Rueda adelanta que la Xunta busca reforzar la cooperación público-privada de cara el Xacobeo 2027

El presidente participó en un acto organizado por la Mesa del Turismo de España

Recuerda que el Gobierno gallego impulsó que el Consello Xacobeo aprobara la ampliación de los beneficios fiscales para las empresas que apoyen la celebración del Año Santo

Reivindica que el modelo turístico gallego es sostenible y sin masificaciones, y cada vez más desestacionalizado

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, adelantó hoy que el Gobierno gallego tiene como objetivo reforzar y potenciar la cooperación público-privada de cara a la celebración del Xacobeo 2027, en el que ya se está trabajando.

Así lo señaló ante profesionales y empresas del sector, en un acto organizado por la Mesa del Turismo de España y en el que presentó el modelo turístico gallego y sus perspectivas de futuro.

En cuanto a la celebración del próximo Año Santo, Rueda recordó que la Xunta impulsó que el Consello Xacobeo -un órgano de cooperación entre el Gobierno central y las autonomías- aprobara una ampliación de los beneficios fiscales para las empresas que apoyen el próximo Xacobeo, un compromiso que, según demandó, ahora debe ser recogido en los Presupuestos Generales del Estado. Así, en virtud de este acuerdo, estas compañías disfrutarán de excepciones fiscales desde el 1 de enero de 2025 hasta el 31 de diciembre de 2027 para desarrollar aquellos proyectos vinculados a este evento.

Recordó que en el Xacobeo 21-22 fueron un total de 40 las firmas que apoyaron esta celebración y fijó como objetivo para el próximo Año Santo, que se prevé de récord, conseguir una colaboración privada aún mayor.

Cifras turísticas

Durante su intervención, el presidente de la Xunta destacó las buenas cifras turísticas que está registrando Galicia, luego de un 2023 en el que se batieron todos los récords con 7 millones de viajeros, y con una desestacionalización cada vez mayor. La tendencia positiva continúa en estos primeros meses del año.

Además, defendió el modelo de calidad y sin masificaciones del turismo gallego. Puso en valor que la sostenibilidad es una de las señas de identidad del sector en Galicia, e indicó que ya están tomando medidas para garantizarla, con la instalación de nodos para estudiar la afluencia en los Caminos de Santiago; con la licitación del Observatorio de Sostenibilidad Turística; o con la regulación de los flujos de afluencia en lugares sensibles como la playa de las Catedrales, el Parque Nacional de las Illas Atlánticas o la Catedral de Santiago.

Concello, Zona Franca e Xunta abordan a situación da ETEA

0

O alcalde acudirá á xuntanza entre as tres administracións para acordar a urbanización da ETEA e a construción dun aparcadoiro

Concello, Zona Franca e Xunta de Galicia manterán a primeira xuntanza acordada na reunión que mantiveron o alcalde e o presidente da Xunta de Galicia co obxectivo de sacar adiante distintos proxectos para a cidade, entre eles a ETEA. Abel Caballero estará presente para impulsar a urbanización do viario da ETEA e afianzar a proposta da construción dun aparcadoiro na zona. “Chegamos a un principio de acordo para que Zona Franca faga a obra de urbanización e a Xunta lle dea o custe, e Zona Franca construirá un aparcadoiro con fondos propios”, expresou en rolda de prensa.

A reunión entre as tres administracións será ás 17 horas na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

As reservas para a actuación de UB40 á venda o mércores 24 de xullo

0

Abel Caballero sinalou que se trata “dun gran concerto”, que terá lugar o mércores 7 de agosto ás 22:00 horas

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir a reserva de entradas para a platea no concerto da banda británica. A venda de reservas terá lugar o vindeiro mércores 24 de xullo.

Como no resto dos eventos do Vigo en Festas 2024, o Concello trata de proporcionar unha maior axilidade e facilidade á cidadanía, tendo operativa a venda de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades a un prezo de 15€, serán 4000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1000 en liña. En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que se queira adquirir a reserva.

Caballero tamén recordou que hoxe están dispoñibles as reservas de Luz Casal e mañá saen as do concerto de Aitana.

A UVigo concede 18 axudas Campus Rural por valor de 43.500 euros

0

O alumnado seleccionado realizará prácticas en concellos de menos de 5000 habitantes

As estancias, de entre 2 e 4 meses, lévanse a cabo entre xullo e novembro

18 alumnas e alumnos da Universidade de Vigo realizarán este ano as súas prácticas en pequenos concellos de menos de 5000 habitantes espallados por toda a xeografía galega. Son as 18 persoas elixidas para participar no programa Campus Rural 2024, unha iniciativa promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades e a CRUE, Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, e que ten como finalidade que o alumnado universitario de calquera titulación oficial poida realizar prácticas formativas en zonas rurais con problemas de despoboamento a través de entidades como concellos, empresas, asociacións ou outros organismos localizados nestas zonas.

As alumnas son as que máis se decantan por este tipo de experiencia

Das 18 axudas concedidas a inmensa maioría (15) foron adxudicadas a estudantado da rama de Ciencias Sociais, Xurídicas e Humanidades e, si se atende á clasificación por xénero, son as alumnas as que máis se decantan por este tipo de prácticas: 12 alumnas fronte a 6 alumnos. En total destínanse a estas axudas 43.500 euros, con contías por estudante  que varían entre os 2000 e os 4000 euros, dependendo da duración das súas prácticas, que pode oscilar entre os dous e os catro meses e que debe realizarse no período comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de novembro.

A inmensa maioría das prácticas realízanse na provincia de Ourense

Maceda, Vilar de Barrio, A Peroxa, Parada de Sil, Arnoia, Vilariño de Conso, Baño de Molgas.. son algúns dos concellos ourensáns que acollerán a estes estudantes. Esta é a provincia que máis estudantes recibirá, pero non a única.  Hai tamén participantes que elixiron como destino diferentes enclaves da provincia de Pontevedra como As Neves, Forcarei, Meis ou Pazos de Borbén, ou da Coruña (Val do Dubra, Baña…). No caso de Lugo a representación virá a través dunha alumna que realizará as súas prácticas na empresa Outonía, un proxecto pioneiro de sustentabilidade rural dirixido ao rural lugués e ourensán posto en marcha por tres educadoras sociais co obxectivo de crear proxectos e intervencións educativas en territorios rurais adaptadas ás necesidades das persoas que o conforman.

En concellos, asociacións, empresas…

A característica principal deste programa é que as estadías realízanse “residindo” nesa contorna, “coñecéndoa en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan vela como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional”, tal e como se indica na propia convocatoria das bolsas. En moitos casos, as prácticas realizaranse nos propios concellos e, noutros, en empresas, entidades ou asociacións da contorna como a escola de educación infantil de Taboexa, nas Neves; o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, que ten como ámbito de actuación os concellos ourensáns de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, dedicada á investigación e divulgación da ciencia e a astronomía, encargada de xestionar o Observatorio Astronómico de Forcarei, ou a empresa Algas Atlánticas Algamar, con sede en Pazos de Borbén, e que constitúe a 1ª empresa española especializada en recolección, secado e elaboración de algas mariñas para uso alimentario.

O BNG lanza unha ofensiva para facer público o Teatro Cine Fraga sen repagar a Abanca polo edificio

0

A fronte nacionalista traslada iniciativas ao Concello de Vigo, á Deputación e á Xunta de Galiza para evitar a “estafa” do PP de dilapidar 9,3 millóns de diñeiro público na compra

Propón un consorcio público-privado entre as tres administracións para a cesión gratuíta do inmóbel e abrir un diálogo co tecido cultural vigués para deseñar o proxecto

Avanza unha emenda á totalidade no Pleno extraordinario deste venres por discrepar cos acordos formulados polo PSOE  que insisten “nos xogos sectarios e partidistas”

O Bloque Nacionalista Galego lanza unha ofensiva institucional para converter o Teatro Cine Fraga nun grande espazo cultural público para Vigo. A fronte nacionalista vén de trasladar iniciativas ao Concello, á Deputación e á Xunta de Galiza para evitar a “estafa” de repagar a Abanca polo edificio, deixando sen efecto a operación de compravenda que pretende o PP dilapidando 9,3 millóns de diñeiro público.

Así o manifestaron este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, a deputada provincial, Manuela Rodríguez, e a deputada no Parlamento galego, Carmela González, nunha rolda de prensa conxunta na que defenderon a necesidade de cooperación entre as tres administracións, a través dun consorcio público-privado ou outra fórmula administrativa, para a adquisición ou a cesión gratuíta do uso do histórico inmóbel así como abrir un diálogo co tecido cultural vigués para deseñar o proxecto.

“Unha iniciativa que debera basearse na suma de esforzos acaba encadrada primeiro nunha competencia de claro carácter electoralista e, agora, como un novo episodio na permanente lea partidista entre PSOE e PP”, lamentou Igrexas, quen afeou que ambas forzas políticas non se acordaran en 16 anos do Teatro Cine Fraga, dende as institucións que presiden, até a campaña electoral das pasadas eleccións galegas. “O BNG xa temos demandando desde hai moito tempo poñer fin ao seu actual abandono para o converter nun grande teatro público para Vigo e Galiza”, subliñou, lembrando que foi xa unha das propostas do programa nacionalistas nos últimos comicios municipais.

Dende o Bloque reiteraron que «a compravenda que pretende o PP dende a Xunta e a Deputación, e que no seu momento foi tamén formulada polo alcalde Abel Caballero», constitúe un “claro exemplo de mala xestión que pretende dilapidar recursos de todas e todos para repagar por unha dotación cultural que xa foi financiada con inxente diñeiro público”, en alusión no rescate da privatizada e expatriada Abanca con 9.000 millóns para despois ser adquirida polos actuais propietarios por 1.000 millóns de euros.

“O proceso de bancarización, privatización e desgaleguización da entidade resultante da fusión das caixas galegas, impulsado con entusiasmo polo PP desde os Gobernos galego e español ao ditado da Troika, privou a Vigo de poder contar co Teatro Cine Fraga como un activo sociocultural de primeiro nivel”, denunciou Igrexas, lamentando que este importante espazo cultural leve máis de 23 anos pechado e o proxecto de reforma quedara paralizado tras a operación.

Emenda á totalidade no Pleno extraordinario

O portavoz municipal do BNG de Vigo avanzou así unha emenda á totalidade da moción formulada polo PSOE de cara ao Pleno extraordinario e monográfico convocado para este venres. Nese sentido, asegurou que a fronte nacionalista discrepa dos termos das propostas de acordo que se van someter a votación, que non foron consensuados por parte dos socialistas.

En primeiro lugar, Igrexas valorou que limitar a fórmula para o Teatro Cine Fraga a unha “doazón ao Concello” limita as posibilidade de recuperar o uso público do inmóbel. Aliás, valorou como “xogos sectarios e partidistas” que o PSOE queira incorporar na ecuación á Zona Franca e ao Ministerio de Cultura, dirixidas polo seu partido.

En segundo lugar, rexeitou os argumentos do PSOE sobre o uso do edificio afirmando que Vigo non precisa dun grande teatro público. “É lamentábel, por ser suave, ver como quen dirixe a política cultural do Concello confunde o que é un auditorio co que é un teatro”, censurou Igrexas.

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación do “Outono Lírico”, o programa de Amigos de la Ópera ao que a Deputación destina este ano 30.000 euros

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación do “Outono Lírico”, o programa de Amigos de la Ópera ao que a Deputación destina este ano 30.000 euros. “O noso obxectivo –remarcou a vicepresidenta- é que esta iniciativa siga avanzando, siga consolidándose como unha das grandes referencias musicais do noroeste peninsular”. Para Sánchez, “non hai mellor inicio do outono en Vigo que o “Outono Lírico”” que este ano estreará a súa programación o 19 de setembro coa Gala Verdi e “encherá a cidade de óperas pero tamén de conferencias, presentacións e debates nos que a música e as grandes figuras e novas promesas serán, sen dúbida algunha, os auténticos protagonistas”.

Tamén aproveitou a ocasión para agradecer os esforzos de Amigos de la Ópera para a posta en marcha do “Outono Lírico”. “Non podemos esquecer –asegurou- que Amigos de la Ópera é unha asociación sen ánimo de lucro e que a cada vez máis ampla e ambiciosa programación desta iniciativa depende, en gran medida, do mecenazgo, da colaboración desinteresada de empresas privadas e organismos públicos para que sexa unha realidade”. Neste eido animou a todas as entidades e institucións que aínda non o teñan feito “a aportar o seu gran de area para que cada “Outono Lírico” sexa, se é que é posible, mellor que o anterior”.

Juan Ferrón del Natación Mos convocado para Paris 2024

0

El nadador viene de ser convocado por el Comité Paralímpico Español tras realizar en los 100m Mariposa marca de consideración Olímpica y estar entre los mejores puestos del Ranking Mundial en categoría S-13

El nadador Juan Ferrón Gutiérrez del Club Natación Mos viene de ser convocado para los Juegos Paralímpicos de París 2024. Así lo ha hecho público esta misma mañana el Comité Paralímpico Español en su lista de convocados para la cita en la capital gala. Ferrón consigue de este modo el billete olímpico gracias a los increíbles 58”52 sellados en los 100m Mariposa en el Cto de España celebrado en Palma de Mallorca. Esta Marca es de consideración olímpica y pone e Juan Ferrón entre los primeros puestos del Ranking Mundial de la temporada en categoría S-13.
El nadador, que ya estuvo cerca de ir convocado a Tokio 2020+1, hará su debut en la competición de mayor talla a la que puede acceder un deportista, pero con el respaldo y la profesionalidad de llevar a sus espaldas la participación en dos Europeos y en otros dos Mundiales, además de en varios trofeos y copas internacionales, que le sitúan como uno de los principales arietes de la Selección Española en la categoría S13 que es la correspondiente a los nadadores con discapacidad visual grave.

Desde su club no ocultan su alegría y orgullo hacía Juan “lleva casi 10 años en nuestras filas, empezó con nosotros de niño tras participar en el Cto Escolar que organizamos, y siempre tuvo muy buenas cualidades y hace 5 años dimos el paso de competir también en natación adaptada, donde la progresión ha sido meteórica, culminando este proceso con una convocatoria olímpica” además el Club Natación Mos se convierte de este modo en el primer club del municipio en tener entre sus filas a un deportista de talla olímpica lo cual señalan “es un verdadero orgullo para nosotros, aunque el mérito es fruto del trabajo, la constancia y el sacrificio de Juan, y también de nuestro entrenador Alberto Pereira quién lo forjó desde niño hasta que hace dos años dio el salto al CAR” pero si algo apuntan desde Mos es que es un ejemplo de superación y de trabajo para todos en el club desde los más pequeños hasta los mayores en un “ejemplo a seguir”.

A Juan ahora le queda por delante más de un mes de preparación para afrontar la cita olímpica en máximas condiciones, actualmente se encuentra convocado con la selección española en el CAR de Sierra Nevada, haciendo una concentración en altura, y la próxima semana viajaran hasta Barcelona para afrontar el último mes de preparación en el CAR de San Cugat antes de poner rumbo a París. Juan por su parte se encuentra “centrado en realizar cada entreno y trabajar en los pequeños detalles que marcan la diferencia” y afrontando con “motivación y ganas” la oportunidad de batirse contra los mejores nadadores del mundo en algo más de un mes, pero tratando de “evitar la presión innecesaria previa, y planificando bien la carrera”.

La Xunta licita las obras de urbanización del polígono 2 de San Paio de Navia con una inversión de más de 16 millones

0

La delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitó este jueves el segundo polígono del barrio vigués donde se construirán un total de 719 viviendas protegidas

Las obras del polígono 1 están ya en ejecución, con final previsto en primavera del año 2025

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, anunció este jueves que la Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas, a través del Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS),  autorizó la contratación de la obra de urbanización del polígono 2 (Fases A y B) del plan parcial de Navia con una inversión de 16.368.975,04 euros. Así lo hizo durante una visita al barrio vigués donde ya están en marchas las obras del polígono 1, con final previsto para la primavera del año 2025.

«La ampliación de Navia es un ejemplo de las políticas de vivienda de la Xunta, uno de los objetivos centrales del Gobierno gallego, que se comprometió a duplicar el parque de vivienda público en esta legislatura», señaló Ortiz. La representante autonómica incidió en que «la política de vivienda es clave en el futuro de Galicia, por eso seguiremos protegiendo a los propietarios, eliminando trabas y priorizando a los gallegos y gallegas».  

La delegada explicó que el Consello da Xunta del pasado 1 de julio autorizó la licitación de la obra de urbanización del polígono 2 de la ampliación de San Paio de Navia, que tiene una superficie total de 106.361 metros cuadrados y se prevé que pueda acoger un total de 719 viviendas, todas protegidas. De esta forma, en la Fase A, con 44.538 metros cuadrados, habrá 337 viviendas, y en la Fase B, con 61.823 metros cuadrados, serán 382 viviendas.

En cuanto a la dotación de aparcamientos, para el conjunto del polígono 2 se proyectan 311 plazas de aparcamiento público y 10 para personas de movilidad reducida, correspondiendo 180 (6 PMR) para la Fase A y 131 (4 PMR) para la Fase B. Además, Ortiz explicó que en relación a la movilidad ciclista, se habilitará un carril ciclista en colindancia con la calzada para facilitar la transición.

Ampliación del PAU de Navia

La Xunta ya aprobó también el pasado 9 de julio dar luz verde a la contratación de las obras de construcción de 58 nuevas viviendas de promoción pública en el polígono 1 de San Paio de Navia, a las que se destina una inversión autonómica de más de 13 millones de euros.

Con esta nueva contratación, se impulsó el séptimo grupo de viviendas que la Xunta licita en este barrio vigués de Navia. Con los dos grupos que autorizó el Ejecutivo autonómico, que totalizan 58 viviendas, resultan en la primera fase de la ampliación un total de 259 viviendas de promoción pública que se construirán en este polígono. A estas viviendas se añadirán otras 100 viviendas de promoción pública que están programadas.

Hace falta recordar también que a finales del año pasado comenzaron las obras de urbanización del polígono 1 de San Paio, y con el objetivo de que estas viviendas puedan ser una realidad lo antes posible, se desarrollarán de forma paralela a los trabajos constructivos de los edificios residenciales.

La Xunta continua trabajando en el objetivo de reforzar el parque residencial de la ciudad de Vigo, habilitando suelo en el polígono 1 de San Paio de Navia, que permitirá la construcción de un total de 733 viviendas.

El PP de Vigo insta a Caballero a recuperar el Festival Aéreo tras el “rotundo éxito” que cosechó la presencia de la Armada en la ciudad

0

El grupo municipal popular sostiene que el “enorme interés” que suscitó la exhibición desplegada en Samil evidencia que la ciudad “echa de menos” el evento, que se solía celebrar el tercer fin de semana de julio

Miguel Martín pregunta al regidor socialista por qué se opone a una propuesta que “secundarían miles de vigueses” y que proporcionaba “un retorno impagable” para la imagen de marca de la ciudad

El grupo municipal del PP de Vigo ha instado este jueves a Abel Caballero a recuperar la celebración del Festival Aéreo, que él mismo “dejó morir” en 2012 después de que se hubiese asentado como un certamen de referencia para el público local pero también para los visitantes. Un evento que se solía celebrar el tercer fin de semana de julio y que la ciudad “echa de menos”, tal y como demostró el “rotundo éxito” que cosechó la reciente presencia de la Armada con miles de personas visitando sus buques en el puerto y la multitudinaria respuesta de la gente acudiendo “en masa” a su exhibición en Samil.

El portavoz del Partido Popular en el Concello de Vigo, Miguel Martín, ha recordado que el Festival Aéreo de Vigo siempre generó un “enorme interés” entre los vigueses mientras se celebró entre 2004 y 2012, pero que también contaba con un “gran poder de atracción” entre los turistas. Asimismo, ha destacado los beneficios que proporcionaba el evento para la economía local y su trascendencia más allá de la ciudad, ya que “las espectaculares imágenes que nos dejaba sobre el cielo de la ría daban la vuelta al mundo gracias a las redes sociales”. “Una publicidad y un retorno impagables para la imagen de marca de Vigo”, ha añadido. 

Esa promoción turística la explotan ahora otras ciudades del norte peninsular como Gijón, que ha conseguido que su certamen sea el más representativo en España y uno de los más importantes de Europa. Una distinción de la que podría presumir Vigo si no fuera “por la decisión de Caballero de cancelarlo”. “Desde el Partido Popular de Vigo instamos, pues, al alcalde a recuperar un festival al que él acudía puntualmente como un espectador más. El mismo Abel Caballero que no se perdió este pasado fin de semana las exhibiciones realizadas en Samil y que no sabemos por qué se opone a una propuesta que estamos convencidos que secundarían miles de vigueses”, ha finalizado Martín.

A XXX edición do Festival Folclórico Internacional encherá Vigo de música e danza

0

Abel Caballero sinalou que se celebrará na “Porta do Sol, un lugar nuclear para a cultura”. O Concello dedica 90.000 euros ao evento que se celebra do 22 ao 25 de xullo

O rexedor vigués, presentou esta mañá a trixésima edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo, acompañado da concelleira de Xuventude, María Lago e de Pablo González, presidente da Asociación Cultural Interfolc e presidente de Corisco. O Concello de Vigo realiza unha axuda directa de 90.000 euros, ademáis de apoio en infraestruturas e da cesión de espazos.

O festival terá lugar do luns 22 ao xoves 25 de xullo, con actuacións diarias na Porta do Sol ás 21:30 horas, a excepción do evento de peche, o xoves 25 de xullo, que comenzará ás 21 horas. Ademais, cada día haberá animacións na rúa a partir das 12 horas, en diferentes ubicacións da cidade.

O programa de actuacións será o seguinte:

  • Luns 22 de xullo
    • Dit e Fet de Mallorca
    • Bafobiobio de Chile
  • Martes 23 de xullo
    • Los Jateros de Extremadura
    • Wici de EEUU
  • Mércores 24 de xullo
    • Sete Coronas de Murcia
    • Maíz e Friol de Guatemala
  • Xoves 25 de xullo
    • Actuación de peche cos grupos internacionais participantes e tres grupos vigueses: Lembranzas Galegas, Corisco e Xarabal
    • Haberá desfile dende as 20 horas dende a farola de Urzáiz a Porta do Sol