As actividades formativas do programa da Deputación “Conectadas” continúan esta semana en 18 concellos da provincia

0

Un total de 651 mulleres comezan a súa participación en cursos de teatro, artesanía en coiro, relaxación, pilates e ioga ou alfabetización dixital ao abeiro desta iniciativa da institución provincial

Un total de 651 mulleres de 18 concellos da provincia comezan esta semana 36 novas accións formativas enmarcadas no programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se desenvolverán en 53 concellos e contarán coa participación de máis de 4.000 usuarias.

O luns 4 de setembro comezarán accións formativas en Cangas, Catoira, Lalín, Mos, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Vigo e Vilagarcía, nas que tomarán parte un total de 249 mulleres de 13 asociacións. Entre as actividades, figuran obradoiros de relaxación e manexo do estrés, ioga, pilates, ximnasia hipopresiva, risoterapia e alfabetización dixital.

Posteriormente, o martes 5 arrancarán outros seis cursos nos concellos da Guarda, Mos, Ponteareas, Pontevedra e Vigo, nos que participarán 103 mulleres de seis entidades. Trátase de obradoiros  de artesanía en coiro, ioga, pilates, ximnasia hipopresiva, horta ecolóxica e teatro. Ademais, 168 mulleres de nove asociacións da Guarda, Cangas, Lalín, Moraña, Mos, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior e Valga participarán noutras tantas accións formativas que comezarán o mércores 6 de setembro. Realizarán cursos de teatro, xardinería, ioga, teatro, risoterapia, ximnasia hipopresiva, artesanía en coiro e un encontro con lectoras.

O xoves 7 de setembro arrancarán cursos en Dozón, Lalín, Pontevedra e Soutomaior, promovidos por cinco colectivos e que reunirán a 81 mulleres. Son accións de iniciación ao patchwork, artesanía en coiro, teatro, alfabetización dixital e pintura. E o venres 8 comezarán en Covelo e Vilagarcía de Arousa dous cursos de pilates e alfabetización dixital para outras dúas asociacións cun total de 26 participantes. Por último, o sábado 9 de setembro arrancará un curso na Estrada con 24 participantes, que se iniciarán ao patchwork. Neste 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova). Os colectivos puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

Heridas tres personas tras una colisión entre un autobús urbano y un turismo en Vigo

0

El suceso ha tenido lugar a la altura del número 11 de la Plaza Industria y ha sido el equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 el que contactó con el 112

Tres personas han resultado heridas, en el mediodía de este sábado, como consecuencia de una colisión entre un autobús de línea urbana y un coche en Vigo.

Según señala el 112, el suceso ha tenido lugar a la altura del número 11 de la Plaza Industria y ha sido el equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 el que contactó con la Central de emergencias.

De esta forma, ha explicado que dos de los pasajeros del autobús y uno de los ocupantes del turismo necesitaban asistencia sanitaria.

Para dar colaboración al personal médico y restablecer la seguridad en el punto, los gestores del 112 han avisado a la Policía Local y a los Bomberos de Vigo.

VH al tema: Hoy «Let Me In» de Beatsteaks 

0

Originaria de Alemania, esta banda de rock alternativo ha dejado una impresión duradera en la escena musical europea. Uno de sus temas más destacados, «Let Me In», es una explosión de vitalidad y emoción que no puedes perderte.

Desde sus inicios en Berlín a mediados de los años 90, Beatsteaks ha construido una reputación como una de las bandas más emocionantes y enérgicas en el mundo del rock. Su estilo único mezcla punk, rock y melodías pegadizas para crear un sonido apasionante.

«Let Me In» es un tema que representa perfectamente la esencia de Beatsteaks. Desde los primeros acordes, esta canción te sumerge en una montaña rusa de emociones y energía. La voz poderosa del cantante, combinada con riffs de guitarra vibrantes y un ritmo contagioso, te arrastrará de inmediato. Las letras, en inglés, son una invitación a la reflexión sobre la vida y la búsqueda de conexión.

O Álvaro Cunqueiro centro de referencia nacional en nutrición clínica e calorimetría

0

O servizo de Medicina Intensiva imparte formación en calorimetría indirecta en pacientes da UCI a especialistas doutros hospitais de España

O equipo da Unidade de Coidados Intensivos leva realizadas 500 monitorizacións calorimetrícas aos pacientes intubados, sendo o hospital español con maior número de determinacións realizadas

A dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría, permite calcular exactamente  as necesidades de inxesta calórica de cada paciente

Una correcta achega nutricional supón unha evolución máis rápida do paciente e un mellor prognóstico

O servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro ven de impartir un curso de nutrición clínica e calorimetría indirecta no que participaron media ducia de especialistas das Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais Virgen de Rocio e Virgen de Macarena, de Sevilla. Estes obradoiros  encádranse na catalogación do Álvaro Cunqueiro como hospital de referencia nacional desta disciplina, e, polo tanto, centro de formación doutros profesionais españois nesta especialidade.

No marco do Programa de Desnutrición Zero, o servizo de Medicina Intensiva incorporou o pasado ano unha nova prestación á súa carteira de servizos, a monitorización con calorimetría indirecta.

Para isto foi necesario a dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría,  que permite calcular exactamente  as necesidades de inxesta calórica de cada paciente. Segundo explica a coordinadora deste Programa, a intensivista Eva Menor “trátase de coñecer de xeito obxectivo, individualizado e personalizado o gasto enerxético de cada paciente para aportarlle exactamente as quilocalorías que necesite. Ata hai pouco este cálculo se realizaba con fórmulas matemáticas, que tiñan en conta parámetros como a  talla, o peso e a patoloxía do paciente, pero tratábanse de ecuacións estimativas, cunha elevada porcentaxe de erros; o novo equipamento nos permite coñecer con exactitude e fiabilidade os requirimentos nutricionais de cada paciente.”

500 monitorizacións a pacientes intubados

En pouco máis dun ano levan realizadas 500 determinacións a pacientes intubados, converténdose no hospital de España cun maior número de monitorizacións realizadas. Para isto contan cun equipo de profesionais composto por 1 enfermeira e 2 TCAEs, formadas e adestradas nesta técnica, e coordinadas pola doutora  Eva Menor.

“É importante aportar as doses nutricionais exactas que necesita cada paciente, xa que  tanto se recibe de máis como de menos pode producir complicacións; hoxe en día a nutrición xa é un elemento máis do tratamento pautado ao paciente.”

Beneficios para os pacientes

No momento actual, a monitorización con calorimetría tense convertido nunha ferramenta fundamental, de gran eficacia, xa que dun xeito moi rápido aporta uha información imprescindible e fiable. “Trátase doutro monitor, como o que mide a función respiratoria ou a frecuencia cardíaca, completamente integrado nos nosos protocolos asistenciais”, asegura a doutora Menor. Neste tempo, os especialistas teñen constatado os beneficios derivados dunha correcta achega nutricional para os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Críticos. Cabe subliñar a diminución dos tempos de estancia nestas Unidades, e que os pacientes saen da UCI cuns correctos niveis nutricionais. Ademais, presentan menos complicacións, como a perda de masa muscular. Isto é, permite unha evolución máis rápida e un mellor prognóstico.

A Xunta concede unha axuda de preto de 1,2 m€ ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas

0

Trátase dunha subvención destinada a promotores públicos e privados para a edificación de vivendas enerxeticamente eficientes en réxime de alugueiro social

O IGVS tamén promove na cidade un total de 207 vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 1.187.982 euros ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas para alugueiro social nunha parcela emprazada no Camiño Esturáns. A subvención está destinada á promoción de 27 vivendas por parte do Goberno local, que prevé investir un total de 4.486.996,80 euros.

Segundo o proxecto municipal presentado ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevese a construción dun inmoble dividido en 9 plantas, máis 1 baixo e 3 sotos, que acollerá un total de 27 vivendas, ademais de garaxes.

A Xunta tamén resolveu conceder outra axuda de preto de 2,5 millóns de euros ao Concello da Coruña para a construción de 50 vivendas que serán adxudicadas de igual xeito en réxime de alugueiro social.

Ambas axudas inclúense no programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do programa Next Generation. Por este motivo, será necesaria a sinatura dun acordo entre a Xunta, o Concello e o Ministerio de Transportes, Vivenda e Axenda Urbana para facelas efectivas.

Así mesmo, cómpre lembrar que esta liña de axudas, convocadas por primeira vez en Galicia o pasado mes de febreiro, está destinada a promotores públicos e privados e aínda se poden solicitar ata o próximo 6 de outubro. Pola súa parte, o Instituto Galego da Vivenda e Solo construirá 207 vivendas de promoción pública no polígono 1 de San Paio de Navia, estando licitado o contrato de construción de 38 destas vivendas e en redacción os proxectos das restantes. Estas promocións financiaranse con fondos propios da Xunta e achegas da Unión Europea.

Marta Fernández-Tapias participa en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF

0

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF no acto que supón o arranque da nova temporada e no que tivo lugar tamén a entrega dos premios Sardiñón. Na súa intervención, Fernández-Tapias louvou a firme aposta do club morracense pola canteira, “que é o cimento de calquera éxito deportivo”. Tamén remarcou que para o novo goberno provincial “o deporte será un obxectivo prioritario” e adiantou que a Deputación seguirá apoiando o labor que están a realizar clubs como o Alondras, “para seguir situando a provincia no alto do podio deportivo”.​

Detienen a un hombre en Vigo que se negó a hacer un test de alcoholemia e intetó agredir a un agente tras encerrarse en el coche

0

El conductor empezó a comportarse de forma violenta, arremetiendo contra los policías, propinando empujones y puñetazos, y profiriendo amenazas de muerte

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un hombre de 35 años que se negó a realizar una prueba de alcoholemia, se encerró en el vehículo para que no se lo llevara la grúa e intentó agredir a los funcionarios que participaron en el operativo, mientras los amenazaba de muerte.

Fuentes policiales han señalado que los hechos ocurrieron en la noche de ese jueves, sobre las 23,15 horas, cuando una dotación del 092 observó a un hombre caminando por la zona de Plaza de América «de forma extraña».

Los agentes comprobaron que el varón se introducía en un coche aparcado y que arrancaba de forma brusca, derrapando para incorporarse a la circulación y saltándose un semáforo en rojo. La patrulla le dio alcance y le ordenó parar, e identificarse, y comprobaron que presentaba signos de embriaguez y un fuerte olor a alcohol, aunque el conductor se negó a realizar el test de detección.

Cuando los policías le informaron de que sería denunciado y que su coche se retiraría al depósito municipal, el hombre reaccionó encerrándose en el vehículo y bloqueando las puertas.

Uno de los agentes pudo abrir, ya que una de las ventanas estaba semiabierta, e indicó al conductor que saliera. Éste empezó a comportarse de forma violenta, arremetiendo contra los policías, propinando empujones y puñetazos, y profiriendo amenazas de muerte. Por estos hechos, el hombre fue detenido por un supuesto delito de atentado contra agentes de la autoridad.

Vigo, escenario do I Encontro Internacional Volkswagen Aircooled

0

A cidade será o punto de saída desta xuntanza dos clásicos “escaravellos” na fin de semana do 7 e 8 de outubro, días nos que a organización agarda contar con preto dun cento destes vehículos

O alcalde participou este venres no Monte do Castro na presentación do I Encontro Internacional Volkswagen Aircooled Vigo-Monteferro-Baiona, que organiza a Asociación Käfer Galicia.

O programa ten prevista a saída en caravana dos coches participantes o sábado 7 de outubro desde Montero Ríos, seguindo por Colón, con percorrido polas rúas máis céntricas da cidade cara ao Monte do Castro. Logo a comitiva visitará Castrelos e fará un circuíto turístico pola cidade. O domingo día 8 inician a ruta en Cabo Silleiro e rematarán na Serra da Groba.

Abel Caballero valorou que o encontro permitirá “facer historia e felicito á organización por realizalo porque recuperar memoria é sentir o orgullo do que fomos”, en referencia á historia destes coches e á súa presenza na sociedade.

Jesús Pazos, presidente da Asociación Käfer Galicia, agradeceu o apoio do Concello a este evento que agardan que “sexa un éxito” e co que queren reunir na cidade a un cento de coches e atraer outros chegados de Portugal e algún outro país de Europa.

O Concello contrata o servizo de mantemento do Vigo Vertical

0

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato cun importe de 419.000 euros ata 2025. A empresa recibirá de xeito inmediato as incidencias e terá que actuar en menos de dous horas

A cidadanía poderá consultar na plataforma Smart City do Concello o estado dos 22 elementos mecánicos sometidos a control

Abel Caballero deu conta da contratación so servizo de mantemento dos ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas por un importe de 419.000 euros ata 2025. Este contrato inclúe 22 elementos mecánicos, entre os que están incluídos algúns próximos ao remate das obras. Segundo enumerou o alcalde en rolda de prensa, estarán sometidas a control las escaleiras de Porta do Sol, Pizarro, Praza Portugal e Talude; as ramplas de Gran Vía, centro de saúde de Teis, centro de saúde de Lavadores, Travesía – Aragón, Carral, Escultor Gregorio Fernández e o colexio Losada; e os ascensores de Juan Ramón Jiménez, Pizarro, Marqués de Valterra, San Salvador, Parque Camilo José Cela, Praza Estación, Juan Ramón Jiménez (2), Avenida Hispanidade-Romil, Travesía-Aragón e o HALO.

“Daremos resposta ás incidencias en menos de dos horas, unha se é un ascensor. Un control a través de medios telemáticos 24 horas 365 días ao ano”, declarou o alcalde. A empresa recibirá notificacións dos elementos mecánicos, tamén o propio Concello. Amais, haberá un novo software na plataforma Smart City do Concello para que a cidadanía coñeza o estado do funcionamento das ramplas, escaleiras e ascensores.

Para Caballero “o obxectivo é o funcionamento ininterrompido desde as 7 ás 23 horas de domingo a xoves e unha hora máis o resto de días, ata ás 24 horas. “Somos un dos concellos de Europa con máis accións mecánicas de transporte”, subliñou nas súas declaracións.

Planificador de viaxes sostibles

A Xunta de Goberno tamén adxudicou o servizo de planificador de viaxes multimodal para o transporte sostible en autobús, bicicleta ou peonil na App Vigo e na web municipal. Supón un investimento de case 55.000 euros e estará dispoñible a finais de ano.

Segundo explicou o rexedor, trátase dun sistema de cálculo de rutas enfocado á cidadanía e ao turismo para fomentar a mobilidade sostible. O servizo calcula desprazamentos entre dous puntos da cidade para facelo de xeito intelixente e óptimo, incluíndo os elementos do Vigo Vertical. Caballero explicou que o sistema está preparado para incorporar futuros medios de transporte intermodal como os barcos da ría, buses interurbanos ou servizos ferroviarios.

Vigo acollerá o vindeiro venres o acto de apertura do curso académico das universidades galegas

0

Contará coas intervencións do reitor, Manuel Reigosa, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda

A próxima semana desenvolveranse tamén as xornadas de benvida nos tres campus

Tres días antes de que dean comezo as clases nas diferentes facultades e escolas, a Universidade de Vigo acollerá, o venres 8 de setembro, o acto de apertura do curso académico 2023/2024 das universidades galegas. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués albergará nesta xornada un acto solemne no que están previstas as intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do reitor, Manuel Reigosa, e no que a catedrática da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz impartirá a xornada inaugural. 

Programado para as 12.00 horas, o evento contará coa asistencia de diferentes personalidades do mundo académico, social e político e ademais da do presidente da Xunta, tamén está prevista a presenza do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez. Tras a entrada no salón de actos da comisión académica, integrada por togados e togadas das tres universidades galegas, o evento abrirase cunha lección inaugural da catedrática de Escultura Yolanda Herranz, titulada El autorretrato (del artista): Sombras, Reflejos y Reflexiones. Tras esta terán lugar as intervencións de Reigosa e Rueda, encargado de pechar un acto que contará coa actuación do Coro Universitario. 

A inauguración do curso académico celébrase cada ano de forma rotatoria nas tres universidades galegas e en 2022 desenvolveuse na Universidade de Santiago de Compostela. A última vez que a institución viguesa acolleu este acto solemne foi en setembro de 2020, nun contexto marcado polas restricións ás que obrigaba a pandemia da covid-19.

Con motivo desta inauguración oficial, a xornada do 8 de setembro foi declarada non laborable na UVigo, de tal xeito que o resto de dependencias da institución académica permanecerán pechadas.

Xornadas de benvida nos tres campus

Este acto solemne pechará unha semana na que os tres campus da institución académica acollerán unhas xornadas de benvida dirixidas a achegar ao alumnado de novo ingreso información sobre as actividades, servizos e instalación que a UVigo pon a súa disposición. Esta actividade arrancará o vindeiro martes 5 na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra e celebrarase ao día seguinte no Pavillón Universitario de Ourense. Por último, a xornada desenvolverase no pavillón do campus vigués o xoves 7.

Nas tres datas, as xornadas desenvolveranse entre as 10.00 e as 14.00 horas e nelas o alumnado poderá recibir información sobre cuestións como a tarxeta universitaria, transporte e aloxamento, voluntariado e asociacionismo, bolsas, mobilidade, biblioteca, cultura, deporte e igualdade. Estas citas contarán tamén con música, agasallos e bebidas e ábrense por primeira vez ao novo alumnado de mestrado e doutoramento, que poderán recibir información do Servizo de Posgrao e do Campus Aberto da Escola Aberta de Formación Permanente. De xeito paralelo, terá lugar tamén tres campus unha charla informativa para o estudantado internacional, que se incorpora á UVigo a través de diferentes programas de mobilidade, complementada pola presentación dos cursos de idiomas e un test de nivel de español.