Abel Caballero: “Seguimos avanzando na gran reforma da Avenida de Madrid”

0

A Xunta de Goberno Local aprobou, cun importe de 227.131€, o expediente de contratación do servizo de asistencia técnica á dirección de obra do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid

O rexedor vigués tamén informou do acordo con Zona Franca para o alugueiro dos terreos nos que se sitúa a grada de Río do estadio municipal de Balaídos

O alcalde de Vigo explicou que “seguimos avanzando na gran reforma da Avenida de Madrid”, tras a aprobación en Xunta de Goberno Local, cun importe de 227.131€, do expediente de contratación do servizo de asistencia técnica á dirección de obra do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid.

O cómputo total da obra ascende a 16,8 millóns dos que o “Goberno de España financia o 70%, con 11,7 millóns de euros”, mentres que o Concello de Vigo achega 5,1 millóns. Trátase dunha obra de 2,4 km coa que “imos integrar a Avenida de Madrid na trama urbana de Vigo para que sexa unha rúa máis da cidade”. Finalmente, Caballero destacou que “a obra iniciarase en canto se apague o Nadal de Vigo”.

Terreo da grada de Río

“Os terreos nos que se sitúa a grada de Río son de Zona Franca”, sinalou o rexedor, antes de informar da “prórroga do alugueiro durante 49 anos máis”, cun custo de 23.400€ anuais.

Esta ampliación de 49 anos comezará a contar a partir do exercicio 2031. Caballero desvelou que deste modo “podemos avanzar na firma do convenio co Real Club Celta de Vigo, para o uso das instalacións de Balaídos”. “A colaboración é magnífica, moi boa para Vigo, moi boa para o Celta e para Concello e Zona Franca”.

O Concello adxudica as obras para dotar a Pereiró dun espazo ecolóxico para enterrar as cinzas

0

O Concello adxudicou as obras de remodelación de Pereiró para dotar ao cemiterio cun espazo de enterramento ecolóxico de cinzas. “Imos facer un cemiterio-xardín onde as familias que o decidan poden facer unha cerimonia e un enterramento en terra con garantías ambientais”, explicou este venres Abel Caballero. «Queremos que as familias teñan en Pereiró un lugar onde realizar un enterramento das cinzas, nunha zona axardinada e urnas biodegradables”, afirmou o alcalde ao indicar que a nova zona contará cunha área para realizar cerimonias de despedida e rodeada de arbolado.

Abel Caballero: «O novo túnel de acceso directo a Vialia desde a autoestrada aliviará o tráfico e evitará problemas»

0

O novo túnel de acceso desde a autoestrada AP9 ao edificio de Vialia, que facilita o acceso ao aparcamento da estación “sen ter que entrar no corazón da cidade” e eludindo a entrada a Vigo, “vai aliviar o tráfico e evitaranos problemas”, segundo explicou este venres Abel Caballero

O alcalde acudiu ao simulacro de seguridade do túnel coordinado polo 112, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros. As previsións indican a apertura da nova conexión en novembro

Abel Caballero recalcou hoxe que o novo túnel que da acceso a Vialia desde a autoestrada “está correcto” desde o punto de vista da seguridade e “está moi ben preparado”, á vez que apuntou que a apertura só está pendente da autorización da Dirección Xeral de Tráfico.

O alcalde lembrou, tras a simulación organizada para comprobar que se garante a seguridade dos usuarios e que se dá resposta rápida e efectiva ante unha emerxencia, que o límite de velocidade do túnel será baixo. “É unha obra excepcional cun resultado magnífico realizada entre ou Concello, a Xunta e ADIF», remarcou.

Caballero afirmou que unha vez aberto o novo túnel, en novembro, «acabaremos satisfactoria a gran obra da estación do AVE; a chegada en alta velocidade dos trens a Vigo, todo o ámbito de Vialia, a nova praza, o HALO, e os accesos de entrada e saída da cidade. É unha obra excepcional que cambia unha cidade e poucas cidades no mundo teñen algo como temos nós aquí, en Vialia. É unha forma de entender a modernidade de Vigo».

Simulacro

O simulacro reproduciu unha situación de máximo perigo provocado polo incendio dun vehículo no seu interior. «Un simulacro en tempo e condicións reais para garantir que a seguridade do túnel está nas mellores das condicións», afirmou o alcalde.

Entre as accións realizadas pola Policía Local atópanse o peche das barreiras, coa finalidade de comprobar que se bloqueou o acceso ao túnel para impedir a entrada de vehículos desde a AP-9. Tamén activaron a megafonía SOS para comprobar a transmisión de mensaxes de evacuación dirixidos aos ocupantes do túnel. Ademais, revisaron as saídas de emerxencia para verificar que todas as saídas estean accesibles e operativas.

Durante ou simulacro verificouse a coordinación cos bombeiros, asegurando que poidan acceder ao túnel e organizar os puntos de intervención. Procedeuse a monitorear as cámaras e supervisar en tempo real o incidente para avaliar a situación dentro do túnel.

A Policía Local tamén controlou a sinalización para cambiar a electrónica e as indicacións de emerxencia tanto á Sala de Xestión da Mobilidade como ao Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste: paneis de mensaxe variable da AP-9. Ademais, se asegurou o contacto continuo cos equipos de emerxencia para coordinar as accións.

El PP de Vigo critica que Caballero tardara 30 meses en tener un proyecto para la piscina de Teis y pide explicaciones por el “creciente” coste

0

El grupo municipal popular considera un “despropósito” que las obras no vayan a empezar antes de 2025 y lamenta que siga sin haber fecha de reapertura, ya que todavía se desconoce cuánto durarán los trabajos

El concejal Fernando González Abeijón pregunta al regidor socialista, que presumió de poder gastar 7 millones de euros, si rechaza ahora cofinanciar la actuación con la Diputación de Pontevedra

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha criticado este viernes que el gobierno local haya tardado casi 30 meses en disponer de un proyecto para reconstruir la piscina de Teis, cerrada al público desde mayo de 2022, y que el coste de la actuación se haya multiplicado por siete en año y medio.

El edil del PP de Vigo ha recordado que, en abril de 2023, el regidor socialista fijó en un millón de euros el presupuesto necesario para dotar al barrio de unas instalaciones nuevas. Sin embargo, en febrero de 2024 lo triplicó hasta los tres millones. Posteriormente, hace solo unas semanas, duplicó esta cantidad hasta los seis millones y ahora prevé licitar la obra por 7 millones. “No da un dato correcto ni por casualidad”, ha señalado González Abeijón, que ha pedido aclaraciones por este gasto “creciente”. “No es que el importe en sí nos parezca mal. Que quede claro, demandamos que el proyecto sea el mejor posible. Pero alguien debería explicar el porqué de este continuo baile de cifras”, ha precisado.

Además, se ha hecho eco del malestar vecinal, patente en las manifestaciones que recorrieron el barrio, al avisar de que los trabajos no comenzarán, “si todo va bien”, antes de 2025. Es decir, prácticamente tres años después del incendio registrado en las instalaciones. Mientras tanto, clubes y aficionados permanecen exiliados en otras piscinas de la ciudad o de municipios cercanos. Algunas entidades, como el Club Natación Rías Baixas, tienen que entrenar en seco en el parque de Castrelos. “Aunque suene a broma, lamentablemente es real”, ha apuntado el concejal.

“Y siguen sin saber cuándo podrán regresar, porque la falta de información en estos dos últimos años ha sido enorme y Caballero ni siquiera ha desvelado cuál será el plazo de ejecución de la obra. Desde el PP de Vigo ya avisamos de que la piscina de Teis tardaría años en reabrir”, ha añadido González Abeijón.

Este caso, según el edil, representa “el ejemplo perfecto de la desastrosa gestión de Caballero”, quien “siempre promete que todo se hará de forma inmediata pero la realidad es que tarda muchísimo en solucionar cualquier tipo de problema”. Así, el grupo municipal popular ha reprochado a Caballero los “tumbos” que ha dado con el presupuesto, con los plazos y ahora también con la financiación. A este respecto, y después de que el regidor socialista presumiera de poder gastar 7 millones en la reconstrucción de esta piscina, el concejal del PP de Vigo ha preguntado si el Concello rechaza finalmente la colaboración de la Diputación de Pontevedra, a la cual había solicitado ayuda económica para esta actuación. “Está siendo todo un auténtico disparate”, ha concluido el edil vigués.

Ana Miranda alerta á Comisión Europea dun posible uso indebido de fondos europeos na ampliación do túnel da Porta do Sol

0

A eurodeputada do BNG apunta á contradición entre o obxectivo europeo de reducir os vehículos privados no centro das cidades e a construción desta infraestrutura

A fronte nacionalista denuncia o carácter “innecesario e insustentábel” deste macrotúnel que suporá dilapidar preto de 40 millóns de euros de recursos públicos

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, dirixiu unha pregunta á Comisión Europea sobre a ampliación do túnel da Porta do Sol, no centro de Vigo, e o posible uso indebido de fondos europeos para a construción desta infraestrutura.

No documento, a eurodeputada galega apunta que desde que inicialmente se iniciou o proxecto en 2020, cunha licitación inicial de 13,4 millóns de euros o custo da obra executada elevouse até os 16,6 millóns. Mais previsiblemente o custo das obras aumentará xa que as últimas informacións apuntan a que a ampliación do túnel até Torrecedeira o gasto ascendería a 20 millóns de euros, o que suporía un sobrecusto do 63% sobre a contía prevista inicialmente, e as obras rematarían en 2026 ou 2027.

“Dado que nestes catro anos se puxeron en marcha alternativas ao tráfico nesta zona, a todas luces parece que a construción deste túnel é innecesaria e superflua, ademais dun gasto inútil”, sinala Ana Miranda ao respecto, tendo en conta que un dos obxectivos da Axenda Verde europea é reducir o uso dos vehículos privados no centro das cidades.

Ademais, a eurodeputada galega sinala que a construción deste túnel está supeditada a un aumento do financiamento que se levará a cabo mediante unha reprogramación dos fondos europeos “e non en aras de mellorar a calidade do aire dunha cidade que supera xa os límites legais de contaminación da UE para 2030”. En consecuencia, Ana Miranda pregunta á Comisión se lle resulta contraditorio a intención de ampliar este túnel no centro de Vigo e se ten pensado pensado facer seguimento dun probable indebido uso de fondos europeos.

Túnel innecesario

De por parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cuestionou tamén que o Goberno local pretenda “enterrar un total de case 40 millóns de euros nun macrotúnel que xa se demostrou absolutamente innecesario e que o único que provocou foron importantes afeccións para a veciñanza e tecido comercial da contorna”.

Para Igrexas é “irracional que se pretendan dilapidar millóns de recursos públicos, co agravante de facer uso de fondos europeos, para soterrar o tráfico no centro en lugar de apostar por unha mobilidade alternativa que permita reducir o uso do coche particular”. Neste sentido, a fronte nacionalista xa trasladou na última Comisión Informativa de Fomento do Concello de Vigo a proposta de constituír unha mesa de especialistas para o estudo de opcións alternativas que permitan manter a peonalización total da Porta do Sol e estendela até a rúa Elduayen e o Paseo de Afonso e, ao tempo, avanzar nunha mellor sustentabilidade ambiental.

O Servizo Galego de Saúde garante a atención na unidade á saúde mental en Ponteareas

0

O xerente do Servizo Galego de Saúde informa da existencia de protocolos para atender de forma prioritaria os casos que precisan unha asistencia máis áxil

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, asegurou onte, que a atención á saúde mental en Ponteareas está garantida. En resposta a unha pregunta na Comisión 5ª  do Parlamento de Galicia, explicou, ademais, que existen protocolos para atender de forma prioritaria os casos que precisan dunha asistencia máis áxil por motivos clínicos.

O xerente do Servizo Galego de Saúde explicou que a Unidade de Saúde Mental desta localidade conta cunha dotación de persoal estándar: 2 psiquiatras, 1 psicólogo clínico, 1 enfermeira especialista en saúde mental, e 1 administrativo. Ademais, a estes profesionais, hai que engadir un médico interno residente de psiquiatría e, a partir do ano que vén, se incorporará un psicólogo interno residente.

Asegurou que a Área Sanitaria de Vigo esta á traballar para reforzar a capacidade de asistencia nesta Unidade de Saúde Mental a pesar da falta de persoal especializado dispoñible para realizar substitucións.

 “A escaseza de profesionais dificulta a cobertura das baixa laborais” puntualizou Parada, reiterando que área sanitaria de Vigo “está a levar a cabo as accións necesarias para priorizar aqueles pacientes nas que o criterio clínico o xustifique”.

Así, o responsable sanitario referiu algunhas das medidas que o Servizo Galego de Saúde ten habilitadas no caso de ser necesario, como son as listas priorizadas. Tamén sinalou o teléfono de urxencias psiquiátricas que funciona as 24 horas, o sistema de Teleconsulta ou a atención presencial nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que sempre hai dous psiquiatras de garda e médicos residentes especializados en saúde mental.

En resposta a unha pregunta dos grupo da cámara, Parada incidiu en que a Saúde mental é un tema prioritario para a Xunta de Galicia, poñendo en valor o gran nivel de desenvolvemento do Plan de saúde Mental 2020-2024. Este Plan permitiu a incorporación de máis de 240 profesionais deste eido á sanidade galega, a posta en marcha de hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil nas sete cidades galegas, ou a creación de unidades de prevención do suicidio no conxunto das áreas sanitarias.

Na mesma liña, e para significar a relevancia do Plan de Saúde Mental 2020-2024, o xerente do Sergas recalcou que, en catro anos, súa posta en marcha posibilitou incrementar as ratios de profesionais da psicoloxía clínica nun 35%, pasando de 3,4 profesionais por cada 100.000 habitante a 5,2 e, no caso da ratio de psiquiatras, dos 7,4 que se rexistraban en 2019, aos 8,6 cos que se conta na actualidade.

“En ambos os casos cumprimos co obxectivo de superar os ratios medios a nivel español no momento da aprobación do Plan” concluíu.

A Deputación expón na IV Convención anual de Turespaña o éxito da estratexia turística de Rías Baixas que permite ser un dos destinos líderes en España

0

A deputada de Turismo, Nava Castro, participou nunha mesa de debate xunto co presidente de Segittur, Enrique Martínez, a deputada de Turismo de Cáceres, Elisabeth Martín, o vicepresidente da comisión Smart Cities de AMETIC, John Mora, e o concelleiro de Turismo de Santander, Francisco Arias

“No marco da Estratexia Rías Baixas 61 temos apostado pola innovación do destino mediante o reforzo da formación en competencias dixitais ou a aplicación de modelos de intelixencia artificial”, remarcou Castro

A Deputación de Pontevedra acaba de participar en Tenerife na IV Convención anual de Turespaña que se celebrou en Arona. No encontro, a deputada provincial Nava Castro, expuxo as estratexias turísticas de Rías Baixas para acadar unha posición de referencia a nivel nacional nunha mesa de debate na que tamén participou o presidente de Segittur, Enrique Martínez, a deputada de Turismo da Deputación de Cáceres, Elisabeth Martín, o vicepresidente da comisión Smart Cities de AMETIC, John Mora, e o concelleiro de Turismo de Santander, Francisco Arias.

“No marco da Estratexia Rías Baias 61 temos apostado pola innovación do destino mediante o reforzo da formación en competencias dixitais ou a aplicación de modelos de intelixencia artificial”, remarcou Castro. Neste eido, a deputada incidiu na importancia da xestión intelixente do destino Rías Baixas para comprender as necesidades dos turistas e as súas preferencias, e, con esta información adaptar, innovar e modernizar as  estratexias turísticas. “Nun mundo cada vez máis dixitalizado, no que os turistas buscan vivir experiencias cada vez máis personalizadas, é preciso contar cunha Plataforma Intelixente de Destinos que permita deseñar estratexias para dar respostas aos turistas do século XXI e converternos, así, en lugares máis competitivos”, asegurou . Ademais, Castro amosou  o seu convencemento de que “o camiño que temos iniciado en canto a modernización, innovación e adaptación das nosas estratexias a ese maior coñecemento que temos dos turistas, grazas á intelixencia turística, tivo moito que ver nos resultados acadados este verán, que nos situaron como o destino turístico líder de Galicia”.

A deputada explicou as innovacións que está a liderar a Deputación de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente, destacando tanto os avances en canto ás ferramentas tecnolóxicas como no fomento da interoperabilidade entre administracións e axentes turísticos. Neste eido recordou a posta en marcha da dixitalización da rede de oficinas Info Rías Baixas, a conversión da oficina principal do Palacete das Mendoza nun moderno welcome center, pero tamén fixo fincapé na xestión dos contidos, nos tótems  e mapa interactivos, na app móbil desenvolvida ou na sinalización turística intelixente.

Ademais, Nava Castro tamén adiantou aspectos nos que xa está a traballar a Deputación para avanzar na modernización do sector turístico provincial. Neste eido recordou a plataforma semántica, o asistente conversacional, a monitorización da calidade do aire e o ruído, a dixitalización dos fluxos para mellorar a atención aos visitantes na rede Info Rías Baixas ou, entre outras moitas iniciativas, a proposta de gamificación do destino. Tamén explicou que está previsto poñer en marcha unha iniciativa centrada na mellora da gobernanza nos concellos da provincia con poboación entre 20.000 e 50.000 habitantes, así como na dixitalización das festas de interese turístico, na creación de miradoiros e paseos virtuais, en solucións de vixilancia do destino e na evolución do asistente conversacional cara unha intelixencia artificial.

“En definitiva –asegurou a deputada provincial- queremos seguir adiante no noso obxectivo de converter a provincia de Pontevedra nun destino turístico máis moderno, innovador, sostible, accesible e intelixente, pero tamén ir un paso máis en canto a xestión turística para dar resposta ás demandas dos turistas e potenciais visitantes e converternos, deste xeito, nun lugar máis competitivo”.

La Policía Nacional reconoce la colaboración del Concello de Vigo

0

Abel Caballero recogió este jueves, durante la celebración del «Día de la Policía», la placa otorgada al Ayuntamiento en reconocimiento a la colaboración continua con la Comisaría Nacional de Vigo-Redondela

Al acto asistieron el subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Abel Losada, y el delegado del Estado en el Consorcio de Zona Franca, David Regades

El alcalde destacó que el bien más valioso de una ciudad es la seguridad. «Vosotros lo garantizáis con profesionalismo, por eso teneis nuestro respeto», dijo. A continuación ha recordado que los profesionales de la comisaría de Vigo recibieron el reconocimiento de la ciudadanía viguesa con la concesión de la Medalla de Oro de la Ciudad, al tiempo que trasladaron de nuevo el «tributo y homenaje» en nombre propio y en el de la ciudad.

Caballero apostó por la continuidad de la cooperación entre las fuerzas de seguridad y destacó la «capacidad» de la Policía para mantener «un estado activo y seguro», así como el apoyo que supone a jueces, fiscales y toda la estructura social.

Abel Caballero: “A vindeira semana aprobaremos o proxecto da piscina de Teis, que terá un custo de 6,9 millóns”

0

O rexedor vigués destacou que “o incendio danou practicamente toda a instalación”, polo que se trata “dunha piscina nova”

A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeira semana o proxecto técnico para a reconstrución da piscina de Teis, que como sinalou Abel Caballero, “terá un custo de 6,9 millóns de euros”.

“Construiremos unha nova piscina no lugar da anterior”, afirmou o alcalde, explicando que “o incendio danou practicamente toda a instalación”, polo que se trata “dunha piscina nova”. Esta instalación municipal “tivo un accidente moi grave” e esta administración ten “casi 7 millóns de euros para refacela”, ao que engadiu que “somos capaces de facelo porque temos un Concello ben xestionado”.

O goberno municipal concede ao CSIC a licenza para derrubar os edificios da ETEA onde se construirá o novo centro científico

0

O Concello concedeu ao Centro Superior de Investigacións Científicas, CSIC, a primeira licenza para iniciar a derriba dun conxunto de edificios das antigas instalacións da Escola de Transmisións e Electricidade da Armada en Teis, como paso previo á construción do novo edificio do Instituto de Investigacións Mariñas que estará integrado na “Cidade do Mar”

Abel Caballero, tras lembrar hoxe que o edificio do Instituto de Investigacións Científicas do CSIC trasladarase desde a súa sede actual en Bouzas ás novas instalacións de Teis, explicou que o permiso de derriba concedido polo Concello afecta aos edificios que se determinou que non hai que conservalos.

“Unha parte moi importante das construcións teñen que ser conservadas e mantidas, pero o que facemos é permitir a derriba dunhas edificacións que non teñen ningún valor ,para que inmediatamente despois o CSIC poida facer o novo edificio”, asegurou o alcalde.

As novas instalacións do Consello Superior de Investigacións Científicas en Vigo contarán cun investimento de 40 millóns de euros, apuntou o rexedor ao sinalar que trátase da primeira fase da construción dun edificio que contará cun orzamento de 17 millóns de euros.

“Tiven unha reunión cos responsables do CSIC a semana pasada para analizar as inversións tanto no novo edificio en Teis como no Instituto Oceanográfico e, por tanto, os centros de investigación do Goberno de España contarán cun edificio completamente novo por 17 millóns, e cunha reforma moi importante que era necesaria e imprescindible”, detallou Caballero.