La huelga de Renfe y Adif convocada por las consecuencias del pacto entre PSOE y ERC afecta mañana a más de 30 trenes en Galicia

0

Entre otros, se suprimen el Vigo Guixar-Santiago de las 6.57 horas, de las 17.05 y de las 18.20 horas; y los Vigo Urzaiz-A Coruña de las 13.40 y 18.15 horas

Hasta 34 trayectos de tren con origen o destino a Galicia se verán afectados debido a la huelga convocada en Renfe y Adif para mañana viernes.

Concretamente, y según la información facilitada por la CGT, ser verán afectados los trenes de A Coruña-Ourense con salida a las 5.55 y 7.06 y el Ourense-A Coruña de las 6.45 y de las 19.40 horas. También quedan suprimidos el Vigo Guixar-Santiago de las 6.57 horas, de las 17.05 y de las 18.20 horas; y los Vigo Urzaiz-A Coruña de las 13.40 y 18.15 horas.

Además, los recorridos de Santiago a Vilagarcía de las 11.00 y de las 19.10 horas también se verán afectados, junto con otros trenes como el Vigo-Porto de las 8.58 y de las 19.56 horas, además de sendos regresos.

Las conexiones de Vigo Urzaiz con Madrid Chamartín de las 5.50 y el tren Madrid Chamartín-Vigo Urzaiz de las 6.20 horas también quedan suprimidos.

Los comités de empresa de Renfe y Adif acordaron convocar esta huelga ante la incertidumbre generada en las plantillas por el traspaso de Rodalies, así como por la entrada de una empresa privada (MSC) en el capital de Renfe Mercancías. El traspaso de Rodalies fue pactado entre PSOE y ERC en el marco de las negociaciones para la investidura de Pedro Sánchez y supondrá que Cataluña adquiera el control sobre la gestión de las R1, R2 y R3, incluyendo los trenes y las vías.

Detenido por pegar a un conocido que le debía 200 euros

0

A las 18:05 horas del pasado día 21, se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía local de Vigo. El alertante indicaba que dos varones se estaban peleando en la vía pública, en la Calle Doctor Carracido.

A la llegada de los actuantes al lugar, se dirige a ellos un varón el cual sangraba abundantemente por la boca y un ojo. El hombre, J.M.A. de 29 años de edad, les indicó que cuando salia de un taxi él y su pareja (vehículo que ya no se encuentra en el lugar) y estaban sacando sus pertenencias del maletero, un conocido le empezó a insultar y amenazar. Este le decía que le diera un dinero que días atrás le había pedido y que no se lo había devuelto, motivo por el cual le pego varios puñetazos en la cara, teniendo que refugiarse en una tienda de pinturas cercana para que dejase de pegarle.

Preguntado al agresor, el cual responde al nombre de I.G.G. de 32 años de edad, este le manifiesta a los agentes que días atrás esta persona (el agredido), le había pedido unos 200 euros y no se los había devuelto, por lo que fue a reclamárselos y comenzaron a discutir, hasta llegar a las manos.

Por lo indicado anteriormente y debido a las lesiones producidas (en las cuales tiene que recibir puntos), el agredido es trasladado al centro hospitalario Álvaro Cunqueiro y el causante de las lesiones es detenido por un supuesto delito de lesiones.

Desalojan a unos sesenta niños por el olor a gas en la cocina de una escuela infantil en Vigo

0

Las personas que llamaron al 112 Galicia indicaron que estaban evacuando por precaución el centro, situado en la calle de A Atalaia, y que nadie había resultado afectado. Por su parte, los servicios de emergencias realizaron comprobaciones y confirmaron que no se había producido ninguna fuga.

Hacia las 13 horas, un particular había alertado a los gestores del CIAE-112 Galicia de que olía a gas en la cocina de la escuela, tras lo que estos solicitaron la participación de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo, de los Bomberos y de la Policía Local de Vigo, de los agentes de la Policía Nacional y de los técnicos de la empresa suministradora del gas.

Caballero chama a participar na carreira solidaria «Érguete e corre»

0

Abel Caballero presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Deportes Manel Fernández, a última gran carreira solidaria de Vigo en 2023: a VI edición da competición “Érguete e corre”, programada para o domingo 3 de decembro

Solidariedade e competividade son os ingredientes principais da carreira integrada no circuíto Run Run Vigo «Érguete e corre»,  que está organizada pola Asociación de Loita contra a Droga Érguete, e que xa conta coa inscripción de 255 persoas. Así o destacou este mércores o alcalde de Vigo ao incidir en “a importante dose de solidariedade” da proba deportiva, e realizar un chamamento á participación e á cooperación. “A causa de Érguete é extraordinaria”, recalcou tras expresar o recoñecemento ao traballo que desenvolve a organización.

A directora de Érguete, Elvira Rivas, recalcou a transcendencia de que a carreira estea integrada no circuíto Run Run Vigo “porque nos dá visibilidade ao noso colectivo e unha forma de homenaxear ás nais que hai 40 anos saíron á rúa para marcar un antes e un despois da revolución que fixo que toda a cidadanía tivese presente o que ocorría cos nosos fillos”. Incidiu en que o deporte é unha ferramenta moi importante na loita contra a drogadicción “porque axuda a previr moitas condutas adictivas”. Apuntou que todos os fondos que se recadan invístense en dous proxectos: a xestión emocional a través do teatro, e a reciclaxe das lonas en bolsos ou outros complementos de moda sostible.

O prazo de inscrición da carreira que comeza e acaba no centro comercial Vialia, e conta cun circuíto de 5 quilómetros de lonxitude, está aberto ata o mércores 29 de novembro. Os interesados poden anotarse na web: www.magmasports.es

O Consello de Goberno aproba a oferta pública de emprego da UVigo para 2023: 160 prazas de PDI e 14 de PAS

0

Na sesión tamén se abordou a modificación do regulamento de prácticas externas do estudantado

O reitor, no seu informe, avanzou que a atención psicopedagóxica está garantida nos tres campus

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na sesión ordinaria celebrada este mércores, deu o visto bo ás ofertas de emprego público de 2023 tanto do persoal docente e investigador como do persoal de administración e servizos. En concreto para o primeiro colectivo aprobáronse 160 prazas e para o segundo 14, unhas ofertas para cuxa execución a institución conta cun prazo de tres anos. Nesta xuntanza, o órgano colexiado tamén aprobou, entre outros temas, unha modificación do regulamento das prácticas externas para adaptarse así ao Real decreto-lei 2/2023 que entrará en vigor en xaneiro e que establece a inclusión no sistema da Seguridade Social do alumnado que realice prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación. Ademais, no seu informe o reitor, Manuel Reigosa, avanzou as novas medidas nas que se está a traballar e que garanten a atención psicopedagóxica para o alumnado nos tres campus.

Unha oferta de emprego público do PAS integrada por 14 prazas

Logo da negociación entre a Xerencia da Universidade de Vigo e os órganos de representación do PAS (Xunta de Persoal Funcionario e Comités de Empresa de Ourense e Pontevedra), concretouse unha oferta de emprego público do persoal de administración e servizos (PAS) para o ano 2023 composta por 14 prazas, todas elas incluídas na respectiva relación de postos de traballo (RPT) do PAS resolución de 02 de decembro de 2021. A proposta foi presentada no Consello de Goberno pola xerente da UVigo, Yolanda Lesmes, que detallou que oito das prazas corresponden ao subgrupo A1: dous técnicos superiores en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, subescala Informática; dous técnicos superiores de Apoio á Docencia e Investigación, subescala Microscopía Electrónica; un técnico superior de Apoio á Docencia e Investigación, subescala Análise instrumental; un técnico superior de Apoio á Docencia e Investigación, subescala Xenómica; un técnico superior de Servizos Xerais, subescala Emprego e Emprendemento e outro técnico superior de Servizos Xerais, subescala Riscos Laborais. Outras catro prazas corresponde ao subgrupo A2: un técnico medio de Apoio  Docencia e á Investigación, subescala Actividades Aeroespaciais e tres técnicos medios en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, subescala Informática. Completan a oferta unha praza no subgrupo C1 de técnico especialista de Servizos Xerais, subescala Transporte e Distribución e outra do subgrupo C2 de auxiliar técnica de Servizos Xerais, subescala Deportes.  

Destas 14 prazas, catro resérvanse para promoción interna (A1 Informática e A1 Riscos Laborais e dúas prazas A2 da subescala Informática) mentres que outras nove serán de acceso libre e unha última forma parte da cota de reserva para persoas con discapacidade, en concreto unha das dúas prazas A1 de Microscopía Electrónica.

Neste punto interveu Anabel González Penín, como representante do PAS, para poñer de manifesto que considera esta oferta “insuficiente”, ao non recoller “as necesidades reais da administración nestes momentos na UVigo”. Finalmente a oferta aprobouse con 31 votos a favor, dous en contra e unha abstención.

160 prazas na oferta de emprego público do PDI

No que respecta á oferta de emprego público do PDI para 2023, a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, detallou que, tal como se acordou cos traballadores na mesa de negociación e aplicando unha taxa de reposición do 120% a proposta comprende 50 de profesorado titular de Universidade e 80 de profesorado permanente laboral, ás que hai que sumar 30 prazas de promoción interna de catedrático, chegando así ás 160 prazas. Ademais, a OPE recolle que das 50 prazas de profesorado titular, 20 resérvanse para persoal investigador doutor que conte co certificado R3 de conformidade co artigo 22.3 da Ley de la Ciencia, ou teña superado unha avaliación equivalente á do Programa de Incentivación de la Incorporación e Intensificación de la Actividad Investigadora (I3). A OPE foi aprobada por 34 votos a favor, 0 en contra e dúas abstencións.

Por outra banda, a vicerreitora tamén presentou para a súa aprobación a selección de áreas de coñecemento para as 16 prazas de catedrático e sete de profesorado titular pendentes de executar e correspondentes á oferta de emprego do ano 2022. No que atinxe ás prazas de titular as prazas corresponderán ás áreas de Antropoloxía social; Didáctica da expresión corporal; Economía financeira e contabilidade; Filoloxías galega e portuguesa; Prehistoria; Produción vexetal e Química física. No que atinxe ás listaxe de acreditados a catedrático, as 16 prazas corresponderanse ás areas de Comercialización e investigación de mercados; Dereito financeiro tributario; Enxeñaría de sistemas e automática; Enxeñaría telemática; Enxeñaría química; Estratigrafía; Física da terra; Fisioloxía; Linguaxes e sistemas informáticos; Literatura española; Mecánica de fluídos; Óptica e Xornalismo.

Luis López eloxia os estudantes redondeláns que participarán na Olimpíada Xuvenil de Ciencias en Tailandia como exemplo do talento da xuventude da provincia

0

O presidente provincial visitou o instituto Illa de San Simón acompañado polo deputado de Xuventude, Jorge Cubela, para coñecer en detalle o programa educativo do centro, participante activo nos programas DepoEmprende que promove a Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, felicitou este mércores aos estudantes do IES Illa de San Simón de Redondela que participarán, entre o 1 e o 10 de decembro, na Olimpíada Xuvenil de Ciencias que se celebra na Unversidade Srinakharinwirot de Bangkok, en Tailandia. Os tres alumnos de bacharelato, clasificados despois de gañar as fases autonómica e nacional deste certame no que tiñan que superar probas de física, química, bioloxía, xeoloxía e matemáticas; son Carla Acosta, David lago y Rubén lago e integran un equipo chamado “Os raios de Redondela”. “Estamos moi orgullosos de vós, o que conseguistes a nivel autonómico e nacional énchenos de orgullo”, felicitounos o mandatario provincial, pedíndolles que desfruten da experiencia.

Acompañado polo deputado responsable da área de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, que repartiu uns agasallos entre os estudantes; o presidente da Deputación percorreu o instituto acompañado por membros da dirección do centro, que lle ensinaron as principais estancias do instituto. Unha visita Luis López aproveitou para poñer en valor o programa educativo deste instituto no que “as ciencias son moito máis ca unha materia”, confesou estendendo os parabéns a todo o claustro de profesores. “Unha parte do mérito destes alumnos tena tamén o instituto IES Illa de San Simón e o conxunto dos seus profesores. Sodes un exemplo por todo o que facedes pola Educación en Galicia”, recoñeceu o presidente provincial.

A clasificación destes tres estudantes para este certame internacional é unha razón máis para reforzar o compromiso do goberno da Deputación no apoio á Xuventude e á formación. Neste sentido, Luis López recordou os programas que o goberno provincial ten en marcha para potenciar o talento da mocidade, que están incluídos no servizo de nova creación de Xuventude e Reto Demográfico, dotado con 1,2 millóns de euros, que inclúe axudas a centros educativos ou á organización de actividades e eventos xuvenís, así como o programa de becas para a realización de prácticas laborais en países da Unión Europea ou os premios provinciais á xuventude que premian con 36.000 euros o talento da poboación máis nova da provincia. Esta visita ao IES Illa de San Simón servíu tamén para coñecer o grupo de alumnos que participa este curso no programa DepoEmprende, unha actividade á que a Deputación destina no exercicio do 2024 unha partida de 51.000 euros, así como unha contía adicional de 30.000 euros para a contratación dun auxiliar administrativo que se encarga da xestión desta iniciativa. No presente curso académico son 24 os centros educativos da provincia que están a participar. As actividades consisten no desenvolvemento dunha idea de negocio que sae ao mercado e cuxos beneficios destínanse a fines benéficos.

O BNG de Vigo pide que unha nova indemnización a Vitrasa non sexa “un cheque millonario para unha saída en falso”

0

A fronte nacionalista lembra que o Concello xa indemnizou á concesionaria con case 6 millóns polas reducións de servizo durante a pandemia e lle “agasallou” unha prórroga de 5 anos

Demandan que o Alcalde, ademais de pedir a desconvocatoria da folga indefinida, esixa a Vitrasa a retirada das sancións pola folga contra varios traballadores e membros do Comité de Empresa e a fin da represión antisindical

Xabier P. Igrexas: “O persoal de Vitrasa non leva máis de 2 anos mobilizándose para que Caballero rescate co diñeiro de todas e todos a conta de resultados da empresa. Ou se melloran as condicións laborais e de servizo ou o conflito moi probabelmente continuará”

Diante do anuncio realizado hoxe polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, a respecto dunha nova indemnización a Vitrasa por causa do presunto desequilibrio económico da concesión do servizo de bus urbano da cidade, desde o Bloque Nacionalista Galego advirten de que a mesma non pode ser “un cheque millonario para unha saída en falso” do conflito laboral aberto desde hai máis de dous anos.

O Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou que inda non se coñeza “nin o informe técnico e xurídico nin o importe” da compensación anunciada por Caballero. No entanto, lembrou que Vitrasa xa recibiu case 6 millóns de euros de indemnizacións polas reducións de servizo ditadas durante a pandemia da Covid19, ao que adicionalmente se sumou unha prórroga de 5 anos da concesión.

“A lei estabelece que para compensar pódese facer a través de indemnización ou de prórroga, Abel Caballero, agasallou a Vitrasa con ambas e agora anuncia unha nova compensación económica”, explicou. Aliás, recordou que cada ano o Concello transfire á empresa concesionaria 13 millóns de euros en concepto de subvención polas tarifas bonificadas, o que representa case o 50% do custe de explotación total do servizo declarado por Vitrasa.

Posta en escena para o acendido de Nadal

Igrexas celebrou que “por fin o Alcalde dea un paso para desbloquear o conflito, despois de meses poñéndose de perfil, pero sempre a carón de Vitrasa, e de menosprezar os traballadores e traballadoras do servizo de bus da cidade, con provocacións ofensivas como a da semana pasada no HALO”. Porén, o portavoz municipal nacionalista esixiu que “este paso á fronte sexa máis que unha posta de escena para intentar evitar que a folga de buses coincida co acendido do alumeado de Nadal”.

Desde o BNG demandan un “compromiso real e firme do Concello para implicarse na solución do conflito en Vitrasa que ten que pasar, si ou si, por atender as xustas reivindicacións do seu persoal e a fin dos incumprimentos laborais e do prego concesional por parte da empresa”. “De nada serve volver meter nos petos de Vitrasa varios millóns de euros se non hai avances reais na negociación do novo convenio colectivo para mellorar as condicións do persoal”, enfatizou.

Retirada das sancións

Para Igrexas, o chamado de Caballero a empresa e persoal a reiniciar as negociacións, foi “parcial e incompleto”. “Si se lle pide ao persoal que desconvoque a folga indefinida, hai que esixirlle tamén á empresa que retire de maneira inmediata e definitiva as sancións por causa da folga contra varios traballadores e traballadoras (entre eles membros do Comité de Empresa) con suspensións de emprego e soldo de 2 meses e a ameaza de despedimentos e que se poña fin á escalada de represión antisindical”, contrapuxo.

“O persoal de Vitrasa non leva máis de 2 anos mobilizándose para que Caballero rescate co diñeiro de todas e todos a conta de resultados da empresa. Ou se melloran as condicións laborais e de servizo ou o conflito moi probabelmente continuará”, advirte o portavoz municipal do BNG na cidade olívica.

O Concello establece medidas para facilitar a mobilidade de persoas e vehículos durante o Nadal

0

O goberno municipal ten en marcha un Plan de Mobilidade para o Nadal e un específico para o día do acendido, este venres 24 de novembro, que poden consultarse na web www.vigo.org

O alcalde deu conta este mércores do plan de tráfico destinado a “facilitar a mobilidade, dar máis seguridade e permitir que as persoas residentes nas zonas máis afectadas pola iluminación e pola afluencia de persoas teñan o mínimo de molestias”.

Así, haberá cambios no tráfico habitual, respectando o acceso aos domicilios das persoas que utilizan os seus propios medios de transporte e favorecendo o servizo de transporte público urbano.

Ante o previsible aumento do tráfico no centro da cidade e unha gran presenza de peóns durante o período navideño, o goberno de Vigo adopta unha serie de medidas que estarán vixentes desde este venres, 24 de novembro, e ata o día do apagado das luces. Ademais, hai medidas específicas en horario de 17 a 23:30 horas os días de máxima afluencia: 24, 25 e 26 de novembro; 1, 2, 3, 5, 6 ,7, 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 1, 5, 6, 7 e 14 de xaneiro.

O Concello estableceu un perímetro de acceso restrinxido a vehículos que inclúe as rúas máis próximas á zona de maior actividade do Nadal. O alcalde lembrou que a recomendación xeral é que se acceda a este perímetro soamente para o uso do transporte público, para o acceso de residentes e para o acceso a garaxes ou aparcamentos.

O plan de mobilidade, que estará dispoñible na web municipal, www.vigo.org, recolle recomendacións para peóns e para vehículos con itinerarios alternativos, unha listaxe de aparcamentos no centro e fóra do centro urbano, a localización de prazas para persoas con mobilidade reducida, os postos de emerxencia e planos coa situación dos diferentes elementos do Nadal.

La Xunta planifica en Vigo la nueva Estrategia turística de Galicia 2024-30 en colaboración con el sector

0

El delegada territorial, Ana Ortiz, destaca como pilar fundamental del futuro plan “la sostenibilidad, tanto económica como social y ambiental”

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participó este martes en la mesa de trabajo celebrada en Vigo para diseñar la diagnosis que servirá de base para la Estrategia Turística de Galicia 2024-30 de manera participativa con las aportaciones del sector. Con el encuentro organizado en colaboración con el Clúster del Turismo, el Gobierno gallego pretende dar cabida a todos los profesionales y recopilar información para incluir su visión y sugerencias.                                                                                           

“Esta futura estrategia tendrá como uno de sus pilares fundamentales a sostenibilidad tanto económica, social como ambiental”, señaló la representante autonómica. Ana Ortiz recordó que desde el año 2021 hasta finales de este 2023 la línea de trabajo de la Xunta en materia *turístca estuvo marcada por la planificación realizada *trala pandemia con el Plan Director “Galicia Destino Seguro”

Además, añadió que ahora la Xunta de Galicia, por medio de Turismo de Galicia, ya está planificando la próxima por lo que comenzó con un proceso de diagnosis previo que permitirá conocer “de *manera analítica y, desde una visión de conjunto, el estado de situación” del turismo en Galicia para elaborar la futura hoja de ruta.

“La Xunta fue quien de llevar a cabo a reactivación turística de Galicia después de la crisis sanitaria provocada por la Covid-19 y recuperar, y mismo superar, indicadores de ocupación y rentabilidad anteriores a la pandemia”, apuntó.

Destacó también que en la actualidad, gracias a colaboración público-privada, están realizándose 20 mesas de trabajo en toda Galicia -seis en la provincia de Pontevedra- en las que participan distintos agentes públicos y privados del sector y que ya contaron con la participación de más de 270 personas. Así, hasta el 1 de diciembre, se analizan la situación actual valorando las necesidades y los retos para los próximos años y se recoge información directa de los agentes del sector.

Vivienda y gasto social, los ejes fundamentales sobre los que pivotan las propuestas del PP de Vigo para los presupuestos municipales de 2024

0

Los populares mostrarán mañana en el pleno extraordinario su total rechazo a las cuentas que los socialistas proponen para el próximo año con una enmienda a la totalidad

Afean al Gobierno local por tramitar el documento contable fuera del plazo legal e insisten en el “continuismo” de unas cuentas que vuelven a rescatar proyectos de otros ejercicios que acumulan años de espera

Explican que los números no se ajustan a la realidad económica y social de la ciudad, en un contexto de alta inflación e incertidumbre económica, situando a Vigo en la cola de la competitividad fiscal de Galicia

El PP de Vigo defenderá mañana, durante la celebración del pleno extraordinario, una enmienda a la totalidad de los presupuestos municipales para 2024, tal y como anunció hace unas semanas su presidenta, Marta Fernández- Tapias, junto con una propuesta para incluir 23 proyectos en las cuentas locales, con la vivienda y el gasto social como ejes centrales.

En este sentido, el principal grupo de la oposición opina que las cuentas que presenta el Ejecutivo local no se ajustan a la realidad económica y social de la cuidad, máxime en un contexto de alta inflación e incertidumbre económica. Un marco en el que, entienden los populares, los presupuestos deberían estar más centrados en las personas y las empresas. Y todo ello empezando por una bajada de las tasas e impuestos municipales para el próximo ejercicio, muy al contrario de lo que proponen los socialistas vigueses con una subida del 4%. 

Así, el grupo municipal del Partido Popular apuesta por incrementar el gasto social hasta los 30 millones de euros de forma que se cumpla con la recomendación del gasto mínimo de 100 euros/ persona a través, entre otros, de un incremento superior al IPC de las ayudas destinadas a comedores sociales.

Con respecto a la vivienda, instan al Gobierno local a crear una Oficina Municipal de la Vivienda para que, una vez se apruebe el PXOM, el Concello multiplique su impulso por la vivienda social en compra o en alquiler más allá de los 27 pisos previstos en Esturáns. Al hilo de este tema, proponen la puesta en marcha de un plan de viviendas sin barreras, con ayudas para particulares y comunidades de vecinos, para la realización de mejoras en la accesibilidad de sus viviendas.  

En relación a las infraestructuras, proponen los populares que se aumente la partida prevista para la reforma de la grada de Gol, en el Estadio Municipal de Balaídos, hasta llegar al mismo presupuesto que dedicará la Diputación de Pontevedra en sus presupuestos del próximo año, con 2,5 millones de euros.

Apuestan también por la inclusión de partidas para la mejora de los accesos al IFEVI en las vías de titularidad municipal; el desarrollo del bulevar Ría de Vigo; o la conexión prometida, anunciada y nunca ejecutada entre Navia y A Bouza, entre otras propuestas.

A la cola en competitividad fiscal

Los populares critican que el Gobierno local tramite el documento contable fuera del plazo legal. Al tiempo, mantienen que se trata de unos presupuestos “inflados, descontextualizados y poco fiables” y que el Gobierno socialista de Abel Caballero vuelve a presentar unas cuentas “continuistas” que se limitan a rescatar proyectos de otros ejercicios que acumulan años de espera. Por otro lado, reprochan que el documento sitúe a Vigo en la cola de la competitividad fiscal de Galicia, ya que no ayudan a las familias y no favorecen el crecimiento económico, al no atraer inversiones ni generar empleo.