Interceptados dos furtivos en una playa de Teis

0

El pasado día 4 de junio, a las 09:30 horas de la mañana una patrulla de motoristas pertenecientes a Policía Local de Vigo observó como en la playa situada en Camiño Laranxo (Teis) había dos personas realizando actividades de marisqueo.

Los agentes se dirigieron a estos, solicitando la pertinente licencia para la extracción del marisco, comprobando que carecían de cualquier tipo de autorización administrativa que le permitiese la actividad que ambos realizaban, por lo que se procedió a su identificación para posteriormente dar cuenta de los hechos a la Consellería de Pesca.

Los agentes decomisaron los aparejos de pesca que utilizaban, así como un total de 5 kilos aproximados de almejas, las cuales fueron devueltas a su hábitat natural en coordinación del Guarda Rural de la Cofradía de Pescadores de Vigo, quien se hizo cargo de los utensilios de pesca retirados por los Agentes de la Policía Local.

El PP de Vigo denuncia que la oficina de turismo ha cerrado este viernes por falta de personal e insta a Caballero a dejar de ser un “mal anfitrión”

0

El grupo municipal popular critica que uno de los tres puestos de trabajo que hay en este punto de información lleva años sin cubrirse y reclama que se tomen “las medidas oportunas” para solucionar el problema

Miguel Martín considera “inaceptable” que el regidor socialista presuma de visitantes mientras se muestra “incapaz” de ofrecerles una atención “adecuada” y hay riesgo de que la situación se convierta en “recurrente”

El Partido Popular de Vigo ha denunciado que la oficina de turismo que el Gobierno local habilitó en el número 8 de la calle López de Neira ha cerrado este viernes debido a la falta de personal. Tal y como ha desvelado el portavoz del grupo municipal del PP, Miguel Martín, este servicio de atención al visitante ha mantenido bajada su persiana a las puertas del fin de semana debido a que ninguna de las tres personas que hay en plantilla estaba disponible.  

El concejal popular considera “absolutamente inaceptable” que Abel Caballero “se jacte constantemente” del incremento de visitantes a la ciudad, especialmente de turistas extranjeros, mientras se muestra “incapaz” de ofrecer un servicio de atención e información “de manera adecuada”. Así, el PP de Vigo ha exigido al regidor socialista que “deje de ser un mal anfitrión y atienda como se merece a quien viene a conocernos”. “Es lo mínimo que se debe hacer”, ha añadido Martín.

El portavoz del principal partido de la oposición en el Concello de Vigo ha mostrado su temor ante la posibilidad de que estos cierres sean “intermitentes” durante el verano, en plena temporada alta. Por ello, ha reclamado al Gobierno local que tome “las medidas oportunas” para que la falta de personal no se convierta en “recurrente”. Según ha advertido, una de las tres personas que trabaja en la oficina municipal de turismo lleva tres años en excedencia y nunca ha sido sustituida. “No sabemos a qué espera Caballero para hacerlo”, ha apuntado Miguel Martín.

El grupo municipal del PP de Vigo ha recordado que este problema “no es ni mucho menos nuevo” sino que se reproduce “cada cierto tiempo”. “Especialmente sangrante fue la histórica jornada del 19 de septiembre del año pasado, un día en el que Vigo recibió cinco cruceros a la vez, con más de 15.000 turistas a bordo. Pues bien, ese día, sorprendentemente, no hubo nadie en este punto de información para atender a los turistas”, ha reseñado el edil popular.

Luis López anuncia “Meu Concello”, unha novidosa app móbil que a Deputación pon en marcha para mellorar a comunicación entre os concellos e os seus cidadáns

0

O servizo, que estará dispoñible para a cidadanía de 28 concellos da provincia, poderá descargarse nas tendas de aplicacións a partir do 12 de xuño

A Deputación de Pontevedra porá en marcha o vindeiro 12 de xuño a nova aplicación móbil “Meu Concello”, que funcionará como unha canle directa de comunicación entre a cidadanía e os 28 concellos da provincia adheridos ao proxecto: A Cañiza, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Mos, O Grove, Pazos de Borbén, Pontecesures, Portas, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Vilaboa. Trátase dunha iniciativa financiada con recursos dos fondos Next Generation para a modernización e dixitalización das entidades locais de  menos de 20.000 habitantes. 

“É evidente que a dixitalización na Administración veu para quedarse” asegurou o presidente provincial Luis López quen engadiu que “se a semana pasada lles informaba da entrega de 640 equipos informáticos  a concellos, hoxe sentímonos igual de satisfeitos presentando esta aplicación que servirá de canle directa de comunicación”. Neste eido, Luis López explicou que os veciños poden poñer en coñecemento do Concello aquelas incidencias que detecten na súa localidade e este poderá coñecer, así, as necesidades e problemas do municipio para darlles resposta. Ademais, a aplicación móbil tamén permitirá ao Concello enviar avisos á cidadanía, sumando así unha canle de comunicación áxil, inmediata e eficaz.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Meu Concello, que estará dispoñible en Google Play (para Android) e a APP Store (para iOS) de maneira gratuíta. Trala súa instalación  o usuario só ten que seleccionar o seu concello e, para comunicar unha incidencia, basta con premer sobre o botón “Nova Incidencia”, o que despregará un menú coas diferentes tipoloxías. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar e, de forma automática, a aplicación detecta as coordenadas exactas nas que se atopa o problema. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia, escribir unha observación sobre a mesma e premer o botón de enviar.

Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe a notificación e, a partir dese momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán, á súa vez, recibe unha notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado. Tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón de “Enviadas”. Ademais de comunicar unha incidencia, o usuario pode acceder a información propia do municipio e a puntos de interese do mesmo. Ao servizo tamén se pode acceder a través do dominio https://”nomedoconcello”.meuconcello.com. Basta con introducir unhas claves de acceso para así poder utilizar todas as funcionalidades que ofrece a ferramenta. A través da implantación deste canal directo de comunicación entre o Concello e os seus administrados, preténdese coñecer as necesidades reais do municipio para así poder atender dunha forma mais rápida e precisa as peticións dos veciños.

Los Puertos de Vigo y A Coruña apuestan por complementarse

0

El presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Carlos Botana, y su homólogo en A Coruña, Martín Fernández Prado, participaron esta mañana en un evento organizado por el Clúster da Función Loxística de Galicia en el marco del SIL Barcelona, la feria líder de Logística, Transporte, Intralogística y Supply Chain del Mediterráneo y del Atlántico. Concretamente, los máximos responsables de los puertos gallegos intervinieron en el evento “LA GALICIA LOGÍSTICA, ejemplo de colaboración público-privada” para debatir sobre Galicia como ejemplo de gestión portuaria. Una mesa que fue moderada por Rafael Sabucedo, miembro de la junta directiva del Clúster en representación de Deltacargo. Durante su intervención, tanto Botana Lagarón como Fernández Prado apostaron por la complementariedad de los puertos gallegos y la importancia de la logística para ser más eficientes. Tras el evento, se trasladaron al stand de Galicia junto a la conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O orzamento de Urbanismo aumenta en case 1 millón para impulsar o plan de alugueiro de vivenda baleira

0

O goberno local segue promovendo o programa de alugueiro de vivendas a prezo taxado para o que iniciará o próximo martes unha modificación orzamentaria de 885.130 euros, dos que 150.000 serán destinados a este programa

O resto do montante estará destinado a adquirir parcelas no entorno do Ifevi e no paseo do Lagares así como para urbanizar distintas zonas da cidade

A Xerencia de Urbanismo aprobará o martes que vén un aumento do orzamento de 885.130 euros financiado a cargo dos aforros municipais. Un dos obxectivos desta modificación orzamentaria é poñer en marcha o programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade, iniciativa dotada con 150.000 euros. Respecto do resto do orzamento, tal e como precisou o rexedor, destinaranse 215.130 euros á adquisición de parcelas para a ampliación do Ifevi e o paseo do Lagares e 520 euros á urbanización de distintas zonas da cidade como a Praza de Moledo (Sárdoma), a Praza de Pescadores (Casco Vello), o contorno do paseo del Lagares ou o aparcamento de Becerreira (Cabral).

Programa de vivendas

Caballero detallou que en Vigo existen case 13.000 inmobles vacíos e a intención do goberno local é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de achegas para promover a incorporación de pisos baleiros ao mercado. A duración mínima do contrato de arrendamento son cinco anos e poderán formar parte deste programa inmobles desocupados propiedade de persoas físicas que recibirán axudas para poñer no mercado de alugueiro a prezo taxado vivendas que, cunha pequena inversión ou unha garantía aos propietarios, poidan ofertarse en alugamento.

A previsión é subvencionar ata o 50% do valor das obras de mellora e equipamento (pintado, reparación, modificación de baños e cociñas, mellora da instalación eléctrica ou cambio de ventás), cun máximo de 8.000 euros; o 100% do custo da emisión do certificado enerxético ou o 100% ou o 100% do contrato dun seguro de impago.

O goberno municipal dedica 70.000 euros ao festival Conexions Vigo da Fundación Mayeusis

0

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a subvención nominativa á Fundación Mayeusis para a organización do programa que prevé 34 concertos en espazos naturais da cidade

O alcalde puxo en valor este convenio e explicou que desde o goberno municipal “seguimos facendo música e cultura na cidade” a través do convenio coa Fundación Mayeusis para financiar o programa “Conexions Vigo 2024” que ten un importe de 70.000 euros.

O festival desenvolve un programa con 34 concertos en diferentes formatos (cámara, grupo e big band) e ofrece tres tipos de programación musical: clásico, folk-tradicional e jazz chegando a máis de 25 espazos abertos da cidade.

O Halo supera os 560.000 usos dende a súa apertura

0

Abel Caballero apuntou que “o Halo iniciou a súa actividade o 16 de febreiro” e dende entón conta “cunha media de entre 5.000 e 6.000 utilizacións diarias” dos ascensores

O rexedor avanzou que “cada vez teremos máis ramplas e ascensores” como sistema de mobilidade “que combate o cambio climático”

“Non hai nada igual en mobilidade ás ramplas de Gran Vía e o Halo”, reivindicou o rexedor vigués, tras sinalar que “dende a súa inauguración o pasado 16 de febreiro, o Halo alcanzou as 560.025 utilizacións”.

O ascensor Halo “é a crónica dun éxito anunciado”, contando cunha media mensual de 150.000 usos ao mes. Os datos mostran unha media diaria de 5.000 a 6.000 usos, converténdose nun imprescindible para facilitar a mobilidade á zona alta da cidade desde Rosalía de Castro, Areal e García Barbón.

O rexedor vigués detallou a “afluencia extraordinaria” dende o 16 de febreiro, día de apertura, establece que: nos 14 días de febreiro restantes foi de 80.917 usos; no mes de marzo alcanzou os 160.606 usos; 151.837 en abril; o pasado mes de maio chegou a 149.927 utilizacións, e os primeiros 4 días de xuño foron 16.738. O rexedor avanzou que “cada vez teremos máis ramplas e ascensores” como sistema de mobilidade “que combate o cambio climático”.

Luis López remarca os 2 millóns de euros do Plan +Provincia que a Deputación acaba de aprobar para que seis concellos impulsen novos investimentos

0

Estes novos recursos beneficiarán ao Porriño, Poio, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Silleda e Tui

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2 millóns de euros para que seis concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos O Porriño, Poio, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Silleda e Tui que, como explicou o presidente provincial, Luis López, poderán destinalos, entre outras iniciativas, a “mellorar equipamentos deportivos e realizar diferentes actuacións en vías e camiños municipais”. Con estas novas achegas, o goberno provincial xa aprobou 32 millóns de euros dos 48,2 dos que está dotado este programa para transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

O presidente provincial remarcou algunhas das iniciativas de elevada contía que van acometer os concellos cos recursos provinciais. Neste eido subliñou a mellora de vías municipais en Salvaterra do Miño, grazas a unha achega de 490.290 euros, ou os 441.923 euros que recibirá Poio: 161.690 euros para a mellora de firmes e servizos en Camiño Cementerio, 3ª Travesía da Seara e Camiño Outeiro, e 280.232 euros para a mellora de camiños municipais nos ramais dereito e esquerdo da rúa Sartal. Tamén remarcou Luis López o medio millón que recibe Rodeiro, para igualmente a mellora de camiños municipais das parroquias do Az, Guillar, Santa. Mariña de Pescoso, O Salto, Camba, Carboentes, Asperelo e Arnego. Neste eido o presidente recalcou que “nunha semana fomos quen de mobilizar case un millón de euros para a mellora de vías para o concello dezán”.

Ademais de recursos para Salvaterra, Poio e Rodeiro, a Xunta de Goberno aprobou no marco da liña 1 de investimentos do Plan +Provincia outros 368.290 € para a mellora de camiños municipais en Manduas e Refoxos, en Silleda; 110.289 € para a reforma dun local destinado a servizo de atención temperá e centro de xogos infantís no Porriño, e 87.457 € para a mellora da salubridade e o consumo enerxético da pista polideportiva de Randulfe, en Tui.

Desalojan un edificio en Tomiño al declararse fuego en una cocina

0

Dos de las vecinas del inmueble tuvieron que ser atendidas por inhalar humo

Un incendio registrado este viernes en una vivienda de Tomiño (Pontevedra) ha obligado a evacuar un edificio por precaución, y dos vecinas han tenido que ser atendidas por personal sanitario debido a la inhalación de humo, según han informado fuentes del 112 Galicia, 061 y de la Policía Local.

La alerta saltó sobre las 9,40 horas, cuando la Policía Local informó al CIAE 112 de que se veía salir humo negro por la ventana de de un edificio de la calle A Guarda. Además del 061, los servicios de Emergencias alertaron también a los bomberos del parque de O Porriño, al GES de A Guarda y a Protección Civil.

La Policía Local procedió a desalojar el inmueble, de 16 viviendas, por precaución, debido a la gran cantidad de humo, y Urxencias Sanitarias envió a la zona una ambulancia de soporte vital básico. Así, fueron trasladadas a un centro de Atención Primaria dos mujeres por inhalación de humo, M.C.P.P., de 57 años de edad y S.F.P., de 30 años.

Según han informado fuentes del CIAE 112 el origen del fuego estuvo en la cocina de uno de los pisos, cuyos moradores se habían puesto a cocinar y se habían quedado dormidos.

La Policía Nacional desarticula tres puntos de venta de droga en Vigo

0

Entre la sustancia estupefaciente, tenían hachís, marihuana, cocaína, heroína, MDMA, cocaína rosa y ketamina

Cinco personas han sido detenidas, cuatro de ellas en Vigo y la otra, en Salceda de Caselas (Pontevedra), en un operativo de la Policía Nacional de Vigo-Redondela, grupo Udyco (Unidad de Drogas y Crimen Organizado), que permitió desarticular tres puntos de venta de droga en la ciudad más poblada de Galicia, dos en el barrio de Lavadores y otro en la parroquia de Saiáns.

La investigación, según ha informado la Policía Nacional, comenzó hace seis meses tras recibir informaciones sobre un posible punto de venta de sustancias estupefacientes en la zona de Saiáns. Los investigadores constataron que una pareja, desde su propio domicilio, distribuía pequeñas cantidades de distintos tipos de sustancia estupefaciente.

Los dos recibían el material de tres proveedores independientes, dos de los cuales traficaban, presuntamente, desde sus respectivas residencias, ambas en el barrio de Lavadores.

A los cinco les atribuyen un delito de tráfico de drogas y en el registro de sus viviendas -una en Saiáns, dos en Lavadores y dos en el entorno de Salceda de Caselas- se les incautaron más de 30.000 euros en efectivo, tres vehículos utilizados para ejercer la actividad delictiva, un arma de fuego, una pistola táser, una navaja de mariposa, una carabina de aire comprimido, básculas de precisión, útiles para la elaboración de la droga, y distintas cantidades de droga.

Entre la sustancia estupefaciente, tenían hachís, marihuana, cocaína, heroína, MDMA, cocaína rosa y ketamina. Los detenidos han pasado a disposición judicial del Juzgado de Instrucción número 1 de Vigo este viernes.

En los registros -cuatro de los cinco se hicieron de manera simultánea- intervinieron también el Grupo Operativo Especial de Seguridad (GOES-A Coruña y GOES Bilbao), la Unidad de Intervención Policial (UIP A Coruña), Guías caninos (A Coruña), y la Unidad de Prevención y Reacción (Vigo).