivo autonómica este acuerdo, el IGVS se dirigirá a los propietarios para comunicarles el interés en la adquisición de la vivienda y solicitar la documentación necesaria. 

La Xunta de Galicia mantiene como una de sus prioridades garantizar el acceso la una vivienda digna y adecuada a las personas y familias con escasos recursos económicos, vulnerables o en situación de exclusión social, así como facilitar soluciones habitacionales a colectivos afectados por procedimientos de ejecuciones hipotecarias y lanzamientos derivados de la falta de pago de las rentas de los contratos de arrendamiento.

En el compromiso conseguido por el Gobierno gallego de incrementar el número de viviendas que forman el parque público de viviendas, la Xunta de Galicia está trabajando, además de en esta adquisición, en la construcción o rehabilitación de más de un millar de viviendas de promoción pública. El objetivo es duplicar el número de viviendas públicas en esta legislatura, hasta conseguir las 8.000.

O alcalde reclama á Xunta que coopere na construción do túnel desde Elduayen a Torrecedeira

0

“É unha gran prioridade na cidade”, sinalou Caballero, que avanzou que o Concello está redactando o proxecto da obra que ten un orzamento previo estimado de 20 millóns de euros, a expensas do que recolla o proxecto construtivo

O rexedor informou que o goberno municipal vén de recibir a autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia para o proxecto de continuación do túnel desde Elduayen a Torrecedeira quedando resolta “tecnicamente a presenza das murallas no substrato do solo”.

O goberno de Vigo está redactando xa o proxecto de prolongación de soterramento do tráfico rodado entre as citadas rúas co fin de facer a “recuperación peonil de todo o centro da cidade: Paseo de Alfonso, Elduayen e Porta do Sol, que xa é peonil nestes momentos”. As estimacións iniciais “a expensas do proxecto construtivo”, que son susceptibles de ser modificadas, sitúan o orzamento da obra en “arredor de 20 millóns de euros”.

Abel Caballero apuntou que vén de remitirlle unha carta a Alfonso Rueda para solicitar a participación económica da Xunta de Galicia na construción do túnel. “É unha gran prioridade na cidade. Rueda dime que queren cooperar coa cidade nos proxectos prioritarios e este é o máis prioritario, ten concreción en moi curto prazo e forma parte do que ten que completar a cidade”. Engadiu que no pasado mes de xuño, canto se reuniu co presidente da Xunta, o goberno municipal non contaba coa autorización de Patrimonio pero “agora que sabemos que poden salvarse ben as murallas, aparece unha grande prioridade na cidade: completar o túnel desde Elduayen ata Torrecedeira; ter un túnel que vaia desde Policarpo Sanz a Torrecedeira”.

Na misiva, o alcalde de Vigo solicítalle ao presidente da Xunta “cooperación económica” para este proxecto, “e non descartamos outros proxectos de grande importancia como o túnel de Beiramar” pero será “a medio prazo porque está nun estadio moito máis preliminar tecnicamente. Temos que poñernos dacordo o Concello, a Xunta, o Goberno de España e o Porto de Vigo ”.

Nestes momentos, recalca Caballero “a prioridade da cidade é levar o túnel desde Elduayen a Torrecedeira e recórdolle -a Rueda- que un proxecto similar, o túnel do Parrote para peonalizar unha zona da Coruña, foi cofinanciado desde a Xunta na cidade da Coruña. Por tanto, arrancamos coa certeza de que a Xunta vai contestar afirmativamente”.

Así mesmo, unha vez que se reciba esa resposta da Xunta, o alcalde ponse “á disposición” do presidente da Xunta e “suxire” que esta cuestión “pode tratarse na comisión de infraestruturas entre Concello e Xunta onde “poderiamos concretar as cantidades que a Xunta debe dedicar á cidade”.

Caballero destaca a importancia da formación en seguridade viaria que imparte o Concello nos colexios

0

Abel Caballero explicou este luns ao alumnado de quinto de Educación Primaria do Colexio Apóstolo Santiago a importancia do contido dos ensinos en materia de seguridade viaria que imparten os expertos da Unidade de Educación Vial da Policía Local do Concello de Vigo

O alcalde defendeu hoxe, ante o estudantado de quinto de primaria do Colexio Apóstolo Santiago, que asistiron a unha das primeiras clases de educación viaria, que a materia que imparte o Concello “é unha disciplina da máxima importancia nos colexios, e por isto este curso, como en todos os anteriores, seguimos coa formación nos centros educativos da cidade”.

O rexedor lembrou que as clases impartidas por axentes expertos da Unidad de Educación da Policía Local de Vigo están dirixidas aos estudantes de quinto e sexto de primaria, así como aos do todo o ciclo de Educación Secundaria, desde primeiro ata cuarto, ademais de aos de Formación Profesional Básica e Educación Especial.

Caballero detallou que a formación, adaptada a idade dos escolares, está centrada en todos os temas relativos seguridade viaria: desde a prevención de accidentes, á sinalización, o cinto de seguridade, ou o uso do móbil. “Todo o que ten que ver coa circulación”, recalcou.

Detenido un hombre tras intentar robar una farmacia amenazando con una navaja

0

Agentes de la Policía Local de Vigo detuvieron el pasado 14 de septiembre a un hombre de 41 años, identificado como J.R.l.G., acusado de intentar perpetrar un robo con violencia en una farmacia situada en la Avenida de la Florida.

El suceso tuvo lugar a las 09:45 horas, cuando el individuo ingresó en el establecimiento y entregó al farmacéutico una nota manuscrita en la que amenazaba con matar a todos los presentes si se activaba el sistema de alarma o se contactaba con la policía. El empleado, al notar que el hombre portaba una navaja, quedó paralizado de miedo.

El asaltante, nervioso ante la falta de respuesta, comenzó a golpear el mostrador con el puño, momento que el farmacéutico aprovechó para intentar desarmarlo, lo que desencadenó un forcejeo entre ambos. El agresor trató sin éxito de apoderarse de la caja registradora. Finalmente, abandonó el local a la carrera sin conseguir su objetivo, siendo perseguido brevemente por el empleado, quien perdió su rastro en un callejón cercano.

Gracias a la descripción física aportada por los testigos y las imágenes captadas por las cámaras de seguridad, las fuerzas de seguridad desplegaron un operativo por la zona. Minutos después, una empleada de la farmacia localizó al sospechoso en la Avenida de Castelao y avisó a la policía.

Aunque el individuo había intentado cambiar su indumentaria, los agentes lograron identificarlo y procedieron a su detención. El arrestado opuso resistencia activa, lo que obligó a los policías a inmovilizarlo antes de trasladarlo a dependencias policiales.

Los hechos han sido puestos en conocimiento de la autoridad judicial competente.

A WordCamp Pontevedra reunirá na UVigo preto de 300 emprendedores e profesionais do desenvolvemento web

0

A Facultade de Comunicación acolle este congreso sobre WordPress do 20 ao 22 de setembro

Entre o venres 20 e o domingo 22, a Facultade de Comunicación será novamente sede da WordCamp Pontevedra, un congreso centrado no xestor de software libre máis empregado para a creación de páxinas web, WordPress, e no que a organización prevé reunir preto de 300 persoas. Tanto profesionais do deseño e o desenvolvemento web, como emprendedores e emprendedoras, alumnado universitario e persoas interesadas en iniciarse no deseño web tomarán parte na quinta edición deste evento coordinado pola comunidade WordPress Pontevedra, que a UVigo acolle desde os seus inicios, ao abeiro dun convenio coa WordPress Foundation. No seu programa insírense máis dunha vintena de conferencias e talleres, que nesta edición porán o foco no emprendemento, así como un hackatón no que as e os participantes deseñarán conxuntamente as webs de tres organizacións sen ánimo de lucro.

A vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, e a presidenta da comunidade WordPress Pontevedra, Sabela Muñiz, presentaron este luns a programación dun evento que mantén aberta a súa inscrición. Esta, como lembrou Lantarón, conta cun prezo reducido de 10 euros para o alumnado e de 25 ou 20, segundo a modalidade, para o público xeral. “Este congreso encaixa perfectamente co plan estratéxico da Universidade”, sinalou a vicerreitora, que incidiu tanto na aposta do evento pola sustentabilidade e pola solidariedade, a través do hackatón, como na importancia que outorga nesta edición ao emprendemento. “Na Universidade non só formamos profesionais, senón que fundamental axudalos a emprender nas súas ramas de coñecemento”, sinalou Lantarón, mentres que Torres puxo o foco na importancia que ten para a Facultade de Comunicación ser novamente sede “dunha cita de referencia no panorama de Pontevedra e de Galicia”, que ademais ten como eixe central unha “serie de ferramentas que son fundamentais” no eido da comunicación dixital. Nese senso, a decana lembrou a importancia desta iniciativa non só para complementar a formación do alumnado, futuras e futuros profesionais “da creación e a difusión de contidos no ámbito dixital”, senón tamén pola posibilidade que lles outorga para o “establecemento dunha rede contactos” con profesionais.

“Gústanos estar nun espazo onde se transmite coñecemento, porque ao final ese é tamén o obxectivo do noso grupo, compartir coñecementos e que todos os asistentes marchen cunha serie de ferramentas que poidan aplicar nos seus proxectos”, engadiu Muñiz, que lembrou que a WordCamp non é un evento limitado a persoas especialistas nesta plataforma, xa que reúne no seu programa “charlas de todos os niveis”.

Unha edición que centrada no emprendemento

Unha das novidades desta edición da WordCamp é que esta terá como eixe central o emprendemento, “porque pensamos que WordPress é unha ferramenta fundamental para calquera proxecto que queira ter unha presenza dixital e chegar a un público máis amplo”, sinalou Muñiz. Partindo desa idea, outra das novidades é a aposta por formatos “máis participativos”, de tal xeito que ás conferencias sumaranse tamén “consultorías e auditorías”, na que as e os asistentes poidan abordar con especialistas aspectos concretos dos seus proxectos.

Esta serie de actividades desenvolveranse ao longo do sábado 21, xornada na que terán lugar unha vintena de coloquios e talleres centrados en cuestións como comercio electrónico, optimización en motores de busca, marca e posicionamento, difusión de podcasts ou lanzamento de starupts no ecosistema WordPress.

Previamente, o venres 20 terá lugar o hackatón, que se verá precedido por un taller de iniciación a WordPress, impartido por Fernando Tellado, “un dos maiores referentes de WordPress de fala hispana”. Trátase de dúas actividades de carácter gratuíto, na que a inscrición é independente da asistencia a WordCamp e na que asistentes poderán colaborar no deseño das “webs de tres asociacións sen ánimo de lucro». Concretamente, os colectivos aos que se prestará este apoio nesta edición serán as asociacións Enredar para Actuar e Inner Wheel Vigo e o proxecto Voces ocultas, no que persoas con diversidade funcional desenvolven actividades escénicas e audiovisuais. 

Por outra banda, “como WordPress é unha ferramenta de código aberto, coa que calquera pode colaborar”, o evento completarase o domingo 22 co chamado Día da Comunidade, no que as e os participantes traballarán na mellora desta plataforma. 

El Puerto de Vigo recibe esta semana a 12.000 cruceristas

0

El Puerto de Vigo recibirá esta semana a alrededor de 12.000 cruceristas que llegarán a la ciudad por mar a bordo de cinco cruceros, dos de ellos en escala inaugural. El primero en atracar en el Muelle de Trasatlánticos fue el “Hebridean Sky”, que llegó ayer domingo y permanecerá amarrado hasta las 22h. de hoy, momento en el que pondrá rumbo a Figueira da Foz, en Portugal. Se trata de un buque de expedición con apenas 96 pasajeros, en su mayoría británicos, y 72 tripulantes, a lo largo de sus 90 metros de eslora. Mañana martes le tocará el turno al “Vasco da Gama” y al “Ambience” en escala doble; el miércoles al “Anthem of the Seas” y el jueves al “MSC Virtuosa”. Con estas escalas, la institución que preside Carlos Botana espera cerrar 2024 con cerca de 90 arribadas y alrededor de 200.000 pasajeros, superando, de esta forma, las previsiones iniciales.

A Deputación investiu no sur da provincia máis de 1,6 millóns de euros a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

0

Luis López salientou o plan, no que se financiaron 28 proxectos na zona, como un reflexo da aposta da Deputación polo municipalismo e o deporte

A Deputación de Pontevedra investiu no sur da provincia (comarcas de Vigo, O Baixo Miño, O Condado e A Paradanta) máis de 1,6 millóns de euros a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, con achegas aprobadas para 24 concellos. En concreto, financiáronse un total de 28 proxectos, que mobilizaron preto de 2,5 millóns de euros, xa que o orzamento podía completarse con achegas municipais, doutras administracións ou incluso de plans provinciais como o +Provincia.

Na comarca de Vigo, Baiona recibiu 81.234,38 € para a reforma do campo de fútbol do Aral (complementado con 238.423,42 € do +Provincia). Fornelos de Montes obtivo 28.332,46 € para a ampliación da cuberta entre varias edificacións deportivos e a clausura dos ocos da pista de pádel. Gondomar recibiu 94.159,06 € para dúas actuacións nas pistas polideportivas das Cercas: o seu acondicionamento (49.904,32 €) e a instalación de iluminación (56.321,01 €). Mos obtivo 95.288,31 € para a mellora das súas instalacións deportivas. Nigrán investiu 109.366,88 € en dúas actuacións: a construción dunha pista de pumptrack (75.401,17 €) e a construción dunha pista de surfskate (44.356,91 €). Pazos recibiu 35.122,72 € para o proxecto de cuberta da pista de pádel. O Porriño destinará os seus 120.974,93 € na ampliación e mellora de accesibilidade do pavillón municipal. Redondela recibiu 163.615,03 € para a obra de substitución do céspede artificial no campo de fútbol de Chapela. Salceda de Caselas destinou os 66.593,65 € para a mellora das instalacións técnicas das piscinas municipais. Por último, Soutomaior obtivo 57.535,03 € para a reforma da entrada principal do campo de fútbol municipal de Candán e outras melloras no pavillón da Montesiña.

No caso do Baixo Miño, A Guarda recibiu 69.715,10 € para o acondicionamento das dependencias do campo de fútbol da Sangriña. Oia obtivo 35.527,08 € para o proxecto de construción dun pumptrack. O Rosal destinou 52.145,23 € a tres actuacións: a adquisición dun videomarcador para o pavillón municipal (33.862,15 €), a adquisición de porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal (11.698,99 €) e a adquisición de bicicletas (6.584,09 €). Tomiño recibiu 88.286,00 € para a reforma da cuberta e fachada do pavillón de deportes da Carballa, mentres que Tui obtivo 106.018,60 € con destino á substitución de cuberta e mellora da ventilación da pista polideportiva de Randufe.

No Condado e A Paradanta, Arbo recibiu 33.268,59 € para a reforma dos vestiarios do campo de fútbol municipal. A Cañiza obtivo 45.562,08 € para a ampliación da cuberta das súas pistas de pádel. Covelo recibiu 32.568,36 € para o proxecto de cambio de cuberta da grada do campo de fútbol municipal. Crecente obtivo 29.890,72 € para a mellora das instalacións e remodelación da piscina municipal. Pola súa parte, Mondariz recibiu 42.272,96 € destinados á mellora das piscinas municipais, mentres que Mondariz-Balneario investiu 23.692,20 € na modernización, remodelación e mellora das instalacións públicas deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador. As Neves recibiu 38.811,26 € con destino á instalación de pavimento no seu pavillón municipal. Ponteareas obtivo 133.998,23 € cos que financiará o proxecto básico e de execución do campo de fútbol de San Mateo (cunha inxección complementaria de 43.461,27 € do plan +Provincia) e Salvaterra de Miño recibiu 70.040,56 € para o acondicionamento de vestiarios no campo de fútbol de Oural. Na súa valoración global do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o presidente Luis López sinalou que este é “a máxima expresión do que somos como goberno: a Deputación do municipalismo e do deporte”. O responsable provincial sinalou a súa grande acollida, xa que se financiaron un total de 75 proxectos dos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. “Este foi un dos primeiros plans que anunciamos como goberno, e reafirma o noso compromiso para mellorar e renovar as infraestruturas deportivas da provincia, que son auténticos templos para os hábitos de vida saudable, o lecer e o talento deportivo”, subliñou López.