A Deputación e a Xunta reúnen máis de 150 persoas para enriquecer o plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo no primeiro encontro aberto á cidadanía

0

O presidente Luis López e o conselleiro Jose López agradecen a implicación da veciñanza e os axentes culturais por acudir a esta convocatoria e amosar o seu interese para a recuperación deste emblema arquitectónico vigués

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta, Jose López; mantiveron na tarde de onte un encontro con máis de 150 persoas para tomar nota das súas propostas e incorporalas á redacción do plan de usos do Teatro Cine Fraga no primeiro encontro aberto á cidadanía do que ambos os dirixentes destacaron a ampla asistencia, que demostra que “o Fraga conta con moi bos valedores”, afirmou o dirixente provincial.

No encontro, que tivo lugar na Delegación da Xunta en Vigo, participaron representantes do tecido asociativo e cultural, así como particulares da cidade de Vigo e do conxunto da provincia. “Vós ides definir a nova vida do Fraga e ides garantir que medre como un centro cultural referente para Vigo, a provincia, Galicia e todo o noroeste de España”, subliñou López, nunha reunión na que tamén participou a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez.

Antes de ceder a palabra aos asistentes, o titular do goberno provincial salientou a importancia desta reunión, “unha cita xusta”, coa cidadanía viguesa e con membros da industria cultural viguesa para recibir a atención que merecen. Neste sentido, Luis López referiuse á implicación —“desde o minuto un en que o avanzou o presidente Rueda”— do organismo provincial na reapertura do Fraga como mostra do compromiso da Deputación coa cultura e o apoio ao sector cultural de Vigo e da provincia.

Así mesmo, Luis López fixo fincapé na vontade da Deputación e da Xunta de escoitar aos distintos estamentos da sociedade para elaborar o plan de usos para o cine Fraga dun xeito aberto e participativo. Un talante que tivo unha moi boa acollida por parte da cidadanía como demostran os centos de propostas recibidas na caixa de correos habilitada para deseñar o futuro do Cine Fraga.

Vigo, no centro da axenda investidora da Deputación

A necesaria colaboración institucional entre a Deputación e a Xunta para adquirir o inmoble por 9,3 millóns de euros para volver abrir as súas portas despois de máis dunha década sen uso é outro dos aspectos que destacou López durante o encontro. “A colaboración institucional é moito máis útil que a crispación, o Fraga é un exemplo”, afirmou o dirixente. Unha aposta da Deputación polo cine Fraga que demostra que “Vigo está no centro da axenda investidora da Deputación”, defendeu López. Un esforzo investidor na principal cidade de Galicia que non se limita unicamente ao Fraga senón que acada os 30 millóns de euros ao incluír a reforma da Grada de Gol de Balaídos ou as actuacións para as rampas de Pintor Colmeiro, a humanización de San Roque ou a mellora da accesibilidade en Juan Ramón Jiménez.

“Cumprir a palabra dada”, resumiu Luis López as accións que está a levar a cabo a Deputación e a Xunta co Cine Fraga, que despois de formalizar a compra segue avanzando cara a súa reapertura, primeiro co inicio do proceso participativo e agora coa primeira reunión cos colectivos. “Imos en serio”, insistiu o mandatario provincial, antes de dar as grazas a todos os asistentes por asistir a esta convocatoria, polo interese polo plan de usos e por manter a demanda de recuperar o Cine Fraga. “Deputación e Xunta estamos a cumprir o desexo de Vigo, rematou.

Concello e Vego Supermercados cooperan nas viaxes a cinco espazos naturais de Galicia do programa «Camiño a Camiño»

0

O goberno municipal de Vigo aprobou o convenio de colaboración con Vego Supermercados para facilitar as viaxes a cinco contornas ambientais singulares de Galicia que se desenvolverán este outono dentro do programa de actividades “Camiño a Camiño 2024”.

Abel Caballero avanzou este martes que o programa “Camiño a Camiño 2024” permitirá a 750 persoas participar, nos meses de setembro e outubro, nun dos cinco roteiros organizados para percorrer áreas naturais de Galicia que contan cun grande valor ambiental.

O alcalde destacou que a elección dos cinco destinos ambientais galegos do programa “Camiño a Camiño”, “é a forma en Vigo de seguir facendo viaxes para coñecer a natureza e poñernos, sempre, ao lado do medioambiente».

Roteiros:

• Monte do Pindo, en Carnota. Inclúe a visita á Fervenza o Ézaro.
• Parque Natural de Corrubedo. Está prevista a contemplación do complexo dunar .
• Reserva da Biosfera de Allaríz. Observación da convivencia entre a conservación da natureza e a actividade da poboación
• Sierra do Galiñeiro. Percorrido desde Zamáns ata o parque natural Aloia para observar a súa riqueza biolóxica e xeolóxica.
• Parque Natural de Corrubedo. Contemplación do complexo dunar e das zonas húmidas da contorna

El autobús turístico de Vigo será gratuito durante el Día Europeo Sin Coches

0

El próximo domingo 22 de septiembre el Autobús Turístico será gratuito previa reserva online con la tarjeta PassVigo. El Ayuntamiento se suma un año más a la celebración de la Semana Europea de la Movilidad.

El Ayuntamiento de Vigo se suma un año más, y este año ya son diecisiete, a la Semana Europea de la Movilidad con diversas iniciativas que pretenden fomentar y poner en valor entre los vigueses el uso del transporte público, por ser uno de los más cómodos , sostenible y respetuoso con el medio ambiente para moverse por la ciudad.

En concreto, el domingo 22 de septiembre, Día Europeo Sin Coches, el Autobús Turístico será gratuito para los usuarios de la tarjeta PassVigo, previa reserva online del billete en la plataforma Woutick. con tu número de tarjeta. Habrá cuatro salidas disponibles: a las 10.00, 12.00, 16.30 y 18.30 horas. Con esta iniciativa pretendemos reconocer la confianza de los usuarios habituales del transporte público, brindándoles la oportunidad de descubrir Vigo desde una perspectiva diferente a bordo del Autobús Turístico de dos pisos.

Mos inicia a obra de ampliación da rede de saneamento en Cela que dará servizo a máis de 50 habitantes da zona de Pardellas

0

Os traballos inclúen a instalación de preto de 500 metros de nova rede que se acometen grazas a unha subvención provincial de máis de 112.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, visitaron hoxe os traballos de acometida da rede de saneamento no Camiño do Carballo, parroquia de Cela, núcleo rural de Pardellas. As obras acaban de iniciarse e prevese que estén rematadas no presente ano 2024.

Esta nova instalación de saneamento en Cela realízase grazas á concesión á administración local mosense dunha subvención ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra, na liña 1 – investimentos do mesmo, por importe de 112.736,51 euros.

Os representantes municipais, Arévalo e Grandal, informaron de que “as obras que se están a levar a cabo dentro deste proxecto proxecto discorren por unha zona dun núcleo rural, onde se dará servizo a un total de 13 vivendas e 52 habitantes co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do Concello de Mos que carecen deste servizo”. Así, apuntaron tamén que se levará a cabo a execución dun total de 486,56 ml. de colector de saneamento coas súas acometidas correspondentes.

Previo á execución da canalización realízanse os pertinentes traballos de demolición de pavimento e escavación de gabia correspondentes á zona de actuación.

As obras de ampliación e mellora consisten na execución dunha nova rede de residuais que discorre por gravidade ao longo de diversos camiños, rúas públicas e parcelas de titularidade privada ata a súa conexión un pozo da rede de saneamento existente, máis un tramo de colector que discorre por gravidade ao longo de diversas parcelas privadas ata a súa conexión co pozo PA2 da rede antes descrita. Trátase neste segundo caso dun tramo máis pequeno.

No deseño da rede destaca o elevado número e altura dos seus pozos de transición, condicionados polo gran desnivel existente a salvar ao longo de todo o colector proxectado.

O colector proxectado executarase na medida do posible polas marxes das rúas ou parcelas polas que discorren, coas lonxitudes e conexións definidas nos planos para cada caso.

Realízanse demolicións de pavimento asfáltico en cruces de calzada así como de formigón nalgún dos camiños polos que discorre o trazado, os cales deberán ser demolidos e reposto por uns de similares características.

Para a rede de saneamento proxectouse unha tubaxe en PVC de diámetros 315 mm e 250 mm segundo zona. Os pozos de rexistro son circulares de 1,00 – 1,20 m de diámetro, realizados con aros de formigón prefabricado, recebado interior, soleira de formigón con formación de acanaladura, tapa e cerco de fundición. Contémplase a existencia de varios pozos de resalto debido ás pendentes do terreo. A acometidas realizaranse mediante arquetas de 40×40 m. cunha tapa de rexistro de fundición de 50x50cm, preferentemente no portal de acceso de cada unha das vivendas ás que se pretende dar servizo. A rede de saneamento proxectada divídese en dous tramos entroncados entre si, e cuxo vertedura final ten lugar nun pozo que á súa vez conecta por gravidade cunha rede de saneamento xa existente. As obras contempladas no presente proxecto inclúen a reposición dos pavimentos demolidos previamente mediante a execución dunha base de saburra natural de 20 cm de espesor, a rega de imprimación e a execución dunha capa de rodadura de pavimento de aglomerado asfaltico de 8 cm de espesor ou soleira de formigón HP-30, a todo o longo das zonas afectadas polas obras.

75 premios para o alumnado máis excelente que inicia estudos de grao e mestrado na UVigo

0

Ata o 23 e ata o 30 de setembro, respectivamente, poderán presentarse as solicitudes para os Premios á excelencia académica para o alumnado que inicia estudos de grao e mestrado na Universidade de Vigo este curso 2024/2025. Co obxectivo de incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un éxito relevante nas distintas fases das olimpíadas científicas, no caso do grao, e nos estudos previos ao seu ingreso nos estudos oficiais de mestrado, no caso do másteres, a UVigo convoca 75 premios, cunha contía individual de 600 euros.

Nesta convocatoria dos premios para os estudos de grao outorgaranse 60 galardóns: cinco recoñecementos ao estudantado con premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior; cinco premios ao alumnado clasificado en postos relevantes das fases internacional, nacional ou autonómica dalgunha das olimpíadas científicas; 35 galardóns ao estudantado con excelente resultado académico no Bacharelato e outros 15 a alumnas e alumnos con excelente resultado no Ciclo Superior.
No caso dos premios para o alumnado que inicia estudos de mestrado convócanse 15 galardóns: dous no ámbito das Artes e Humanidades e das Ciencias e Ciencias da Saúde; sete no de Ciencias Sociais e Xurídicas e catro no de Enxeñaría e Arquitectura.

Requisitos das persoas socilitantes 

Para optar aos galardóns de excelencia académica de inicio de estudos de grao, as e os alumnos deberán estar matriculados no curso 2024/2025 por primeira vez en titulacións de grao en centros propios da UVigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións que non se poden cursar en centros propios (Enfermaría Ourense, Pontevedra e Meixoeiro). As e os aspirantes aos premios deberán finalizar os estudos de Bacharelato ou Ciclo Superior no curso 2023/2024 e cumprir algún dos seguintes resultados académicos: obter premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior da Xunta de Galicia; estar clasificado do 1º ao 3º posto da fase autonómica, ou do 1º ao 8º posto das fases nacional ou internacional dalgunha das olimpíadas científicas ou obter unha nota media do expediente igual ou superior a nove puntos no Bacharelato ou no Ciclo Superior de Formación Profesional.

Pola súa banda, as persoas que queiran presentarse aos premios de excelencia para inicio de estudos de mestrado deberán estar matriculados este curso por primeira vez en estudos de máster, en centro propios ou adscritos de titularidade pública e obter unha nota de acceso aos estudos de máster igual ou superior a 8 puntos, calculada segundo o RD 1125/2003.

As solicitudes deben realizarse a través dos formulario en liña dispoñibles na Secretaría Virtual da UVigo.

El conselleiro de Sanidade destaca el compromiso de la Xunta con la sanidad pública de Moaña con 9 M€ de inversiones en marcha y la dotación de una nueva ambulancia

0

Gómez Caamaño incide en que los vecinos de este ayuntamiento tendrán un centro de salud moderno, accesible, confortable y preparado para ofrecerles una asistencia sanitaria de vanguardia y de máxima calidad

Remarca que el nuevo centro, que estará finalizado en mayo del próximo año, casi triplicará la superficie del actual, al pasar de los 1.000 m2 a los cerca de 3.000

Subraya que la Xunta ha previsto adjudicar en los próximos días a reforma del consultorio de Domaio, licitada en el mes de mayo por cerca de 420.000 euros

Avanza la dotación de una nueva ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería con sede en Moaña, que durante todo el año reforzará las capacidades de la asistencia de la comarca del Morrazo

El compromiso de la Xunta con la sanidad pública de Moaña queda perfectamente acreditado con inversiones en marcha por importe de cerca de 9 millones de euros y la dotación de una nueva ambulancia con sede en este ayuntamiento. Así lo destacó esta mañana el conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, en su visita de supervisión del avance de las obras del nuevo centro de salud del municipio.

El conselleiro adelantó que en las próximas semanas la Xunta impulsará la licitación del nuevo contrato de transporte urgente del área sanitaria de Vigo, que prevé la dotación de una nueva ambulancia de soporte vital avanzando en enfermería para O Morrazo, con base en Moaña durante todo el año, que reforzará las capacidades de la asistencia en la comarca.

En la visita, el titular de la cartera sanitaria estuvo acompañado por la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz; por el gerente del Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada; por la directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, Amparo Posada; y por el xerente del área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Tal y como subrayó el conselleiro, la inversión en marcha en el nuevo centro de salud de Moaña, de 8,3 millones de euros, permitirá dotar a los vecinos de un centro sanitario moderno, accesible, confortable y preparado para ofrecerles una asistencia sanitaria de vanguardia y de máxima calidad. Además, el nuevo centro casi triplicará la superficie del actual, al pasar de los 1.033 m2 a los cerca de 3.000 m2 de superficie útil.

Gómez Caamaño detalló que las obras se encuentran a pleno rendimiento. En la actualidad están colocándose los paneles de madera de la fachada de la planta baja, con la previsión de finalizar la instalación de toda la estructura de madera en noviembre.

Las obras continuarán avanzando con el objetivo de finalizar la construcción del nuevo centro de salud de Moaña en mayo del próximo año, incidió el conselleiro.

Más inversiones sanitarias

El conselleiro de Sanidade también destacó la reforma del consultorio de Domaio, licitada en el mes de mayo por cerca de 420.000 euros, que se adjudicará en los próximos días para comenzar inmediatamente la ejecución de las obras. Una prueba más, dijo, de que la Xunta avanza en la atención a las necesidades de mejora de la sanidad pública en el Morrazo.

El conselleiro finalizó su intervención incidiendo en que las políticas de asistencia y de impulso de infraestructuras en materia sanitaria son fruto de un riguroso trabajo de planificación y estudio, del que se derivan actuaciones que no pueden ser improvisadas. Las obras del nuevo centro de salud hoy visitadas, la próxima reforma del consultorio de Domaio y la dotación de la nueva ambulancia son fruto de ese trabajo de planificación de la Consellería de Sanidade y acreditan el compromiso de la Xunta con Moaña.

O BNG de Vigo denuncia que Caballero pretende enterrar case 40 millóns no macrotúnel da Porta do Sol

0

A fronte nacionalista insiste no “innecesario” desta obra após 5 anos sen tráfico na zona e pide estudar alternativas para manter a peonalización total até o Paseo de Afonso

Asegura que a prolongación do túnel polo Barrio do Cura foi unha demanda da promotora da urbanización VIP para asumir con diñeiro público o vial de conexión con Torrecedeira

Xabier P. Igrexas: “Se Fraga tivo a Cidade da Cultura, Abel Caballero quere un mausoleo subterráneo en forma de millonario macrotúnel”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o macrotúnel da Porta do Sol e a súa prolongación no Barrio do Cura vai custar arredor de 40 millóns de euros. A fronte nacionalista reacciona así ás declaracións deste luns do alcalde de Vigo, Abel Caballero, nas que cifrou en 20 millóns de euros a prolongación do inacabado túnel dende a Portal do Sol até Torreceira que, a xuízo do BNG, é unha obra “absolutamente innecesaria e inxustificada”.

“Durante os últimos 5 anos vimos como o quilómetro cero da cidade puido estar sen tráfico rodado, nin en superficie nin soterrado, convertendo a Porta do Sol nunha grande praza peonil sen que se producise a apocalipse que anunciaba o PSOE para xustificar esta obra”, defendeu o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reprochando ademais que non se coñece o estado actual da execución desas obras.

Igrexas lembrou que o proxecto inicial de túnel entre Porta do Sol até Elduayen licitouse en 13,4 millóns de euros, que se elevaron até os 16,6 o pasado ano. O prazo para finalizar esta obra iniciada en xaneiro de 2020 era de dous anos, pero a día de hoxe é “un cemiterio de formigón tapado coa humanización da Porta do Sol, inda por rematar, e un amaño precario e provisional na rúa Elduayen”.

Sobrecusto do 63% na prolongación do Barrio do Cura

Dende o BNG criticaron que agora se sume un sobrecusto do 63% na prolongación do túnel até Torrecedeira, atravesando a futura urbanización do Barrio do Cura, pasando dos 12,2 millóns de euros da licitación inicial aos 20 millóns anunciados polo alcalde. “Se Fraga tivo a Cidade da Cultura, Abel Caballero quere un mausoleo subterráneo en forma de millonario macrotúnel”, ironizou Igrexas, cualificando de “bestialidade” que as dúas fases do túnel se disparen até case os 40 millóns de euros.

“A pregunta que xorde nesta altura é a mesma que o BNG formulamos en solitario en 2019, cos votos en contra de PSOE e do PP a unha moción coa que tentabamos frear este disparate: para que precisamos dun túnel? E agora, engadimos, para que precisamos de dous?”, cuestionou o portavoz municipal nacionalista.

Alternativas ao macrotúnel

Dende o BNG anunciaron neste sentido a proposta, que van trasladar na vindeira Comisión Informativa de Fomento, de constituír unha mesa de especialistas para o estudo de opcións alternativas á do macrotúnel de Caballero, que permitan manter a peonalización total da Porta do Sol e estendela até a rúa Elduayen e o Paseo de Afonso.

A este respecto, criticaron a falla de respostas do Goberno local sobre a necesidade deste túnel, defendendo que o soterramento do tráfico é unha medida “insustentábel” en termos ecolóxicos. “Do que se trata é de reducir o uso do vehículo privado despregando un modelo de mobilidade alternativa e non de meter os coches por debaixo, que seguen contaminando e producindo ruído”, afeou Igrexas.

Demanda da promotora do Barrio do Cura

Dende a fronte nacionalista revelaron ademais que a prolongación do túnel até Torrecedeira foi unha demanda da propia promotora privada da urbanización VIP do Barrio do Cura, trasladada en setembro de 2021. “É claro que o deseño do túnel inicial era un absoluto despropósito e unha navallada na rúa Elduayen que ía impedir a peonalización do Paseo de Afonso e que ía ter evidentes prexuízos para a veciñanza da contorna, incluído o Barrio do Cura”, valorou Igrexas. Porén, denunciou que a solución é que se pague con diñeiro público, e non a cargo dun convenio urbanístico, a continuación do túnel que, en grande medida, vai substituír o novo vial de conexión que si que tería que pagar a propia promotora.

El PP de Vigo urge a Caballero a reparar las pistas de squash de As Travesas y acondicionar las de la ETEA ante el cierre de las canchas de Balaídos

0

El concejal Daniel Benavides avisa de que las instalaciones situadas en los bajos del estadio municipal, las únicas en funcionamiento practicar este deporte en la ciudad, quedarán inoperativas por las obras de Gol

El edil popular critica el “abandono” que sufren las instalaciones deportivas del Concello y reclama un “trato adecuado” para jugadores que llevan años cosechando éxitos nacionales e internacionales

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha urgido este martes a Abel Caballero a solucionar de forma “inmediata” la pérdida de instalaciones deportivas que sufrirán los jugadores de squash de la ciudad ante el próximo cierre de las pistas de Balaídos. Las obras de reforma de la grada de Gol obligarán a clausurar, por motivos de seguridad, las seis canchas situadas en los bajos del estadio, que son las únicas operativas actualmente en la ciudad. Por ello, si no se actúa “con rapidez”, no se podrá practicar en Vigo este deporte, que volverá a ser olímpico en Los Ángeles 2028.

Ante esta situación, el concejal Benavides ha propuesto una solución que pasaría por dos actuaciones que requerirían de “escasa inversión”. En primer lugar, ha exigido que se acometa “cuanto antes” la instalación de la nueva tarima que necesitan las tres pistas del pabellón de As Travesas. Por otra parte, el edil popular ha apostado por habilitar otras tres canchas acondicionando el espacio reservado al efecto en el polideportivo de la ETEA, donde la obra prevista “quedó a medias y sin terminar, muy al estilo chapucero de Abel Caballero”.

De esta forma, la ciudad no perdería ningún espacio para practicar squash y, cuando reabran las de Balaídos, habrá sumado nuevas opciones para “un deporte que nos dio muchas alegrías con Xisela Aranda en el pasado y que actualmente no para de sumar triunfos para Vigo”. A este respecto, Benavides ha destacado el caso de Marta Domínguez, que acumula títulos nacionales e internacionales.

Pese al buen momento que vive el squash vigués, con tres clubes “punteros”, el “abandono” de las instalaciones municipales es tal que las tres pistas de As Travesas, las dos de Lavadores y la de O Berbés están “inutilizables”. “A pesar de que la página web del Concello de Vigo engañe a la ciudadanía presumiendo de varios pabellones, lo cierto es que las únicas pistas de squash que se pueden emplear a día de hoy son las seis de Balaídos”, ha advertido Benavides. Así, el concejal popular ha lamentado que la mitad de las canchas existentes permanezcan cerradas por la “dejadez” de Abel Caballero. “Y la otra mitad quedará inoperativa en unos meses”, ha remarcado. Por ello, ha instado al gobierno local a tomar medidas para “evitar que nuestros deportistas tengan que exiliarse a otras ciudades gallegas”. “Deportistas de éxito que no reciben el trato adecuado por parte del Concello de Vigo. A veces nos preguntamos qué conseguirían, a dónde llegarían, si las instalaciones estuvieran en buenas condiciones”, ha concluido.

Luisa Sánchez asiste á presentación da XI Carrera contra el Cáncer de Vigo, que se celebrará o 20 de outubro

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este martes á presentación da XI “Carrera contra el Cáncer” de Vigo, que organiza a asociación Vigo Contra el Cáncer e que se celebrará en Coia o vindeiro 20 de outubro. A vicepresidenta puxo o foco en que este tipo de citas demostran “no só que aos vigueses nos gusta estar en plena forma, senón que tamén somos unha cidade cunha grande implicación social e moi solidarios”. Proba disto son os máis de 35.000 € recadados o pasado ano e os máis de 240.000 acumulados desde a primeira edición, en 2013.

Sánchez agradeceu “aos organizadores e voluntarios polo gran traballo que hai detrás” e quixo darlles ás grazas “por esta gran idea que permite visibilizar a importancia e necesidade de dotar de fondos suficientes á investigación para atopar cura a esta enfermidade tan terrible e dramática”. Este ano o 90% da recadación irá destinada ao proxecto Galicervix, liderado pola doutora Isaura Fernández, do servizo de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, que quere mellorar a resposta, o seguimento e o tratamento do cancro de pescozo uterino. Ademais, como cada ano, o 10% restante destinarase ao desenvolvemento de actividades cos cativos de Oncoloxía do Cunqueiro.

Las Cíes estrenan temporada baja sin disponibilidad de plazas

0

Desde el ayer lunes, 16 de septiembre, y durante los ocho meses siguientes, sólo 450 personas podrán acceder y los interesados tendrán que contactar directamente con la naviera

Las islas Cíes ya han colgado el cartel de completo para esta primera semana de temporada

En este momento, todavía hay disponibilidad cada día para viajar a Ons desde Vigo, Bueu, Sanxenxo y Portonovo

El 15 de septiembre terminó la denominada temporada alta, y con ella la posibilidad de acceder a las Islas del Parque Nacional en las visitas “por libre” y pernocta mediante la Central de Reservas de la Xunta. La temporada baja dio inicio el día 16 de este mes y se prolongará durante los próximos 8 meses, hasta el próximo 15 de mayo. Esto reduce a tan solo 450 plazas diarias las visitas a las Islas Cíes que ya han colgado el cartel de completo esta semana.

Los barcos de la Naviera Mar de Ons seguirán zarpando a las Islas Cíes de forma diaria desde el 16 de septiembre al 13 de octubre -con motivo de Festividad del Pilar-las salidas tendrán lugar a diario desde los puertos de Vigo y Cangas (puertos habituales) y se incluirá una ruta guiada en español e inglés para los extranjeros. A partir del 13 de octubre, la naviera organizará visitas durante todos los miércoles y sábados y domingos del año reforzando más fechas en el período navideño.