“A obesidade debe previrse ao longo da vida, mesmo en individuos de máis de 80 anos de idade”

0

O grupo da Escola Norueguesa de Ciencias do Deporte, no que participa o investigador galego Miguel Adriano Sánchez Lastra, publica o seu traballo no International Journal of Obesity

Sánchez Lastra, investigador do Grupo “WellMove” da Universidade de Vigo e o IIS Galicia Sur advirte do perigo da obesidade a calquera idade nun artigo publicado no International Journal of Obesity 

O co-autor do estudo está a desenvolver o seu labor de investigación temporalmente na prestixiosa Escola Norueguesa de Ciencias do Deporte cun contrato Margarita Salas para a formación de doutores no estranxeiro

“A obesidade debe previrse ao longo da vida, mesmo en individuos de máis de 80 anos de idade”. Esta é unha das principais conclusións do traballo publicado o prestixioso International Journal of Obesity realizado por Miguel Adriano Sánchez Lastra, doutor en Ciencias da Actividade Física pola Universidade de Vigo, investigador da citada universidade e do Grupo Benestar e Movemento ‘WellMove’, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. 

Sánchez Lastra, que na actualidade atópase completando a súa investigación postdoutoral na Escola Norueguesa de Ciencias do Deporte (Oslo), publicou as primeiras conclusións do seu traballo nun artigo para a citada publicación internacional baixo o título: Composición corporal e mortalidade desde a idade madura ata a vellez: un estudo prospectivo sobre unha cohorte do Biobanco do Reino Unido elaborado en colaboración con outros investigadores e investigadoras da propia Escola e procedentes doutras universidades estranxeiras, como a de Sidney (Australia), a do Sur de Dinamarca ou a de Aarhus (tamén de Dinamarca). 

Nivel de graxa, idade e risco de morte

Nos últimos anos, determinados estudos que relacionan a obesidade coas causas de morte viñeron falando do posible beneficio de certa cantidade de graxa corporal a determinadas idades avanzadas, xa que, aínda podendo ser considerada como obesidade, podería funcionar como unha reserva metabólica que contribuíse a aumentar a defensa inmunolóxica e a dotar dunha maior resistencia a el ou á persoa anciá. Outros estudos, con todo, indicaron que estes resultados poderían deberse a problemas metodolóxicos e estatísticos, e non un efecto de protección real. 

Por iso, este estudo parte do anhelo por explicar unha asociación que non se comprende por completo hoxe en día, que é confirmar se a asociación entre a adiposidade e o risco de morte cambia coa idade e, desta forma, establecer cal sería o nivel óptimo de adiposidade para reducir a mortalidade en idades máis avanzadas para, finalmente, determinar os riscos de mortalidade específicos por idade asociados con diferentes medidas de adiposidade. Para iso, empregaron un novo método que permite analizar a asociación entre a composición corporal e a mortalidade directamente como unha función da idade. 

Con todo, tal e como se reflicte no artigo publicado no International Journal of Obesity por este grupo de investigadores, os resultados obtidos contradin estudos previos que informaron dun efecto protector do sobrepeso e unha atenuación do risco de mortalidade asociado á obesidade en persoas maiores. Atoparon resultados similares, tanto ao usar o índice de masa corporal como avaliacións de graxa corporal.

A pesar diso -continúa este estudo no que participou o investigador da Universidade de Vigo e do IIS Galicia Sur-, “observamos asociacións atenuadas cunha maior idade en individuos coa obesidade máis alta, especialmente cando se usou como indicador de adiposidade a masa graxa avaliada mediante bioimpedancia, en liña con estudos previos que utilizaron estas medicións. Con todo, as taxas de mortalidade seguiron sendo máis altas que nos participantes da mesma idade con niveis baixos de masa graxa”.

Desta forma, segundo cítase neste artigo, “Os nosos resultados, por tanto, cuestionan a idea de que os niveis moderados de masa graxa poderían ser protectores, o que se baseou na hipótese de que unha maior graxa corporal podería proporcionar maiores reservas metabólicas para atenuar a fraxilidade e as enfermidades en poboacións maiores”.

Unha explicación

No resumo final deste artigo, cítase o que para as súas autoras e autores podería dar explicación á tese que fala do beneficio de certa graxa en idades avanzadas. Para o equipo investigador: “Aqueles que chegan á vellez son un subgrupo seleccionado e posiblemente máis san que os que faleceron previamente. O proceso de envellecemento en si aumenta o risco de cancro, enfermidades cardiovasculares e fraxilidade, o que fai que a composición corporal sexa un factor de risco relativamente menos importante para a supervivencia a curto prazo cando se chegou a idades avanzadas.” Dito doutra maneira, os sobreviventes obesos non chegaron a esa idade grazas á cantidade de graxa, se non a que non padeceron outra serie de patoloxías que lles provocase a morte.

De feito, tal e como se reflicte no estudo: “Unha maior masa magra non mostrou efectos protectores, por exemplo, en idades máis avanzadas. Ademais, o grupo coa masa magra máis alta mostrou un risco de mortalidade entre un 20% e un 30% maior na pinza de idade que vai de 55 a 75 anos”.

Con todo iso, as conclusións que se extraen deste traballo segundo o equipo investigador son que: “O sobrepeso non parece ter efectos protectores adicionais para reducir a mortalidade fronte a ter un peso normal. A obesidade debe previrse a calquera idade. Observáronse asociacións atenuadas coa idade avanzada só entre os individuos con maior obesidade, pero o risco seguiu sendo maior en comparación cos participantes de peso normal. Unha maior masa magra non reduciu o risco de mortalidade a ningunha idade”.

370.000 participantes

A cohorte analizada estivo composta por 369.752 participantes do Biobanco do Reino Unido. Estes clasificáronse en función de cinco métricas diferentes de adiposidade e composición corporal. Segundo explícase no artigo: “Exploramos as asociacións que varían segundo a idade entre os índices de composición corporal e a mortalidade por todas as causas entre os 45 e os 85 anos de idade no seguimento utilizando razóns de risco (HR) de modelos de supervivencia paramétricos flexibles con axuste multivariable e a idade como escala de tempo”. Seguiuse aos participantes desde o inicio (2006-2010) ata o 31 de marzo de 2020.

O BNG de Vigo presenta o seu programa aberto con 629 propostas para trazar un novo rumbo na cidade

0

A fronte nacionalista suma na súa alternativa “en positivo” achegas e ideas recollidas durante máis de 50 encontros con diferentes colectivos e a través das redes sociais

O documento divídese en cinco coordenadas para levar ‘Vigo máis alá’: unha cidade máis habitábel e moito máis verde, igualitaria e socialmente xusta, que volva ser pulmón produtivo de Galiza, vangarda na creación cultural e motor de todo un País

Xabier P. Igrexas: “Son propostas que buscan dar resposta ás innumerábeis necesidades desatendidas estes últimos catro anos por un Goberno que deixou 436 millóns sen gastar, na certeza de que Vigo merece máis”

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar este mércores o seu programa aberto con 629 propostas concretas para trazar un novo rumbo na cidade de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. A fronte nacionalista suma na súa alternativa “en positivo” achegas e ideas recollidas durante máis de 50 encontros con diferentes colectivos e no que participaron varios centos de persoas e dun proceso participativo en redes sociais.

«Elaboramos o noso programa a pé de rúa, barrio a barrio e parroquia a parroquia, tratando directamente co tecido asociativo, para ofrecer unha proposta política ambiciosa pero, sobre todo, solvente e rigorosa que coñece en detalle as necesidades reais da cidade”, explicou o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que avanzou que o documento segue aberto até as eleccións para seguir incorporando ideas durante os encontros que van desenvolver as nacionalistas nos vindeiros días.

Igrexas asegurou que este programa é “unha folla de ruta” coa que o BNG busca definir “un novo horizonte” para Vigo que supere a actual “inercia paralizante”. Un documento que se divide en cinco coordenadas básicas para levar ‘Vigo máis alá’: avanzar cara unha cidade máis habitábel e moito máis verde, igualitaria e socialmente xusta, que volva ser pulmón industrial e produtivo de Galiza, que sexa de novo referencia como vangarda na creación cultural e que asuma o seu papel como maior cidade galega e motor de todo un País.

“Son propostas que buscan dar resposta ás innumerábeis necesidades desatendidas estes últimos catro anos por un Goberno que deixou 436 millóns de euros sen gastar dos orzamentos municipais”, defendeu o candidato do BNG, que chamou a trazar un novo rumbo para a cidade “na certeza de que Vigo, de que as viguesas e vigueses merecen máis que propaganda e anuncios que acaban en promesas incumpridas”.

Programa aberto

Igrexas anunciou que a fronte nacionalista irá debullando durante os vindeiros días as principais propostas de cada eixo programático, mais chamou a veciñanza a seguir trasladando as súas ideas para a cidade. “Queremos elaborar o programa do mesmo xeito que defendemos que se debe gobernar Vigo: escoitando e dialogando de maneira permanente”, reiterou o cabeza de lista, que lembrou que “as transformacións que fixeron avanzar a cidade foron sempre empurradas desde abaixo e resultado da suma de vontades”.

O candidato do BNG mostrouse convencido de que “sumando en positivo, entre todas e todos, imos facer posíbel que a cidade volva avanzar”. “Con firmeza nos nosos principios e nas nosas ideas pero con disposición a incorporar outros puntos de vista, sabendo que os retos e as necesidades que enfrontamos esixen de respostas dinámicas, lonxe das rixideces do actual autoritarismo”, remachou.

O ecoloxismo vigués presenta un decálogo de medidas para acadar un Vigo sustentable e respirable

0

A plataforma Vigo polo Clima presenta un documento de medidas de cara ás eleccións municipais para facer de Vigo unha cidade sustentable e resiliente, que protexa a biodiversidade, o clima e as persoas

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Verdegaia, integrantes da plataforma, redactaron este decálogo que abrangue desde a mobilidade, a xestión da auga e o arboredo ata a economía e a fiscalidade, pasando pola importancia de recuperar a participación do tecido asociativo nas decisións municipais

O conxunto de medidas será presentado aos partidos políticos con representación no concello, amais de facerse público para a cidadanía de Vigo

Para a plataforma Vigo polo Clima as elevadas emisións de gases con efecto invernadoiro e a contaminación atmosférica e acústica causada polo tráfico son graves problemas que están a afectar tanto á nosa contorna natural como á poboación viguesa, en especial a mozas, anciás e persoas con afeccións respiratorias. «Os niveis de concentración de material particulado e de ruído superan os máximos recomendados pola OMS e a cidade está entre as que teñen máis coches por habitantes do Estado», sinalan.

Por iso, para as ecoloxistas viguesas, é fundamental fomentar a mobilidade non motorizada, activa e inclusiva, a pé e en bicicleta, dándolle prioridade sobre os demais medios. E conseguir así a redución da circulación de automóbiles, principais xeradores de boa parte dos problemas ambientais da cidade: ruído, mala calidade do aire, pouco espazo para as persoas, etc.

Tamén demandan unha política integrada de respecto ao medio ambiente da cidade de Vigo, apostando pola renaturalización e a protección, ampliación e nova creación de áreas verdes. A conservación de parques e xardíns, de árbores das rúas, da flora de beirarúas e espazos libres reporta beneficios para a saúde e a calidade de vida das viguesas e vigueses.

“O privilexio de contar cun amplo rural no municipio é unha oportunidade, non un castigo. O rural tamén protexe a cidade dos rigores do cambio climático, favorece a biodiversidade e contribúe de xeito importante á sustentabilidade”, sinala Ana Pascual, voceira de Ecoloxistas en Acción.

As organizacións tamén insisten en coidar a ría é Vigo, por canto os rigores do cambio climático poñen en perigo o litoral, pola suba do nivel do mar, e os recursos, polo aumento de temperaturas, acidificación oceánica e eventos climatolóxicos extremos. Por iso, subliñan desde Vigo polo Cilma que coidar da ría é coidar da cidade.

“A emerxencia climática aprémanos a transformar os nosos municipios para limitar o quecemento global a 1,5 °C e, para logralo, a ciencia indica que temos que atinxir cero emisións netas en 2040. Os concellos urbanos son grandes consumidores de enerxía, pero tamén teñen moita capacidade de xeración renovable mediante plans de autoconsumo, autoconsumo compartido, comunidades enerxéticas e mesmo parques singulares”, alerta Manoel Santos, voceiro de Greenpeace Galicia.

Destacan, ademais, que para impulsar a vida nos barrios cómpre avanzar nunha economía local e de proximidade, que impulse a soberanía alimentaria, silvicultura, agricultura e gandería ecolóxica e de proximidade. E, de igual xeito, cómpre recuperar a vida comunitaria neses barrios, fomentando lugares e actividades de socialización en detrimento do consumo desaforado.

De igual xeito, dende Vigo polo Clima reclaman unha fiscalidade ambiental, xa que esta «pode mellorar a calidade de vida das persoas e lograr unha maior xustiza distributiva, que ademais redunde na mellora e coidado do noso medio ambiente». Para as organizacións ecoloxistas viguesas «non hai xustiza ambiental sen xustiza social». E subliñan que a carón da crise climática e de biodiversidade subxace «outra crise, a social, que fala dun excesivo incremento da concentración da riqueza, de desigualdades e de prácticas económicas que poñen en perigo a sustentabilidade da vida».

No derradeiro punto do decálogo denuncian que a toma de decisións que moldean a cidade cara o futuro non poden ser tomadas de costas á cidadanía. Nos encontros coas forzas políticas da cidade demandarán aos seus representantes a necesidade de que Vigo sexa «un concello aberto, cun goberno que dialogue coa cidadanía e esté ao servizo de ela». Por iso insisten en que os grandes plans sectoriais deben incluir mesas de diálogo cos colectivos vigueses implicados. 

Descargar decálogo: https://www.ecologistasenaccion.org/290955/o-ecoloxismo-vigues-presenta-un-decalogo-de-medidas-para-acadar-un-vigo-sustentable-e-respirable/

Rescatan en Ponteareas a una suricata con microchip de Portugal  

0

Un ciudadano avisó de que había visto al animal entrando y saliendo de una finca del barrio de Abelleira, en la parroquia de Angoares

El Seprona y agentes medioambientales de la Xunta recuperaron el domingo en Ponteareas un ejemplar de suricata que tenía un microchip puesto en Portugal.

Según informa el Instituto Armado, un ciudadano avisó de que había visto al animal entrando y saliendo de una finca del barrio de Abelleira, en la parroquia de Angoares. Los agentes se trasladaron hasta el lugar, comprobaron la veracidad del hallazgo e informaron a los propietarios del terreno.

Una vez la capturaron, los actuantes comprobaron que la suricata estaba identificada mediante un microchip. De este modo, fue trasladada al Centro de Recuperación de Fauna Salvaje que la Xunta tiene en Carballedo para realizarle un control veterinario hasta localizar a sus dueños. Finalmente, se comprobó que el chip había sido colocado en Portugal, por lo que se solicitó la colaboración de la Guardia Nacional Republicana de Portugal para localizar a su responsable.

El Seprona recuerda que la legislación española permite poseer una suricata como mascota, ya que, pese a ser una especie exótica, no está considerada como amenazada ni invasora. Eso sí, es necesario tener un control sobre estos animales para evitar que se escapen y provoquen algún daño a especies autóctonas.

A ETEA consegue aseos públicos e os veciños reclaman novas actuacións

0

A Asociación considera «prioritario» a urbanización do PS-1 bloqueada polo Concello de Vigo

Desde o pasado fin de semana, están abertos os aseos públicos da ETEA no antigo edificio dos vestiarios, no actual parque público. A construción destes aseos, sinalan desde a Asociación Veciñal, é un «novo logro da veciñanza de Teis, despois das mobilizacións do pasado verán, na que se denunciaba o abandono dos terreos da ETEA, tanto por parte do Concello de Vigo como  da Xunta».

Un claro exemplo do abandono da ETEA era que non había nin simple un aseo público e foi unha das reivindicacións  nas últimas mobilizacións.

No caso da colocación dos aseos públicos, apuntan os veciños, as administracións poñían escusas para non realizar esta actuación tan demanda desde había anos,  de quen era a competencia,  quen se ía encargar do  seu mantemento, etc.

A ETEA segue abandonada

Desde a Asociación seguen pendentes de actuacións importantes para a recuperación da veciñanza da ETEA. Neste sentido, consideran «prioritario» a urbanización do PS-1 bloqueada polo Concello de Vigo ou a construción da anunciada residencia para os nosos maiores.

Rescatan a un pescador que cayó al mar desde una zona de rocas en Bueu

0

El Servicio de Guardacostas informó de que estaban enviando el helicóptero Pesca I, aunque minutos antes de las 09.30 horas se avisó de que se había rescatado al pescadory que éste no necesitaba asistencia médica

Miembros de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bueu han rescatado esta mañana a un pescador que cayó al mar desde una zona de rocas del municipio.

Tal como informa el 112 Galicia, los hechos ocurrieron sobre las 09.10 horas, cuando los servicios de emergencia alertaron de que habían visto cómo un hombre caía al mar en la zona de Beluso, a la altura del aparcamiento de la playa de Lagos.

Por ello, se solicitó la colaboración de los servicios de urgencias sanitarias, de Salvamento Marítimo, del Servicio de Guardacostas de Galicia, de los Bomberos de O Morrazo, de la Guardia Civil y de la Policía Local.

Precisamente, el Servicio de Guardacostas informó de que estaban enviando el helicóptero de rescate Pesca I. Sin embargo, minutos antes de las 09.30 horas, los miembros de Protección Civil avisaron de que habían rescatado al pescador, que no necesitaba asistencia médica.

El Sergas llama a la donación de sangre con las reservas de 0- y B- bajas

0

Según traslada la Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en un comunicado, están en nivel normal los grupos A+, A- y 0+; mientras que solo los B+, AB+ y AB- están en un buen nivel

El Servizo Galego de Saúde hace un llamamiento a la donación de sangre, tras constatar que tiene en nivel bajo las reservas de los tipos 0 negativo y B negativo.

Además, según traslada la Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en un comunicado, están en nivel normal los grupos A+, A- y 0+; mientras que solo los B+, AB+ y AB- están en un buen nivel.

Para poder atender a todos los pacientes que, por cualquier motivo, precisan una transfusión, el Sergas estima que son necesarias unas 500 donaciones diarias.

Así, el sistema sanitario hace una llamada a la población para que se acerque a cualquiera de los puntos fijos de donación, así como a las unidades móviles que a lo largo de la próxima semana -a excepción del miércoles, festivo por el Día das Letras Galegas- recorrerá las cuatro provincias.

O BNG de Vigo promoverá máis participación veciñal para acabar co abandono dos barrios

0

A fronte nacionalista impulsará a creación de Consellos Veciñais de Barrio e Parroquia, a posta en marcha de orzamentos participativos e un maior apoio ao movemento veciñal respectando a súa independencia e pluralidade

O Bloque Nacionalista Galego promoverá “máis participación e codecisión veciñal” co obxectivo de poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias da cidade. Así llo trasladou o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, a representantes do movemento veciñal nun encontro realizado onte á tarde en Coia.

Igrexas afirmou que “un BNG determinante seremos a garantía de que deixe de haber vigueses e viguesas de segunda para o Concello, asegurando que se atenden as necesidades da veciñanza en todo o territorio da cidade”. O candidato nacionalista criticou con dureza a decisión do actual Goberno municipal de “concentrar o groso do investimento municipal en grandes actuacións no centro, mentres os barrios e as parroquias están completamente abandonadas”.

“É indefendible que mentres se van gastar 15 millóns de euros nun ascensor de StarTrek [en alusión ao HALO] haxa inda moitos camiños sen beirarrúas, moitas zonas da cidade case sen servizos municipais, ou que se tarde case 4 anos en reparar un muro no Freixeiro e que a inmensa maioría dos anuncios acaben en promesas incumpridas”, cuestionou, lembrando que neste mandato o Goberno municipal deixou sen executar 436 millóns de euros do orzamento do Concello. “Cantas necesidades dos barrios e parroquias se podían ter atendido mobilizando eses recursos?”, interpelou.

Máis participación e codecisión

Co obxectivo de “impedir que ningún Goberno poida volver someter ao abandono o conxunto da cidade”, Igrexas defendeu a necesidade dunha maior participación e codecisión veciñal. Neste sentido, trasladou as principais propostas da fronte nacionalista, entre as que salientou a necesidade dun novo Regulamento de Participación Cidadá, que “blinde o dereito da veciñanza a ser escoitada”.

A creación dos Consellos Veciñais de Barrios e Parroquias, como instrumento para a descentralización administrativa do Concello e como espazo para a participación directa do tecido asociativo e da veciñanza na toma de decisións, é outra das medidas que o BNG impulsará nos próximos 4 anos. “Queremos que sexan os propios barrios e parroquias quen decidan as actuacións do Concello nos seus ámbitos poñendo fin a política caprichosa do ‘aquí mando yo’ e a xordeira autoritaria destes anos”, explicou.

Estes Consellos terían como función, entre outros, a definición dos investimentos dentro dun modelo de orzamentos participativos que impida que haxa zonas da cidade onde hai “moitos, demasiados anos, que o Concello non inviste nada”.

Apoio ao movemento veciñal

Igrexas valorou a “enorme achega” que fai o movemento veciñal na cidade. “Sodes o Concello alí onde o Concello non chega ou non quere chegar”, resumiu. Emporiso, trasladoulles a vontade do BNG de brindar un maior apoio desde o Concello ao tecido asociativo veciñal, respectando a súa total independencia e pluralidade, fronte ao “brutal caciqueo que a golpe de extorsións e chantaxes políticas tentou amordazar a aquelas entidades que se atreven a reivindicar melloras para os seus barrios”.

“Se algo aprendín nos máis de 12 anos que participei activamente do asociacionismo veciñal foi a escoitar e, sobre todo, a escoitar a quen pensa diferente. Aprendín que a cidade faise desde abaixo, a pé de rúa, desde os barrios, entre todas e todos. Esas leccións son fundamentais para abrir o tempo novo que merece Vigo”, remachou o candidato nacionalista expresando o seu orgullo por ter sido parte do movemento veciñal.

Hospitalizado en Vigo tras sufrir una caída y quedarle la cabeza atrapada bajo una puerta

0

Los particulares que se encontraban en el lugar eran incapaces de sacarlo de allí, por lo que solicitaban la colaboración de los servicios de emergencias

Un hombre fue trasladado anoche al Álvaro Cunqueiro tras sufrir una indisposición y una caída en Vigo, consecuencia de la cual se le quedó la cabeza atrapada entre una puerta y el suelo.

Según informa el 112 Galicia, fueron los Bomberos de Vigo quienes se encargaron de retirar al hombre de la posición en que se encontraba antes de que los servicios de emergencia lo llevaran en ambulancia al hospital.

Un trabajador de un albergue situado en la calle de Marqués de Valterra alertó al 112 Galicia de los sucedido diez minutos antes de las once de la noche indicando que el herido se había caído en el baño de las instalaciones, quedándole la cabeza atrapada en un hueco existente entre una de las puertas y el suelo. Los particulares que se encontraban en el lugar eran incapaces de sacarlo de allí, por lo que solicitaban la colaboración de los servicios de emergencias.

El 112 Galicia informó a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a la Policía Nacional y Local y a los Bombeiros de Vigo, que se encargaron del rescate.

El PP de Vigo lleva a Príncipe su campaña a pie de calle

0

La formación inaugura la carpa para seguir recopilando las sugerencias, ideas y aportaciones de los vigueses y demostrando a los vecinos que “hay alternativa, hay equipo y muchas ganas y necesidad de cambio”

El PP de Vigo, encabezado por su presidenta y candidata a la alcaldía, Marta Fernández-Tapias, inauguró ayer por la tarde en la céntrica calle del Príncipe su carpa para desarrollar una campaña a pie de calle. La formación inauguró una de los puntos de encuentro con los que pretende seguir recopilando las sugerencias, ideas y propuestas de los vigueses y demostrando a los vecinos que “hay alternativa, hay equipo y muchas ganas y necesidad de cambio” en la ciudad de Vigo.  

Una localización con mucho simbolismo para la formación popular ya que, además de estar próxima a su sede, también se encuentra cerca de donde el PSOE mandó retirar una lona con la imagen de la candidata en un juego sucio sin precedentes durante la precampaña electoral.

Ya el lunes lo avanzaba Tapias durante la presentación del programa electoral, con 150 medidas con las que el PP busca devolverle la voz a los vigueses, y este martes volvía a repetirlo: “Quedan 20 días de estar en la calle, de trasladar las propuestas de tú a tú y de darlo todo para abrir el 28 de mayo una nueva página en la ciudad protagonizada por los 300.000 vigueses”.  

Tapias, acompañada por miembros de la candidatura y de la ejecutiva local, pudo atender a los vigueses que se acercaron hasta el punto informativo para interesarse por el proyecto del PP o que pedían hacerse fotos con la candidata.