A Deputación celebra o Día Mundial do Turismo en Cabo Silleiro e sitúa a provincia como o destino líder de Galicia deste verán

0

“Turismo e paz” é o lema escollido pola Organización Mundial do Turismo para celebrar esta efeméride no 2024. Por este motivo a Deputación festexou esta xornada en Cabo Silleiro, “un antigo lugar de guerra hoxe reconvertido nun recurso turístico de primeira orde onde atopar paz”

A deputada de Turismo Nava Castro fixo balance dos resultados turísticos do pasado verán, onde a provincia recibiu preto do 40% dos visitantes que chegaron a Galicia, cunha ocupación un 4% superior á de 2023

A Deputación de Pontevedra adiantou a celebración do Día Mundial do Turismo, que cada ano ten lugar o 27 de setembro, para visitar Cabo Silleiro e facer balance dos datos turísticos do verán do 2024 que sitúan a provincia como o destino líder de Galicia. “Turismo e paz” é o lema escollido pola Organización Mundial do Turismo para celebrar neste 2024 esta efeméride e, por este motivo, a Deputación escolleu como escenario o faro pequeno de Cabo Silleiro, “un antigo lugar de guerra hoxe reconvertido nun recurso turístico de primeira orde onde atopar paz”, destacou a deputada Nava Castro.

Para a Deputación de Pontevedra é fundamental festexar o Día Mundial do Turismo “para concienciar sobre o valor desta actividade económica, que transcende ao social, cultural e mesmo político”, destacou a deputada de Turismo. Sobre o lema deste ano elixido pola Organización Mundial do Turismo, Nava Castro fixo fincapé no poder transformador desta actividade económica, tanto para fixar poboación como para fomentar o diálogo e promover o entendemento. Neste eido, puxo como exemplo de intercambio intercultural e símbolo de paz ao Camiño de Santiago, cuxa ruta portuguesa pola Costa pasa precisamente por diante de Cabo Silleiro.

A deputada provincial aproveitou a ocasión para facer balance dos resultados turísticos do pasado verán proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que situaron a provincia como líder do ranking de destinos turísticos galegos. Deste xeito, a provincia recibiu preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia, catro de cada dez, sendo, principalmente, persoas procedentes do territorio nacional (71%), e que a ocupación media foi un 4% superior á rexistrada no verán do 2023, “situándonos na cabeza dos destinos galegos, por riba da Costa da Morte, as Rías Altas e a Mariña lucense”.

Nava Castro tamén recordou que as oficinas da rede Info Rías Baixas atenderon a 251.658 persoas durante o verán, o que supón un incremento do 25% con respecto ao ano anterior, que os castelos de Soutomaior e Sobroso foron visitados por 22.557 persoas e que os camiños cara Santiago que atravesan a provincia de Pontevedra foron percorridos por 92.799 peregrinos, detectándose o maior incremento con respecto ao verán pasado na ruta portuguesa pola costa.

No que respecta ao mes de agosto, tal e como informou a deputada provincial, a provincia recibiu ao 38% dos visitantes que chegaron a Galicia, cun total de 293.000 visitantes que supoñen un 12% máis que no mesmo mes de 2023. No caso deste mes, tal e como detalla o INE, a ocupación media superou o 75,5% e  aumentou case un 5% con respecto a agosto de 2023. Sen ter os datos de setembro pechados, Nava Castro explicou que ata a data foron atendidas na oficina central de Turismo Rías Baixas en Pontevedra un total de 3.351 persoas visitantes; percorreron os castelos de Sobroso e Soutomaior 3.200 persoas e ata 21.339 peregrinos seguiron algunha das vías que atravesan a provincia cara Compostela.

La Audiencia de Pontevedra condena a un matrimonio propietario de un local de alterne de Lalín por no dar de alta en la Seguridad Social a las trabajadoras

0

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha condenado a cada uno de los miembros de un matrimonio encargado de un local de alterne de Lalín a seis meses de prisión y al pago de una multa de 900 euros por cometer un delito contra los derechos de los trabajadores, pues solamente una de las once empleadas estaba dada de alta en la Seguridad Social. Los magistrados indican que cuatro no estaban dadas de alta, mientras que las seis restantes carecían de permiso para trabajar en España. En el fallo, explican que la mujer era la administradora de la sociedad, mientras que su marido actuaba como encargado, “por lo que explicaba a las mujeres que ejercían el alterne los horarios de entrada y salida, precio de las consumiciones y demás condiciones de trabajo”.

La Sala indica que ambos acusados, a sabiendas de su deber como empleadores, “faltaron al mismo al tener trabajadoras por su cuenta en el referido local, sin solicitar ante la Tesorería General de la Seguridad Social su alta en el Régimen General”. Asimismo, el tribunal destaca que estaban empleando a trabajadoras a sabiendas de que no habían solicitado autorización administrativa para trabajar en España.En este caso, los jueces destacan que “concurren los elementos que integran el tipo delictivo por el que se ha formulado acusación, puesto que las mujeres que se encontraban en el establecimiento realizando funciones de alterne debían tener la condición de empleadas”.

El PP de Vigo demandará un acuerdo de la corporación municipal para instar al gobierno local a ejercer sus competencias en educación

0

El grupo popular llevará al pleno ordinario de septiembre una moción para que el Concello de Vigo se responsabilice del mantenimiento de los centros educativos de Infantil y Primaria, tal y como marca la ley

La iniciativa plantea cuatro acuerdos que abordan también cuestiones de política social como la necesidad de resolver la convocatoria de las becas de comedor con el comienzo del correspondiente curso escolar

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo llevará al próximo pleno de la corporación, que celebrará su sesión ordinaria de septiembre el lunes día 30, una moción con la que busca instar al gobierno local a ejercer sus competencias en materia de educación. El PP demandará un acuerdo político para urgir al Concello a realizar un correcto mantenimiento de los centros públicos de Primaria, tal y como es su exclusiva responsabilidad.

Casos como el del CEIP Altamar, cuya ANPA ha denunciado la presencia de plagas, humedades y otros problemas derivados de la falta de conservación, han evidenciado que el gobierno de Abel Caballero “se olvida día sí y día también” de sus obligaciones en este ámbito. Tal y como ha remarcado el portavoz del grupo municipal popular, Miguel Martín, el regidor socialista “trata únicamente de echar balones fuera y culpar de todo a la Xunta” a pesar de que el mantenimiento de los centros públicos de Infantil y Primaria corresponde, por ley, al Concello.

Lo mismo sucede con las labores de limpieza y vigilancia, que a juicio del PP de Vigo también son “claramente deficientes”. La falta de conserjes, profesionales que precisamente se ocupan de mantener los colegios en buen estado, “lleva años repitiéndose” y se revela como una de las principales causas de este problema.

A ello se suma un asunto vinculado a la política social como el “importante retraso” que acumula todos los años la resolución de las becas de comedor. Una situación que deja sin comer en el colegio a miles de estudiantes hasta que el Ayuntamiento paga las ayudas, ya que sus familias y las ANPA no pueden adelantar el dinero.

Ante todas estas carencias en las que incurre el gobierno local, el grupo municipal popular propondrá al resto de formaciones políticas que apoyen cuatro acuerdos. Los dos primeros pasan por establecer un cronograma de inversiones en los centros educativos de Infantil y Primaria atendiendo a su urgencia y a incrementar las partidas económicas dedicadas a la autogestión. Además, se instará a la Concellería de Eduación a implantar medidas de control sobre el cumplimiento de las obligaciones que tiene la concesionaria del servicio de limpieza, así como a garantizar la presencia de conserjes en todos los centros educativos. Adicionalmente, se demandarán soluciones alternativas que posibiliten la resolución de las ayudas de comedor con el comienzo de cada curso escolar.

O BNG de Vigo demanda elaborar unha Estratexia Local para a Abolición da Prostitución

0

A fronte nacionalista chama a despregar medidas de apoio e atención para as mulleres prostituídas, actuacións en contra do proxenetismo e do consumo de prostitución e campañas de sensibilización e concienciación

Ana Martínez: “Todas as administracións, incluído o Concello de Vigo, teñen que traballar con firmeza para a erradicación da explotación sexual na nosa cidade”

O Bloque Nacionalista Galego demanda elaborar unha Estratexia Local para a Abolición da Prostitución en Vigo. A fronte nacionalista chama a despregar medidas de apoio e atención para as mulleres prostituídas, actuacións en contra do proxenetismo e do consumo de prostitución e campañas de sensibilización e concienciación no camiño de erradicar a explotación sexual na cidade.

“Non abonda con discursos, cómpren feitos para abolir a prostitución como unha das moitas formas de violencia contra as mulleres que impón o patriarcado”, reivindicou a concelleira do BNG de Vigo, Ana Martínez, con motivo do recente Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres.

Martínez chamou a retomar o camiño iniciado por impulso do BNG dende a concellaría de Igualdade que, no ano 2010, logrou o acordo unánime do Pleno municipal para a posta en marcha de medidas fronte esta “realidade cruel e inxusta”. Entre elas, destacou a prohibición de exhibir publicidade de prostíbulos en ningún soporte baixo competencia do Concello. “Pero 14 anos despois hai que dar moitos máis pasos”, reclamou.

A concelleira nacionalista avanzou que o Bloque trasladará estas demandas no vindeiro Pleno municipal, convocado para o próximo luns, e no Consello Municipal da Muller, reiterando o solicitado xa o pasado mes de xullo na Comisión Informativa de Igualdade. Estratexia Local para a Abolición da Prostitución que, advertiu, debe contar coa máxima participación do tecido feminista para a súa elaboración.

O plan de accións proposto polo BNG inclúe en primeiro lugar medidas de atención e apoio económico, laboral, social e psicolóxico destinadas ás mulleres prostituídas. Mais tamén incrementar as actuacións en contra do proxenetismo e do consumo de prostitución na cidade, así como desenvolvendo campañas de sensibilización e concienciación. “Todas as administracións, incluído o Concello de Vigo, teñen que traballar con firmeza para a erradicación da explotación sexual na nosa cidade”, remachou Martínez.

A Deputación ultima os días para visitar en Salvaterra a mostra “Cines de Pontevedra”, na que se recupera a memoria e a ilusión das antigas salas da provincia

0

A mostra poderá visitarse ata o domingo 29 de setembro na Casa do Conde do Museo do Viño de Salvaterra

A Deputación de Pontevedra ultima os días para visitar en Salvaterra a mostra “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión”,  que comezou nesta vila a súa viaxe pola provincia de Pontevedra tras estar exposta no verán no Pazo provincial. A mostra, na que se recupera a memoria e a ilusión das antigas salas de cine da provincia, poderá visitarse ata este domingo 29 de setembro na Casa do Conde do Museo do Viño.

A mostra, promovida pola propia institución provincial, busca recuperar os recordos dos vellos cines, daqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia e que, salvo contadas excepcións, pertencen xa ao pasado. Desta maneira, recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio, e tamén a máis barata. Ademais de restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos. Deste xeito, o proxecto complétase coas memorias e vivencias de persoas da provincia, un traballo para o que se realizaron máis de 500 enquisas. Despois do seu paso por Salvaterra, onde se poderá visitar na Casa do Conde ata o 29 de setembro, de xoves a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, a exposición continuará o seu percorrido polos concellos da provincia con paradas na Estrada, en outubro, e Sanxenxo, a continuación, para rematar o ano na Sede de Vigo da Deputación.

La borrasca ‘Aitor’ deja más de 300 incidencias en Galicia

0

Hasta 176 casos fueron gestionados por la presencia de árboles y ramas en las carreteras o diferentes objetos que pudieron ser desplazados por el viento y que acabaron obstaculizando el tráfico (29)

Los efectos del viento y de las lluvias de la borrasca ‘Aitor’ se dejaron sentir en buena parte de la comunidad gallega, con un total de 323 incidencias registradas desde la medianoche del miércoles y hasta las 8 horas de esta mañana.

Como es frecuente en esta situación, las incidencias relacionadas con la circulación fueron las más frecuentes, con un total de 176 casos gestionados por la presencia de árboles y ramas en las carreteras o diferentes objetos que pudieron ser desplazados por el viento y que acabaron obstaculizando el tráfico (29). A continuación, se cuentan las acciones de los equipos de emergencias, que trabajaron a destajo para evitar riesgos mayores (23) en zonas como las fachadas de las viviendas o con la retirada preventiva de vegetación y, por último, las inundaciones en calles, carreteras, viviendas y garajes (17 casos).

En cuanto a las provincias, la de Pontevedra fue la más afectada con 142 incidencias, seguida de A Coruña (90) y, por último, Lugo con 47 y Ourense con 43.

También conviene destacar que Vigo (33) y Santiago de Compostela (26) fueron los ayuntamientos más afectados en toda la comunidad. Al ser Pontevedra la provincia más castigada, A Estrada (19) y Vilagarcía (11) sobresalen notablemente sobre los municipios coruñeses como A Coruña o Padrón (5), lucenses como O Saviñao (5) y Lugo (4), y ourensanos como O Barco de Valdeorras (6) y Avión (3).

Aunque no hubo incidencias de gravedad relacionadas con los efectos del temporal, podemos mencionar la inundación de un garaje de dos plantas en un edificio de la avenida de Andurique, en Poio, pasados 15 minutos de la medianoche.

Los equipos de emergencias trabajaron durante la noche en el lugar con bombas de achique y explicaron que el nivel inferior estaba completamente inundado. Al mismo tiempo, señalaron que el agua podía proceder del río, que estaba desbordado por los efectos de las lluvias.

En este operativo participaron los Bomberos del Salnés, el GES de Sanxenxo, la Guardia Civil y los voluntarios de Protección Civil de Poio.

Controlado un incendio en un edificio de tres alturas en Vigo

0

Múltiples particulares contactaron con el 112 Galicia y explicaron que escuchaban explosiones y veían abundante fuego y humo saliendo del inmueble afectado

Un fuego registrado quince minutos antes de las 6 horas de esta mañana en un edificio situado en la travesía de Lourido, en Vigo, ha sido controlado por los bomberos.

Hacia esa hora, múltiples particulares contactaron con el 112 Galicia y explicaron que escuchaban explosiones y veían abundante fuego y humo saliendo del edificio afectado. No podían precisar si quedaban personas en el interior, pero sí confirmaban que había un bajo lleno de botes de pintura muy cerca. Otro de los alertadores explicaba que el incendio parecía salir de uno de los pisos superiores.

Así, los gestores del Centro Integrado de Atención a las Emergencias solicitaron la colaboración de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, de los Bomberos de Vigo y de los agentes de la Policía Nacional y Local.

En estos momentos, los bomberos continúan trabajando en el punto, aunque el incendio está ya controlado

Caballero celebra en Vialia el tercer aniversario del centro

0

Este sábado 28 de septiembre a las 20.00 horas el Alcalde Abel Caballero celebrará el III Aniversario del Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, gestionado por Nhood. En el acto, que tendrá lugar en la zona Foodcourt, estarán presentes también Juan Louro, Director del Centro Comercial Vialia Estación de Vigo y Natalia González, responsable de Marketing del Centro Comercial Vialia Estación de Vigo.

Desde mañana viernes por la tarde y durante todo el sábado, Vialia Vigo ha organizado un completo programa de actividades para conmemorar sus tres años de vida en la ciudad con actividades pensadas para todos los públicos.

El festival comenzará este viernes a las 17:30 horas con una actuación infantil, para luego dar paso al grupo gallego Lontreira, que tomará el escenario a las 19:00 horas y acabará el día con el concierto de Quinkillada a las 21.00 horas.

El sábado, la fiesta continuará a las 16:30 horas con otra actuación infantil, seguida a las 17:30 horas por el conocido DJ Groove Amigos hasta las 18:30 horas, cuando un pasacalle recorrerá el centro comercial y sus alrededores. El broche de oro será a las 21:00 horas, cuando el grupo de rock Burning suba al escenario para cerrar el festival. Además, los clientes podrán disfrutar de más de 2.000 premios y sorpresas. “Estamos deseando que llegue este fin de semana para recibir a todos nuestros visitantes, los meses de verano han sido de récord, con gran afluencia de personas en todas las actividades organizadas durante estos últimos meses y estamos convencidos de que la celebración del tercer aniversario del centro comercial será todo un éxito. En estos tres años Vialia Vigo se ha consolidado como el epicentro del ocio y la diversión en la ciudad y cuenta con una oferta gastronómica y de retail”, destaca Juan Louro, Director del Centro Comercial Vialia Estación de Vigo.

A CEP acolle o evento Ultreia Pontevedra para dinamizar o ecosistema emprendedor da provincia

0

O evento de hoxe estivo organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) e promovido pola Xunta de Galicia

O obxectivo principal é impulsar o emprendemento galego e a innovación, creando sinerxías e atopando solucións conxuntas co apoio da dixitalización, transformación tecnolóxica e innovación, facendo fincapé tamén no retorno e na remuda de negocios como os comerciais a través da Rede de Polos de Emprendemento

José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, e Jorge Cebreiros, presidente da CEP, foron os encargados de pechar o evento, que contou coa participación de distintos casos de éxito dentro do emprendemento galego

A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) acolleu hoxe o evento provincial do programa “Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente”. Esta iniciativa, que está financiada pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, conta a nivel galego coa implicación de 240 axentes do ecosistema emprendedor, máis de 160 startups, 40 empresas tractoras e a exposición de 16 casos de éxito. 

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, foron os encargados da clausura desta xornada, na que tamén participaron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, Maruxa Álvarez Directora da Área de Emprego da Universidade de Vigo e Sabela Pérez-Torres, Vicepresidenta da CEP. 

Na súa intervención, Jorge Cebreiros sinalou a importancia da colaboración públicoprivado e o apoio tanto das administracións públicas como das organizacións empresarias e entidades privadas as iniciativas emprendedoras. O obxectivo, segundo dixo, “é que ningunha iniciativa empresarial viable se fruste por non contar co apoio axeitado”.

Na súa intervención, o conselleiro salientou que a iniciativa Ultreia “nace co obxectivo de incentivar ás persoas e entidades emprendedoras a acadar o propósito de impulsar o seu camiño, xerando sinerxías e identificando retos con solucións conxuntas, todo no marco do plan de acción de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que se  está a definir da man do ecosistema emprendedor”. Así, agradeceu “a implicación da CEP para que proxectos innovadores consigan financiamento e se dea un pulo aos principais sectores económicos de Galicia”.

José González explicou que “o deseño destas xornadas non foi elixido ao azar, senón que forma parte dunha folla de ruta máis ampla que vén de facer merecedora a Galicia do recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025. Unha distinción que premia a nosa Rede de polos de emprendemento que leva atendido máis de 2.400 proxectos nos seus 14 centros activos ou iniciativas novidosas como o proxecto piloto de coliving no rural, todo co obxectivo primordial de dinamizar e de vertebrar o conxunto do territorio, ao tempo que se fixa poboación”.

Campus Startups e paneles de expertos sectoriais para a identificación de oportunidades de emprendemento

A xornada de hoxe, que chegaba á Pontevedra tras o lanzamento destes eventos a semana pasada en Ourense, e onte na Coruña, contou con dous bloques diferenciados que se foron celebrando simultaneamente ao longo da mañá e a tarde: o ‘Campus Startups’ e as mesas de traballo para analizar carencias nos sectores e oportunidades para novas iniciativas.

No Campus Startups, o obxectivo centrouse en identificar e mapear as empresas de recente creación e outras iniciativas emprendedoras innovadoras co fin de darlles soporte para a busca de financiamento. 

Este bloque abriuse coa conferencia de Edo Sadikovic, CEO de Sende, , o único espacio coworking y coliving existente en Galicia, destancando por a súa sostenibilidade e pola xeración de actividade, aproveitando as novas tecnoloxías e a oportunidade do teletraballo en entornos naturais do rural galego.

A continuación a presentación de casos de éxito no eido emprendedor, da man dos e das responsables de Ares PMO – Jesús Ares-, Infi Consultores -Susana Pérez-, e Koala Francisco Barbera-.

Paralelamente organizouse unha competición de proxectos e ideas emprendedoras. Entre todos eles, o xurado seleccionou aos finalistas que participarán -xunto cos escollidos nas outras provincias-, no Foro de Investimento Ultreia Galicia. Entre as iniciativas emprendedoras presentadas hoxe, resultaron elixidas finalistas Envita Digital Solutions, Amphora, HEMOLEM, airco2 e Mia creativa. O xurado estivo integrado por

José Antonio Rodríguez Fachado, director territorial de Pontevedra; Ramón Santorio, presidente de SECOT, en representación da CEP; Natalia Abalo Araujo, servicio promoción do emprego; Alfonso Villar, coordinación de emprendemento; Maruxa Álvarez, directora do área de emprego e emprendemento; e Valeria Giráldez, presidenta de AJE Pontevedra.  

No transcurso da xornada falouse tamén de innovación e da posibilidade de diversificar investindo en startups, abordouse a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e o Plan Remuda, habilitado no seu seo para evitar que pechen negocios rendibles e vertebradores do territorio, así como da Estratexia Retorna para impulsar -entre outros- o emprendemento protagonizado polos galegos do exterior que volven para establecerse na Comunidade.

Retos e solucións, sector a sector

O segundo bloque do programa desenvolveuse en formato de mesas redondas para abordar os ‘Retos e solucións para un territorio intelixente’. Os obxectivos destas sesións eran identificar os sectores estratéxicos da provincia e os seus retos, abordar as súas cuestións clave, determinar as empresas tractoras de cada un deles e mapear os axentes do ecosistema empresarial da provincia implicados no se desenvolvemento. Esta parte contou con seis mesas nas que empresas pontevedresas debateron sobre os retos que teñen por diante os sectores de metal mecánica; mar industria; medio ambiente; enerxías renovables; loxística, e construcción.

O BNG de Mos presenta alegacións contra o polígono industrial da Arrufana

0

O proxecto implicaría o paso de tráfico pesado por zonas densamente poboadas e a veciñanza expresou o seu malestar ante a falta de información

Gustavo Barcia solicita que a tramitación se realice polo procedemento ordinario e non mediante unha avaliación simplificada, tal como pretende a Xunta

O BNG de Mos vén de presentar, no rexistro da Xunta, un escrito de alegacións ao proxecto de creación do polígono industrial da Arrufana. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, denuncia que “tanto o goberno galego como o municipal están a actuar de maneira totalmente opaca” e cre que a veciñanza está “indefensa” ante un proxecto que “supón unha verdadeira ameaza para a calidade de vida en Louredo, Guizán, Peinador e Vilar”. As alegacións foron elaboradas tras un encontro con persoas residentes nas zonas afectadas, onde se puido constatar a falla de información en torno ao polígono.

As maiores preocupacións da veciñanza están relacionadas co incremento do tráfico pesado nas inmediacións do futuro parque empresarial. Os accesos serán, dende a N-550, a través da estrada EP-2906 Os Valos-Guizán e, dende a autoestrada AP-9, a través da estrada EP-2602 Peinador-Louredo, ambas de titularidade provincial. Barcia advirte de que “as vías que dan servizo aos núcleos residenciais xa están saturadas e non van poder atender axeitadamente as necesidades dunha área industrial como a que se está a proxectar”. 

O portavoz do BNG de Mos considera que “un proxecto destas características non pode tramitarse mediante un procedemento de avaliación ambiental simplificada, tal como pretende a Xunta de Galicia”. Insiste en que a construción do polígono “supón unha ameaza non só para a calidade de vida, senón tamén para os recursos hídricos e o patrimonio histórico”. O proxecto afectará directamente á zona de protección do Porto dos Valos e, de forma indirecta, a varios xacementos megalíticos. Por estes motivos, Barcia solicita que, “en caso de seguir adiante coa tramitación, esta se realice polo procedemento ordinario”. 

Necesidade real

O grupo municipal do BNG considera que o goberno debe avaliar a necesidade real de crear un novo parque empresarial no concello de Mos. Barcia lembra que xa existen, no termo municipal, tres polígonos industrias: o do Rebullón, o de Monte Faquiña e o da Veigadaña. Este último, ademais, está sen rematar, xa que as administracións competentes aínda non construíron o acceso directo dende a A-55 proxectado dende hai xa máis dunha década.

O portavoz nacionalista indica ademais que, na Veigadaña, “aínda que practicamente a totalidade das parcelas están vendidas, unha parte moi significativa delas está sen construción algunha”. Na súa opinión, isto é un indicativo de que “ou ben non hai necesidade real ou ben se están a producir movementos especulativos en torno ao solo empresarial de Mos”. Por outra parte, entende que tamén se deben ter en conta os proxectos para crear ou ampliar áreas industriais noutros concellos veciños.