O BNG de Vigo pide que as decisións sobre a Casa de Mora se tomen en base a criterios técnicos de conservación patrimonial

0

A fronte nacionalista reclama transparencia do Goberno municipal sobre as obras do túnel da Porta do Sol e pide facer públicos todos os informes sobre os restos descubertos

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de demandar que as decisións sobre as obras do túnel da Porta do Sol se tomen en base a criterios técnicos de conservación patrimonial. A fronte nacionalista realiza esta solicitude diante da “falla de transparencia” do goberno de Abel Caballero desde o inicio dos traballos e após a aparición de novos restos arqueolóxicos que, segundo apuntan as primeiras informacións, poderían corresponder co inmóbel da Casa da Mora, datado a finais do século XVIII e con especial relevancia na historia da cidade.


“O BNG temos que volver demandar ao Goberno municipal que faga prevalecer o criterio técnico sobre as présas para inaugurar o túnel”, subliñou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que reiteran a súa demanda pola “mala experiencia” na xestión patrimonial que envolve as obras desde o seu inicio.

Igrexas lembrou como o goberno de Caballero xa actuou “con apresuramento e clandestinidade” á hora de xestionar o achado do pasadizo do Canos, desbotando de “maneira inxustificada” as recomendacións realizadas por voces expertas co obxectivo de acelerar a obra.

O edil nacionalista apuntou tamén á responsabilidade do Goberno galego pola “deliberada omisión” da Dirección Xeral de Patrimonio que continúa a “permitir que o Goberno municipal faga literalmente o que quere sen exercer nin tan sequera as súas competencias á hora de supervisar a protección do noso patrimonio”. Un asunto que a deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Alexandra Fernández, trasladou a pasada semana á cámara galega sen obter ningunha resposta da directora do organismo.

Transparencia como mellor remedio

Neste sentido, o concelleiro do Bloque chamou a mellorar a transparencia arredor das obras como “mellor remedio” para evitar as continuas dúbidas sobre o impacto das mesmas sobre os restos arqueolóxicos. “Reclamamos que se fagan públicos todos os informes, en particular dos que afectan á denominada Casa de Mora, para que non pase como co pasadizo dos Canos ou cos achados da rúa Elduayen, onde o alcalde filtrou a algúns medios de comunicación só aqueles informes que lle interesaron”, criticou.

Igrexas asegurou que “a cidade ten dereito a coñecer cal é a importancia arqueolóxica do atopado e que se faga prevalecer a valoración experta sobre o capricho de Abel Caballero”, despois das declaracións do rexedor restando importancia á afectación dos novos restos para a continuidade dos traballos. “Non podemos permitir que se siga devastando a pegada histórica desta cidade polo que o BNG imos seguir defendendo a verdadeira protección integral do noso patrimonio”.

A UVigo convoca unha nova edición dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

0

Poderán presentarse todas as teses que obtiveran a cualificación de sobresaliente cum laude

O prazo de solicitudes permanecerá aberto do 19 ao 30 de setembro

A Universidade de Vigo acaba de facer pública a convocatoria dunha nova edición dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, unha mención honorífica que concede a institución como recoñecemento ao alto nivel de calidade das teses de doutoramento defendidas ao longo do curso. Poderán presentarse todas as teses que obtiveran a cualificación de sobresaliente cum laude no período temporal que abrangue do 1 de setembro de 2021 ao vindeiro 31 de xullo e o prazo de solicitudes permanecerá aberto do 19 ao 30 de setembro.

O número de premios e a súa distribución por ámbitos publicarase mediante Resolución Reitoral no prazo previsto no calendario da convocatoria, considerándose para esta convocatoria os ámbitos de Ciencias, Arte e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura e Xurídico- Social, coa subdivisión destes segundo os campos de avaliación definidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora, CNEAI. O regulamento establece que se poderán outorgar inicialmente un premio por cada 10 teses ou fracción en cada campo CNEAI no que se teñan lidas cando menos tres teses ao longo deste curso, pero será na devandita convocatoria na que se incluirá a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do premio extraordinario.

Na convocatoria dos premios tamén se establece  que, como é habitual, será o reitor  o encargado de nomear os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión que se enviará á Comisión Permanente da Eido, Escola Internacional de Doutoramento, para valorala e remitila á Secretaría Xeral para a súa aprobación polo Consello de Goberno. As doutoras e doutores aos que se lles concede este recoñecemento terán exención de prezos públicos pola expedición de títulos e contarán tamén co recoñecemento documental que a Universidade estableza. 

O curso pasado concedéronse 30 recoñecementos

Na enterior edición dos galardóns, correspondentes ao curso 2019-2020, concedéronse un total de 30 premios: 12 vinculados ao ámbito de Ciencias, catro ao de Arte-Humanidades, sete ao de Enxeñaría-Arquitectura e outros sete ao Xurídico-Social. O 73% das persoas galardoadas eran mulleres e todos os premiados recibiron a insignia da UVigo no acto institucional de celebración de San Tomé de Aquino, patrón da universidade.

Marea de Vigo pide explicacións e aclaracións ao Goberno Local sobre o futuro do tunel da Porta do Sol

0

Rubén Pérez: “O Goberno de Abel Caballero debe dar explicacións á veciñanza e aos negocios da zona, que levan anos agraviados polas obras. Son varios os negocios que quebraron e incluso houbo persoas que se veron na obriga de marchar das súas vivendas habituais”

O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de solicitar todos os infomes técnicos, as modificacións da obra e os custos derivados destas ante a falla de información. “Queremos saber que o que se vai facer finalmente, e se se está propoñendo unha emenda ao proxectodo túnel e polo tanto, ao soterramento do tráfico na zona”

Para a Marea de Vigo, o tunel da Porta do Sol “sempre foi un gran erro”, xa que non resolvía ningunha cuestión ligada á mobilidade sostible, metendo o tráfico baixo terra, e contaba cunhas complexidades técnicas “que implicarían modificacións e dificultades importantes a resolver durante a execución da obra” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo. “Dixemos na mesa de contratación que non estábamos dacordo incluso cos perfís das empresas que se estaban contratando, quedando excluídas da licitación ás grandes construtoras que están habituadas a facer infraestruturas desta magnitude” engade.

Ao longo de toda a obra, estas dificultades foron máis que manifestas, “e agora se anuncia unha ‘pseudo inauguración’ do que será a praza peatonalizada, algo que sempre sostivemos coma necesario, mais quedan aínda por resolver as dúbidas sobre se finalmente vai ter saída o túnel na rúa Elduayen” incide o voceiro.

Marea de Vigo afirma que a prolongación cara ao Barrio do Cura “sería unha modificación que requiriría dunha nova licitación, xa que os custos da devandita modificación estarían fóra das marxes reflectidas na contratación actual”, pero alén disto, Pérez alerta das dificultades que se poden ter para a captación de fondos europeos “xa que as modificacións son tan grandes que cambian por completo a petición inicial para obter eses fondos” matiza.

“Se o que queríamos era ter unha praza peonalizada e un aparcadoiro, tería sido moito máis sinxelo: o aparcadoiro xa existía, só habia que adaptalo á normativa actual; e a humanización da praza resolvíase quitando o tráfico rodado e facendo as actuacións urbanísticas necesarias” explica o voceiro. “É unha auténtica chapuza e unha improvisación que ademais pode implicar problemas á hora de captar os fondos europeos que xustifican máis do 80% da obra” conclúe Rubén Pérez.

El III Congreso Gallego de Compliance analizará en Vigo las principales novedades y tendencias sobre el cumplimiento normativo en el entorno empresarial

0

La delegada territorial de la Xunta participó en la presentación del III Congreso Gallego de Compliance que se celebrará el 16 de junio en Vigo

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacó hoy el cumplimiento legal y normativo como una de las claves para que las empresas, sea cuál sea su dimensión, puedan mejorar su reputación corporativa, transmitir confianza y, en consecuencia, mejorar su competitividad.

Durante su intervención en la presentación del III Congreso Gallego de Compliance, el evento especializado que se celebrará el próximo día 16 de junio en el Círculo de Empresarios de Galicia, la representante autonómica resaltó que el cumplimiento de la normativa debe integrarse en la cultura empresarial porque acerca seguridad jurídica y facilita nuevas oportunidades para las compañías.

Fernández-Tapias destacó la elección de Vigo como sed de las jornadas e indicó que el evento puede beneficiar tanto la pymes como a las grandes empresas. “Este congreso es fundamental para el mundo del derecho y para las empresas, porque la implantación del Compliance va destinado a proteger a las personas jurídicas frente a los riesgos penitenciarios y redunda en muchos más beneficios, además de ofrecer control y seguridad para los clientes”, indicó.

El congreso incluye relatorios y mesas redondas sobre la situación del compliance en dos campos: alimentación y comunicación. Así, los organizadores destacaron que acercará la nueva forma de gestionar riesgos legales, sobre los aspectos penitenciarios de la imputación de las personas jurídicas o sobre las problemáticas asociadas a los delitos económicos o financieros en las personas jurídicas.

Diego Maraña, director del congreso, explicó que “el compliance está empezando a ser un elemento de peso en la cultura empresarial. A día de hoy, las empresas deben de grabar en su ADN el cumplimiento normativo que debe erigirse como una de las palancas de sus políticas de RSC y de sostenibilidad”.

Por su parte, Alberto García Ramos, presidente de Agacom (Asociación Gallega de Compliance), señaló que “el cumplimiento normativo es un sistema de gestión de riesgos que ya se convirtió en un elemento de gran importancia para las empresas”.

El PP municipal reclama a Caballero la prometida gratuidad del teléfono 010 de atención ciudadana

0

La concejala popular Carla Bartolomé lamenta que el alcalde no haya cumplido con los vigueses, ante los que se comprometió a anular el coste de este servicio hace más de un año

Informa que su uso se ha incrementado considerablemente desde la pandemia, con una media de 700 llamadas diarias, y que el establecimiento de llamada desde fijo o móvil puede ser del doble

Pide su implantación inmediata como ocurre en La Coruña

La concejal del PP de Vigo, Carla Bartolomé, ha lamentado este lunes que el alcalde, Abel Caballero, haya incumplido su compromiso con los vigueses y la viguesas de anular el coste del servicio 010 de atención ciudadana. En este sentido, ha recordado que prometió hace más de un año la gratuidad de este teléfono sin que por el momento haya anunciado ningún avance en este sentido.

La edil popular ha señalado que su uso se ha incrementado notablemente desde la pandemia y que cada vez son más los usuarios que recurren a el para obtener información sobre el Ayuntamiento y la ciudad de Vigo, así como para realizar numeras gestiones sin necesidad de trasladarse a las dependencias municipales.

Con una media de 700 llamadas diarias el coste del establecimiento de la llamada puede ser hasta del doble desde un fijo o un móvil, ha señalado Bartolomé, para especificar que depende de la modalidad elegida y la aplicación de la tarifa por parte del operador. Así, hay tres opciones reguladas por la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y una de ellas no supone coste alguno para el abonado, ha avisado.   

En todo caso, ha recordado a los usuarios que para evitar sorpresas en la factura, una de las principales quejas que los vigueses han hecho llegar al grupo municipal, tienen a su disposición el teléfono 986 810 100. En este último caso, el coste es de una llamada normal, gratuita con la mayoría de las compañías de telefonía con tarifa plana. “Es un servicio básico y fundamental para los vecinos”, ha advertido la concejala del PP, para fijarse en otras ciudades como La Coruña, Madrid o Barcelona, donde el coste para el usuario es de “cero euros”, por lo que ha pedido su implantación de manera inmediata.

Fernández-Tapias visita el centro de día de Beiramar de la Xunta, en el que Afaga atiende a 40 usuarios con alzhéimer

0

La delegada territorial en Vigo tuvo oportunidad de conocer el centro especializado dependiente de la Consellería de Política Social y reunirse con su junta directiva

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacó hoy la importancia de la colaboración entre las administraciones públicas y las entidades sociales para tejer una red de atención el más extensa y accesible posible, que ejemplificó en la labor desarrollada por la Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras demencias de Galicia (Afaga).

Así lo aseguró coincidiendo con su visita a las instalaciones del Centro de Día de Beiramar, dependiente de la Consellería de Política Social y gestionado por Afaga a través de un convenio con el departamento autonómico, en el que se atienden a 40 usuarios y usuarias. De este centro dependen también la Unidad de Atención Terapéutica de O Porriño con 24 plazas públicas más, a las que se suman otras 15 correspondientes al servicio de estimulación que ofrece la entidad en la Casa rectoral de Mos. Al mismo tiempo, tuvo ocasión de reunirse con su junta directiva.

En conjunto, segundo informó la representante autonómica, las aportaciones destinadas por la Administración autonómica para los diferentes programas de apoyo que ofrece Acostumbre se eleva este año a 133.000 euros, renovando así el compromiso de la Xunta con la atención a las personas con Alzhéimer. Una cantidad que se vio incrementada en 140.000 euros, correspondientes al recuadro social del IRPF en los años 2020 y 2021.

Tras destacar que la Xunta mantiene una estrecha colaboración con todo el tejido social vigués al entender que son las entidades sociales las que mejor conocen las necesidades y prioridades del sector, indicó que el Gobierno gallego continuará apoyando a todas los colectivos que busquen mejorar la vida de las personas mayores y las personas con discapacidad, “pues representan un apoyo fundamental”.

Dous traumatólogos da área de Vigo publican un libro sobre as fracturas do escafoide no pulso

0

O obxecto deste manual, no que tamén participaron outros especialistas de España,  é aportar unha guía clínica para o manexo desta patoloxía

Os traumatólogos Javier Yáñez e Manuel Castro, da Unidade de Cirurxía da Man do servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica da Área Sanitaria de Vigo, veñen de publicar un libro titulado “Fracturas y pseudoartrosis del escafoides carpiano” .

Trátase dunha monografía sobre a fractura deste pequeno óso situado no pulso, na base do dedo polgar, que é un dos que se lesionan con máis frecuencia e que presentan máis complicacións no seu tratamento. Vai dirixido fundamentalmente a especialistas en traumatoloxía e cirurxía plástica interesados na patoloxía da man.

Segundo indica un dos autores, o doutor Yañez “a abordaxe desta patoloxía é complicada, dadas as características deste óso, que está case completamente revestido de cartilaxe e ten una vascularización característica, polo que seu tratamento sempre xera moita controversia e dúbidas entre os especialistas. Por iso, o obxectivo deste manual era recopilar nosa experiencia e a de colegas doutros hospitais, coa finalidade de servir de guía, sobre todo para os residentes“.

Para isto contaron coa participación de varios especialistas da comunidade galega e algún de fóra de Galicia, sobre todo coa do Dr. Irisarri, que foi un dos pioneiros da cirurxía de man en España.

O Chuvi atende medio cento  de fracturas anuais

O escafoides é o primeiro óso externo da primeira fila do Carpo, sendo un dos que se lesionan máis a miúdo. De feito, representan entre un 60-70% de todas as fracturas do carpo.

Na Área de Vigo, a Unidade da Cirurxía da Man atende aproximadamente 50 fracturas de escafoides anuais, incluíndo casos agudos y crónicos en fase de pseudoartrose.

Na maioría dos casos, este tipo de rupturas preséntase tras unha caída sobre a man. Os síntomas inclúen dor e sensibilidade na zoa xusto debaixo da base do dedo polgar.

Complicación: non consolidación do óso

O tratamento pode variar desde a inmobilización con xeso ata a cirurxía, segundo a gravidade e a localización da lesión.

“As complicacións aparecen cando o óso non consolida ben. Ás veces, tras ter ao paciente coa man inmobilizada durante un par de meses, o óso non logra pegar correctamente, polo que temos que recorrer á cirurxía. Esta é unha das controversias, discernir de inicio cando hai que operar directamente ou intentar antes o tratamento convencional” , explica o outro autor,  Manuel Castro.

Outro dos debates clínicos en torno a este tipo de fracturas  é  o xeito de abordar esta lesión en fase de pseudoartrose ou o manexo cando o carpo remata desgastándose producindo dor e  rixidez.

Gran éxito nacional

O libro está estruturado en 9 capítulos, e cada un deles aborda un aspecto diferente desta patoloxía. Ademais, inclúe numerosas imaxes radiolóxicas e iconografías de gran calidade.

A tirada inicial deste Manual foi de 500 exemplares. Ante o éxito e gran expectación acadada na súa presentación, no congreso nacional da Sociedad Española de Cirugía de Mano,  vaise difundir tamén “on line”,  a través das sociedades científicas relacionadas coa cirurxía de man.

El área de Vigo comienza la semana con 1.622 casos activos de Covid

0

Durante las últimas 48 horas se realizaron 646 pruebas diagnósticas que arrojaron 59 positivos (9%), se contabilizaron 382 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

La presión asistencial se mantiene estable en UCI, con tres ingresados, y sube en planta, con 65 contagiados (+13)

La incidencia acumulada en Vigo a siete días baja hasta los 213 casos por cada 100.000 habitante, 5 menos que al inicio del fin de semana

El área sanitaria de Vigo vuelve a reducir casos activos y comienza la semana con un total de 1.622 pacientes en observación, lo que supone una cifra muy similar a la de hace siete días y la más baja en los últimos seis meses. En concreto, desde el pasado 30 de noviembre, cuando la comarca, antes de la ola navideña, contabilizaba 1.466 contagios localizados.

El dato de hoy se alcanza después de que durante las últimas 48 horas se realizasen 646 pruebas diagnósticas que arrojaron 59 positivos (9%), se contabilizasen 382 curaciones y no hubiese que lamentar víctimas mortales.

Por su parte, la presión asistencial se mantiene estable en las UCI, que atienden tres casos, y empeora levemente en planta, con 65 hospitalizados (+13). Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo disminuye hasta los 213 casos por cada 100.000 habitantes, 5 menos que al inicio del fin de semana.

Por su parte, Galicia registra hoy 928 casos activos menos que el sábado, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 8.065.

De ellos 1.695 son del área de A Coruña, 850 de la de Lugo, 1.137 de la de Ourense, 850 de la de Pontevedra, 1.622 del área de Vigo, 1.470 de la de Santiago y 435 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 439 en unidades de hospitalización y 7.603 en el domicilio. Por lo de ahora, en Galicia hay un total de 609.617 personas curadas, registrándose 3.521 fallecimientos

Evacuada una mujer tras caerse de un caballo en Covelo

0

Los servicios sanitarios de urgencia movilizaron el helicóptero medicalizado que tomó tierra en Barcia de Mera

Un helicóptero medicalizado se desplazó en la tarde de este domingo a Covelo para evacuar a una joven herida tras caerse de un caballo.

Según informa el 112 Galicia, los servicios sanitarios de urgencia movilizaron el helicóptero medicalizado que tomó tierra en Barcia de Mera.

Un particular avisó pasados unos minutos de las 18.30 horas del domingo pasado: llamó a la Central de emergencias para solicitar asistencia médica para una joven que había caído de un caballo en una pista forestal, en la zona de la Capilla de Mosteiro, en Barcia de Mera, en el ayuntamiento pontevedrés de Covelo.

Tras ello, los gestores del 112 pasaron aviso al personal sanitario que enseguida comunicó la salida de la aeronave. Además, fueron avisados la Guardia Civil y los efectivos de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea, que prestaron colaboración al personal sanitario para la evacuación de la herida.

Rescatan a un hombre herido tras caerse en una zona rocosa en Nigrán 

0

Fue su mujer quien llamó al servicio de emergencias para pedir ayuda indicando que su marido se había caído en las rocas y que necesitaba ayuda para sacarlo del lugar

Un hombre ha resultado herido en el ayuntamiento de Nigrán después de sufrir una caída en una zona rocosa, en Chandebrito, en el mirador de Monte Alba en la tarde de este pasado domingo.

Según ha informado el 112 Galicia, fue su mujer quien, a las 19.45 horas de este domingo, llamó al servicio de emergencias para pedir ayuda. Indicó que su marido se había caído en las rocas y que necesitaba ayuda para sacarlo del lugar donde se había precipitado.

Tras ello, los gestores del 112 pusieron los hechos en conocimiento de los Bomberos de O Porriño, de los miembros del GES de Val Miñor, de la Guardia Civil y de la Policía Local.

Una vez en el punto, los miembros del GES confirmaron al 112 Galicia de que, finalmente, habían rescatado a la persona de un lugar de difícil acceso.