O BNG denuncia a ocultación da aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por parte do Goberno de Caballero

0

A fronte nacionalista revela que o documento de aprobación provisional foi entregado este luns polo equipo redactor, sen que se dera conta na Xerencia Municipal de Urbanismo nin se informara publicamente da resolución das miles de alegacións veciñais

A posición do Bloque vai depender “en grande medida” de se o documento corrixe o modelo urbanístico “fracasado e ao servizo da especulación”, e da retirada dos viais “innecesarios” que ameazan con tronzar o rural de Vigo, entre outros

Xabier P. Igrexas: «Vigo merece dun novo PXOM de toda a cidade e para toda a cidade, non un Plan Xeral elaborado e tramitado ás agochadas»

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a ocultación do documento de aprobación provisional do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo por parte do Goberno de Abel Caballero. Así o revelou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que asegurou que este pasado luns foi entregado pola equipa redactora o documento de aprobación provisional sen que se dera conta “de forma inxustificábel e absolutamente escandalosa” na Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este martes.

“Este documento ten unha especial transcendencia dado que nel se inclúe a proposta de ditame das máis de 4.000 alegacións veciñais formuladas ao novo Plan Xeral, que levan desde febreiro de 2021 agardando unha resposta”, subliñou Igrexas, que afeou que tanto a concelleira de Urbanismo, María José Caride, como o alcalde, Abel Caballero, insistan en ter “na escuridade dos despachos” un documento estratéxico que quere definir o modelo de cidade para os vindeiros 15 anos.

O portavoz nacionalista vén de solicitar por estes motivos ter acceso á documentación entregada pola equipa redactora do Plan, a comparecencia da mesma nunha sesión extraordinaria da Xerencia para responder ás interpelacións dos grupos municipais , así como que se informe publicamente da resolución das alegacións.

Corrixir o modelo ao servizo da especulación

Igrexas adiantou nese sentido que a posición do BNG vai depender en “grande medida” de se o documento corrixe o modelo urbanístico “fracasado e ao servizo da especulación” da aprobación inicial, entre eles salientou a retirada dos viais “innecesarios e con graves afectacións” que ameazan con tronzar o rural de Vigo.

“Vigo merece dun novo PXOM de toda a cidade e para toda a cidade, non un elaborado e tramitado ás agochadas, de costas á cidadanía é á propia Corporación Municipal”, advertiu o voceiro nacionalista. “Non pode ser só o Plan do PSOE e os seus amigos”, engadiu.

Coas persoas no centro

O portavoz do BNG defendeu a alternativa nacionalista para que a cidade conte cun PXOM que impulse un “novo modelo urbano coas persoas no centro”. Así, chamou a apostar cara unha cidade “máis compacta, policéntrica e vertebrada desde os barrios e as parroquias”. Un modelo que, asegurou, ten que ser “respectuoso” cos ámbitos rurais e periurbanos e “radicalmente sustentábel” en termos ecolóxicos. Puxo en valor ademais a necesidade de “democratizar” o espazo público potenciando o transporte colectivo e os usos peonís para reducir o uso do vehículo privado.

Igrexas asegurou que o desenvolvemento urbanístico de Vigo ten que estar ao servizo do interese público, cunha planificación “racional e axustada ás necesidades reais, con disciplina urbanística, coa máxima seguridade xurídica e mecanismos de control máis abertos e participativos”. Nesa liña, pediu alargar o solo destinado a dotacións públicas e zonas verdes, así como mobilizar as máis de 20 mil vivendas baleiras existentes para enfrontar o actual problema de acceso en lugar de seguir dando “barra libre á especulación”.

O Consorcio Casco Vello de Vigo entrega as chaves de tres novas vivendas de promoción autonómica na rúa Real

0

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, celebra a chegada de novas familias ao barrio histórico vigués

Tras a aprobación do Plan de Investimentos, o Consorcio Casco Vello reactiva a construción de 22 novas vivendas en seis rehabilitacións

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, firmou a venda de tres novas vivendas de promoción autonómica a outras tantas familias que resultaron adxudicatarias tras finalizar as obras de rehabilitación do edificio situado no número 13 da rúa Real.

A representante autonómica procedeu así á entrega das chaves aos adxudicatarios das vivendas da promoción de Real 13 que permitiu recuperar un dos maiores edificios construídos no barrio histórico vigués. O inmoble, levantado sobre un solar de 116 metros cadrados, conta cunha fronte de fachada cara á rúa de 10,24 metros. Foi adquirido polo CCVV en decembro de 2019 e a súa reforma supuxo un investimento de 605.150,50€.

“O labor do Consorcio Casco Vello continúa adiante para recuperar o barrio e poñer a disposición dos vigueses novas vivendas de promoción autonómica”, sinalou Ana Ortiz. A delegada destacou que o proxecto, que inclúe ademais a creación dun local comercial na planta baixa, foi elaborado por Rodríguez e Rivoira Arquitectos e recolle como un dos seus elementos distintivos a conservación na fachada de pedra das grandes ventás que caracterizan ao edificio.

Trátase dunha das principais rehabilitacións na zona baixa do Casco Vello de Vigo realizada nos últimos anos, cunha situación excelente ao estar moi próxima a puntos de interese como a praza do Berbés, a Concatedral, A Laxe ou a praza da Constitución.  Cada unha das novas residencias ten unha superficie aproximada de 63 metros cadrados e conta cun dormitorio, un baño, comedor-cociña e zona de servizos. Na mesma rúa sitúase tamén a sede dos Rexistros Mercantís de Vigo, construídos sobre unha serie de edificios adquiridos no seu momento polo organismo público.

Seis promocións con 22 vivendas

O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, contará cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo a pasada semana do Plan de Actuación, Investimentos e Financiamento (PAIF) do próximo exercicio 2024. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos. Ademais, a cifra de investimento pode incrementarse en 1,3 millóns de euros no caso de que se aprobase a aplicación de fondos de remanentes. O PAIF 2024 contempla, en concreto, investimentos na rehabilitación de seis edificios (Elduayen, 31; Ribeira do Berbés, 39; Subida ao Castelo, 9; Elduayen, 39-Ferrería 16; Hortas, 2-4 -San Sebastián, 20 e Rúa Alta, 8-14) o que permitirá crear un total de 22 novas vivendas na zona.

El Teatro Afundación de Vigo programa en Vigo un espectáculo cada dos días durante el mes de noviembre

0

La ópera Don Pasquale, de Donizetti, inaugura este domingo una programación que también incluye monólogos, música clásica, jazz, teatro cómico o el espectáculo Piensa en Wilber que mezcla interpretación, humor y acrobacias

La Obra Social de ABANCA presenta los días 23 y 24 la nueva gira del «agitador folclórico» Rodrigo Cuevas, Premio Nacional de las Músicas Actuales 2023

Los enredos, las músicas y los aconteceres de Don Pasquale, la última gran ópera bufa italiana, inauguran este domingo 5 la programación de noviembre del Teatro Afundación de Vigo. Por su escenario pasarán 15 espectáculos durante todo el mes, dos de ellos en doble fecha. Serán un total de 17 funciones. Las entradas están disponibles en Ataquilla.com.

Además de ópera, habrá oferta de teatro para todos los públicos, jazz, monólogos o conciertos. Los días 23 y 24 comparece el «agitador folclórico» asturiano Rodrigo Cuevas.  Estará en el Teatro Afundación, con las entradas agotadas, un mes después de recoger el Premio Nacional de las Músicas Actuales 2023 para presentar su nueva gira: La Romería.

Los monólogos de humor llegarán en este mes de la mano de La Bromerie Live Show y de Touriñán y David Perdomo. Mientras, dos espectáculos para todos los públicos llevarán hasta el Teatro Afundación la magia o las acrobacias.

MÚSICAS DE LOS SIGLOS XIX, XX Y XXI

El Don Pasquale de este 5 de noviembre será una cita con la ópera con una honda huella sonora viguesa: el Coro Rías Baixas y la Orquesta Vigo430 forman parte del elenco.

La programación musical continuará el martes 14 con el ciclo Musicav, de Afundación.  Llega en concierto el Abe Rábade Trío. Un día después, el público del Teatro Afundación de Vigo podrá vivir una inmersión musical en los sonidos creados por los compositores del Romanticismo. Cuatro intérpretes de trayectorias emergentes y consolidadas, dos de ellas gallegas, tocarán algunas de las piezas especiales de aquella época en La Música Apasionada. El Romanticismo musical Vigo.  Y el día 22 de noviembre retornará la Real Filharmonía de Galicia con el estreno absoluto de la obra Schattenhaft de Hugo Gómez-Chao, bajo la dirección de Baldur Brönnimann.

Las sonoridades actuales se sumarán a la programación con el pop-rock de Nena Daconte -día 18-. La creadora de temas como «Tenía tanto que darte» presentará su nuevo disco, Casi Perfecto.  El concierto forma parte de los Momentos Alhambra Acustiquísimos 2023.

DE RODRIGO CUEVAS AL BLUES Y A LA MÚSICA DE CINE

El jueves 23 y el viernes 24 de noviembre, en doble sesión, será tiempo de Rodrigo Cuevas y su gira La Romería. En esta nueva propuesta de conciertos, Cuevas crea «un espacio propicio para la celebración y la comunión, un lugar para sentirse libre de prejuicios, para vencer a soberanos y amantes, libertinos y bien en el sentido más amplio de la palabra bien».

El concierto tributo a The great songs of Dire Straits a cargo de la banda Great Straits del domingo 26 dará paso a dos nuevas citas con el ciclo Músicav. El día 28 será el turno de la propuesta jazz del Blue Summit Quintet Vigo. Ya el día 30, la Orquesta Vigo430 y la pianista ucraniana Anastasiia Frasyniuk acercarán al público del teatro una antología de algunas de las más interesantes músicas de cine bajo la dirección de Luke Corradine.

VOCES DEL TEATRO

La Bromerie Live Show juntará sobre el escenario del Teatro Afundación, el próximo viernes 10 de noviembre, a los monologuistas Galder Varas, David Puerto y Taka Gómez. Las entradas están prácticamente agotadas.

Los monólogos volverán a las tablas del Teatro Afundación en la noche del sábado 19 de la mano de dos de los grandes del monólogo en Galicia: Touriñán y David Perdomo. Ambos humoristas recuperan en su espectáculo, Cuarentena, diferentes personajes que crearon para las sesiones online que hicieron para su público, y de forma conjunta, durante el confinamiento de 2020.

La programación teatral para adultos del Teatro Afundación de Vigo en el mes de noviembre la completa la comedia. No me toques el cuento. En el espectáculo, las princesas de los cuentos de toda la vida se rebelan contra la manera en la que se contaron sus historias. Exigen que se cuente la otra cara del cuento. Y el martes 21 de noviembre estará en escena Un Oscar para Óscar, dentro de la Temporada de Teatro, bajo la dirección de Mario Hernández y con un elenco formado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala y Mara Guil.

PARA TODOS LOS PÚBLICOS

«Una persona del público se hará invisible cada día». Esa es una de las propuestas que traerá al Teatro Afundación el ilusionista Jorge Blass en doble sesión para todos los públicos de sábado y domingo. Será los días 11 y 12. En Flipar, la magia adelanta a la tecnología y Blass hace vivir a todo el público, pequeños y mayores, experiencias únicas y sorprendentes. Cinco días después, y de la mano de Víctor Ortiz, ex integrante del Cirque du Soleil, vuelven la fantasía y el espectáculo para todas las edades.  En su propuesta Pensando en Wilbur, Ortiz mezcla espectaculares acrobacias con humor y riesgo. Será en la tarde del viernes 17.

A Área Sanitaria de Vigo márcase un novo reto: “ningún fumador sen rexistrar, ningún fumador sen consello”

0

Con motivo do primeiro Día Galego Sen Tabaco, e no marco do Plan Inspira Saúde, a Área Sanitaria de Vigo anuncia a promoción dun modelo intervencionsita proactivo no que participe todo o persoal sanitario

O consello breve oportunista para deixar de fumar e o rexistro sistemático da condición de fumador na historia clínica de cada paciente, deben constituír unha práctica rutinaria xeneralizada entre todos os  profesionais sanitarios

O consello breve ten demostrado a súa eficacia xa que o 3% dos pacientes cesan na súa adicción aos seis meses

Con motivo do primeiro Día Galego Sen Tabaco que se celebra hoxe e no marco do Plan Inspira Saúde, a Área Sanitaria de Vigo marcouse un novo reto na loita fronte ao tabaquismo: «Ningún fumador sen rexistrar, ningún fumador sen Consello».

Baixo este lema, a Área promocionará un modelo de intervención proactivo, no que todo o persoal da saúde realice consello breve antitabáquico, en calquera contacto que teña o paciente co sistema sanitario. Ademais, vanse desenvolver accións para concienciar aos facultativos da importancia de rexistrar na historia clínica o consumo de tabaco e valorar o grao de dependencia á nicotina dos  pacientes.

Os últimos informes de Avaliación da eficacia e coste/efectividade das distintas abordaxes terapéuticas para deixar de fumar, poñen de manifesto que e o consello breve oportunista para deixar de fumar e o rexistro sistemático da condición de fumador na historia clínica de cada paciente deben constituír unha práctica rutinaria xeneralizada entre todos os  profesionais sanitarios.

Eficacia do consello breve antitabáquico

O consello breve antitabáquico ten demostrado a súa eficacia, xa que se calcula que o 3% dos fumadores deixan de fumar nos seguintes 6 meses.

Este consello é unha acción oportunista, que está recomendado para a maioría das persoas fumadoras e exfumadoras que acudan a calquera consulta e por calquera motivo. A finalidade é que todo o persoal sanitario, aínda que non estea directamente relacionado co tabaquismo, e con independencia da súa categoría profesional ou especialidade realicen esta pequena acción intervencionista, xa sexan médicos, enfermeiras, dentistas, psicólogos, fisioterapeutas, etcétera.

Trátase de que os profesionais realicen un par de sinxelas preguntas aos seus pacientes:

– É vostede fumador?

-Ten pensado na posibilidade de deixar de fumar?

-Nós podemos axudarlle

En definitiva, o consello debe de ser sistemático e oportunista, firme, serio, breve (3 minutos), personalizado e motivador, enfocado sobre todo aos múltiples beneficios que a persoa poderá obter ao abandonar o tabaco. Ademais, poderá ser facilitado en múltiples formatos (consello telefónico, consello individual ou en grupo).

Para estender esta acción a todo o persoal vaise desenvolver un plan de formación continua en consello breve  e cesación tabáquica.

Rexistro de todos os fumadores

En Galicia ao peche do ano 2021, o consumo de tabaco situábase preto do 21% na poboación con 16 e máis anos, e nas persoas de 25 a 44 superaba o 27%, sendo a porcentaxe de poboación que fuma a diario do 16% na franxa de 16 e máis anos, e chegando ao 21% no grupo de 25 a 44.

O Plan Inspira Saúde, elaborado pola Consellería de Sanidade a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, ten por obxectivo reducir a prevalencia do consumo de tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% no 2027 e nos adolescentes por baixo do 5%.Ademais, o Plan contempla que se melloren os rexistros de fumadores, recollendo a historia tabáquica, de xeito que todos os fumadores queden rexistrados. Para isto proponse estandarizar a información recollida na historia clínica electrónica (IANUS)  incorporando aquelas variables que permitan identificar a historia de tabaquismo do paciente, como a fecha de inicio de consumo; número de cigarrillos que fuma ao día; intentos previos de cesación tabáquica; motivos de recaída; e preguntar se estaría disposto a realizar unha tentativa seria nas seguintes 4 semanas.

Iniciativas solidarias y ocio infantil calientan motores rumbo a la navidad en Vialia Vigo

0

El centro comercial colabora con Vida Digna, ASEM y la Carrera Solidaria Ruta 091 en la celebración de sus acciones solidarias el próximo mes de noviembre

Los más pequeños serán los protagonistas de las principales actividades organizadas en noviembre, donde el yoga, la pesca sostenible o los cuentacuentos serán los temas centrales

El Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, gestionado por Nhood, ha anunciado el calendario de actividades previsto para el mes de noviembre. Los más pequeños serán protagonistas de la agenda de actividades con la que el centro comercial calienta motores para la temporada navideña. Además, y como parte de su compromiso social con el entorno, Vialia Vigo colabora siendo escenario de tres iniciativas de concienciación social en colaboración con Vida Digna, ADICAM y la Policía Nacional.

Así, el próximo 15 de noviembre tendrá lugar en el escenario del Foodcourt la Gala ASEM en beneficio de las personas afectadas por enfermedades neuromusculares y enmarcada dentro de los actos que a nivel nacional se organizan en su efeméride, con el objetivo de recaudar fondos que permitan sufragar los gastos destinados a proyectos que mejoran la calidad de vida de los pacientes.

Vialia Vigo también colaborará con Vida Digna acogiendo en su espacio la campaña de recogida solidaria de juguetes de la ONG. Del 13 al 15 de noviembre estará habilitado un espacio del Centro Comercial ubicado en Plaza pública entre Vía norte y Urzáiz para recoger y empaquetar todas las donaciones de juguetes que se realicen, tanto nuevas como de segunda mano, con el objetivo de que los niños y niñas de familias con necesidades reciban también sus regalos esta Navidad.

Del 16 al 18 de noviembre a partir de las 10 horas la sala inmersiva del centro comercial será el lugar de recogida de dorsales para participar en la Carrera Ruta Solidaria 091, organizada por la Policía Nacional y que este año celebra su primera edición en la ciudad de Vigo. Vialia Vigo participa como colaborador en esta iniciativa, donde los fondos recaudaros se destinarán a la Fundación Down Vigo.  

Noviembre también tendrá su momento gastronómico. El próximo viernes 3 de noviembre a partir de las 19.30 horas, la empanadillera “Vioncas Bake” presentará a los asistentes la empanadilla galardonada con el Premio a la Tapa más Innovadora de Galicia en el Campeonato de Tapas y Pinchos de Ourense.

Más de una decena de actividades infantiles en noviembre en Vialia Vigo

El ocio infantil calienta motores rumbo a la navidad en Vialia Vigo, con más de una decena de actividades a lo largo del mes de noviembre. El 2 de noviembre se celebrará una jornada donde la tradición mexicana de las Catrinas será protagonista, con un taller especial de maquillaje a partir de las 16 horas y un desfile posterior a las 18 horas.

Los talleres Ludiland, organizados por Vialia Vigo para fomentar la creatividad y la conciencia social en los más pequeños, tendrán como protagonistas a los mundos de Marvel el 7 de noviembre, iniciarán a los más pequeños en el yoga el 14 de noviembre, les explicarán curiosidades sobre la pesca sostenible el 21 de noviembre y celebrarán con ellos una fiesta pirata el 28 de noviembre.

Los cuentacuentos Magin Blanco y Vero Rilo traerán amenizarán las tardes de 4 y 11 de noviembre respectivamente. El 10 de noviembre a partir de las 20 horas será el turno de la actuación de The Cut Cute.

Sorteos y Black Friday en la Gift Card de Vialia

Con motivo del Black Friday, Vialia Vigo arrancará una campaña en la segunda mitad del mes de noviembre para todos aquellos usuarios de su Gift Card. Del 13 al 26 de noviembre obtendrán 10 euros adicionales por cada Gift Card de 50 euros que soliciten.

Además, del 1 al 30 de noviembre todas aquellas compras realizadas en el centro comercial por importes iguales o superiores a 15 euros que se registren en el punto de información participarán en el sorteo de una Gift Card por valor de 100 euros.

Agenda completa de eventos de Vialia Estación de Vigo – noviembre 2023

  • 2 NOVIEMBRE – Día de las Catrinas (Vigo Exporta) – 16 horas Make up Catrinas; 18 horas Desfile de Catrinas  
  • 3 NOVIEMBRE (19.30 horas) – Evento de presentación de la tapa Vioncas Bake (Vigo Exporta)
  • 4 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Actuación del cuentacuentos Magín Blanco (Vigo Exporta)
  • 7 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Taller Luliland: Marvel (Vigo Exporta)
  • 10 NOVIEMBRE (20 horas) – The Cut Cute (Vigo Exporta)
  • 11 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Actuación de los cuentacuentos Vero Rilo (Vigo Exporta)
  • 13 NOVIEMBRE – Arranque de la Recogida Solidaria de Juguetes por Vida Digna, hasta el 15 de enero.
  • 14 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Taller Luliland: Yoga (Vigo Exporta)
  • 15 NOVIEMBRE (19.00 horas) – Gala ASEM, para la Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (escenario Foodcourt)
  • 16 NOVIEMBRE (a partir de las 10.00 horas) – Entrega de dorsales para la Carrera Solidaria Ruta 091 (Sala Inmersiva)
  • 17 NOVIEMBRE (a partir de las 10.00 horas) – Entrega de dorsales para la Carrera Solidaria Ruta 091 (Sala Inmersiva)
  • 18 NOVIEMBRE (a partir de las 10.00 horas) – Entrega de dorsales para la Carrera Solidaria Ruta 091 (Sala Inmersiva)
  • 18 NOVIEMBRE – Prepara tu Calendario de Adviento con Verdecora
  • 21 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Taller Luliland: Pesca Sostenible (Vigo Exporta)
  • 26 NOVIEMBRE (17.30 HORAS) – Actuación infantil de Picadiscos Marifaltri (Vigo Exporta)

28 NOVIEMBRE (17.30 horas) – Taller Luliland: Fiesta Pirata (Vigo Exporta)

A sede de Vigo da Deputación acolle desde o 8 de novembro a exposición colectiva “Un pequeno xardín”

0

A mostra multidisciplinar comisariada por Marta Fortes, que se poderá visitar ata o 10 de xaneiro, inclúe obras de cinco artistas vencelladas á facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

A Sala Rosalía de Castro de Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolle desde o próximo 8 de novembro e ata o 10 de xaneiro de 2024 a exposición colectiva “Un pequeno xardín. A metáfora dun mundo imaxinado”. Trátase dunha mostra multidisciplinar comisariada por Marta Fortes que inclúe obras de debuxo, pintura, tecidos e escultura de cinco artistas vinculadas á Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo: Maritza Berttolini, Nuria Figueiredo, Marta Fortes, Luján Grassí e Brenda Novas.

Na exposición, a visión das artistas busca achegar aos espectadores a paisaxes baseadas en xardíns que son o reflexo das súas personalidades. Son xardíns que encerran unha concepción do mundo, se ben o conxunto das obras crea un diálogo arredor de dous puntos que todas teñen en común: a natureza como inquedanza e unha forma de traballar semellante. Aínda que as súas modalidades de expresión sexan distintas, todas as artistas traballan mimando os pequenos detalles. As obras que se poderán ver nesta mostra son, en xeral, de pequeno formato, que procuran unha ollada pausada e próxima.

En canto ás artistas desta exposición colectiva que se poderá ver na Sala Rosalía de Castro da Sede de Vigo da Deputación, Brenda Nova (Vigo, 1981) é deseñadora e ilustradora. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, especializándose máis tarde en Deseño Gráfico no Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Viviu en México, onde compaxinou o seu interese polo deseño cos téxtiles tradicionais mexicanos e, de volta a Galicia, deulle forma ao seu proxecto de mundos florais extravagantes. María Luján Grassí (Bos Aires, 1977) cursou estudos de Deseño de Indumentaria Téxtil na Universidade de Bos Aires, onde se especializou en Debuxo e Deseño. En 2006 instalouse en Vigo e dez anos despois comezou a desenvolver a súa faceta como ilustradora.

Maritza Berttolini (Tabasco, México, 1996) é unha artista centrada maioritariamente en transformar as súas ilustracións ao téxtil, como o bordado e o tapiz, xogando coas texturas visuais e tridimensionais. Tras estudar Artes Plásticas no Universitario Bauhaus, en Puebla, a súa obra formou parte de exposicións colectivas e individuais en México e en diferentes puntos de Galicia. Nuria Figueiredo (Ourense, 1986) licenciouse en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e estudou Cerámica Artística na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Actualmente ten o seu propio laboratorio de cerámica en Pontevedra, Casa Charmota, e tamén forma parte da Comisión de Artes Plásticas do Liceo Mutante. Ademais, no ano 2020 gañou o concurso Novo Valores, e estivo seleccionada en dúas edicións na Bienal Internacional de Cerámica de Aveiro. Por último, Marta Fortes (Pontevedra, 1980), comisaria da exposición, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, período no que estudou diferentes cursos en Granada e Londres e gozou dunha bolsa Leonardo en Berlín no obradoiro do escultor José Noguero. Ten, ademais, un máster en Arte Contemporánea na Universidade de Vigo, obtendo a bolsa de pintura José Fernández López no concurso Novos Valores. Recibiu tamén premios no XV Certame de Artes Plásticas da Sala El Brocense, o Premio de Pintura da Universidade de Vigo ou o premio do público na XIX Bienal Internacional de Vilanova de Cerveira en Portugal, entre outros.

Caballero sinala o «salto cualitativo» de Abanca coa nova reforma da histórica sede

0

Abel Caballero destacou “o salto cualitativo” e o momento histórico que representa a transformación da sede de Abanca en Vigo porque propicia a interacción ente persoas e empresas, e convértese nun “punto de encontro” da cidade. O alcalde apuntou que a remodelación interior da histórica sede principal da entidade financeira, que cualificou como “elemento de cohesión de Vigo, porque a cidade é economía”, á vez que é o reflexo do espírito “pioneiro”, coa implantación de tecnoloxías de última xeración, propicia o contacto dos profesionais coa cidadanía. O rexedor lembrou que entre os plans do goberno local atópase reformar o edificio do Concello e abrilo á cidadanía.

O orzamento de Urbanismo para 2024 alcanza os 11,4 millóns de euros

0

Abel Caballero anunciou este martes que o consello da Xerencia de Urbanismo celebrará o vindeiro venres día 3 de novembro un Pleno extraordinario para aprobar inicialmente os orzamentos de 2024

Avanzou que superarán os 11,4 millóns de euros

O alcalde destacou que o orzamento de 2024 crecerá nun 28,4 por cento con respecto ao de 2023. «Son uns 9 millóns de euros máis que o ano pasado e este aumento débese, fundamentalmente, á recepción dos fondos europeos provenientes do Goberno de España», sinalou. O rexedor incidiu nos 9 millóns que recibe Vigo da administración central «para o urbanismo» da cidade. «Trátase dunha actuación memorable desde Urbanismo de Vigo apoiada nos fondos europeos provenientes do goberno de Pedro Sánchez en Madrid», remarcou.

Entre os capítulos do novo orzamento, Caballero sinalou os dous millóns de euros a investir en rexeneración urbana e rehabilitación de edificios, así como a tramitación de proxectos e a expropiación para A Panificadora. A esto súmase a construción de vivendas de alugueiro, «a prezo razoable», no Parque Central destinada á mocidade. Indicou que tamén se avanzará na revisión dos plans do ensanche e na rehabilitación das prazas da Igrexa e do Berbés.

Caballero destacou que os orzamentos contan con 4 millóns para axudas a particulares para fondos de convenio do plan de vivenda e contornas residenciais de rehabilitación.

Os cemiterios de Pereiró e Lavadores amosan a historia de Vigo e de mulleres que deixaron pegada na cidade

0

O alcalde avanzou este martes o contido das exposicións que poderán verse estes días nos camposantos municipais, que abren as súas portas con horario ininterrompido de 9 a 18:30 horas da tarde

O Concello conmemora a festividade de Todos os Santos cunha exposición no cemiterio de Pereiró sobre catro momentos da historia de Vigo. Durante esta semana, as persoas que visiten o recinto poderán achegarse a catro figuras viguesas representativas de catro etapas diferentes a través de 16 paneis distribuídos en 4 cubos: no primeiro, Ángel de Lema e Mariña, fundador do Faro de Vigo; no segundo cubo: Concepción Arenal, representando a época de finais do século XIX e principios do XX, centrado no desenvolvemento da zona dos “Choróns”, onde tiña a súa residencia; no terceiro cubo: de mediados do século XX, aparece Manuel de Castro, xornalista e promotor do Celta, coincidindo coa celebración do centenario do club, a etapa na que Vigo se consolida como a cidade máis poboada de Galicia; no cubo catro, o Tardofranquismo e a Transición, con José Humberto Baena, vítima da última execución do franquismo. No panel teñen protagonismo as protestas e a mobilización internacional para tentar deter as execucións, os movementos democráticos e a chegada da democracia.

Abel Caballero explicou que o cemiterio de Lavadores acollerá estes días outra exposición dedicada a 6 mulleres que cambiaron o mundo e que deixaron pegada en Vigo: Mercedes Ruibal, pintora, gran aprendiz de Laxeiro, que foi o seu mentor; Concepción Arenal: pensadora e escritora, unha das mulleres pioneiras na universidade, que axudou ás clases máis desamparadas e ás mulleres; Mercedes Núñez: política e escritora, próxima a movementos socialistas durante a República; María do Carme Kruckenberg: poeta, entusiasta por aprender cousas novas e viaxar, quen en Buenos Aires estivo con Castelao, Laxeiro, Rafael Alberti e varias figuras que a inspiraron na súa obra; Placeres Castellanos: política e sanitaria, primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo, comprometida coa axuda aos máis necesitados a través do seu traballo como enfermeira e Xela Arias, poeta e tradutora, implicada en movementos políticos, escribiu letras de cancións, foi mestra de literatura e traballou na editorial Xerais, amais de ser homenaxeada pola Real Academia Galega como autora do Día das Letras Galegas no ano 2021.

O alcalde avanzou que o próximo ano o cemiterio de Teis acollerá tamén unha exposición itinerante e lembrou que, desde este luns 29 de outubro, o Concello mantén abertos todos os cemiterios municipais, desde as 9 da mañá ata as 18,30 horas da tarde, de forma ininterrompida.

Tal e e como explicou, por mor das alertas climatolóxicas estes días suspendéronse as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró, sendo recolocadas as persoas que tiñan a reserva feita. Este ano hai 1.950 prazas reservadas (450 máis que o ano pasado) para a cidadanía.

O ciclo teatral da Deputación chega a Oia co espectáculo “Heinrich, aprendiz de mago”, de Simplemente Enricco

0

A función terá lugar este martes 31 de outubro ás 17.30 horas no Centro Cultural de Mougás e está dirixida ao público infantil e familiar

O Centro Cultural de Mougás, no concello de Oia, será escenario este martes 31 de outubro da actuación de Simplemente Enricco, que porá en escena o espectáculo “Heinrich, aprendiz de mago”, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función, dirixida para o público infantil e familiar, está prevista para as 17.30 horas.

Este espectáculo de maxia, teatro e circo, da autoría de Juan Enrique Hernanz Lazaro, quen tamén é o seu intérprete, amosa a historia dun mago peculiar, Heinrich, quen pese á súa aparencia é un desastre coa maxia. Case nunca lle saen os trucos ou nótase a trampa. Pero baixo este personaxe ocúltase un veterano malabarista e equilibrista que realizará arriscados números e nunha estrutura de funambulismo, ata logrará levitar. Nalgún momento do espectáculo, para sorpresa do protagonista, comezarán a suceder cousas misteriosas e inexplicables no escenario.

​Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.