O evento de hoxe estivo organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) e promovido pola Xunta de Galicia
O obxectivo principal é impulsar o emprendemento galego e a innovación, creando sinerxías e atopando solucións conxuntas co apoio da dixitalización, transformación tecnolóxica e innovación, facendo fincapé tamén no retorno e na remuda de negocios como os comerciais a través da Rede de Polos de Emprendemento
José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, e Jorge Cebreiros, presidente da CEP, foron os encargados de pechar o evento, que contou coa participación de distintos casos de éxito dentro do emprendemento galego
A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) acolleu hoxe o evento provincial do programa “Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente”. Esta iniciativa, que está financiada pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, conta a nivel galego coa implicación de 240 axentes do ecosistema emprendedor, máis de 160 startups, 40 empresas tractoras e a exposición de 16 casos de éxito.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, foron os encargados da clausura desta xornada, na que tamén participaron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, Maruxa Álvarez Directora da Área de Emprego da Universidade de Vigo e Sabela Pérez-Torres, Vicepresidenta da CEP.
Na súa intervención, Jorge Cebreiros sinalou a importancia da colaboración públicoprivado e o apoio tanto das administracións públicas como das organizacións empresarias e entidades privadas as iniciativas emprendedoras. O obxectivo, segundo dixo, “é que ningunha iniciativa empresarial viable se fruste por non contar co apoio axeitado”.
Na súa intervención, o conselleiro salientou que a iniciativa Ultreia “nace co obxectivo de incentivar ás persoas e entidades emprendedoras a acadar o propósito de impulsar o seu camiño, xerando sinerxías e identificando retos con solucións conxuntas, todo no marco do plan de acción de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que se está a definir da man do ecosistema emprendedor”. Así, agradeceu “a implicación da CEP para que proxectos innovadores consigan financiamento e se dea un pulo aos principais sectores económicos de Galicia”.
José González explicou que “o deseño destas xornadas non foi elixido ao azar, senón que forma parte dunha folla de ruta máis ampla que vén de facer merecedora a Galicia do recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025. Unha distinción que premia a nosa Rede de polos de emprendemento que leva atendido máis de 2.400 proxectos nos seus 14 centros activos ou iniciativas novidosas como o proxecto piloto de coliving no rural, todo co obxectivo primordial de dinamizar e de vertebrar o conxunto do territorio, ao tempo que se fixa poboación”.
Campus Startups e paneles de expertos sectoriais para a identificación de oportunidades de emprendemento
A xornada de hoxe, que chegaba á Pontevedra tras o lanzamento destes eventos a semana pasada en Ourense, e onte na Coruña, contou con dous bloques diferenciados que se foron celebrando simultaneamente ao longo da mañá e a tarde: o ‘Campus Startups’ e as mesas de traballo para analizar carencias nos sectores e oportunidades para novas iniciativas.
No Campus Startups, o obxectivo centrouse en identificar e mapear as empresas de recente creación e outras iniciativas emprendedoras innovadoras co fin de darlles soporte para a busca de financiamento.
Este bloque abriuse coa conferencia de Edo Sadikovic, CEO de Sende, , o único espacio coworking y coliving existente en Galicia, destancando por a súa sostenibilidade e pola xeración de actividade, aproveitando as novas tecnoloxías e a oportunidade do teletraballo en entornos naturais do rural galego.
A continuación a presentación de casos de éxito no eido emprendedor, da man dos e das responsables de Ares PMO – Jesús Ares-, Infi Consultores -Susana Pérez-, e Koala Francisco Barbera-.
Paralelamente organizouse unha competición de proxectos e ideas emprendedoras. Entre todos eles, o xurado seleccionou aos finalistas que participarán -xunto cos escollidos nas outras provincias-, no Foro de Investimento Ultreia Galicia. Entre as iniciativas emprendedoras presentadas hoxe, resultaron elixidas finalistas Envita Digital Solutions, Amphora, HEMOLEM, airco2 e Mia creativa. O xurado estivo integrado por
José Antonio Rodríguez Fachado, director territorial de Pontevedra; Ramón Santorio, presidente de SECOT, en representación da CEP; Natalia Abalo Araujo, servicio promoción do emprego; Alfonso Villar, coordinación de emprendemento; Maruxa Álvarez, directora do área de emprego e emprendemento; e Valeria Giráldez, presidenta de AJE Pontevedra.
No transcurso da xornada falouse tamén de innovación e da posibilidade de diversificar investindo en startups, abordouse a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e o Plan Remuda, habilitado no seu seo para evitar que pechen negocios rendibles e vertebradores do territorio, así como da Estratexia Retorna para impulsar -entre outros- o emprendemento protagonizado polos galegos do exterior que volven para establecerse na Comunidade.
Retos e solucións, sector a sector
O segundo bloque do programa desenvolveuse en formato de mesas redondas para abordar os ‘Retos e solucións para un territorio intelixente’. Os obxectivos destas sesións eran identificar os sectores estratéxicos da provincia e os seus retos, abordar as súas cuestións clave, determinar as empresas tractoras de cada un deles e mapear os axentes do ecosistema empresarial da provincia implicados no se desenvolvemento. Esta parte contou con seis mesas nas que empresas pontevedresas debateron sobre os retos que teñen por diante os sectores de metal mecánica; mar industria; medio ambiente; enerxías renovables; loxística, e construcción.

