La Xunta reclama explicaciones por la exclusión de Vigo del Mundial 2030

0

Diego Calvo defiende que el compromiso del Gobierno gallego fue «idéntico» con Vigo y A Coruña

El vicepresidente primero de la Xunta de Galicia, Diego Calvo, ha salido al paso de la polémica generada tras conocerse que Vigo no será una de las sedes del Mundial de fútbol 2030. En su intervención en el Parlamento gallego, Calvo aseguró que el Gobierno autonómico «ya ha pedido explicaciones» a la Real Federación Española de Fútbol para aclarar los motivos de esta decisión, al tiempo que defendió la equidad de la Xunta con las dos ciudades gallegas que aspiraban a ser sede del evento: Vigo y A Coruña.

“Claro que pedimos explicaciones. Lo dijo el presidente en rueda de prensa y lo reitero yo ahora: queremos saber si lo que se está denunciando es cierto o no”, expresó Calvo ante las preguntas de la oposición. El vicepresidente insistió en que tanto Vigo como A Coruña recibieron el mismo trato por parte del Ejecutivo gallego, pese a estar gobernadas ambas por el Partido Socialista.

“El compromiso de la Xunta era exactamente el mismo con la ciudad de A Coruña que con la ciudad de Vigo. Lo dejamos por escrito en un acuerdo del Consello da Xunta en octubre de 2022”, subrayó Calvo. En ese sentido, aclaró que fue responsabilidad de los propios ayuntamientos presentar la documentación y defender sus candidaturas ante la Federación, y que la Xunta remitió a ambos concellos toda la información disponible en su poder para facilitar el proceso.

Calvo lamentó que se quiera responsabilizar a la Xunta de una decisión que, asegura, no le corresponde. “Están enfocando mal las cosas. Desde luego, no es la Xunta quien tiene que ver con esta situación”, sentenció.

O alcalde alenta á Reconquistiña a alzarse coa victoria da cidade de Vigo

0

Caballero asistiu este martes á Reconquistiña, onde case 2.000 nenos e nenas de 37 colexios se reuniron na Porta do Sol vestidos de época para botar da cidade aos exércitos de Napoléon. O alcalde invitou á rapazada a «seguir velando pola cidade porque Vigo é a mellor urbe de mundo». Tamén convidou a celebrar a Reconquista, non só hoxe nas rúas e na escola, senón a gozar coa familia tamén durante a fin de semana. «Todas e todos a reconquistar unha vez máis a cidade de Vigo», clamou. O rexedor tamén felicitou ao profesorado, por facer posible a aprendizaxe e a formación arredor desta festa histórica.

Inaugurado el renovado parque Camilo José Cela tras una inversión de 315.000 euros

0

El alcalde inauguró este martes la remodelación del parque Camilo José Cela, una obra que ha supuesto una inversión municipal de 315.000 euros para mejorar las zonas central y baja del recinto

Durante el acto, el regidor destacó la importancia de estas mejoras debido a la proximidad del parque a un colegio y su alta afluencia de vecinos de todas las edades. Entre las principales actuaciones realizadas, se incluyen la construcción de una nueva área de juegos infantiles, una zona biosaudable y una pista polideportiva y de fútbol sala. “Es una reforma de gran interés”, señaló el alcalde, quien puso en valor algunos de los nuevos equipamientos instalados, como una cama elástica, además de un columpio con hamacas, un balancín y un conjunto de escalada.

Asimismo, la intervención ha permitido renovar la pista deportiva, dotándola de nuevas porterías, canastas y bancos. La zona biosaudable también ha sido mejorada con un nuevo pavimento y elementos para la práctica de ejercicios. Además, se han instalado luminarias, papeleras, más bancos y una fuente de agua potable.

El alcalde subrayó el compromiso del Concello con la creación de espacios de ocio para todas las edades, con especial atención tanto a la infancia como a las personas mayores. “La saga continuará porque esto no para”, afirmó.

A Deputación entrega os premios Demo Day aos mellores proxectos empresariais do alumnado de FP da provincia

0

A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez asistiu ao acto, celebrado na sede de Vigo da Deputación, onde se repartiron tres premios valorados en 1.900 euros

Participaron na convocatoria oito dos dez centros dos concellos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo que están a participar na actual edición de DepoEmprende na modalidade de Formación Profesional

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes no acto de entrega dos premios Demo Day cos que se distinguiron os mellores proxectos profesionais ideados polo alumnado participante no programa DepoEmprende na FP. Oito centros educativos dos concellos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo participaron nesta convocatoria, coa que a institución provincial busca promover entre o alumnado de Formación Profesional de grao medio e superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial como no autoemprego.

A vicepresidenta Luisa Sánchez sinalou que “queremos recoñecer o grande esforzo que estades realizando este curso para converter esas ideas emprendedoras nunha realidade, porque queremos que soñedes ao grande e non tomedes isto como unha actividade escolar, senón como unha porta que vos abrimos para que o voso futuro comece a tomar forma”. Luisa Sánchez lembrou que DepoEmprende pretende integrar a cultura emprendedora no currículo educativo pero aplicada non só aos supostos de mentalidade empresarial, senón cunha ollada máis global. “Estamos moi orgullosos das enerxías que investistes nestes meses ata chegar a esta exposición pública e agardo que aproveitedes esta oportunidade, porque estades no mellor momento para asumir riscos e tomar decisións valentes, que non rifan coa sensatez”. A vicepresidenta agradeceu o profesorado por “a carga extra de traballo que supón participar en DepoEmprende, estamos orgullosos de que o voso compromiso co futuro da nosa xuventude vos faga saltar ao baleiro ano tras ano”.

Os 1.900 euros repartíronse en dúas categorías: 1.200 para o alumnado de grao superior, con dous premios de 700 e 500 euros que foron parar ao Colexio Vivas (Vigo) polo proxecto Eternal Pet e ao IES Sánchez Cantón (Pontevedra) por Senda Viva, e 700 euros para o de grao medio, que gañou o alumnado do IES Laxeiro (Lalín) co proxecto H2OFlow.

Os dez centros educativos da provincia que participan no proxecto DepoEmprende na FP neste curso son o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), o IES Laxeiro (Lalín), o CIFP A Xunqueira (Pontevedra), o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), o CIFP Montecelo (Pontevedra, que non participou nos premios), o IES Sánchez Cantón (Pontevedra), e os vigueses CIFP Manuel Antonio, Colexio Vivas, IES A Guía e IES Politécnico de Vigo (que tampouco participou nos premios). DepoEmprende na FP é unha das tres modalidades nas que se divide este programa para centros educativos da provincia, xunto a DepoEmprende na Escola e DepoEmprende na ESO. A Deputación busca promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe cun traballo desde a práctica. A metodoloxía proposta baséase na elaboración e xestión de proxectos empresariais para que o alumnado asuma o risco de afrontar diferentes situacións laborais e, deste xeito, mellore a súa participación activa na vida económica, social e cultural da súa contorna.

La Audiencia de Pontevedra condena a seis años de cárcel a una mujer por agredir en el ojo a su pareja con un cargador del móvil 

0

La sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra condena a seis años de cárcel a una mujer por agredir en el ojo a su pareja en el momento de los hechos con un cargador del móvil cuando ambos se encontraban en su domicilio en Vigo. Además deberá indemnizar a la víctima con 72.000 euros por las lesiones y las secuelas ocasionadas, y aportar a mayores la cantidad correspondiente a la reposición periódica de la prótesis ocular. 

Según se recoge en la sentencia, la acusada «le propinó varios golpes en el rostro usando las manos y después lo golpeó con el cargador», lo que ocasionó que la víctima perdiera parcialmente el ojo izquierdo y tuvieran que implantarle una prótesis ocular. El tribunal tuvo en cuenta a declaración de la procesada, que admitió que le pegó, y el testimonio del afectado. Los magistrados también se apoyaron nos informes médicos forenses y en la declaración de los agentes de la policía que acudieron al domicilio el día de los hechos.

O BNG reclama actuar dunha vez diante dos prezos disparados da vivenda en Vigo

0

A fronte nacionalista critica que o Goberno local “non teña movido un só dedo” durante o último ano para executar os acordos propostos polo Bloque, e aprobados no Pleno, como a declaración da cidade como zona tensionada ou a limitación dos pisos turísticos

Xabier P. Igrexas: “Continuar nesta política de brazos caídos converte o Goberno local en parte do problema, cando as viguesas e vigueses merecen un Concello parte da solución”

O Bloque Nacionalista Galego reclama actuar dunha vez en Vigo diante dos prezos disparados da vivenda. A fronte nacionalista critica a inacción do Goberno local malia a continuada suba dos alugueiros, en particular por “non ter movido un só dedo” durante o último ano para executar as medidas aprobadas no Pleno, a proposta do Bloque, como a declaración da cidade como zona tensionada ou a limitación dos pisos turísticos, entre outros.

“A pesar da propaganda e dos anuncios, o desleixo do Goberno local é tan grave que non foron capaces de executar nin un só dos acordos aprobados en marzo do pasado ano para frear o aumento dos prezos do alugueiro e facilitar o acceso social á vivenda”, lamentou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, acusando tamén á Xunta de Galiza pola súa “nula política” en materia de vivenda.

Igrexas advertiu do aumento do 6,77% nos prezos dos alugueiros durante os últimos 12 meses. Unha escalada que supera o 30% no último lustro, segundo datos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. “Prezos imposíbeis que se engaden a unha oferta cada vez máis reducida polo continuado aumento dos pisos turísticos, que xa son cinco veces máis que o número de vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial”, alertou.

Fronte a esta situación de “emerxencia habitacional”, dende o BNG volveron urxir a Caballero para que actúe xa. “Continuar nesta política de brazos caídos converte o Goberno local en parte do problema, cando as viguesas e vigueses  merecen un Concello que sexa parte da solución”, demandou Igrexas ante un dos máis graves e importantes problemas en Vigo, especialmente para as familias de menores recursos e a mocidade.

Sen avances un ano despois                            

Por estes motivos, o portavoz municipal nacionalista considerou “impresentábel” que o Goberno de Caballero non teña avanzado en medidas como declaración da cidade como zona tensionada, que permitiría despregar accións para frear a suba dos alugueiros. “A tomadura de pelo é tanta que levamos moitos meses a agardar por un presunto estudo sobre a situación da vivenda, do que nada se sabe, cando xa existen datos oficiais clamorosos”, afeou.

No mesmo sentido, Igrexas censurou que o Concello estea dando “barra libre” aos pisos turísticos, que non paran de aumentar na cidade a costa de retirar vivendas do mercado de alugueiro residencial. “Nin se inspeccionan para comprobar que cumpren coas condicións urbanísticas, de habitabilidade e seguridade; nin tampouco se cotexa que dispoñan de título habilitante para poder operar”, alertou, criticando a falla de avances para contar cunha ordenanza municipal que limite este fenómeno ultraespeculativo.

Outras das cuestións pendientes por parte do Goberno local son a posta en marcha dun Plan municipal Facilitador do Alugueiro, a constitución dunha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social ou acordos coa Sareb para destinar a uso social as vivendas que posúe na cidade procedentes de bancos rescatados con fondos públicos. Igrexas lamentou tamén que o Concello “siga a facer caixa” co 10% de aproveitamentos urbanísticos que lle corresponde de cada promoción privada ou a falla de interese por mobilizar as 22 mil vivendas baleiras que hai en Vigo.

El PP demandará que el pleno municipal apoye la candidatura de Vigo al Mundial 2030 e inste a la RFEF a arrojar luz sobre la elección de las sedes

0

El grupo municipal popular ha registrado este martes una moción “de consenso” para que la corporación local “lance un pronunciamiento unánime, alto y claro” en defensa de los intereses de la ciudad

Luisa Sánchez remarca la necesidad de que la Federación y el Concello “abran un periodo de interlocución” que permita ofrecer respuestas “a este proceso caótico en el que se ha visto involucrada nuestra ciudad”

El grupo municipal del PP de Vigo demandará que la corporación local “lance un pronunciamiento unánime, alto y claro” en torno a la candidatura de la ciudad a ser sede del Mundial de fútbol masculino del año 2030. Para ello, ha registrado este martes una moción de cara a la sesión ordinaria del pleno del mes de marzo, que se celebrará el próximo lunes día 31.

“En el Partido Popular de Vigo estamos muy sorprendidos por todo lo que está apareciendo en los medios de comunicación en torno a la designación de las sedes del Mundial 2030. Y ante estas informaciones creemos que toca apelar a la unidad de acción y al sentido de ciudad para demandar de todos los grupos de la corporación un apoyo unánime a la candidatura viguesa y exigir explicaciones a la Federación Española de Fútbol”, ha resumido la presidenta local, Luisa Sánchez.

Tal y como ha informado la líder de la oposición en el Concello de Vigo, la iniciativa presentada apela al “consenso” a través de tres acuerdos que son “perfectamente asumibles” por parte de todos los partidos políticos.

En primer lugar, se solicita que los grupos con representación muestren su apoyo a la candidatura de Vigo. Además, se exige a la Real Federación Española de Fútbol (RFEF) que publique los criterios de baremación y las puntuaciones técnicas de todas las ciudades que aspiraban a ser sede del Mundial. Por último, el PP quiere instar a Concello y RFEF a abrir un “periodo de interlocución” para dar respuesta a “este proceso caótico en el que se ha visto involucrada nuestra ciudad”. Luisa Sánchez ha deseado “que prime la altura de miras” y que todos los grupos políticos apoyen la moción planteada por el Partido Popular de Vigo.

O PPdeG denuncia que as prórrogas á tramitación da transferencia da AP-9 no Congreso alcanzan xa as 40 desde que Pedro Sánchez é presidente

0

“É indignante o boicot por parte dunha Mesa dominada polo PSOE e Sumar totalmente servil ao sanchismo” asegura Celso Delgado insistindo en que se está impedindo ata o mero debate desta iniciativa

Os populares galegos censuran o “autoritarismo” que está a exercer o Goberno de Sánchez sobre o poder lexislativo e o seu “desprezo” cara o Parlamento galego do que emana este “anhelo” unánime dos galegos

Os deputados do PPdeG no Congreso denuncian a “enésima aldraxe” de Pedro Sánchez a Galicia logo de coñecerse a aprobación da prórroga número 40 ao prazo de presentación de emendas á proposición de lei relativa á transferencia da AP-9 desde a súa chegada á Moncloa.

Unha prórroga que acordou hoxe a Mesa do Congreso dos Deputados, dominada polo PSOE e Sumar, e que supón que, só no que vai de lexislatura, xa se adiase en 25 ocasións a tramitación parlamentaria desta iniciativa emanada da unanimidade do Parlamento de Galicia.

“É indignante este boicot por parte dunha Mesa totalmente servil a Pedro Sánchez e que non permite nin sequera que esta proposición poida pasar a Comisión para debatela e que os grupos poidan facer as súas aportacións”, asegura o deputado galego Celso Delgado, que, xunto a Tristana Moraleja e Pedro Puy, forma parte da ponencia encargada debater a iniciativa.

Os representantes do PPdeG neste órgano denuncian neste sentido que o Goberno de Sánchez está a exercer un “autoritarismo” inadmisible sobre a institución na que reside o poder lexislativo. Ao que habería que engadir o seu “desprezo” cara o Parlamento galego na medida en que é desta cámara da que procede a demanda de transferencia da AP-9.

“Reclamamos unha vez máis que se poña fin a esta lamentable situación e que, dunha vez por todas, se proceda a elaborar un estudo sobre o custo do rescate da AP-9 e a liberación das súas peaxes”, conclúen apelando ao “anhelo” dos galegos de que esta autopista sexa xestionada por e para Galicia.

A INSUFICIENCIA DAS BONIFICACIÓNS ÁS PEAXES DA AP-53

En relación ao anuncio da aprobación no Consello de Ministros de hoxe de bonificacións ás peaxes da AP-53 entre Santiago de Compostela e Dozón, os populares galegos celebran esta “boa nova” pero lamentan que “chega tarde” e que, ademais, é “insuficiente”. Recorda Celso Delgado que tanto os usuarios desta vía como a Xunta de Galicia e o Parlamento galego levan anos demandando a liberación total da AP-53 das peaxes coas que conta desde a súa posta en marcha. Ou, cando menos, que o Goberno central siga o exemplo do Goberno galego, que habilitou a gratuidade do tramo da súa competencia –entre Lalín e Ourense– a través dunha peaxe na sombra.

A Xunta licita por 127.000 euros a adquisición de dúas lavadoras para a central de esterilización da Área Sanitaria de Vigo no hospital Meixoeiro

0

As empresas interesadas terán ata o día 9 de abril para presentar as súas ofertas

Prestarán servizo ao bloque cirúrxico e ao resto de unidades asistenciais

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publica hoxe no Portal de Contratos Públicos a adquisición de dúas lavadoras para a central de esterilización da área sanitaria de Vigo no Hospital Meixoeiro, por un importe de 127.000 euros.

A licitación deste contrato responde á necesidade de adquirir dúas lavadoras, para substitución das ata agora dispoñibles, con destino á Central de Esterilización da área sanitaria de Vigo que presten servizo, tanto ao bloque cirúrxico como ao resto de unidades asistenciais que necesiten desta prestación, de maneira que a central estea completamente operativa e con capacidade suficiente para atender toda a demanda da actividade asistencial.

Os pregos do contrato establecen as características técnicas das lavadoras, que deben ser  termodesinfectadoras, de dobre porta de apertura automática para a separación de zonas, o que permitirá crear barreira sanitaria. Terán, así mesmo, sistemas para procesado de material sensible e con realización de tempo total de ciclo de lavado, desinfección e secado nun máximo de 45 minutos.

Ademais, deberán poder conectarse ao actual sistema de xestión e trazabilidade existente na central de esterilización, con saída de datos a través de Ethernet, posibilitando a conexión en tempo real do proceso de lavado co sistema existente. Incluirán, igualmente, todos os sistemas de seguridade necesarios, principalmente a apertura simultánea de portas, evitando o contacto entre as zonas limpa e sucia e a detección de obstáculos para evitar atrapamentos de accesorios.

Ademais disporán dun sistema de carga e descarga automática compatible co existente na central de esterilización e deberán poder conectarse á infraestrutura informática do Servizo Galego de Saúde.

O contrato inclúe o montaxe e a instalación, tendo en conta que as medidas se axustarán aos espazos dispoñibles na actual liña de lavado, incluíndo todos os elementos e medios necesarios para este fin. As empresas interesadas nesta licitación terán ata o día 9 de abril para presentar as súas ofertas.

Detenido en Vigo un hombre por robo con fuerza en un portal de la calle Lepanto

0

La Policía Local de Vigo detuvo en la madrugada del pasado lunes a un hombre de 36 años, natural de Bizkaia, por un presunto delito de robo con fuerza

A las 02:51 horas del 24 de marzo, la Sala de Comunicaciones del 092 recibió un aviso alertando sobre un individuo que merodeaba por la calle Lepanto, tratando de forzar varios portales. Según el testigo, el sospechoso logró acceder a uno de los edificios tras forzar la cerradura y abandonó el lugar en una bicicleta blanca que se encontraba en el interior, dirigiéndose hacia la calle Príncipe.

Los agentes se desplazaron hasta el inmueble señalado, donde comprobaron que la cerradura presentaba signos de forzamiento y que el portal había quedado abierto. Con esta información, se activó un operativo de búsqueda en coordinación con otras unidades policiales.

A las 03:20 horas, una patrulla del Cuerpo Nacional de Policía localizó una bicicleta con características coincidentes con la sustraída, apoyada en la fachada de un edificio en la calle Areal. Más de una hora después, a las 04:35, un hombre se acercó al lugar para montar la bicicleta e intentar marcharse, momento en el que fue interceptado por los agentes.

El detenido, identificado como I.S.A., de 36 años, coincidía plenamente con la descripción facilitada por el testigo. Finalmente, fue arrestado y acusado de un presunto delito de robo con fuerza.