Caballero: “Seguiremos haciendo de Vigo una gran ciudad turística”

0

El mes de agosto fue un mes «espectacular» desde el punto de vista turístico, según datos del INE

Los viajeros nacionales y las pernoctaciones crecieron casi un 5% en ese periodo respecto a 2023

Abel Caballero ha calificado esta mañana de «espectacular» el balance turístico de agosto en Vigo, con cifras similares al año pasado con casi 60.000 visitantes. Durante el último mes los viajeros nacionales subieron un 5% respecto a 2023.

Según ha indicado, las pernoctaciones nacionales también aumentan en torno a un 5%, lo que las convierte en el mejor dato de pernoctaciones del mes de agosto. La estancia media en la ciudad fue de 2,10 días, lo que implica un ligero incremento respecto a 2023.

Caballero celebró estos datos facilitados por el INE y avanzó que «seguiremos haciendo de Vigo una gran ciudad turística».

O Pleno aproba definitivamente o crédito extraordinario por importe de 31,8 millóns de euros

0

O Pleno de Vigo aprobou definitivamente este luns, cos votos a favor do grupo municipal socialista, a abstención dos edís do PP, e a oposición do BNG, o crédito extraordinario con remanente líquido de Tesourería do ano 2023, por un importe de 31.858.267 millóns de euros que permitirá iniciar novos proxectos para a transformación da cidade e rematar as obras que están en execución

«A oposición non votou ningunha destas obras. O Bloque e o PP sempre contra a cidade», recalcou o alcalde

A aprobación definitiva do crédito extraordinario que ascende a 31,8 millóns de euros permitirá ao goberno de Abel Caballero continuar con “a transformación con recursos propios, como nunca se fixo en Vigo, de todos os recunchos da cidade”. Así o afirmou hoxe ante o Pleno da Corporación Municipal o edil de Economía, Jaime Aneiros, tras lembrar que co crédito tamén se afrontarán os 12 millóns da compensación polo transporte urbano colectivo de 2021 e 2022, e servirá para facer fronte aos 6,8 millóns dos aparcamentos adxudicados no mandato do PP.

Abel Caballero detallou que a modificación aprobada hoxe, exclusivamente cos votos dos concelleiros do goberno, contempla 8 millóns de euros para realizar un importante número de humanizacións e actuacións na cidade. Relatou que entre as obras atópanse o fin das obras dá rúa Lepanto por 1.146.000 euros; a mellora con novas ramplas das rúas Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís por 1.575.231 euros; a humanización de Serafín Avendaño-García Barbón-Halo por 1.768.000 euros. Ademais, sinalou o investimento na pista deportiva de Zamáns, cun importe de 832.342 euros. 

O alcalde indicou que entre os novos investimentos a realizar atópanse as melloras nas instalacións da Policía local, por 130.000 euros; as centradas en poñer en valor o xardín histórico de Castrelos por 72.000 euros, ou os 120.000 euros para a escultura en homenaxe ao escritor Domingo Villar que será instalada nun lugar emblemático da cidade.

Na listaxe de investimentos o responsable de economía inclúe os programas para finalizar obras na rúa Colombia,  así como no ascensor á estación e o da rúa Talude, ademais dunha das fases da rúa Gregorio Espino e a cubrición da Praza do Emigrante e a estrada Beade-Garrida. Tamén se rematarán as intervencións nas rúas Terzo de Afora e as obras do centro de servizos sociais da Praza da Princesa ou da rúa Alta. No barrio de Teis figuran obras nas rúas Purificación Saavedra e Julia Minguillón.

Ante os votos do PP e do BNG, o alcalde afirma que «a oposición debe explicar á cidadanía de Vigo as razóns polas que están en contra de que se realicen as novas humanizacións».

Luis López subliña o potencial competitivo do galego e o exemplo dunha Deputación que comunica os 365 días do ano na lingua propia

0

O presidente provincial destaca, no acto “Galeguismo empresarial: comprometidos co futuro” celebrado no Pazo provincial e promovido polo Foro Enrique Peinador, a colaboración do ente provincial con colectivos e concellos para promover o galego

“Nacín, medrei e morrerei en galego”, reivindicou en clave persoal o presidente, de quen depende o Servizo de Normalización Lingüística da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirmou este martes o compromiso do organismo provincial coa protección, normalización e difusión da lingua galega no acto “Galeguismo empresarial: comprometidos co futuro” promovido polo Foro Enrique Peinador e que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo provincial. “O galego define a realidade na que vivimos”, defendeu o mandatario provincial despois de asinar unha declaración institucional coa finalidade de seguir impulsando o uso do galego no ámbito empresarial.

A xornada comezou arredor das 12.30 horas coa proxección dun vídeo relacionado co galeguismo empresarial despois de que a secretaria do Foro Enrique Peinador, Carmen Vaquero, dera á benvida ás persoas asistentes. Logo chegou a quenda das intervencións, onde tomaron a  palabra  presidente do Foro, Xosé González; a representante de Navantia, Isabel Carro; e o director executvo de Leite Noso, Pedro González. A continuación, procedeuse á sinatura dunha declaración institucional pola que os participantes neste acto se comprometen a impulsar o emprego da lingua galega no ámbito empresarial e a reafirmar o compromiso co idioma e a identidade galegos no sector económico de Galicia. A sesión rematou cos discursos do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García González; e do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.

Na súa quenda, o titular do executivo provincial detallou o compromiso da Deputación pola normalización e uso do galego ao detallar os distintos investimentos e iniciativas que o organismo supramunicipal ten en marcha neste eido. “Deixando á marxe o non menos relevante feito de que comunicamos as 24 horas do día, e os 365 días do ano en galego”, comezou Luis López un discurso no que se referiu tamén á súa decisión de incorporar o servizo de Normalización Lingüística da Deputación ao departamento de Presidencia. O presidente citou tamén o reparto de 200.000 euros entre os concellos para reforzar os seus servizos de normalización, o apoio con 150.000 euros a 35 municipios para actividades de fomento do galego, as axudas dotados con 150.000 euros para entidades sen fins de lucro para realizar as súas actividades en lingua galega ou o apoio directo a editoriais, colectivos culturais, iniciativas empresariais ou producións audiovisuais en galego. Neste punto, Luis López referiuse á colaboración coa rodaxe da película “Antes ca nós”, baseada na vida de Castelao; ou as recentes liñas de colaboración abertas co Correlingua ou a Asociación Psicopedagóxica Galega. “Nesta Deputación fomentamos unha vida en galego para quen a desexe”, afirma o presidente.

A lingua galega forma parte tanto da vida persoal coma profesional de Luis López. “Nacín, medrei e morrerei en galego. É o resultado de medrar nun pequeno anaco de terra chamado Rodeiro. Alí, como un personaxe calquera de Neira Vilas pero nacido na casa dos Lugués, fíxenme quen son. E deses anos, lembro dicir moitas cousas que hoxe posiblemente non diría, pero xamais cambiaría o idioma no que foron pronunciadas, o galego”, comezou o presidente un discurso no que lembrou cando sacaba o gando a pacer, as longas conversas coa familia e amizades do Deza ou as longas xornadas no despacho da alcaldía que continúan estes días nas dependencias do Pazo provincial.

Unha vida en galego, na que o mandatario provincial se presenta como “fillo dunha xeración que naceu o mesmo ano da Constitución, nunha Galicia que xa amencía despois da longa noite e cuxa luz se mantiña acesa apenas na Resistencia cultural”. Unha viaxe pola historia contemporánea do galego na que puxo en valor o papel dos partidos políticos para “galeguizar Galicia”, así como movementos culturais como o Xabarín Club ou referentes musicais actuais como Fillas de Cassandra ou Lontreira. Con todo, o presidente Luis López tamén lamentou que “a marca Galicia non sempre foi expresada en galego”. Algo que mudou, remarca o presidente provincial, grazas ao traballo de entidades e xornadas como a celebrada este martes. “O orgullo de país, a pegada de excelencia empresarial que abandeiramos, non sempre tivo como vehículo a lingua propia. Ata que entidades como o Foro Enrique Peinador, o impulso institucional e, sobre todo, a iniciativa privada decidiron derrubar esa última barreira. A todos quero darvos os parabéns”, rematou o presidente da Deputación de Pontevedra.

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para aprobar un novo PXOM «ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre»

0

A fronte nacionalista esixe transparencia sobre a tramitación final do novo Plan Xeral coa comparecencia da equipa redactora e facendo públicos de maneira accesíbel todos os cambios aplicados sobre o documento inicial

Xabier P. Igrexas: “Non hai precedentes dunha xestión tan escura e tan pouco participativa dun planeamento urbanístico en toda a historia da cidade de Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a pinza do PSOE e do PP de cara á aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A fronte nacionalista esixe transparencia sobre a tramitación final do planeamento urbanístico coa comparecencia da equipa redactora e facendo públicos de maneira accesíbel todos os cambios aplicados sobre o documento inicial.

“O novo PXOM foi elaborado ao servizo dos mesmos poderosos intereses dos de sempre, de costas á veciñanza e non responde ao interese xeral da cidade”, valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen acusou aos grupos socialista e popular de “non ter inconveniente en darse unha tregua na súa permanente lea partidista” para a aprobación do Plan Xeral.

Igrexas insistiu na necesidade de transparentar os pasos restantes para a aprobación final do documento urbanístico que, lamentou, segue “o mesmo guión de total opacidade” dende o inicio da súa elaboración. Nese sentido, afeou a falla de información por parte da concelleira de Urbanismo no Consello da Xerencia Municipal celebrado este martes. Un asunto que, reprochou, non figuraba na orde do día.

“É escandaloso que nos teñamos que enterar da recepción do informe da Xunta, que é preceptivo e vinculante, a través dos medios de comunicación”, criticou o portavoz municipal do BNG, asegurando que “non hai precedentes dunha xestión tan escura e tan pouco participativa dun planeamento urbanístico en toda a historia da cidade de Vigo”.

Dende a fronte nacionalista reclamaron por estes motivos a comparecencia da equipa redactora da revisión do PXOM para dar conta das modificacións sobre o documento dende a aprobación provisional e atendendo os informes emitidos polo Goberno galego. Na mesma liña, demandou que se habilite no navegador web unha capa que inclúa a nova versión do PXOM para permitir identificar os cambios realizados.

Cambios pola porta de atrás

“Non queremos que se volva repetir o que xa vivimos na aprobación provisional, o pasado mes de decembro, onde o Goberno de Caballero pretendeu colar pola porta de atrás cambios regresivos sobre un mal documento de aprobación inicial”, advertiu Igrexas, salientando precedentes como intento de legalizar o pelotazo da urbanización de chalés VIP en Cabo Estai ou proxectos que supoñen unha “ameaza ambiental” como o Vigo Arena nun enclave valioso como a carballeira de Casaliños, na Barroca en Navia.

Así, o portavoz municipal nacionalista chamou a facer visíbel e accesíbel todas as modificacións do novo PXOM. “Porque sabemos que sobre a coartada de ser un ‘documento vivo’, como repite a señora Caride, o que pretenden é ir colando ás agachadas modificacións que inda empeoran o proxecto inicial”, alertou.Tamén se referiu ao papel do PP dende a Xunta de Galiza, criticando que dea “carta branca a un novo Plan Xeral elaborado na escuridade dos despachos, que tronza as parroquias con viais innecesarios como a PO-010, que desiste de mobilizar o enorme parque de 22 mil vivendas baleiras, que legaliza pola porta de atrás pelotazos especulativos, que renuncia a alternativas de mobilidade ao uso do coche e que vai impedir recuperar completamente espazos ambientais como o areal de Samil”.

A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños de Beade cunha achega de 15.000€

0

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións, nas que se instalou unha plataforma elevadora e se equiparon as aulas con novos ordenadores

O apoio enmárcase no Plan específico de acción comunitaria, dotado cun orzamento de tres millóns de euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe nesta cidade o local social da asociación veciñal de Beade, que foi mellorado co apoio da Xunta no marco do Plan específico de acción comunitaria. O Goberno galego investiu 15.000 euros en obras para a instalación dunha plataforma elevadora e na dotación de equipamento informático para as aulas.

Segundo explicou a directora xeral, achegáronse por unha banda 12.000 euros na mellora da accesibilidade do edificio, cunha plataforma elevadora que permite salvar a altura que hai entre a rúa e a primeira planta do local. Facilítaselles así o acceso ás actividades organizadas pola asociación a persoas maiores ou con mobilidade reducida. Por outra banda, destináronse 3.000 euros a melloras de equipamento, como material informático.

Estas axudas súmanse ás concedidas en exercicios anteriores, con contías tamén de 12.000 euros para obras e de arredor de 3.000 para equipamento. As achegas permitiron mellorar, por unha banda, as condicións das instalacións con novas fiestras e con novo pavimento e, por outra, as dotacións das aulas. Deste xeito, asociación veciñal de Beade recibiu nos últimos anos máis de 45.000 euros no marco desta liña de apoio específica para as entidades locais.

Apoio ao asociacionismo local

A directora xeral de Administración Local salientou a importancia de apoiar o asociacionismo local e de facilitarlles espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna. Nesta liña, incidiu no compromiso que vén demostrando a Xunta desde 2016 coa creación do Plan específico de acción comunitaria, dotado con tres millóns de euros e ao que se suman cada exercicio un importante número de colectivos veciñais, de mulleres e de usuarios de augas.

Segundo indicou Natalia Prieto, na convocatoria deste ano a maioría das entidades beneficiarias son da Provincia de Pontevedra, con 162 colectivos que se distribúen 1,6 millóns de euros.

Para a directora xeral, a boa acollida que rexistra cada ano esta medida pon de manifesto a súa importancia no eido local. A través dela destínanse 2,5 millóns de euros para facilitar a execución de obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas. Cos 500.000 euros restantes finánciase a adquisición do equipamento necesario para o funcionamento das organizacións beneficiarias. En concreto, mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual, ademais doutros recursos para actividades específicas.

El PP de Vigo critica la “lentitud” del gobierno local con el derribo de la ‘narcocasa’ del entorno de Pizarro e insta a ejecutarlo cuanto antes

0

El grupo municipal popular ha reiterado este martes en la Gerencia de Urbanismo la solicitud de información realizada hace tres semanas para saber cómo avanzan las gestiones para demoler este inmueble

Miguel Martín pide acabar “de manera definitiva” con la inseguridad en la zona y recuerda que han pasado cuatro meses desde que el gobierno local prometió que la vivienda se tiraría abajo de forma “inmediata”

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha criticado la “lentitud” del gobierno local a la hora de ejecutar el derribo de la ‘narcocasa’ situada en el entorno de Pizarro -concretamente, en el número 21 de la calle Puerto Rico-. Una actuación que se comprometió como “inmediata” el pasado mes de mayo, después de que el “insistente trabajo” del PP fructificara en una declaración de ruina del inmueble. El paso siguiente debía ser la demolición subsidiaria para erradicar así un punto de venta de drogas que generaba “inseguridad” en el vecindario. No obstante, la actuación sigue pendiente y la Concellería de Urbanismo ni siquiera aporta plazos para llevarla a cabo.

Tal y como ha detallado el portavoz popular en el Concello de Vigo, Miguel Martín, el grupo municipal preguntó el 3 de septiembre en la Gerencia de Urbanismo por el estado de las gestiones que se anunciaron para tirar abajo este inmueble. Sin embargo, no ha obtenido la preceptiva contestación. Así, la formación ha reiterado este martes su petición de información sin recibir nuevamente respuesta.

“Una vez más, el gobierno local ha escurrido el bulto y dado una patada hacia delante”, ha apuntado el concejal del PP de Vigo. Frente a la falta de un horizonte temporal para ejecutar el derribo, Martín ha exigido “concreciones” y ha instado a Urbanismo a abandonar su “desesperante lentitud” y actuar con “celeridad”.

En este sentido, ha reclamado que “se cumpla con la palabra dada” y se proceda cuanto antes a la demolición de dicha ‘narcocasa’. El edil popular considera necesario  poner fin “de manera definitiva” a este problema antes de que el trapicheo y la inseguridad regresen a la zona. “Además del evidente riesgo que persiste de que se produzca un nuevo incendio”, ha concluido.

“A era das fábulas”, a exposición máis visitada da historia do Museo de Pontevedra

0

As cifras de récord desta exposición e os avances nos proxectos de Santa Clara, dos edificios centrais e da Bienal demostran que a institución que chegará ao seu primeiro centenario no ano 2027 “está máis viva ca nunca”, sostén o presidente da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este martes que a exposición “A era das fábulas”, que se exhibe no Edificio Castelao ata o vindeiro 29 de setembro, xa é a exposición máis visitada da historia do Museo de Pontevedra despois de superar a barreira dos 14.700 visitantes. Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, responsable dos asuntos relacionados co Museo; o mandatario provincial celebrou o éxito dunha mostra que sitúa a Pontevedra no epicentro internacional da cultura. “Celebramos que durante os 77 días que leva aberta esta mostra, non houbo nin unha soa xornada na que non atraera ningunha visita, o que confirma o que dicíamos na cita inaugural: Pontevedra demostra que o centro da cultura pode estar nos bordes dos mapas”, afirmou o presidente Luis López.

A exposición “A era das fábulas” inaugurouse o pasado 10 de xullo e pode visitarse de xeito gratuíto ata o vindeiro 29 de setembro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A mostra, organizada en colaboración do Museo Thyssen-Bornemisza e a Fundación María José Jove e que tamén conta con obras dos fondos do museo provincial, inclúe obras de pintores de prestixio internacional como Miró ou Picasso.

Cunha semana de exposición aínda por diante, agárdase que “A era das Fábulas” amplíe aínda máis este rexistro histórico e mesmo supere a barreira das 15.000 visitas. De feito, esta mostra xa deixou atrás as exposicións que máis persoas atraeron da historia do Museo como son “Ruth Matilda Anderson: Un viaje por la indumentaria tradicional de Galicia”, con 14.402 visitas; Galaicos, con 13.182; Origami, con 12.214; ou Leopoldo Novoa, con 12.117. Así mesmo, houbo rexistros diarios destacados como o da xornada inaugural, con 393 visitantes; ou o sábado 20 de xullo, o día que máis persoas, 574, se achegaron ao Museo para contemplar esta exposición. Ademais, as actividades paralelas promovidas polo Museo, como visitas guiadas ou obradoiros, captaron o interese de 780 persoas.

“Agradecemos a todos os pontevedreses que se achegaron ao Museo para participar e difundir a cultura. Con esta resposta, estannos dicindo que paga a pena investir en cultura e traballar por e para a cultura”,  confesou o vicepresidente Rafa Domínguez, quen tamén tivo palabras de agradecemento para as dúas fundacións que colaboran nesta mostra e para o equipo directivo e técnico do Museo: “este novo equipo soubo impulsar dun xeito incrible ao Museo de Pontevedra con novas exposicións, esforzo diario, capacidade de traballo e un profundo coñecemento tanto do Museo como doutras institucións”.

A excelente acollida que tivo esta rompedora exposición é, segundo o presidente Luis López, a mostra de que esta institución que está a piques de cumprir o seu primeiro centenario está “máis viva ca nunca”. Neste sentido, asegura o dirixente, se este mostra bateu récords é porque “hai un traballo de tanta dedicación como profesionalidade por parte do vicepresidente Rafa Domínguez como da directora Ángeles Tilve e do seu equipo, existe unha vontade de tender pontes con institucións de prestixio, como o Museo Thyssen ou a Fundación María José Jove, para traer á provincia o mellor contido, e está deseñado un proxecto sólido, que xa está a dar froitos, para situar a Pontevedra no epicentro cultural internacional”, sostén López.

Neste contexto, ambos os dous dirixentes López e Domínguez coinciden ao sinalar que o Museo de Pontevedra “ten un futuro prometedor”. Un porvir que pasa pola incorporación de Santa Clara, a restauración dos edificios centrais do Museo, a recuperación da Bienal e un ano 2027 no que se celebrará os 100 anos de historia do Museo. “Veñen meses e anos de moita actividade e moito traballo. Pero os feitos falan por si mesmos e esta Deputación seguirá traballando día a día, con profesionalidade e lealdade institucional para superar os retos ilusionantes que temos por diante”, asegura Luis López, que conclúe con que “como isto vai de fábulas, na Deputación seguiremos sendo formigas e non cigarras; ou tartarugas e non lebres para seguir construíndo un Museo, unha cidade e unha provincia que van a máis”.

El PPdeG sitúa el AVE a Oporto entre las «prioridades» de las relaciones con Portugal

0

Urgen a que su ejecución se enmarque dentro del objetivo temporal definido en el Reglamento de la Red Transeuropea de Transportes

Los diputados del PPdeG en el Congreso han resaltado hoy el acuerdo refrendado ayer entre la Cámara Baja española y la Asamblea de Portugal para impulsar cuestiones fundamentales para Galicia como la Alta Velocidad, el Camino de Santiago, el transporte de mercancías ferroviarias o las interconexiones eléctricas.

En el marco del IX Foro Parlamentario Hispano-Portugués que se celebró este lunes en Trujillo, las dos cámaras parlamentarias acordaron un documento de conclusiones conjunto en el que, a iniciativa de los diputados gallegos Marta González y Pedro Puy, se hace mención específica a la línea eléctrica entre Fontefría y Vila Fría, al hidroducto Guitiriz-Zamora, a la línea de Alta Velocidad entre Vigo y Oporto, al Corredor Atlántico y al Camino Portugués.

Sobre la primera de estas cuestiones, se resalta la importancia estratégica para España y Portugal de las interconexiones energéticas y, en concreto, en el ámbito de la interconexión eléctrica, los diputados expresan la necesidad de aumentar la capacidad total de intercambio entre ambos países mediante la construcción de una nueva línea de 440 kV por Galicia entre Fontefría y Vila Fría.

Exhortan además a los gobiernos de España y Portugal a que promuevan en el seno de la Unión Europea la inclusión del trazado del hidroducto Guitiriz-Zamora como proyecto de interés comunitario.

En lo que se refiere al impulso de la línea de Alta Velocidad Vigo-Oporto e incidiendo en los beneficios económicos, sociales y medioambientales que supondría la puesta en marcha de esta conexión, urgen a que su ejecución se enmarque dentro del objetivo temporal definido en el Reglamento de la Red Transeuropea de Transportes. Un marco en el que también se insta a impulsar el resto de las actuaciones contempladas en el Corredor Atlántico.

También en el ámbito de las conexiones transfronterizas y en la misma línea de lo que desde el PPdeG vienen reclamando desde hace tiempo, los diputados gallegos consiguieron que en el documento se pida a los gobiernos que se comprometan a mejorar la actual conexión ferroviaria entre Vigo y Oporto.

Por último, en lo que se refiere a la cooperación cultural, proponen trabajar por una mayor divulgación del Camino Portugués a Santiago de Compostela impulsando su inclusión en la lista del Patrimonio Inmaterial de la Humanidad de la Unesco, resaltando que este itinerario común acoge las más importantes manifestaciones culturales y promueve el patrimonio cultural conjunto de los dos países.

Todas ellas fueron cuestiones que pusieron sobre la mesa de este foro tanto la vicepresidenta cuarta del Congreso de los Diputados, Marta González, como el presidente de la Comisión de Economía, Comercio y Transformación Digital, Pedro Puy. Este último, además, intervino en la sesión que llevaba por título Cooperación transfronteriza: colaboración en la lucha contra la despoblación y el reto demográfico en las regiones transfronterizas de ambos países.

Puy quiso poner el foco en su intervención en la importancia de todo este tipo de actuaciones para reforzar el potencial del Eje Atlántico, abogando abiertamente por “reequilibrar” la tendencia actual hacia el Mediterráneo y así “evitar la exclusión del norte y del oeste de la Península”.

La Xunta formaliza la compra del 51% del Teatro Fraga de Vigo para destinarlo a fines culturales

0

El antiguo edificio, con más de 80 años de historia, lleva cerrado desde el año 2001

El Consello de la Xunta autorizaba ayer a la Consellería de Facenda a proceder a la compra del 51% del Teatro Fraga, en el Ayuntamiento de Vigo, por importe  de cuatro millones setecientos cuarenta y tres mil euros (4.743.000 €).

El acuerdo alcanzado recientemente entre el Gobierno gallego, la Diputación de Pontevedra y la entidad bancaria Abanca Corporación Bancaria, S.A. implicaba la adquisición de la propiedad del inmueble sito en la calle Uruguay de Vigo.

El organismo provincial contará con una participación del 49 %. Este inmueble se adquiere conjuntamente con la Diputación Provincial de Pontevedra, para recuperar como espacio público un inmueble simbólico y referencial para Vigo y Galicia, una joya de la arquitectura civil de Galicia cerrado desde 2001, con la pretensión de diseñar un proyecto cultural de envergadura y continuidad en el tiempo en la ciudad de Vigo, liderazgo por la Xunta de Galicia en colaboración con la Diputación Provincial de Pontevedra.

Hito cultural y social de primera magnitud, el antiguo Teatro Cine Fraga, con más de 80 años de historia, lleva cerrado desde el año 2001. Su reapertura para uso público supone recuperar un edificio emblemático con un enorme simbolismo, al tiempo que da testimonio del total compromiso e implicación de la Xunta de Galicia y de la Diputación de Pontevedra con ciudad de Vigo y con su historia.

El proyecto que se pondrá en marcha en este emblemático inmueble permitirá ofrecer un recurso cultural y creativo que tirará el máximo provecho de un auditorio con 1.600 butacas y con foso para orquesta, que lo convierten en un espacio más que acomodado para una amplia variedad de programaciones públicas y privadas, lo que permite acoger eventos y espectáculos que exigen unas dimensiones como las que ofrece este inmueble.

Por su parte, el espacio de la antigua sala de fiestas va a permitir desarrollar un proyecto cultural que estará basado en la exhibición cultural, en la creación artística y en la participación del tejido artístico y cultural vigués, tanto en su diseño como en su programación.

Además, la diversidad de espacios anexos supondrá que se podrá valorar la instalación en Vigo de otros proyectos culturales de relevancia, para darle a la ciudad un sólido e innovador ánimo creativo.  Precisamente, en este momento, está abierta la definición del plan de usos para lo cual se procura la participación de la sociedad, enriqueciéndolo con sugerencias y propuestas.

Así el pasado martes, día 17, se celebró en Vigo la primera reunión abierta con la ciudadanía en la que participaron más de un ciento de entidades y particulares.

Estos encuentros continuarán en los próximos meses, al amparo de la campaña ‘El mejor espacio busca el mejor contenido’, en la búsqueda de una reflexión colectiva sobre el futuro y las oportunidades del que será un gran centro de desarrollo cultural y que incluye una caja de correo electrónico, en la cual ya se recibieron cerca de 200 aportaciones que se van a analizar.

Los problemas de aprovisionamiento obligan a Stellantis Vigo a parar al menos siete días en octubre

0

El Sistema 1 permanecerá inactivo en todos sus turnos los días 28, 29, 30 y 31 de octubre; además, los turnos de mañana y tarde de esa misma línea no funcionarán el 30 de septiembre, ni los días 4, 7 y 11 de octubre

La dirección de Stellantis Vigo ha comunicado este lunes al comité de empresa que se verá obligada a interrumpir parte de su producción durante al menos siete días en octubre, así como el próximo 30 de septiembre, debido a dificultades en el suministro de piezas.

En un comunicado, UGT ha explicado que la automotriz ha detallado que el Sistema 1, encargado de ensamblar los Peugeot 2008, permanecerá inactivo en todos sus turnos los días 28, 29, 30 y 31 de octubre. Además, los turnos de mañana y tarde de esa misma línea no funcionarán el 30 de septiembre, ni los días 4, 7 y 11 de octubre.

Por otro lado, el turno de noche no trabajará en ningún viernes de octubre en ambos Sistemas, y en el Sistema 1 tampoco habrá actividad los domingos 6 y 27.

Entre otros detalles, Stellantis Vigo tiene previsto activar el turno de fin de semana el sábado 12 de octubre, pero no habrá producción el viernes 1 de noviembre.

A pesar de la «sorpresa» manifestada por UGT ante la cantidad de paradas previstas en el Sistema 1, la empresa ha justificado la decisión señalando que uno de sus proveedores informó de problemas en el suministro, lo que obligó a reorganizar la producción. No obstante, subrayaron que, si la situación mejora, los días inicialmente no laborables podrían reactivarse para garantizar el ritmo de trabajo.

Estas interrupciones se suman a la serie de parones que la planta de Vigo ha experimentado en los últimos años, también motivados por problemas en la cadena de suministro. De hecho, durante este mismo mes de septiembre ya se produjeron varias suspensiones de actividad por causas similares.