Dos víctimas más elevan a 486 los fallecidos de la pandemia en el área de Vigo

0

Se trataba de dos mujeres de 72 y 82 años ingresadas en el Álvaro Cunqueiro

Las autoridades sanitarias han comunicado otras tres muertes de personas diagnosticadas con covid-19, dos de ellas registradas en Vigo y una en Ferrol.

De este modo, el área viguesa alcanza los 486 fallecidos por coronavirus desde marzo del año pasado.

Las tres víctimas notificados esta jornada presentaban patologías previas y se encontraban hospitalizadas. Los dos decesos de Vigo, mujeres de 72 y 82 años, se produjeron el miércoles en el Álvaro Cunqueiro.

El otro fallecimiento, producido hoy mismo, se corresponde con una mujer de 86 años ingresada en el CHUF.

Galicia suma de este modo 2.693 muertes asociadas a la pandemia.

O campus de Vigo súmase á campaña solidaria ‘Cada neno, un xoguete’

0

Por noveno ano consecutivo e coa chegada do Nadal, a Universidade de Vigo súmase á campaña Cada neno, un xoguete, un proxecto ideado pola Asociación STOP que anima á poboación viguesa a doar xoguetes para que as rapazas e rapaces en circunstancias económicas complicadas non queden sen agasallos nestas datas. Ata o luns 13 de decembro, todas as persoas interesadas poden depositar as súas doazóns na planta -1 do edificio Exeria, xunto a máquinas vending, único punto de recollida no campus, ou no punto central de recollida, Alcabre-Camino Veiguiña 32, de luns a venres de 11.00 a 19.00 horas.

Os xoguetes que se entreguen deberán estar limpos, en bo estado, completos e sen envolver. Unha vez nas instalacións habilitadas para o seu almacenamento, serán procesados, desinfectados, contadas as súas pezas e envoltos para regalo, de xeito que o neno ou nena que os reciba non sexa quen de darse conta de se o agasallo é reciclado. 

40.000 xoguetes doados nunha década

Esta iniciativa, que chega neste 2021 á súa décimo segunda edición, leva repartidos na última década máis de 40.000 xoguetes en Vigo e no resto de Galicia, dos cales 7000 se entregaron durante o pasado Nadal.

Nesta campaña de 2021, a Asociación STOP xa recolleu máis de 5500 xoguetes e comezaron co reparto ás distintas asociacións que se encargan de entregalos ás familias que os precisan.

O BNG esixe unha rectificación do Goberno municipal de Vigo tras declararse abusivos os servizos mínimos na folga de Vitrasa

0

Xabier P. Igrexas: “Está na man do goberno de Abel Caballero ser parte da solución ou seguir teimando en ser unha parte importante do problema coa súa complicidade”

A fronte nacionalista reitera que o Concello debe convocar unha xuntanza coa empresa concesionaria do bus urbano e a representación sindical para abordar unha saída acordada da folga que atenda as “razoábeis” demandas do persoal

O Bloque Nacionalista Galego esixe que o Goberno municipal rectifique de forma inmediata os servizos mínimos durante a presente folga de Vitrasa, despois de que o Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Vigo declarase abusivos este xoves os decretados durante os paros de outubro. Desde a fronte nacionalista insisten en que o goberno de Abel Caballero ten que intervir no conflito laboral e deixar de actuar como “cómplice” da dirección da concesionaria de bus urbano.

“É unha nova decisión xudicial que insiste en denunciar o comportamento antisindical, antiobreiro e reaccionario do Goberno municipal. Como xa sucedera coa folga de bombeiros, intenta dinamitar e boicotear o exercicio dun dereito fundamental como o de folga, decretando uns servizos mínimos absolutamente abusivos ao ditado dos intereses da dirección de Vitrasa”, denunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

O concelleiro nacionalista asegurou que “está na man do goberno de Abel Caballero ser parte da solución ou seguir teimando en ser unha parte importante do problema coa súa complicidade”. Igrexas reiterou a petición para que o Concello convoque unha xuntaza entre a representación sindical e a dirección de Vitrasa co fin de abordar unha saída acordada do conflito laboral que, en opinión do BNG, só pode partir de “aceptar as lexítimas e razoábeis” reivindicacións do persoal.

“O Goberno local é responsábel dun servizo de titularidade municipal, financiado por millóns e millóns de euros de diñeiro público ademais da recadación que percibe das viguesas e vigueses”, salientou o portavoz do BNG de Vigo.

Igrexas reclamou tamén ao alcalde da cidade que se desculpe co persoal de Vitrasa e co conxunto da cidade “por un comportamento intolerábel por parte dun dirixente político que se di progresista e de esquerdas” diante desta sentenza que sinala unha nova vulneración do dereito de folga por parte do Concello. “Abonda xa de aplicar as políticas laborais da dereita e abonda xa de alinearse cos intereses das grandes empresas privadas”, remachou Igrexas.

Desde o BNG urxen unha solución para a folga que, a partir do 13 de decembro, se tornará indefinida. “É momento de rectificar e atender o reclamo das traballadoras e traballadores de Vitrasa”. 

Fernández-Tapias se compromete a reforzar la labor de las juntas de distrito y propone la creación de un comité de parroquias

0

La candidata a la presidencia del PP de Vigo apuesta por rearmar la estructura territorial, “cada parroquia debe ser atendida como si fuera un pequeño concello dentro de una gran ciudad”

“Debemos escuchar a la militancia, que es nuestro enlace con el territorio, son los nos cuentan los problemas y los que conocen las necesidades que hay en sus barrios y parroquias”, dice

“Queremos un partido con personalidad propia, hecho de abajo arriba, desde las bases, desde la calle, desde los barrios y las parroquias”, proclama la cabeza de lista de #AdnVIGO

Marta Fernández-Tapias trazó hoy algunas de las líneas maestras que guiarán su mandando al frente de los populares de Vigo si así lo decide la militancia en el congreso que la formación celebrará el próximo 18 de diciembre. La candidata a la presidencia del PP vigués tiene muy clara cuál es la hoja de ruta que debe seguirse para transformar “la decepción en ilusión”, en clara referencia a los resultados de los últimos comicios municipales.

“Queremos un partido con personalidad propia, hecho de abajo arriba, desde las bases, desde la calle, desde los barrios y las parroquias”, proclamó la cabeza de lista de #AdnVIGO tras reunirse con militantes y afiliados de Cabral. Y para lograrlo, Fernández-Tapias apostó por rearmar la estructura territorial.

“Cada parroquia debe ser atendida como si fuera un pequeño concello dentro de una gran ciudad”, afirmó, para hacer público su compromiso de reforzar la labor de las juntas de distrito, con la creación de un comité propio, y también poniendo en marcha un” comité de parroquias para atender los problemas comunes del rural de Vigo.

En este sentido, volvió a insistir en la necesidad de dar un mayor protagonismo a la militancia, que es la esencia de cualquier formación política. “Quiero escuchar a todos, a los militantes, afiliados y simpatizantes, a los presidentes de distrito como nuestro enlace con el territorio, a la ciudad en general, porque son ellos quienes mejor conocen los problemas y las necesidades que hay en sus barrios y parroquias”, dijo.  

Como ya se le ha oído decir en más de una ocasión, en su opinión “este partido no necesita salvadores, necesita servidores”. “Como partido debemos recuperar el espacio político perdido, demostrar que hay otras formas de hacer política y situarnos como una alternativa creíble y confiable a ojos de los vigueses”, subrayó. “Vamos a pisar Vigo más que nunca, el partido va a escuchar a la ciudad y defender a la ciudad para que esta escuche al partido y defienda al partido”, agregó .

En este marco, Fernández-Tapias ha compartido su voluntad de contar con “todo el mundo”, para reivindicar que del congreso “tiene que salir un líder detrás del que vayamos todos” “Un congreso de unión, que sirva para marcar el resurgir del partido en Vigo”, afirmó. Y para alcanzar este objetivo: “Recorreré el centro y las parroquias para escuchar a los afiliados y conformar un equipo potente, con caras nuevas pero también con la experiencia de quienes aún tienen mucho que decir y que aportar a este partido”, concluyó.

A Deputación e a Universidade de Vigo asinan un convenio que permitirá ampliar o estudo do efecto dos microplásticos nos ríos da provincia

0

O ser humano ten producido 8.300 millóns de toneladas métricas de plástico desde 1950, unha cifra que ten graves consecuencias como o feito de que no mar existan 51.000 millóns de partículas microplástica

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo volven a sumar sinerxías a través dun novo convenio que permitirá ampliar o estudo sobre as implicacións medioambientais e o efecto que teñen os microplásticos nos ríos da provincia. Así o anunciaron hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, e o reitor da universidade, Manuel Joaquín Reigosa, no acto de sinatura deste acordo –que conta cun orzamento de 20.000 euros– no que ambos mostraron a súa satisfacción por poder poñer o coñecemento ao servizo da sociedade. A firma tivo lugar na sede de Vigo da Deputación, onde tamén estivo presente a deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas.

Tal e como indicou Carmela Silva, este convenio chega para dar continuidade ao asinado en 2020 «sobre microplásticos na auga e na comunidade de invertebrados nos ríos Lagares de Vigo e Gafos de Pontevedra» e ten por obxecto coñecer de preto «a influencia que poidan ter os microplásticos nun sector como é o da pesca, fundamental para a nosa economía, e moi particularmente na saúde das persoas». Tamén puxo de relevo o feito de que na provincia «temos unha zona costeira cunha gran riqueza produtiva, e temos que estar moi atentas e atentos porque os microplásticos, sen dúbida, son unha grande ameza para os sectores.

Neste senso, a presidenta remarcou que «unha das nosas grandes fortalezas é a calidade do produto, e para acadala temos que coidar os ecosistemas nos que se desenvolve». Para Carmela Silva «ter coñecemento e información sobre como poden influír estes microplásticos é fundamental para poder tomar decisións e para que o conxunto da sociedade tome conciencia desta situación». Por este motivo anunciou que «tan pronto estea rematado o estudo daremos a coñecer a información que se teña elaborado e tamén planificaremos medidas para poder dar resposta á situación que se nos formule».

Na súa intervención Carmela Silva lembrou outros moitos convenios asinados coa Universidade de Vigo vinculados a eidos como a cultura, o medio ambiente, a igualdade entre homes e mulleres –os cales destacou de maneira particular– ou a promoción da actividade económica. Deste xeito, as moitas das iniciativas provinciais están estreitamente vencelladas ao traballo que se realiza nas aulas universitarias e «incluso moitos dos proxectos que presentamos a fondos europeos e que teñen que ver coa recuperación do medio ambiente parten do coñecemento que nos aporta a universidade».  Neste senso, a Deputación de Pontevedra está a presentar moitos proxectos á Unión Europea vinculados «co mundo rural, agrario e pesqueiro» para converter a provincia nunha «referencia de traballo, respecto ao medio ambiente e coñecemento».

Pola súa banda, o Reitor Manuel Reigosa amosouse satisfeito pola colaboración entre as dúas institucións para poder poñer «á disposición da sociedade o talento que hai nos nosos laboratorios e aulas», e agradeceu «o empuxe da Deputación para facer este tipo de estudos, que son importantes para a sociedade». O reitor da Universidade de Vigo tamén  fixo fincapé no eixo principal do convenio asinado e asegurou que «hai que investigar e coñecer como están os nosos ecosistemas, e que mellor obxecto de empezar que os ríos, que nos poden dar unha medida da súa saúde». «Creo que é un enfoque moi positivo desde o punto de vista científico».  

A presenza de microplásticos en masas de auga é un dos principais problemas ambientais. O ser humano ten producido 8.300 millóns de toneladas métricas de plástico desde 1950, unha cifra que ten graves consecuencias como o feito de que no mar existan 51.000 millóns de partículas microplásticas. Este problema tamén afecta o reino animal onde, por exemplo, o 90% das aves mariñas teñen fragmentos de plásticos nos seus estómagos.

Vialia Vigo supera los dos millones de visitas antes de Navidad

0

Los visitantes han podido disfrutar durante estos días previos a la Navidad de la amplia oferta comercial, gastronómica y cultural en el complejo de 43.000 metros cuadrados

Tan sólo dos meses después de su apertura y tras el éxito del encendido navideño, el centro comercial Vialia Vigo gestionado por Nhood, ha superado los dos millones visitas durante el pasado puente de La Constitución.

Tras la inauguración de la gran plaza pública en la cubierta del centro comercial el pasado 17 de noviembre, los visitantes han encontrado en este espacio de más de 30.000 metros cuadrados un lugar de referencia donde practicar diferentes tipos de deporte. Esta zona cuenta con tres pistas de baloncesto 3×3, fútbol y de patinaje; además de un pump track o una tirolina, entre otros. Por ello y para concienciar a los ciudadanos sobre la importancia de una vida sana, Decathlon prestará material deportivo durante estas fechas a todos aquellos clientes que tengan una cuenta en MyDecathlon.

Además del éxito de reservas durante estos días de Centeno, el restaurante del Estrella Michelín Rafa Centeno que conquista a todos sus comensales por la amplia variedad de sus platos de comida sana, cabe destacar las últimas aperturas en el centro comercial como son H&M y viajes El Corte Inglés. El local de la cadena de ropa sueca dispone de más de 2.000 metros cuadrados distribuidos en dos plantas; y la agencia de viajes, también situada en la planta baja, pondrá a disposición de sus clientes las mejores ofertas para planear sus próximas vacaciones. 

Y para los más pequeños, Vialio, la mascota de Vialia Vigo, amenizará estos días festivos con sus anécdotas navideñas representadas en los espacios del centro comercial conjuntamente con Ludiland, del 7 al 21 de diciembre de 16.30 a 19.30 horas y del 22 de diciembre al 7 de enero de 9.00 a 14.30 horas.

Vigo superou o 90% de ocupación hoteleira durante a ponte de decembro

0

Para esta fin de semana a previsión é superior ao 75%

Este fin de semana haberá unha ocupación hoteleira superior ao 75%. O alcalde deu a coñecer os datos de turismo na cidade, que durante a ponte de decembro rexistrouse unha afluencia nos hoteis da cidade de máis do 90%.

Abel Caballero manifestou que “houbo cancelacións, pero tamén reservas de última hora” e cualificou os datos como “moi bos”. Tamén afirmou que a chegada de viaxeiros e viaxeiras nótase na restauración.

Ademais, o alcalde informou que os voos desde o Aeroporto de Vigo están a funcionar cunha alta ocupación, con Barcelona ao 90%, Palma de Mallorca ata o 80%, 75% a Madrid e 70% a Gran Canaria e Valencia.

Máis de 400.000 euros para impulsar proxectos ligados ao mar nos concellos de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda

0

A Consellería do Mar aproba o financiamento para os sete proxectos asesorados polo GALP Ría de Vigo – A Guarda

A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo – A Guarda e pertencentes aos municipios de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda

O GALP Ría de Vigo-A Guarda promove o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio.

A contía das axudas supera os 400.000 euros e supoñen entre o 90% e o 100% do financiamento dos proxectos non produtivos e entre 40% e o 50% dos produtivos.

Nos proxectos non produtivos sitúanse iniciativas como a do Concello de Vilaboa que busca rehabilitar, acondicionar e poñer en valor o Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada; ou a da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, centrada na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas. A Confraría de pescadores San Francisco de Vigo aposta tamén por novos proxectos como este no que traballarán por mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á participación dos seus membros nos órganos de goberno. Pola súa banda, a Asociación San Xerome Emiliani, na Guarda,centra a súa iniciativa no fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D.

No tocante aos proxectos produtivos, atopamos o de Gandón, S.A., en Cangas, que busca mellorar as condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, está a de Diferent Charter Galicia S.A., en Baiona, que quere instalar un barco charter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. E por último, H.Q. Seaweed, en Vigo,continúa a impulsar as súas algas deshidratadas cun proxecto innovador que poña en valor os produtos do mar. 

Agora, os promotores dos proxectos contarán cuns días para decidir se aceptan as axudas e emprenden a posta en marcha das súas iniciativas.

Zona Franca analizará a economía de Poio para que impulse a súa economía despois da pandemia

0

O delegado do Estado, David Regades; e o concelleiro, Gregorio L. Agís, asinaron o protocolo que estudará o tecido empresarial e fará propostas de futuro

O Consorcio da Zona Franca e o Concello de Poio asinaron hoxe un protocolo para pór en marcha un plan estratéxico que estudará o municipio e a súa contorna e contribuirá con propostas a unha mellora da súa competitividade e do emprego. O delegado do Estado, David Regades, e o concelleiro de urbanismo, mobilidade de Promoción Económica, Gregorio L. Agís , asinaron o documento.

David Regades, resaltou a importancia de impulsar o tecido económico dun concello clave na súa comarca. “Poio ten unha posición valiosa na comarca de Pontevedra. Impulsar a súa economía e apoiar aos novos emprendedores terá bos resultados para a cidadanía”, sinalou o delegado.

 Pola súa banda, o concelleiro , destacou que “é importante que dende o Consorcio Zona Franca se desenvolvan este tipo de proxectos de análise socioeconómico dos municipios do entorno, para ter unha folla de ruta ou documento que facilite a toma de decisións nese ámbito na medida das competencias que poidan exercer os concellos”.

Un dos ámbitos de actuación do Consorcio será a análise e xeración de coñecemento a través da monitorización da actividade económica. Isto terá como finalidade poder establecer os mecanismos necesarios para a toma de decisións e a mellora da competitividade do entorno do municipio.

O Consorcio está especialmente interesado en impulsar actividades con potencial e recorrido que xeren un impacto positivo no crecemento económico, a xeración de emprego e a sustentabilidade no longo prazo.

Deste xeito, Zona Franca, establecerá unha folla de ruta para o establecemento de actuacións individuais ou en colaboración con outros axentes económicos e sociais que permita, coa máxima eficiencia e aproveitamento dos recursos públicos, despregar accións de calado que revertan no desenvolvemento económico e creación de emprego na súa área de influencia.

Algúns dos obxectivos claves deste plan sería  articular liñas de actuación, acordes coa Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030, sobre diversas alternativas segundo os recursos dispoñibles, captación de fondos e definición de prioridades. A maiores, establecería pautas para un plan de comunicación que sustente unha difusión intelixente para a posta en valor dos territorios que forman parte do acordo e as súas posibilidades.

O plan estratéxico contará con sete fases: diagnóstico estratéxico, workshops, estudio de casos de éxito, marcar as liñas estratéxicas, plan operativo, propostas de colaboración e instrumentos públicos de axuda e finalmente a monitorización.

Recollerá un estudio da economía e o tecido empresarial; tamén da situación da tecnoloxía, innovación e internacionalización; o entorno político e legal; da sociedade e a cultura; da demografía; do medio ambiente; de tendencias e de iniciativas actuais de interese e nivel de desenvolvemento. Toda a información sintetizarase nunha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades).

Tamén se fará un estudio de casos de éxito, un estudio de estratexias con obxectivos semellantes que tiveran resultados notábeis a nivel estatal ou internacional e que poidan resultar referentes inspiradores.

Caballero anuncia una reunión en el Ministerio de Transportes para ratificar de nuevo la «viabilidad» del AVE por Cerdedo

0

La variante, con un estudio hidrogeológico en marcha que, según el gobierno local de Vigo avalaba su trazado, no figura sin embargo en la Estrategia Indicativa de Adif para 2021-2026, que recoge las principales infraestructuras ferroviarias para ese período

En los últimos presupuestos del Estado la variante del AVE por Cerdedo, que comunicaría la ciudad de modo directo con Madrid a través de la alta velocidad, contaba con una consignación de apenas cien mil euros. Una cantidad que, afirmaba el alcalde Abel Caballero, no podía ser mayor al estar en marcha el estudio hidrogeológico. Este documento, defendía el gobierno local de Vigo, avalaba la viabilidad del tramo.

El trazado -que llegó incluso a suponer manifestaciones y conciertos reivindicativos por parte del ejecutivo municipal cuando Mariano Rajoy estaba en La Moncloa-, no se menciona, no obstante, en la Estrategia Indicativa de Adif para 2021-2026. Un hecho que ha encendido todas las alarmas y que no ratifica lo afirmado por el alcalde en numerosas ocasiones sobre la seguridad de este tramo.

Pese a todo, Caballero ha vuelto a asegurar hoy que cuenta «con el apoyo del Gobierno de España» y del propio presidente, Pedro Sánchez. «Mi confianza en que lo van a llevar adelante permanece total y absolutamente igual», ha expuesto el regidor, que, ante los nuevos acontecimiento, ha anunciado hoy una próxima reunión en Madrid con el Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

El objetivo de la misma, tal y como argumenta ahora el alcalde, es «ratificar la viabilidad» del trazado de AVE Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo, algo que, en teoría, ya estaba ratificado en los mencionados presupuestos.

En este marco, Caballero ha vuelto a calificar de «imprescindible» la variante, advirtiendo que «si alguien cree que se puede prescindir del Vigo-Ourense por Cerdedo, se equivoca completamente». Asimismo, ha añadido que el AVE llega a «una parte de Galicia», en referencia a Ourense, y ha detallado que desde ahí tarda hora y media en recorrer 100 kilómetros, por lo que «no es alta velocidad».