El PP de Vigo revela que el Festival Terraceo celebró sus cuatro ediciones de forma irregular y exige a Abel Caballero que “dé la cara”

0

El grupo municipal popular informa de que la empresa que gestiona el Auditorio Mar de Vigo carece de concesión para usar la terraza y por ello necesita una licencia específica que le fue denegada inicialmente

Miguel Martín celebra que no se haya producido ningún incidente grave en estos años pero advierte que, de haber ocurrido, “estaríamos ante un problema muy gordo del que el Concello sería el máximo responsable”

El Partido Popular de Vigo ha revelado que el Festival Terraceo celebró sus cuatro ediciones “de manera absolutamente irregular”, al no disponer de los permisos municipales necesarios para utilizar la terraza del Auditorio Mar de Vigo entre los años 2020 y 2023, ambos inclusive. Tal y como ha informado este lunes en rueda de prensa el portavoz del grupo municipal del PP, Miguel Martín, la empresa organizadora del evento y a su vez gestora del complejo de Beiramar, Organización de Ideas de Éxito SL, no cuenta con la concesión de uso de dicha terraza. Por ello, precisa de una licencia específica. Una circunstancia sobre la que la Asociación de Productores Técnicos de Espectáculos de Galicia (Aptega) ya había advertido al Gobierno local.

Ante esta situación, el concejal popular ha exigido a Abel Caballero que “dé la cara” para explicar a la ciudadanía esta “nueva chapuza”. “El alcalde solo está disponible para sacarse la foto el día de la presentación pero luego se esconde cuando toca dar cuenta de lo que está pasando. Es este grupo municipal del Partido Popular quien lo tiene que hacer fruto de nuestro compromiso con los vigueses y con nuestra labor de fiscalización del Gobierno local”, ha declarado.

Asi, Martín ha explicado que el Concello de Vigo permitió el desarrollo de las cuatro ediciones del festival a pesar de que el contrato de alquiler no contempla la concesión, entre otros espacios, de la terraza y de la cafetería de la séptima planta porque, en primer lugar, el proyecto constructivo del Auditorio Mar de Vigo no la consideró apta para uso público. Pero, además, en caso de que ese uso público se consienta, es necesario disponer de una autorización expresa que la firma gestora del recinto no tiene. “¿Cómo es posible que pase esto con la licencia después de cuatro ediciones celebradas sin ningún problema?”, ha preguntado.

Tal y como ha ahondado el portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, el Gobierno de Caballero se percató de este problema después de que la Policía Local abriera un informe por la utilización irregular de la cafetería situada en la planta séptima durante el pasado mes de diciembre, cuando se programó una cena privada. A partir de ahí se encargó un plan de usos del Pazo de Congresos. “Es decir, lo que se tenía que haber hecho en 2020 para aclarar las dudas planteadas, no se hizo en su momento y ahora pasa lo que pasa”, relató Martín, quien acusó al regidor socialista de “no atreverse a dar la cara”.

SOLICITUD PARA 2024

De ahí que la Concellería de Xestión Patrimonial esté “tratando de corregir” ahora estas irregularidades. Para ello, y como prueba adicional que refrenda las denuncias del Partido Popular de Vigo, la compañía Ideas de Éxito solicitó el pasado 7 de marzo una licencia extraordinaria para poder celebrar el evento en 2024. Un permiso que inicialmente fue denegado. Por ese motivo, y no por otros, la organización del Festival Terraceo ha suspendido o reubicado siete conciertos de la presente edición a sabiendas de lo que ocurre. “De alguna manera están engañando a quien compra las entradas pensando que el concierto va a ser en la terraza cuando los organizadores saben perfectamente que no se pueden celebrar ahí, al menos por el momento. Por cierto que ese expediente de solicitud de licencia ya nos lo tenía que haber pasado el gobierno municipal y todavía no lo han hecho. Supongo que estarán nerviosos”, ha subrayado Martín.

El portavoz del principal partido de la oposición en el Ayuntamiento de Vigo ha celebrado que no se haya registrado ningún incidente grave en estos cuatro años pero ha advertido que, de haber ocurrido, “estaríamos ante un problema muy gordo del que el Concello sería el último y máximo responsable”. Asimismo, ha recordado que el festival recibe una subvención municipal para su desarrollo. En todo caso, Martín ha reiterado en varias ocasiones que el Partido Popular de Vigo no tiene nada en contra del Festival Terraceo y que solo busca dar respuesta a las múltiples preguntas que se hacen los vigueses y, en especial, las personas que han comprado entradas para alguno de los conciertos. “Lo digo por si a alguien le surge la tentación de darle la vuelta a las cosas y nos acaba acusando de querer acabar con la música en Vigo O que sé yo”, ha ironizado.

Luis López subliña a colaboración da Deputación coa Asociación Española contra o Cancro para recoñecer e apoiar o “excelente” labor que presta en toda a provincia

0

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, visita a sede da AECC en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que fomenta a atención biopsicosocial ao paciente e aos seus familiares

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu o “excelente” labor que os integrantes da Asociación Española contra o Cancro realizan en toda a provincia para atender ás persoas que sofren esta enfermidade e aos seus familiares nunha visita á sede que este colectivo ten en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que permita a posta en marcha, ao longo deste ano 2024, dun programa de “Atención biopsicosocial ao doente oncolóxico e aos seus familiares” para o que a Deputación achega 15.000 euros.

Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, o mandatario provincial explicou que a finalidade desta colaboración entre a Deputación e a AECC pasa por “proporcionar unha atención integral á persoa enferma de cancro e a súa familia para mellorar a súa calidade de vida, así como para sensibilizar á poboación sobre a enfermidade”.

Entre os obxectivos deste convenio figuran os de minimizar as alteracións emocionais derivadas da enfermidade, favorecer a integración social dos pacientes, previr a aparición dos síntomas desta doenza, contribuír a atender as necesidades básicas das persoas doentes, orientar aos pacientes na procura de recursos sociais ou favorecer o asociacionismo, a incorporación ao mercado laboral e sensibilizar a poboación sobre hábitos de vida sans.

Ambas as entidades comparten ademais un espírito municipalista para “construir unha provincia na que vivir moito mellor, porque a AECC chega a case todos os concellos, algo que nós, que somos a casa de todos os concellos, tamén facemos”, salientou o dirixente. “A Deputación está agradecida a AECC por todo o traballo que está a realizar e, pola nosa parte, amosamos a disposición máxima para seguir colaborando en todo o que poidamos facelo”, agradeceu Luis López despois de asinar o acordo e realizar un percorrido polas instalacións dunha asociación na que traballan 28 persoas que prestan unha atención integral aos pacientes e aos seus familiares.

A Deputación esgota en cuestión de minutos as prazas para as rutas previstas en xullo no programa “+Bosques”

0

Os oito percorridos terán lugar todos os sábados e domingos do mes, desde o 6 de xullo no Xabriña (Covelo) ata o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra)

A Deputación de Pontevedra esgotou de novo todas as prazas dispoñibles para as rutas do programa provincial “+Bosques”, neste caso as previstas para o mes de xullo. Tras abrir o prazo de inscrición este luns ás 9:00 horas, en menos de trinta minutos xa se esgotaran as prazas para participar nas oito rutas previstas, que se desenvolverán por espazos naturais da provincia situados nos concellos de Bueu, Covelo, A Illa de Arousa e Pontevedra.

Os percorridos da iniciativa, que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques”, comezan en xullo o sábado 6 no río Xabriña (Covelo) e continuarán o domingo 7 no río Almofrei (Pontevedra), o sábado 13 en Cabo Udra (Bueu), o domingo 14 no Carreirón (A Illa de Arousa), o sábado 20 no Pazo de Lourizán (Pontevedra), o domingo 21 de novo no Carreirón, o sábado 27 outra quenda en Cabo Udra e, por último, o domingo 28 volverá ao Pazo de Lourizán.  En total, entre xuño e outubro ofertaranse 40 itinerarios que tamén pasarán pola Illa de Tambo (Poio) e o Lago de Castiñeiras (Marín e Vilaboa), facendo en total sete espazos tanto da costa como do interior que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade da provincia.

No mes de agosto “+Bosques” continuará con saídas que  terán lugar os días 3 e 31 no río Xabriña, o día 4 o río Almofrei, o sábado 10 no Carreirón, o domingo 11 en Cabo Udra, os días 17 e 25 na Illa de Tambo e o 18 e mais o 24 no Lago Castiñeiras. Para estes itinerarios as inscricións abriranse o próximo 15 de xullo ás 9:00 horas a través do formulario que se poderá atopar na web da Deputación. Quen cubre o formulario poderá anotarse cun máximo de tres acompañantes. Unha vez se reciban as 15 primeiras inscricións por itinerario pecharase o percorrido e crearase a lista de agarda, para a que tamén é necesario realizar inscrición. Só está permitido realizar cada ruta unha vez e as persoas beneficiarias deberán desprazarse ata o punto de encontro de inicio do percorrido polos seus propios medios.

En setembro “+Bosques” continuará polo río Almofrei (día 1), Lago Castiñeiras (días 7 e 29), Xabriña (8), Pazo de Lourizán (días 14 e 28), Illa de Tambo (día 15), Cabo Udra (día 21) e polo Carreirón (día 22), para os que abrirá a inscrición o 19 de agosto. Os derradeiros percorridos do programa serán en outubro con rutas polo Cabo Udra (día 5), polo río Almofrei (día 6), pola Illa de Tambo (día 12), polo Lago Castiñeiras (días 13 e 26), polo Pazo de Lourizán (días 19 e 27) e polo río Xabriña (20), con apertura de inscricións o 16 de setembro.

As rutas proporcionan ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Promóvese  a estimulación sensorial a través dos cinco sentidos, con exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Xornada de degustación de cociña silvestre

O peche do programa “+Bosques” será unha xornada de degustación de cociña silvestre, que se contempla para novembro unha vez rematados os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, está aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” organizados pola Deputación e consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.

A Deputación mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo para participar nos concursos escolares do deseño da Axenda Urbana e Rural da provincia

0

“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria, especial e secundaria dos colexios da provincia

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo para participar nos concursos escolares “Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana”, cos que avanza no proceso de elaboración da Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra (AUPO2030) para deseñar un modelo de desenvolvemento territorial de provincia máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro. O obxectivo destes concursos é, por unha banda, fomentar a participación da poboación infantil e xuvenil neste proceso, reforzando así os valores cívicos e o compromiso das futuras xeracións e, pola outra, que os mozos coñezan a AUPO2030 e os seus obxectivo claves. Os concursos están dirixidos ao alumnado de educación primaria, especial e secundaria (ESO, bacharelato e FP básica ou de grao medio) dos centros escolares da provincia, que poderán participar de forma individual ou en grupo.

Máis ao detalle, en “Deseña a túa provincia con Minecraft” a participación é individual e está enfocado ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato ou de FP básica ou grao medio. O obxectivo é desenvolver calquera tipo de deseño de cidade, vila, aldea, espazo público ou construción dentro do modo creativo do videoxogo Minecraft que estea relacionado coa AUPO2030 e cun ou varios dos obxectivos clave (“Coñece, goza e axuda á túa localidade ou cidade”, “O cambio climático parámolo xuntas e xuntos”, “Reciclo ‘por min e por todas e todos os meus compañeiros’”, “Unha cidade é intelixente cando a súa poboación o é” e “Se planificamos xuntas e xuntos, sairanos mellor”). Outorgaranse un total de catro premios: un primeiro, de 100 €; un segundo, de 75 €; o terceiro, de 50 €, e o cuarto, de 25 €.

“Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana”, pola súa banda, invita a trasladar, mediante a gamificación, os obxectivos, liñas de actuación e a acción da Axenda Urbana cunha actividade interactiva, divertida e sinxela. Neste caso, a participación é grupal e está enfocada ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Cada grupo terá acceso a unha batería de dez preguntas e, por cada pregunta, o alumnado visualizará unha diapositiva con contido relacionado coa Axenda Urbana, tendo 60 segundos para responder a cada unha delas. No desafío haberá un primeiro premio, de 150 € en material escolar, e un segundo, de 100 €.

Por último, “Caderno da Axenda Urbana” está pensado para o alumnado de 1º e 2º de primaria, que poderá participar en grupo. O obxectivo é deseñar un mural ou viñetas de banda deseñada nas que, a través do debuxo, plasmen o seu propio caderno da Axenda Urbana. Para iso, a Deputación proporcionará aos centros educativos instrucións previas e material de consulta da AUPO2030 para que a presenten previamente na aula. Neste caso, tamén se repartirán dous premios de 150 e 100 € en material escolar. Tan só se admitirá unha solicitude de participación individual ou por grupo e aula, segundo o concurso no que se participe, que debe ser presentada a través da páxina web da Deputación, onde tamén se poden consultar todos os requisitos da convocatoria.

A Deputación mantén aberto ata o 26 de xuño o prazo para solicitar as axudas do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”

0

As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da institución provincial para actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas

Últimos dez días para solicitar as axudas do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, que impulsa por vez primeira a Deputación de Pontevedra para construír espazos máis accesibles. Esta nova liña de subvencións, dotada con preto de 200.000 euros de orzamento, destinará ata 10.000 euros a entidades sociais da provincia para actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas.

A través de “Pontevedra, provincia +inclusiva”, a Deputación busca promover a accesibilidade co fin de que todas as persoas poidan desenvolver as actividades da súa vida cotiá sen restricións, así como ter unha participación activa na sociedade e tamén usar e desfrutar os espazos e os recursos. Deste xeito, ao abeiro desta nova liña de subvencións as entidades poderán financiar gastos derivados das obras de acondicionamento, reforma o ampliación de espazos accesibles, redaccións de memorias de proxectos de accesibilidade, a adquisición de sistemas inclusivos de comunicación ou axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal, como poden ser camas articuladas, cadeiras de rodas ou grúas, entre outras.

O 26 de xuño remata o prazo para solicitar recursos de “Pontevedra, provincia  +inclusiva”. As entidades poderán recibir ata 10.000 euros para realizar actuacións de accesibilidade, sempre que non se supere o 80% do seu orzamento total.

Herido un agente mientras colaboraba en la extinción de un incendio en Tui

0

El 112 Galicia recibió el aviso por parte de la Guardia Civil indicando que se había reavivado el fuego de una casa abandonada que había ardido hace dos días

Un agente ha resultado herido esta pasada noche mientras colaboraba en la extinción de un incendio en Tui. El hombre se cayó de una altura de unos cuatro metros, y, aunque estaba consciente, fue evacuado en ambulancia al PAC de Tui puesto que presentaba diversos cortes.

Los hechos sucedieron a las 23.30 horas de la noche, cuando el 112 Galicia recibió el aviso por parte de la Guardia Civil indicando que se había reavivado el fuego de una casa abandonada que había ardido hace dos días en Tui.

Rápidamente se pasó el aviso a los Bomberos de Baixo Miño y a los efectivos de Protección Civil de Tui, que se desplazaron hasta la Avenida de Portugal para llevar a cabo las tareas de sofocación del fuego. Tiempo después, los agentes de la Guardia Civil contactan de nuevo con los gestores del 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para un agente que, mientras estaba trabajando en el lugar, se desplomó en el sótano de la vivienda.

De este modo, y para prestarle asistencia sanitaria al herido, desde el 112 Galicia se pasó el aviso a Urgencias Sanitarias de Galicia-061 que desplazaron una ambulancia hasta el punto para evacuar al herido al PAC de Tui.

Con todo, aunque el fuego fue extinguido, la vivienda quedó precintada de manera preventiva.

Luis López resalta o legado de “construtores cidadáns” que Antonio Palacios deixou no Porriño e que contribúen “cada día a edificar unha provincia que vai a máis”

0

O presidente provincial participa, xunto ao alcalde e deputado Alejandro Lorenzo, na entrega dos primeiros premios Antonio Palacios a persoas e entidades que destacan polo seu labor na cultura, no deporte, no social ou na empresa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor dos “construtores” que recibiron este sábado no Porriño os primeiros premios Antonio Palacios concedidos a persoas que destacaron pola súa aportación, no eido da cultura, o deporte, o social ou a empresa; a construír unha provincia máis forte e, en consecuencia, a honrar o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos máis destacados arquitectos do século XX en España e que deseñou edificios nobles como o madrileño Palacio de Cibeles ou a casa consistorial do municipio onde naceu, O Porriño. “Nesta provincia, a de Antonio Palacios, celebramos o labor de todos os ‘arquitectos’, eses veciños, populares ou anónimos, que constrúen cada día unha provincia que vai a máis”, agradeceu o mandatario provincial.

O presidente puxo en valor a traxectoria e labor de entidades como as Rondallas de Pontelas e Santa Eulalia de Atios, referentes da cultura; do Club Balonmán Porriño, exemplo de deportividade; de Almanaque Agrícola ou Zendal, polo seu labor social e empresarial; ou de persoas sen as que “viviriamos nun lugar peor” como o historiados xa falecido Xosé Ramón Iglesias. Neste sentido, Luis López recoñeceu que os edificios que erguen administracións como a Deputación “non serían máis que cáscaras baleiras sen persoas coma vós que os xustifican e os enchen de vida”.

Ademais de recoñecer a transcendencia da obra de Palacios no Porriño e no conxunto da provincia, Luis López tamén quixo valorar o peso que este municipio ten no territorio. “Un Concello que participa con éxito na industria automobilística, farmacéutica ou na loxística”, subliñou o dirixente provincial, quen tamén tivo palabras de agarimo para o alcalde e deputado, Alejandro Lorenzo. “É outro arquitecto que ergue os mellores edificios da política local. Sobre os alicerces de cercanía, da humildade e de xornadas maratonianas de traballo, edifica un proxecto político nacido da xente e que explica a impresionante transformación do Porriño nestes anos. É un auténtico exemplo do mellor municipalismo”, afirmou o dirixente quen tamén valorou o traballo do conselleiro de Cultura e exdeputado provincial José López Campos, presente na entrega de premios.

Despois de lembrar o fito que motivou a cerimonia para esta primeira entrega de premios Antonio Palacios, que é o cumprimento do 150 aniversario do nacemento do arquitecto e o centenario da construción da casa consistorial que leva o seu selo, Luis López quixo destacar e agradecer o labor dos premiados e de toda a cidadanía do Porriño. “Antonio Palacios deixou un bo legado de construtores”, concluíu.

EL ESPEJISMO

El ministro de justicia de Suecia recibe una tarjeta con un número de teléfono, en el que escucha un mensaje informándole de que le restan sólo dos semanas de vida. No se lo dice a nadie, aunque su hija y su exmujer (Mina, oficial de policía), que le acompañaban, ven que algo le ha turbado profundamente. Vincent, mentalista que ha colaborado con el departamento de homicidios, y cuyos sentimientos por Mina siguen siendo muy fuertes, recibe también mensajes codificados de alguien desconocido amenazándole a él y a su familia. La aparición de un esqueleto humano en los túneles del metro de Estocolmo pondrá del revés a todos los miembros de Homicidios, que para resolver el caso deberán luchar contra el reloj y contra sus problemas personales.

Autores: Camilla LÄCKBERG y Henrik FEXEUS – Editorial: PLANETA. Barcelona, 2024 – Páginas: 720 – Género: Novela policiaca – Público: Adultos


Cuando terminé esta novela, tuve la impresión de que a mi alrededor sonó un redoble de tambores, y al cerrar el libro un tremendo sonar de todos los instrumentos a la vez, porque esta novela, final de la trilogía que empezó con El Mentalista y siguió con La Secta, es uno de los finales más épicos, en cuanto a novela negra o policíaca, que he visto en mi vida. Y, es más, me atrevo a decir que estas trilogía es posiblemente la mejor en su género en lo que llevamos de siglo. Lo que han construido en estos últimos tres años Camilla Lackberg y Henrik Fexeus es absolutamente brillante, y confío en que continúe su colaboración en los próximos años.

Se acerca la Navidad, y el ministro de Justicia sueco decide reunir para una cena a su a su hija adolescente y a su exesposa. Ésta no es otra que Mina Dabiri, la agente de Homicidios de las dos novelas anteriores, la hipocondríaca que piensa que se va a contaminar con cada cosa que toca. La cena transcurría con normalidad, cuando a los postres el ministro recibe un mensaje: una tarjeta con un número de teléfono. Cuando llama, le aparece un mensaje en el que le informan que le quedan dos semanas de vida. Lo extraño es que no va a hacer nada, ni informar a la policía; irá arreglando las cosas para cuando no esté.

Por otro lado, en un túnel de Metro de Estocolmo aparecen unos huesos humanos. Nadie sabe de quién son. Las primeras investigaciones forenses indican que pueden ser de un importante financiero desaparecido hace tiempo. Pero, ¿por qué están tan limpios los huesos, sin restos de carne? Cuando la policía adolece de pruebas o información, deciden acudir de nuevo a Vincent Walder, el mentalista. Pero éste tiene también que luchar contra sus propios fantasmas, que esta vez aparecen en forma de mensajes anónimos que recibe en su casa, donde ya no se siente seguro.

El argumento se extiende mucho más, y con ramificaciones, fáciles de seguir para los que han leído los libros anteriores (creo que sin ellos no es posible seguir el argumento de éste). Recientemente vieron morir a un compañero, lo que afecta a todos ellos, y cada uno tiene, por otro lado, problemas personales que no ha resuelto: la jefa del departamento acaba de regresar después de dar a luz, Ruben aún no es capaz de comprometerse con ninguna mujer pero quiere dejar su adicción al sexo… Veremos cómo evolucionan los personajes que conocemos bien, porque ya nos son familiares de las novelas anteriores. No siempre su vida se resuelve de manera satisfactoria, pero van mejorando.

Y las dos tramas, la de la posible muerte del ministro y la del esqueleto en el túnel del Metro, que forman la columna vertebral de la novela, son, sinceramente, muy brillantes. Camilla Läckberg es muy buena autora, y sabe lo que hace cuando plantea las historias. Quizá puede resultar un tanto descabellada la solución final; para que la historia sea como la cuentan, tienen que darse muchísimas casualidades. Pero eso no lo piensas mientras avanzas páginas, cada vez con mayor emoción. Y el giro final… Otra vez mis oídos escuchan el redoble de tambores. No lo veía venir.

La Xunta ofrece 350 rutas guiadas con 4.000 plazas disponibles para visitar el Parque Nacional de las Illas Atlánticas entre junio y septiembre

0

Las rutas son gratuitas, pero las personas interesadas deberán hacerse cargo del coste del transporte a las islas e inscribirse previamente en la web de la central de reservas o personalmente en los stands de información que hay en Cíes y en Ons en el día de la visita

El Parque Nacional marítimo-terrestre de las Illas Atlánticas de Galicia oferta este verano un total de 350 rutas guiadas con aproximadamente 4.000 plazas para conocer la naturaleza y la historia de las islas que conforman este espacio natural.

Todas las rutas se harán en grupos reducidos con el fin de poder ofrecer una experiencia de la máxima calidad. En el caso de Cíes y Ons, las personas interesadas podrán apuntarse tanto de manera presencial en los stands de información localizadas en las propias islas como a través de la central de reservas para participar en las visitas con guía que se realizarán a diario hasta el 15 de septiembre. Estas rutas están programadas todos los jueves a las 12,00 horas durante los meses de julio, agosto y septiembre en el caso de Cíes, y los viernes a la misma hora en el de Ons.

En cuanto a las rutas guiadas por los archipiélagos de Cortegada y Sálvora, que serán en grupos de 10 a 15 personas, solo hay opción de reservar a través de la página web. En Cortegada se ofrecen un total de 7 visitas -30 de junio; 14, 21 y 28 de julio, y 1, 15 y 25 de agosto-. Para Sálvora serán 9 rutas -11, 23 y 24 de julio; 3, 7, 20, 21 y 29 de agosto, y 5 de septiembre-.

La solicitud a través de la central de reservas de las visitas a Sálvora y Cortegada deberá hacerse, con una antelación máxima de 25 días y hasta 4 días antes de la fecha de realización de la ruta; y para Cíes y Ons, se podrá hacer con una antelación máxima de 15 días y hasta 24 horas antes de la realización de la ruta para reservas en línea, o en el mismo día en caso de hacerlo de manera presencial en los stands de información.

Hace falta subrayar que, aunque todas estas rutas son gratuitas, los visitantes deberán hacerse cargo del traslado hasta la isla. En el caso de Cíes y Ons, al existir transporte regular durante el verano, cada persona debe solicitar su autorización de visita y su billete de barco. El guía, por su parte, estará esperando en los puntos de información de las islas.

Así y todo, en lo que respecta a Sálvora y Cortegada, que solo se pueden visitar en compañía de un monitor, el propio Parque Nacional organiza el grupo y contrata el transporte, pero el visitante, después de reservar su plaza a través de la página habilitada, debe pagar el billete a la naviera siguiendo las indicaciones que se le harán llegar.

Este programa de rutas de verano del Parque Nacional nació en el año 2004, ofertando en un principio rutas guiadas a los archipiélagos de Cíes y de Ons, y ampliando la actividad a partir del verano de 2017 también a las islas de Sálvora y Cortegada. Gracias a él, pudieron visitar estos espacios naturales más de 55.000 personas en los 20 años que lleva activo.

Asimismo, en todas las islas pueden realizarse hasta 10 itinerarios señalizados. Cada uno está indicado con un color y hay folletos explicativos sobre el recorrido tanto en la web como en los stands de información del Parque Nacional. En cuanto a la temática, recogen tanto aspectos naturales como culturales y histórico-etnográficos que ayudan a conocer cada uno de los archipiélagos.

Luis López desexa “unha traxectoria plena, frutífera e feliz” á nova promoción de profesionais da Escola de Enfermería da Deputación

0

O presidente provincial participa por primeira vez no acto de gradación do Grao de Enfermería, que se celebrou este venres no salón de plenos do Pazo Provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu os parabéns  á nova promoción de enfermeiras e enfermeiros da provincia que este venres celebraron no Pazo provincial o seu acto de gradación. “Para a maioría é a primeira vez que vos graduades dunha carreira. Pois para min hoxe tamén é a miña primeira vez que teño a honra de darvos os parabéns, a primeira vez que podo felicitarvos por chegar á meta desta carreira que comezastes hai catro anos e a primeira vez que vos desexo moito ánimo, ganas e forza para afrontar un futuro tan bonito e prometedor, como duro e esixente”, confesoulles o mandatario provincial que presidiu por primeira vez o acto de fin de curso da Escola de Enfermería que pertence á Deputación e está adscrita á Universidade de Vigo.

A promoción deste 2024 é “especial”, subliñou López no seu discurso. Este ano cúmprese medio século da creación por parte do organismo provincial da antiga Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios da Cruz Vermella. “Foi o xerme da actual Escola de Enfermería, da que cada ano saen uns profesionais coma vós: Cunha vocación firme, cunha formación excelente e coa vontade irrenunciable de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”, enxalzou o presidente, que estivo acompañado polo deputado responsable da área de Formación, Alejandro Lorenzo.

Neste sentido, o titular do goberno provincial reafirmou o compromiso da Deputación de seguir apoiando á Escola de Enfermería e seguir acompañando aos titulados e tituladas, tanto na etapa formativa como no mundo laboral. Así mesmo quixo recoñecer tamén o labor dos profesores, da universidade de Vigo, dos profesionais do Hospital Provincial, centro no que se forman os estudantes de Enfermería; e do Sergas. “Un sistema de saúde e de educación pública que na nosa provincia e en Galicia é sinónimo de calidade, profesionalidade e excelencia”, afirmou López. “Parabéns a todas e todos vós. Deséxovos un feliz verán, cheo de experiencias 100 % Rías Baixas e agardo que teñades unha traxectoria profesional plena, frutífera e feliz. E quedo moi tranquilo, porque os que imos sumando algún ano, sabemos que con profesionais coma vós, estamos en boas mans”, rematou o presidente da Deputación, Luis López.