Leiva no defrauda

0

Miles de personas abarrotan el Auditorio de Castrelos para disfrutar del concierto del músico madrileño

Una noche más, el Auditorio de Castrelos se llenó para disfrutar, en esta ocasión, de los grandes exponentes del pop rock español: Leiva.

A sus 41 años, el músico acaba de conseguir el disco de oro con su nuevo trabajo y agotó el papel en el doble concierto del Wizink Centre de Madrid. «Cuando te muerdes el labio» es su quinto disco de estudio y encabezó la lista de ventas de álbums de España, englobando tanto las reproducciones en “streaming” como las unidades vendidas de los formatos físicos. Además, en su primera semana de publicación, también logró situarse en el primero puesto de la lista de ventas de formato vinilo.

Con una carrera musical de más de 22, Leiva compuso la letra y música de todas sus obras. Fue produtor de muchas de sus grabaciones y destaca con esta faceta en discos tan aclamados como «Lo niego todo» de Joaquín Sabina, o 11 del argentino Abel Pintos.

O goberno local solicita fondos europeos para a rampla mecánica en Escultor Gregorio Fernández

0

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de musealización das galerías e a posta en valor da fortaleza de O Castro

Abel Caballero deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno entre os que destacou a participación do Concello na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para a solicitude de fondos para a rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández.

O orzamento para a mecanización da rúa é de 2.443.924,27 euros, dos que solicítanse 1.955.139,42 na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e que o Concello presentou o proxecto para a zona que vai de Vialia á Cidade da Xustiza.

Tal e como informou o rexedor, no proxecto figuran 5 ramplas: “Supón rematar un correo mecánico que vai desde o mar hasta a zona de San Roque. Coa rampla de Serafín Avendaño, o HALO, a actuación en Gregorio Fernández e San Salvador estamos a salvar case 90 metros de altura”.

O 9 de agosto comeza a construción do HALO

0

Abel Caballero anunciou que no mes de novembro estará operativo todo o nodo de comunicacións dos accesos a Vigo tras o remate do túnel de Lepanto

O martes 9 de agosto comeza a construción do HALO coa colocación da primeira pedra e ten un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2023. Abel Caballero presentou o proxecto de construción en rolda de prensa e subliñou que a obra require “moita planificación e coordinación porque é moi complexa técnicamente”.

O alcalde anunciou que no mes de novembro estará operativo o nodo de comunicacións de entrada e saída de Vigo tras rematar as obras do túnel de Lepanto: “Están rematados os accesos á estación de autobuses, que xa podería estar en funcionamento se a Xunta tivera solicitado o traslado, pero queda por finalizar os traballos na saída de Lepanto á autopista e os accesos ao parking de Vialia”, explicou.

Caballero avanzou que a partir de xaneiro poderían comezar cortes provisionais de tráfico para a construción dos pilotes que levante a estrutura e subliñou que “a estación de autobuses non terá nin un so corte total”.

O HALO ten un orzamento de cerca de 13 millóns de euros, dos cales 6 son fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España. O ascensor, xa referente como obra arquitectónica, terá 50 metros de alto e un diámetro: “O Halo é unha das grandes obras da historia da cidade de Vigo. Vai ser un fito, unha forma de entender a mobilidade, a mobilidade e esta cidade”, explicou Caballero.

Fernández-Tapias anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas nos centros educativos

0

A delegada territorial da Xunta informou hoxe nunha visita ao CEE Saladino Cortizo da licitación dun paquete de obras encamiñadas á redución do consumo 

No caso deste centro escolar de Educación Especial, os traballos consistirán na instalación destas fontes renovables, a substitución das luminarias, a reforma da casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo

O Goberno galego foi pioneiro na posta en marcha dun Plan  de Nova Arquitectura Pedagóxica que contempla accións específicas para acadar espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental, reducindo o consumo e mellorando o confort

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse hoxe ata o CEE Saladino Cortizo, un dos centros de Educación Especial aos que a Xunta de Galicia dálle un novo impulso ao aforro enerxético coa licitación das obras para a dotación de instalacións solares fotovoltaicas.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo xefe territorial da Consellería de  Cultura, Educación, FP e Universidade, César Pérez Ares, e parte da directiva do centro educativo, Fernández-Tapias cifrou en preto de 77.000 euros as inversións previstas polo Goberno galego no CEE Saladino Cortizo. Así, detallou que á instalación destas fontes renovables se suma a substitución de luminarias, a reforma da antiga casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo.

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego que senta os piares para a construción e reforma dos centros educativos nos vindeiros anos con espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental. De feito, do total de 191M€ de orzamento do Plan, o 40,5% (77,5M€) están destinados a actuacións de sostibilidade e eficiencia enerxética.

Segundo destacou Fernández-Tapias, con este tipo de accións o Executivo autonómico “contribúe a avanzar na transición enerxética apostando por novas enerxías máis eficientes, á vez que trata de paliar os efectos da suba de prezos enerxéticos e de combustibles, agravados polo conflito en Ucraína”. “Na liña -dixo- das directrices de aforro acordadas por Bruselas para facer fronte á crise enerxética”.

Asemade, a delegada territorial referiuse a outras actuacións con este mesmo fin como as reformas enerxéticas e as rehabilitacións integrais en colexios e institutos, caso do IES Santa Irene, o IES San Toméde Freixeiro ou o Conservatorio Superior de Música en Vigo, e a instalación de centrais térmicas de biomasa. Así pois, avánzase no impulso á renovación das instalacións públicas a través da redución do impacto medioambiental acadando sistemas máis eficientes desde o punto de vista enerxético, ao tempo que se promove unha cultura de respecto ao medio entre o alumnado, todo ilo encamiñado cara unha Galicia máis verde.

O BNG alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros en plena vaga de calor e incendios

0

A fronte nacionalista acusa ao goberno de Abel Caballero de provocar un contexto de inseguridade por non dotar de efectivos suficientes ao corpo, que non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros fixados para garantir o operativo

Denuncia que, cinco anos despois dos graves lumes que asolaron a cidade, nin Concello nin Xunta teñan posto ningún recurso para despregar o prometido anel verde

Xabier P. Igrexas: “Esta situación débese á nefasta xestión do Goberno municipal que ten que motivar explicacións urxentes e, sobre todo, a adopción de medidas inmediatas”

O Bloque Nacionalista Galego alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros para garantir a seguridade en plena vaga de calor e incendios que arrasan en toda Galiza. A fronte nacionalista acusa desta situación á “nefasta” xestión do goberno de Abel Caballero, que se traduce en que moitos días do verán o corpo de emerxencias apenas contou con entre 12 e 14 bombeiros por xornada.

“Vigo non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros que se establecen como mínimo para o operativo que ten que garantir a seguridade de todas as viguesas e vigueses”, advertiu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en base a datos contrastados aos que tivo acceso a fronte nacionalista.

Igrexas reclamou explicacións “urxentes” do Goberno municipal, así como a adopción de medidas “inmediatas” por parte da responsábel da área de Seguridade, Elena Espinosa, diante do contexto de vaga de calor e dos incendios que arrasan nestes días o conxunto do territorio galego. Nese sentido, o edil nacionalista lamentou que as distintas administracións non teñan aprendido “nada” despois da experiencia “nefasta” dos lumes de 2017 na cidade.

Así, o concelleiro do BNG denunciou que as comunidades de montes locais seguen sen dispoñer dos recursos necesarios para protexer os espazos naturais da cidade pola falta de apoio tanto do Concello de Vigo como da Xunta de Galiza. “A estas alturas do ano 2022, e cinco anos despois dos graves lumes, non se avanzou nin un só metro do prometido anel verde”, recriminou.

O edil nacionalista chamou ao goberno de Abel Caballero a actuar con “responsabilidade e axilidade” para reforzar o corpo co número suficiente de efectivos. “É urxente garantir a seguridade en Vigo, singularmente, nos seus montes diante do risco crecente dos lumes”.

Denuncian vertidos al río Eifonso provocados por los sondeos para el túnel de la A-52

0

Según los vecinos, los vertidos al río proceden de las perforaciones realizadas en el lugar de Palames, que forman parte de las labores de consultoría y asistencia contratadas

Ecoloxistas en Acción y las plataformas vecinales de Bembrive en Pé y Non ao Vial de Beade han denunciado ante Augas de Galicia y el Concello de Vigo los continuos vertidos al río Eifonso realizados por la empresa encargada de los sondeos para la construcción del túnel de la nueva autovía A-52 Vigo-O Porriño.

Según los vecinos de la zona, los vertidos al río proceden de las perforaciones realizadas en el lugar de Palames, que forman parte de las labores de consultoría y asistencia contratadas a la empresa Ayesa para la construcción de un túnel de más de tres kilómetros como variante del trecho de la nueva autovía A-52.

Las tres organizaciones denunciantes han solicitado a Augas de Galicia y Ayuntamiento de Vigo que paralicen los trabajos hasta garantizar que no se van a producir más vestidos y que se sancione a la empresa por esta agresión al medio ambiente.

Además, se oponen a la construcción del túnel, que supone una inversión de cientos de millones de euros que consideran innecesaria ya que el trazado de la AP-9 corre casi en paralelo al de la A-52, por lo que proponen la liberación del peaje en ese tramo de autopista para convertirlo en la principal salida de Vigo a Madrid sin necesidad de estas obras.

Detenido en Vigo el conductor de un vehículo que dio positivo en Cannabis y portaba un gran número número de sustancias estupefacientes

0

Se realizó un cacheo superficial localizando una bolsita con una sustancia verde prensada, pudiendo ser polen de hachís, otra bolsita de color con marihuana, una con un trozo de sustancia en roca de color blanco, otra con diez pastillas de color azul con el logotipo Punisher, y otra de color rosa con forma de cohete, con la serigrafía NASA

La Policía Local ha detenido a un vecino de Vigo de 43 años que, tras ser interceptado para un control aleatorio, dio positivo en Cannabis. Al hombre se le intervinieron también distintas sustancias estupefacientes.

Los hechos sucedieron esta madrugada, cuando agentes de la Policía Local aleatoriamente dieron el alto a un vehículo marca Citroën, comprobando que su conductor presentaba sintomatología compatible con la ingesta de sustancias estupefacientes. Por este motivo, la patrulla le invitó a realizar la prueba de tóxicos arrojando ésta un resultado positivo en consumo de Cannabis 

Los agentes se percataron que desde el interior del vehículo se desprendía un fuerte olor a marihuana por lo que realizaron una inspección del mismo localizando una mochila de color negro, la cual portaba en su interior una báscula, envoltorio de papel de liar, una bolsa con una sustancia prensada de color verdoso presumiblemente polen de hachís. 

A continuación, se realizó cacheo superficial del conductor localizando entre sus pertenencias una bolsita con una sustancia verde prensada, pudiendo ser polen de hachís, otra bolsita de color verde al parecer marihuana, otra bolsa con cuatro bolsitas con distintos números pintados, una con un trozo de sustancia en roca de color blanco manifestando el propio conductor que se trataba de MDA, otra bolsita con diez pastillas de color azul con el logotipo Punisher, y otra de color rosa con forma de cohete, con la serigrafía NASA y otro envoltorio con un polvo de color blanco. 

Los policías localizaron también tres bolsitas con una sustancia blanca polvorienta de color blanco. Los agentes intervinieron además 105 euros distribuidos en varios billetes, así como una navaja plegable con mango de color dorado y con restos de sustancia en su filo, al parecer hachís , además de un teléfono móvil.

Los agentes procedieron a la detención del hombre, vecino de Vigo de 43 años, por un delito contra la Salud Pública. El vehículo en el que circulaba el ahora detenido fue inmovilizado y retirado por los Agentes quedando a disposición judicial en el depósito municipal. 

Marea de Vigo denuncia que as partidas para a campaña de Cíes Patrimonio da Humanidade están usándose coma escusa publicitaria para seguir subvencionando encubertamente a medios de comunicación

0

Hoxe coñécese unha nova partida de 230.000 euros adicada para a “supostas campañas” promocionando que as Illas Cíes sexan consideradas Patrimonio da Humanidade. “Un recurso público, inxente, que se suma a un sinfín de contratos menores ao longo dos últimos anos, en teoría para promocionar a candidatura das Illas Cïes no órgano da UNESCO que avalía as propostas” afirma Rubén Pérez. 230.000 euros que podían ser empregados, segundo a Marea de Vigo, “mesmo para facer a necesaria xestión administrativa ante a UNESCO , xa que ata o de agora, as xestións feitas son igual a cero” engade.

Pérez denuncia que en todos os anos que se levan empregado recursos municipais para tal fin, “nin o primeiro papel foi movido ante a entidade, fronte a candidatura que promove a Xunta de Galicia – aínda que sexa de xeito oportunista e sen contar cos concellos onde aplica o ámbito territorial das illas – que si que comezou o proceso para facer das illas Patrimonio da Humanidade”.

Marea de Vigo sinala que “non é aceptable que unha batalla entre o Concello e a Xunta por ver quen se apunta o tanto de conseguir que as Illas Cíes – ou as Illas Atlánticas – sexan consideradas Patrimonio da Humanidade só implique estár deitando recursos públicos municipais simplemente para encher páxinas de medios de comunicación ou para subvencionar a determinados colectivos para actividades que nada teñen que ver co rigor científico que implica a presentación e defensa da candidatura”. O voceiro denuncia que ano tras ano “vemos como se están utilizando recursos económicos que xa superan o millón de euros para accións como unha recollida de sinaturas ou a práctica de yoga, actividades que non gardan relación algunha coas accións que se deben facer para conseguir que as illas sexan Patrimonio da Humanidade”.

Recursos públicos para «unha campaña de autobombo sen ningún tipo de rigor científico», requirido pola UNESCO para calqueira candidatura a Patrimonio da Humanidade.

“O fondo mariño das illas posúe tal nivel de singularidade que xustificaría a candidatura – afirma o voceiro local -. Algo completamente diferente aos argumentos e accións que está levando a cabo o Goberno de Abel Caballero”, á marxe de non ter feito nin un só dos trámites necesarios para a presentación da candidatura.

Para a Marea de Vigo non é aceptable que se sigan utilizando recursos públicos para campañas únicamente publicitarias ou para deitalos en medios de comunicación de xeito absolutamente irregular. “Os recursos para defender o patrimonio natural e defender a candidatura para Patrimonio da Humanidade deben estar correctamente encamiñados e non derrocharse en campañas de autobombo” conclúe Rubén Pérez.

La incidencia acumulada por Covid se desploma en Vigo

0

La ciudad empezaba el año con 3.585 casos por cada 100.000 habitantes: hoy suma 147 contagios por el mismo número de vecinos, veinticinco veces menos

Ayer se realizaron 247 pruebas diagnósticas que arrojaron 28 positivos (11%), mientras que se contabilizaron 44 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

La presión asistencial sigue estable en UCI con 3 hospitalizados, y se reduce en planta con 39 enfermos ingresados (-7)

Las cifras relacionadas con la pandemia continúan mejorando, reduciéndose los principales indicadores sanitarios. Entre ellos, la incidencia acumulada. Esta arroja la proporción de personas que contraen la enfermedad en un tiempo determinado. Se calcula dividiendo el número de casos aparecidos entre el número de personas que están libres de la enfermedad al inicio del periodo. Desde comienzos de marzo del año pasado, y con el objetivo de tener un seguimiento más pormenorizado de la evolución del Covid, los valores elegidos por la Xunta son 100.000 habitantes y 7 días.

En este escenario, la incidencia acumulada de Vigo se ha desplomado durante este año. Si la ciudad comenzaba 2022 con una ola marcada por la Ómicrom y con 3.585 casos por cada 100.000 habitantes, hoy registra 147 contagios por el mismo número de vecinos, veinticinco veces menos. Esta es, además, la mejor cifra mostrada por el indicador durante los 8 meses del actual ejercicio.

La mejora de la incidencia acumulada llega acompañada, también, de la reducción de la tasa de positividad, que fija hoy en el 11%. En concreto, en las últimas 24 horas se realizaron 247 pruebas diagnósticas que arrojaron 28 positivos. Además, se contabilizaron 44 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales. De este modo, el área de Vigo baja hasta los 444 contagios activos, 12 menos que en la víspera.

Asimismo, la presión asistencial se mantiene estable en UCI con 3 hospitalizados, y también lo hace en planta con 39 enfermos ingresados (-7) .

El escenario de Vigo es extrapolable al conjunto de la Comunidad, ya que Galicia disminuye hoy la cifra de pacientes en observación. La Comunidad registra 3.121 contagios activos, lo que supone 10 casos menos que ayer.

De ellos 680 son del área de A Coruña, 363 de la de Lugo, 511 de la de Ourense, 322 de la de Pontevedra, 444 del área de Vigo, 505 de la de Santiago y 278 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 315 en unidades de hospitalización y 2.792 en el domicilio. Por ahora, en Galicia hay un total de 664.132 personas curadas, registrándose 3.839 fallecimientos. 

Herido el patrón de una embarcación al fondear en Sanxenxo

0

Una embarcación del servicio de socorrismo del municipio ha rescatado al patrón para trasladarlo hasta la playa de Major, donde ha sido atendido por los equipos médicos

El patrón de una embarcación con ocho tripulantes ha necesitado asistencia médica al resultar herido con el ancla cuando intentaba fondear en la playa de Pragueira, en Sanxenxo.

Según informa el 112 Galicia, ha sido una de las personas a bordo del barco quien ha llamado pasados 10 minutos de las 18.30 horas de la tarde para indicar que habían tenido un problema con el ancla.

La central de emergencias ha informado de los hechos a Salvamento Marítimo, a Gardacostas, al 061, a la Policía Local y a los servicios de socorrismo de Sanxenxo y O Grove, entre otros efectivos.

Una embarcación del servicio de socorrismo del municipio ha rescatado al patrón para trasladarlo hasta la playa de Major, donde ha sido atendido por los equipos médicos.