O goberno municipal dedica 70.000 euros ao festival Conexions Vigo da Fundación Mayeusis

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a subvención nominativa á Fundación Mayeusis para a organización do programa que prevé 34 concertos en espazos naturais da cidade

O alcalde puxo en valor este convenio e explicou que desde o goberno municipal “seguimos facendo música e cultura na cidade” a través do convenio coa Fundación Mayeusis para financiar o programa “Conexions Vigo 2024” que ten un importe de 70.000 euros.

O festival desenvolve un programa con 34 concertos en diferentes formatos (cámara, grupo e big band) e ofrece tres tipos de programación musical: clásico, folk-tradicional e jazz chegando a máis de 25 espazos abertos da cidade.