O Servizo Galego de Saúde garante a atención na unidade á saúde mental en Ponteareas

O xerente do Servizo Galego de Saúde informa da existencia de protocolos para atender de forma prioritaria os casos que precisan unha asistencia máis áxil

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, asegurou onte, que a atención á saúde mental en Ponteareas está garantida. En resposta a unha pregunta na Comisión 5ª  do Parlamento de Galicia, explicou, ademais, que existen protocolos para atender de forma prioritaria os casos que precisan dunha asistencia máis áxil por motivos clínicos.

O xerente do Servizo Galego de Saúde explicou que a Unidade de Saúde Mental desta localidade conta cunha dotación de persoal estándar: 2 psiquiatras, 1 psicólogo clínico, 1 enfermeira especialista en saúde mental, e 1 administrativo. Ademais, a estes profesionais, hai que engadir un médico interno residente de psiquiatría e, a partir do ano que vén, se incorporará un psicólogo interno residente.

Asegurou que a Área Sanitaria de Vigo esta á traballar para reforzar a capacidade de asistencia nesta Unidade de Saúde Mental a pesar da falta de persoal especializado dispoñible para realizar substitucións.

 “A escaseza de profesionais dificulta a cobertura das baixa laborais” puntualizou Parada, reiterando que área sanitaria de Vigo “está a levar a cabo as accións necesarias para priorizar aqueles pacientes nas que o criterio clínico o xustifique”.

Así, o responsable sanitario referiu algunhas das medidas que o Servizo Galego de Saúde ten habilitadas no caso de ser necesario, como son as listas priorizadas. Tamén sinalou o teléfono de urxencias psiquiátricas que funciona as 24 horas, o sistema de Teleconsulta ou a atención presencial nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que sempre hai dous psiquiatras de garda e médicos residentes especializados en saúde mental.

En resposta a unha pregunta dos grupo da cámara, Parada incidiu en que a Saúde mental é un tema prioritario para a Xunta de Galicia, poñendo en valor o gran nivel de desenvolvemento do Plan de saúde Mental 2020-2024. Este Plan permitiu a incorporación de máis de 240 profesionais deste eido á sanidade galega, a posta en marcha de hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil nas sete cidades galegas, ou a creación de unidades de prevención do suicidio no conxunto das áreas sanitarias.

Na mesma liña, e para significar a relevancia do Plan de Saúde Mental 2020-2024, o xerente do Sergas recalcou que, en catro anos, súa posta en marcha posibilitou incrementar as ratios de profesionais da psicoloxía clínica nun 35%, pasando de 3,4 profesionais por cada 100.000 habitante a 5,2 e, no caso da ratio de psiquiatras, dos 7,4 que se rexistraban en 2019, aos 8,6 cos que se conta na actualidade.

“En ambos os casos cumprimos co obxectivo de superar os ratios medios a nivel español no momento da aprobación do Plan” concluíu.