A Asociación considera «prioritario» a urbanización do PS-1 bloqueada polo Concello de Vigo
Desde o pasado fin de semana, están abertos os aseos públicos da ETEA no antigo edificio dos vestiarios, no actual parque público. A construción destes aseos, sinalan desde a Asociación Veciñal, é un «novo logro da veciñanza de Teis, despois das mobilizacións do pasado verán, na que se denunciaba o abandono dos terreos da ETEA, tanto por parte do Concello de Vigo como da Xunta».
Un claro exemplo do abandono da ETEA era que non había nin simple un aseo público e foi unha das reivindicacións nas últimas mobilizacións.
No caso da colocación dos aseos públicos, apuntan os veciños, as administracións poñían escusas para non realizar esta actuación tan demanda desde había anos, de quen era a competencia, quen se ía encargar do seu mantemento, etc.
A ETEA segue abandonada
Desde a Asociación seguen pendentes de actuacións importantes para a recuperación da veciñanza da ETEA. Neste sentido, consideran «prioritario» a urbanización do PS-1 bloqueada polo Concello de Vigo ou a construción da anunciada residencia para os nosos maiores.

