Ortiz destaca el «crecimiento» y el «salto de calidad» del concurso vigués Talent Show Megaestrelas como escaparate artístico de la ciudad

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo presentó este martes una nueva edición del certamen, que contará este año con una categoría para mayores de edad

Las audiciones en busca del talento vigués se realizarán los cuatro sábados del próximo mes de mayo en el escenario de Vialia

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacó este martes a evolución del concurso vigués Talent Show Megaestrelas (hasta ahora Pequestrelas) como plataforma de impulso para los artistas emergentes en la ciudad. La representante autonómica incidió en la importancia de la alianza entre el Gobierno gallego y el certamen con el objetivo de descubrir nuevos talentos con acento vigués.

«El concurso demostró de nuevo su capacidad para crecer y dar un salto de calidad con la incorporación de nuevas categorías», señaló la delegada de la Xunta durante la presentación. Según explicó, la administración autonómica mantiene su apoyo al Talent Show en esta nueva etapa en la que, tras las numerosas peticiones, también podrán participar personas mayores de edad

Acompañada por Kike Corbacho, promotor del evento y director de la productora gallega de televisión Linea Press, Ana Ortiz invitó a los vigueses a asistir al evento que se celebrará los próximos 4, 11, 28 y 25 de mayo en el escenario Foodcourt de Vialia Vigo. Serán la antesala de la gala final que tendrá lugar el 1 de junio en el mismo lugar.

Durante la presentación del concurso en la sede de la Delegación territorial de la Xunta en Vigo, hubo tiempo para que Candela Fernández, ganadora de la modalidad de cuanto en la edición anterior, había interpretado una canción. Además, se proyectó el vídeo grabado en las Illas Cíes y protagonizado por el grupo juvenil de danza ganador de la última edición.

Jurado y premios

El jurado, formado por profesionales, serán los encargados de valorar a los participantes y elegir a los mejores en las categorías de canto, baile, magia e interpretación. Los castings serán la puerta abierta al público con la limitación de aforo.

En la categoría Pequestrelas los premios serán cuatro becas del Conservatorio Mayeusis, grabación de un disco, carátula y sesión fotográfica, grabación de un videoclip, entradas para el Parque Acuático de Cerceda, diplomas para los finalistas y un fin de semana en las Illas Cíes con curso de buceo. Y en la categoría Megastrelas será la grabación de un disco, carátula y sesión fotográfica, grabación de un videoclip, diplomas para los finalistas y un fin de semana en las Illas Cíes con curso de buceo.

Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol

0

O Concello, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, organizou este 23 de abril unha lectura pública dedicada á novela “Os Pazos de Ulloa” de Emilia Pardo Bazán

Abel Caballero participou este martes na celebración do Día do Libro dando lectura na Porta do Sol a diferentes fragmentos de novelas de Emilia Pardo Bazán nun acto ao que se sumaron voluntarios municipais, encabezados por Marisé Pérez Mariño e Ramón Ilarri, xunto á cidadanía viguesa, que foron lendo partes de “Os Pazos de Ulloa”.

O alcalde agradeceu o labor que realiza, non soamente nesta xornada senón durante todo o ano, o persoal que forma parte do voluntariado cultural municipal achegando, por exemplo, a lectura a diferentes colectivos en colaboración coa Biblioteca Municipal Neira Vilas. O pasado mes de marzo realizaron lecturas dedicadas á muller, á “Xeración Beat”, grupo de escritores americanos dos anos 40-50 e no mes de febreiro, organizaron unha homenaxe ao escritor Julio Cortázar.

Ademais, durante esta xornada haberá actividades no MARCO: unha charla coas escritoras María Rod, María Solar e Raquel Campos Pico, que contarán a súa experiencia no mundo literario (Salón de Actos) e haberá un bookcrossing, con depósito de libros por distintas partes da cidade. O Museo acollerá o xoves 25 “MARCO Conversas” con Rosendo Cid e Manuel Vilariño e o venres 26 “MARCO Conversas” con Din Matamoro e Teresa Moro.

A Biblioteca Neira Vilas celebra o venres o ciclo “Contos Dakí: Ángeles Goás”, con contos rescatados de tradición oral.

Vitrasa súmase á celebración do 23 de abril cunha campaña de fomento da lectura. As persoas que utilicen hoxe os autobuses das liñas C1, 4, 5 e C3 poderán intercambiar os libros nun total de 29 autobuses.

O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo

0

O rexedor, acompañado polos concelleiros Ángel Rivas, Patricia Iglesias e Nuria Rodríguez, puxo en valor o “cambio marabilloso” e cara á modernidade que representa para Vigo a praza de Vialia durante a firma do convenio de colaboración asinado con Ceetrus Urban Player Spain polo que o Concello convértese en propietario do espazo e asume o mantemento conxunto coa concesionaria durante 50 anos. “Con isto garantimos que a calidade se mantén”, argumentou.

Caballero remarcou a transformación proporcionada durante o seu mandato á zona ferroviaria, onde se construíu o edificio deseñado por Thom Mayne, “un dos cinco mellores arquitectos da historia da humanidade”, que integra os principais sinais de identidade da cidade. “Esta é unha das grandes edificacións arquitectónicas de Europa” asegurou, ao remarcar que, coa intervención, “o corazón da cidade transformou un inmenso buraco negro nunha praza marabillosa” de 500 metros e no punto de confluencia todos os días de miles de persoas, que, ademais, é accesible desde un importante número de rúas da cidade. “Onde antes había un buraco agora hai un paseo con máis xente que na rúa do Príncipe”, incidiu.

El PP de Vigo reclama convertir las salas de lectura municipales en “auténticas bibliotecas” como primer paso para crear una red pública 

0

El grupo municipal popular reivindica su programa electoral, en el que ya recogía la promoción de las ‘Vigotecas’, que deben llegar a unas parroquias “abandonadas por el Gobierno de Abel Caballero”

Miguel Martín critica que el regidor socialista no haya promovido ninguna biblioteca como alcalde y que las instalaciones previstas en Teis sigan inmersas en la tramitación administrativa tras años de anuncios

El Partido Popular de Vigo ha reclamado este martes 23 de abril, Día del Libro, la conversión de las salas de lectura municipales en “auténticas bibliotecas” con fondo de libros y servicio de préstamo. Una medida que el grupo municipal del PP considera fundamental para promover la cultura como un derecho al que se debe garantizar el acceso y que, al mismo tiempo, supondría el primer paso para tejer una red pública “que atienda también y preferentemente a las parroquias, abandonadas por el Gobierno de Abel Caballero”.

Tal y como ha reivindicado el portavoz del Partido Popular en el Concello de Vigo, Miguel Martín, la creación de las ‘Vigotecas’ y su implantación por toda la ciudad figuraba como uno de los puntos clave del área de Parroquias que defendía la formación en el programa confeccionado para las pasadas elecciones municipales. Una decisión que contrasta con las políticas culturales de Caballero, quien no ha promovido ni una sola biblioteca desde que ostenta el bastón de mando en Vigo.

“Los espacios de Navia, Bouzas y Mar de Vigo, por mucho que el alcalde se empeñe en decirlo, no son bibliotecas sino salas de lectura, donde hay mesas y sillas pero nada más. Él lo sabe perfectamente y el hecho de no reconocerlo lo único que demuestra es la vergüenza que siente por ello. Por eso no lo admite y trata de vender lo que no es, inventando dotaciones culturales que no existen en la ciudad”, ha remarcado el concejal del PP vigués.

Además, existen dudas sobre el proyecto previsto para Teis, en las instalaciones del viejo centro de salud de la calle Enrique Lorenzo, que llevan años inmersas en tramitación administrativa. Caballero ha anunciado esta actuación en una veintena de ocasiones mientras los vecinos ven cómo pasan los años sin que la obra se materialice, “ante las sospechas de que el Gobierno local les dé gato por liebre”.

Así, Martín ha pedido “ir más allá” con este proyecto y con las otras tres salas de lectura de la ciudad para poner la “base” de una “verdadera red de bibliotecas municipales, con especial énfasis en las parroquias, en donde no existe ni una sola dotación de estas características”. Más tiempo lleva en espera la “promesa incumplida de la famosa Biblioteca del Estado”, que el alcalde socialista ha dado por desbloqueada en multitud de ocasiones pero que ya es mayor de edad en el imaginario colectivo y que sigue siendo “papel mojado” pese al desfile de un largo número de ministros por Vigo.

O BNG de Vigo urxe unha “emenda á totalidade” á «nefasta» política laboral do Concello

0

A fronte nacionalista mantivo un encontro co Comité de Persoal para poñer en común a situación laboral do Concello

Critican a inexecución das Ofertas Públicas de Emprego, a crecente privatización dos servizos municipais e o colapso no departamento de Recursos Humanos

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero é o campión das privatizacións, o seu Goberno en lugar de gobernar limítase a xestionar licitacións que poñen no peto de empresas privadas 2 de cada 3 euros do orzamento municipal”

O Bloque Nacionalista Galego urxe unha “emenda á totalidade” á «nefasta» política laboral do Concello de Vigo. Así llo trasladou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, ao Comité de Persoal nunha xuntanza realizada este martes, xunto co tamén concelleiro nacionalista Filipe Abalde, na que denunciaron “a política de privatización que patrocina Abel Caballero e que supón o desmantelamento do propio Concello”.

Neste sentido, Igrexas criticou a inexecución das Ofertas Públicas de Emprego, pendentes de se efectivizar desde o ano 2017 e que teñen preto de 300 prazas de persoal municipal sen adxudicar. Feito que se traduce no “colapso de moitos servizos municipais por falla de persoal” e que provoca que o Concello non poida prestar unha adecuada atención das necesidades das viguesas e dos vigueses, como exemplifican as “situacións límite” que atravesan os servizos sociais, a oficina do padrón, a área de deportes ou os servizos de bombeiros e policía local.

“É indefendíbel que mentres hai prazas municipais por adxudicar a política laboral do Concello sexa a de promover a realización de horas extra como sucedeu recentemente coa tramitación das becas de libros”, afirmou ao remate do encontro.

Caballero, campión das privatizacións

Igrexas trasladoulle á representación sindical a “frontal e radical oposición” á crecente privatización do Concello, que agora se quere alargar entregando a empresas privadas a xestión de servizos como o persoal de portería e vixilancia dos colexios públicos. Medida que conta coa oposición do conxunto da comunidade educativa e que compromete un servizo esencial no funcionamento dos centros educativos. “Abel Caballero é o campión das privatizacións, o seu Goberno en lugar de gobernar límitase a xestionar licitacións que poñen no peto de empresas privadas 2 de cada 3 euros do orzamento municipal”, subliñou.

Fronte a esta situación, o portavoz municipal nacionalista trasladoulle ao Comité de Persoal a aposta do BNG porque o Concello de Vigo se dote dunha Empresa municipal de servizos e constitúa unha Axencia local de vivenda protexida e social. Medidas que se engaden ao reclamo dos nacionalistas de promover a remunicipalización dos servizos de bus urbano e de abastecemento e saneamento de auga, que vencerán as súas prórrogas concesionais no vindeiro ano 2025.

Aliás, na xuntanza tamén se puxo en común a situación crítica do propio departamento de Recursos Humanos que provocou que desde o Comité se teña pedido o cesamento da súa xefatura. Tamén foi compartida a preocupación polos incumprimentos do Concello do seu propio Plan de Igualdade, recentemente aprobado.

La Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía, ef Business School y CESUGA se alían para que las pymes pontevedresas lideren su transformación digital

0

Firmaron esta mañana un convenio de colaboración para divulgar un nuevo proyecto de formación clave para mejorar el posicionamiento de las pequeñas y medianas empresas en el nuevo mercado

El curso, dirigido a equipos directivos, proporciona las competencias necesarias para desarrollar un plan de transformación digital a medida de cada pyme

La formación, impulsada por el Ministerio para la Transformación Digital y financiada con fondos europeos Next Generation, es 100% gratuita

El presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, José García Costas, y el de ef Business School y CESUGA (entidades integradas en efbs Grupo Educativo), Venancio Salcines, firmaron esta mañana en un acto celebrado en Vigo un convenio para colaborar en la divulgación de un nuevo programa de formación que permitirá a las pymes de la provincia liderar su transformación digital.

El plan Generación Digital Pymes, impulsado por el Ministerio para la Transformación Digital y financiado con fondos europeos Next Generation, es un mix de conocimiento y liderazgo digital que proporciona las herramientas digitales adecuadas para lograr un mejor posicionamiento del tejido empresarial en el nuevo mercado, así como mejorar su crecimiento y competitividad.

El curso es 100% gratuito para las empresas y está diseñado para equipos de dirección de pymes de entre 10 y 249 trabajadores con poca o ninguna cultura digital. Su objetivo es, precisamente, capacitarlos para aprender a desarrollar un plan de transformación digital para cada organización, realista y a medida. Cada pyme puede incorporar hasta un máximo de dos directivos o responsables. Además, está impartido por docentes que son profesionales expertos en activo en el ámbito de la transformación digital.

El programa, basado en una metodología práctica y personalizada, consta de 146 horas, impartidas en formato mixto (clases presenciales y online en tiempo real) y con mentorías y sesiones específicas con casos prácticos de éxito de procesos de transformación digital en pymes de distintos sectores: desde el industrial o el de las TIC hasta el agroalimentario o el de servicios.

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Mos para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

0

Entre outras cuestións, a deputada analizou coa alcaldesa da vila, Nidia Arévalo, o proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de reunirse en Mos coa súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e membros da Corporación Local para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Entre outras cuestións, as dirixentes afondaron no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros.

A actuación en Dornelas, tal e como remarcou a deputada, trátase dunha obra que se vai acometer de “xeito inminente”. O proxecto atópase moi avanzado, segundo informou Couselo, e, nestes momentos, o Concello de Mos está a ultimar termos relacionados cos terreos. Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, a deputada provincial e a alcaldesa de Mos analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

O BNG propón unha Semana da Literatura para converter Vigo na grande cidade galega do libro

0

A fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade

Chama a potenciar a actual Feira do Libro, convocar un certame literario municipal e promover a organización dun Forum Editorial con vocación internacional

Ana Martínez: “De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das nosas grandes autoras e autores, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas”

O Bloque Nacionalista Galego propón a posta en marcha dunha gran Semana da Literatura en Vigo. Con motivo do Día Internacional do Libro, a fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade.

“Vigo ten todas as condicións para se converter na grande cidade galega do libro”, reivindicou a concelleira do BNG, Ana Martínez, quen trasladou unha batería de propostas na Comisión Informativa de Cultura celebrada este pasado luns para que o Goberno municipal teña “máis audacia e altura de miras” nesta materia.

Chamou nese sentido a potenciar “como se merece” a actual Feira do Libro, poñendo fin ao “maltrato e abandono” dos últimos anos. Pediu tamén que o Concello convoque un certame literario municipal e promova a organización dun Forum Editorial, con vocación internacional nomeadamente cara á lusofonía, que permita poñer Vigo no mapa mundial da edición e a literatura.

“De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das grandes autoras e autores que temos na cidade, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas que potencien e acheguen os libros como a grande porta de acceso á cultura que son”, puxo en valor a concelleira nacionalista. “Temos que darlle un xiro ás políticas municipais coas que o Goberno de Caballero avanzou na desertización cultural da maior cidade de Galicia”, defendeu.

Martínez lembrou que na cidade tiveron e teñen a súa sede as principais editoriais galegas, e tamén selos de menor tamaño pero de vangarda que desenvolven un papel fundamental para dinamizar e alentar as nosas letras. “Vigo fomos o berce do rexurdimento da literatura galega e fomos  a cidade onde un 17 de maio de hai 161 anos se imprimiu por vez primeira o poemario Cantares Gallegos de Rosalía de Castro”, asegurou, poñendo en valor da urbe como importante polo na creación e edición literaria.

Sen novas bibliotecas dende 2011

A falla de compromiso do Concello coa promoción da lectura queda evidenciada, a xuízo do BNG, no feito de que o Goberno de Abel Caballero non teña aberto ningunha nova biblioteca dende 2011, cando se inaugurou a Neira Vilas no Calvario por impulso do Bloque. En troca, a edil nacionalista lamentou que o único que se promoveu nos últimos anos son “presuntas salas de lectura nas que non hai nada para ler, sen libros, sen persoal bibliotecario e sen ningunha actividade”. Reiterou nese sentido a necesidade de despregar unha rede municipal de bibliotecas que atenda a todos os barrios e parroquias.

Teis lémbralle a Caballero que leva unha década agardando por unha biblioteca

0

A Asociación veciñal reivindica unha vez máis esta infraestrutura e propón que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000 e cunha superficie de 1.000 metros cadrados, se destine a este uso

A Asociación Veciñal de Teis, coincidindo coa celebración do día do Libro este 23 de abril, denuncia que o barrio vigués leva dez anos agardando pola construción da biblioteca para a parroquia, «anunciada por Abel Caballero, alcalde de Vigo, nas olimpíadas escolares de Teis».

Desde a Asociación reivindican unha vez máis que Teis necesita unha biblioteca e propoñen que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1.000 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Unha biblioteca con libros

A Asociación defende que este edificio acolla unha «biblioteca do século XXI». «Queremos que este edificio conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como pretende o goberno municipal», subliñan.

«Despois de 10 anos e de que Abel Caballero, citara o proxecto publicamente en 20 ocasións, só hai anuncios e infografías, de feito o último anuncio é que a biblioteca estaría en funcionamento en 2022, pero a día de hoxe aínda, nin se comezou o derrubo do actual edificio, nin hai unha data para o comezo das obras e non coñecemos cal é o proxecto definitivo para este edificio», conclúen nun comunicado remitido hoxe aos medios.

La Xunta pondrá en marcha de 166 nuevas plazas públicas para el cuidado de personas con discapacidad

0

Esta medida facilitará que los usuarios y sus familias sean atendidos en su entorno, sin necesidad de que tengan que hacer largas distancias

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, anunciaba ayer que la Xunta pondrá a la disposición de las personas con discapacidad 166 nuevas plazas públicas de atención diurna y residencial distribuidas por toda la comunidad y por las que acercará 14,6 millones de euros durante los próximos cuatro años.

El Ejecutivo autonómico aprobó en el Consello de esta mañana la puesta en marcha de estos nuevos servicios que gestionarán las entidades sociales, una medida que «facilitará que los usuarios y sus familias sean atendidos en su entorno, sin necesidad de que tengan que hacer largas distancias», indicó.

Estas nuevas plazas se suman a las más de 5.000 en centros de día y residencias que financia el Gobierno gallego en la actualidad a través del concierto social, una «demanda histórica» del tercer sector que ya está vigor desde el pasado día 1 de marzo. 

Tal y como apuntó el titular de la Xunta, serán nuevas plazas en atención a dependientes «con espectro autista, discapacidad física, parálisis cerebral, daño cerebral y discapacidad intelectual», apuntó.

Con la aprobación de este acuerdo, el Gobierno gallego da respuesta a uno de los compromisos fijados para los cien primeros días de legislatura: el impulso de nuevas plazas de residencia y centros de día para mayores y personas con discapacidad. 

1.100 nuevas plazas 

De hecho, en este inicio de mandato, la Xunta dio luz verde a una inversión de 18,5 millones de euros para la creación de 650 plazas en residencias y centros de día de titularidad municipal, al impulso de otras 100 plazas con la creación de 20 nuevas casas del mayor; a estas 166 nuevas plazas de atención a la discapacidad y la próxima entrada en funcionamiento de las nuevas residencias de mayores de Santiago de Compostela y Lugo, ya entregadas por la Fundación Amancio Ortega y cuya «previsión es que en mayo entren en funcionamiento», según apuntó Rueda, y que suman otras 240 plazas. 

En total, el Ejecutivo gallego impulsó la creación de más de 1.100 nuevas plazas públicas en residencias y centros de día.