O BNG de Vigo volve pedir que se naturalice a Porta do Sol instalando arboredo

0

A fronte nacionalista lembra que o proxecto inicial contemplaba zonas axardinadas e que o alcalde prometera a instalación de árbores

Xabier P. Igrexas: “O quilómetro cero da nosa cidade non pode seguir sendo un ermo gris que é insoportábel nos días de calor”

O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar a demanda de naturalizar a Porta do Sol coa instalación de arboredo, cando se cumpren dous anos da súa apertura tras as obras de renovación e peonalización da praza.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, afirmou que “é incomprensíbel que en pleno século XXI se insista nun modelo de praza dura, convertendo o quilómetro cero da nosa cidade nun ermo de cor gris pedra de 3 mil metros cadrados, equipado só con macroterrazas privadas da hostalaría”

Igrexas lembrou que o proxecto inicial da reforma da Porta do Sol contemplaba zonas axardinadas e que o propio Abel Caballero chegou a prometer en setembro de 2022 que se ían  instalar “árbores colosais en grandes macetas” (sic).  Unha medida que, apuntou, “acabou no caixón infinito das promesas incumpridas xunto a outros anuncios, como a ocorrencia de querer instalar grandes velas de tea para crear espazos de sombra”, como comprometera o alcalde en maio do pasado ano.

Para o BNG é imprescindíbel dotar a Porta do Sol de arboredo para facer desta grande praza “un espazo habitábel, no que vivir e convivir, e non só un espazo que atravesar” e por iso defenden que “non podemos resignarnos a que o único verde no corazón da cidade sexan uns poucos exemplares de liquidámbar reinstalados na Praza da Princesa ou unha árbore enmacetada nun banco”.

O portavoz municipal nacionalista subliñou que “o arboredo ten un papel fundamental para dar vida aos espazos urbanos”, porque fornece de zonas de sombra, regula a temperatura e permiten a presenza doutra flora e fauna. “Hoxe existen solucións tecnicamente posíbeis e factíbeis para naturalizar a Porta do Sol sen que impida outros usos como a celebración de grandes eventos”, acrecentou.

Por iso desde a fronte nacionalista remarcan a oportunidade de dotar o centro da cidade dun grande espazo público para o xogo seguro das crianzas, para o lecer das persoas maiores e para o desfrute do conxunto as viguesas e do vigueses durante todos os días do ano “en lugar dunha parcela empedrada que é insoportábel nos días máis calorosos, como se está a vivir nas últimas semanas”.

La Valedora do Pobo vuelve a reprender al gobierno de Caballero por un nueva ocultación de un expediente solicitado por el Partido Popular

0

La Valedora admite la queja del grupo municipal tras serle denegado por el concello el expediente relacionado con la gestión del Centro Integral de Inclusión y Emergencia Social (CIIES)

Una ocultación que demuestra, una vez más, la falta de transparencia  del gobierno socialista que reiteradamente retrasa o deniega injustificadamente el acceso a la información por parte de la oposición

La Comisión de Transparencia de Galicia ha estimado la reclamación interpuesta por el concejal del grupo municipal del PP Fernando Abeijón ante el incumplimiento del gobierno de Caballero de facilitar la visualización del expediente relacionado con la gestión del Centro Integral de Inclusión y Emergencia Social (CIIES) de Marqués de Valterra.

En este sentido, la institución ha abierto expediente al concello y reclamado que cumpla con su obligación en los próximos días, después de que el pasado mes de mayo ya instara por primera vez al gobierno local a cumplir con la normativa de transparencia y facilitar la información requerida.

“Desde el partido Popular de Vigo queremos denunciar un nuevo obstáculo por parte del gobierno de Abel Caballero a nuestra labor como oposición. Uno más de tantos que inciden en lo mismo, negar a este grupo municipal el acceso a la información a la que tenemos derecho para poder ejercer nuestra labor de control y fiscalización de este ejecutivo local”, ha denunciado Abeijón.

El concejal popular quiere comprobar si la entidad gestora cumple con los requisitos del pliego técnico, así como tener acceso a las quejas y reclamaciones registradas sobre el funcionamiento del servicio y a las actas y requerimientos de inspección.

“Una ocultación que demuestra, una vez más, la falta de transparencia de este gobierno socialista que reiterada e intencionadamente retrasa o deniega injustificadamente el acceso a determinada documentación que, por ley, está obligado a facilitar”.

Abeijón ha lamentado esta forma de proceder del gobierno de Caballero y confía en que la mediación de la Valedora do Pobo haga reflexionar y rectificar al concello. “Una vez más, lamentamos que tengamos que recurrir a la Valedora do Pobo para poder llevar a cabo nuestro trabajo como oposición frente a un gobierno que no quiere que se sepa que está pasando en la ciudad más allá de lo que nos cuentan cada día desde Alcaldía”, ha dicho.

O Concello recibe “luz verde” do informe de Aviación Civil para a aprobación do PXOM

0

Abel Caballero informou que o Concello recibiu o informe de Aviación Civil do Goberno de España para seguir adiante co PXOM. “Agora enviámoslle á Xunta, que fai a avaliación final, despois será remitido a Costas para un último informe e partir de aí, aprobación definitiva no Pleno”, explicou

Vigo ten “luz verde” do Goberno de España para seguir adiante coa aprobación Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concello recibiu o informe de Aviación Civil asinado como favorable, así como o de Telecomunicacións, xa fai un mes.

Abel Caballero celebrou a recepción destes documentos “porque son un novo paso fundamental na tramitación do PXOM. O Plan de Ordenación Municipal vai a velocidade de cruceiro”, declarou

O alcalde explicou que “agora enviámoslle á Xunta, que fai a avaliación final, despois será remitido a Costas para un último informe e partir de aí, aprobación definitiva no Pleno”.

“O Plan vai a velocidade de cruceiro e cambiará historicamente a cidade de Vigo”, dixo o rexedor. O novo PXOM garante o acceso á vivenda, máis espazos verdes e novas dotacións e servizos imprescindibles.

Rueda destaca Galicia como un territorio favorable para emprender y para consolidar proyectos empresariales

0

Subraya la trayectoria de los galardonados, el productor audiovisual Carlos Vasallo y la empresa familiar Aceites Abril

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, asistió en la noche de ayer en la Illa de A Toxa (O Grove) a la entrega del IV Premio de la Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) a los Empresarios del Año en Galicia y en el exterior.

En el acto, que se celebró en el marco del X Encuentro Internacional de Empresarios Gallegos, Rueda subrayó la trayectoria de los galardonados: el productor audiovisual Carlos Vasallo y la empresa familiar Aceites Abril, cuyo premio recogieron Luis y Jorge Pérez Canal.  

En su intervención en el encuentro, en el que estuvo acompañado por la conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, el presidente de la Xunta destacó ante los empresarios participantes que Galicia es un territorio favorable «para emprender, para crecer y para darle continuidad a un proyecto empresarial».

Del mismo modo, resaltó el papel de la amplia red de asociaciones de empresarios gallegos en el mundo, que sirven de apoyo a la acción exterior de la economía de la Comunidad.

A Deputación afonda no papel desenvolvido polas madriñas de Redondela durante a guerra civil e a posguerra en San Simón no faladoiro “Aquí faltan páxinas”

0

A deputada Sandra Bastos destaca a figura destas mulleres “que arriscaron a súa vida para axudar a quen non cometeu máis delito que defender os seus valores”

O barco que partiu de Cesantes cara a illa de San Simón esta tarde quedouse pequeno para trasladar a todas as persoas que non se quixeron perder un novo faladoiro do programa da Deputación de Pontevedra “Aquí faltan páxinas”, no que se afondou no papel das madriñas de Redondela. Mulleres que, como asegurou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, “arriscaron a súa vida para axudar a quen non cometeu máis delito que defender os seus valores”, e durante a guerra civil e a posguerra foron a esperanza dos presos da illa redondelá.

O presidente do Obradoiro de Estudos Locais, Fernando Monroy, foi o encargado de recuperar a súa memoria, acompañado de Rosa Otero, Eufemia Rodríguez, Manuel López e Martina Rodríguez, catro familiares das madriñas. “Historias de mulleres anónimas de Cesantes, Reboreda, Cedeira ou Ventosela, que serán lembradas sempre polo seu heroísmo”, destacou a responsable provincial de Igualdade, que lembrou que moitas delas foron “castigadas, multadas ou represaliadas, pero non dubidaron en continuar, como auténticas heroínas anónimas que achegaron esperanza aos presos sen pensar, tan sequera, no risco que isto supoñía”.

As madriñas, ou lavandeiras, de Redondela, crearon entre os anos 1936 e 1943 unha rede de cooperación para axudar aos preto de seis mil homes que estiveron presos na Illa de San Simón e dos que se estima morreron uns 700 de enfermidade e de malnutrición a causa das condicións de vida e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Estas mulleres, mesmo sen ter vinculación ningunha cos presos, ofrecéronse a lavarlles a roupa e levarlles comida, mantas, menciñas e, moitas veces, cartas de familiares agochadas entre a roupa. A súa traxectoria, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa “Aquí faltan páxinas”, será recollida nun podcast, que incluirá testemuños recollidos hoxe na illa de San Simón e que estará dispoñible nos próximos días tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify.  Nesta segunda edición do programa, que comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano, recóllense as historias de mulleres como as leiteiras de Pontevedra, a investigadora Inmaculada Paz Andrade, a escritora Avelina Valladares, a guerrilleira Placeres Castellanos, a fotógrafa Mary Quintero, a raíña Urraca I de León, “A temeraria”, a artista Mercedes Ruibal, a soprano María Pardo, a política e activista Urania Mella e a combatente María Araujo.

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024 reduce en máis dun 30% os residuos xestionados respecto ás anteriores edicións

0

Máis de 2.500 persoas -case un 40% de fóra de Galicia- asistiron ás citas musicais do Escenario Océano, no porto de Vigo, e da illa de San Simón

O festival Sinsal SON Estrella Galicia, celebrado a fin de semana pasada tanto no porto de Vigo coma no arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón, pecha a súa edición máis sostible no ámbito ambiental. A posta en marcha neste 2024 da iniciativa de concienciación #sinsalsenrastro, na que a organización do evento apelou á responsabilidade compartida á hora de transformar o modelo de consumo actual implicando a público, empresas colaboradoras e patrocinadoras na xestión dos residuos, conseguiu reducir en máis dun 30% o volume de residuos xerados (máis de 200 kg.) e facer unha recollida selectiva exitosa separando correctamente as fraccións envases, papel e cartón, vidro e resto (residuos sólidos urbanos).

O evento, recoñecido como o máis sostible nos Premios FEST nos anos 2019 e 2023, e tamén considerado o pasado ano como un dos 10 proxectos culturais estatais máis comprometidos cos ODS pola Fundación Contemporánea a través do seu informe “Lo mejor de la cultura en España”, puxo o foco na edición de 2024 na necesidade de reducir e reutilizar, así como de garantir unha correcta recollida e xestión dos residuos, coa intención de que a práctica estivese vixente durante o festival e favorecer que, co seu coñecemento, se incorporase no día a día de todas as persoas vinculadas ao mesmo. 

Para promocionar a difusión deste #sinsalsenrastro (que se suma ás iniciativas xa postas en marcha #sinsalsenplástico, #sinsalsenmaloshumos, #sinsalécircular ou #sinsalélocal),Sinsal contou cun Punto R, no que se ofreceu información sobre como separar correctamente os residuos e no que o público puido achegar os que se xeraron durante o evento (restos de comida, cartón de pizzas, etc). Ademais, para chamar a atención das e dos asistentes, a organización inutilizou todas as papeleiras da illa con materiais reutilizados (producidos en anos anteriores) e que, a modo de barreira, incluían una mensaxe disuasoria convidando ao público a visitar o Punto R. Neste novo espazo, situado nunha zona central e de paso, recolleuse tamén a vaixela reutilizable do evento e puxéronse, á disposición das e dos sinsaleiros, cabicheiros portátiles de cartón (xa que este ano se eliminaron os cinceiros comúns dos espazos habilitados para fumadores). 

Por último, este ano Sinsal animou ás e aos asistentes a asistir co seu Kit festivaleiro (pratos, pano vaso e cubertos reutilizables), unha medida que contou con boa acollida, pois cómpre salientar que, neste 2024, practicamente non se produciron residuos de envases e que a meirande parte dos que recolleu a organización foron botellas de plástico e latas que o propio público levou á illa. 

Un cartel secreto con artistas de 16 países

O Sinsal SON Estrella Galicia foi quen de manter un ano máis, en secreto, o misterio dos nomes do seu cartel, que o público só coñece ao desembarcar na illa. De novo, o evento organizado pola promotora viguesa Sinsalaudio achegou unha programación ateigada de propostas singulares, con bandas e solistas de diversas culturas, orixes –16 países- e múltiples estilos musicais, dando conta do máis interesante que está a vivir a escena musical contemporánea a nivel mundial. Entre as sorpresas desta edición, unha das máis chamativas foi a incorporación de Will Butler, ex membro de Arcade Fire, ao ‘line up’; e actuacións de figuras como a xaponesa Ichiko Aoba, o iraní Mohammad Reza Mortazavi, os murcianos Maestro Espada ou o keniata Kabeaushé foron moi celebradas polas asistentes. 

Nesta última edición, entre as citas de Vigo e San Simón, Sinsal 2024 contou con máis de 2.500 asistentes (800 persoas por día na illa -sen contar outro cento de persoas, entre equipo e artistas, que pasaron pola mesma-), dos cales un 38% proceden de fóra de Galicia, territorio que achegou a meirande parte do público, especialmente das cidades de Vigo, A Coruña e Santiago. 

Sinsal 2024, que contou co apoio institucional da Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas e da Xunta de Galicia a través de FEST Galicia, comezou o 25 de xullo coa apertura do Escenario Océano no Porto de Vigo. Unha visita pola terminal de Kaleido Logistics no peirao Transversal, unha conversa sobre patrimonio industrial e un concerto de Ombligo, celebrado nun auditorio efímero realizado con bloques de granito, daba pé a descubrir o que estaba por vir: un mar de culturas, influencias e estilos que sucarían as augas das Rías Baixas ao longo de tres xornadas. 

O venres 26 o público vigués desembarcou ao ritmo das sesións Malmequeres: rastrexando arquivos, a actividade paralela da Escola Sinsal coa que, da man de Phonotoner e dos seus casetes, o festival deu a coñecer tres coleccións sonoras cun importante valor simbólico. Se ben o primeiro día foi protagonista o arquivo de Isaac Pérez Vicente, nas seguintes ocasións tiveron o seu espazo o arquivo de A Trincheira (sábado 27) e a Fonoteca 92 de El Correo Gallego (domingo 28). 

O regreso dos vigueses Fantasmage abriu o escenario Buxos FEST Galicia, no que tamén participou unha das bandas máis relevantes da escena portuguesa do momento: Glockenwise. Pola súa banda, o escenario Santo Antón acollía a estrea en Galicia da danesa Clarissa Connelly, mentres que o escenario principal, o SON Estrella Galicia, daba a coñecer a onda tropicalista do brasileiro Sessa e o son indomable do colectivo suízo Orquestre Tout Puissant Marcel Duchamp. Por último, a enerxía sobre a pista de baile da compostelá Russ DJ (Russinha) fixo bailar ao público, sen parar, nas dúas sesións que ofreceu no escenario  Malmequeres.

O cartel do sábado 27 agochaba numerosas sorpresas para o público sinsaleiro. Por unha banda, o escenario de Santo Antón programaba o directo do virtuoso percusionista Mohammad Reza Mortazavi, mais tamén da xaponesa Ichiko Aoba, que esgota entradas de todo canto recinto visita. Antes, Goat (JP), a banda de rock minimalista do tamén nipón Koshiro Hino, sorprendía no SON Estrella Galicia coa súa complexidade rítmica ao público do festival. Este palco tamén foi testemuña doutro dos grandes momentos deste 2024: o directo da banda británico-colombiana Mestizo.  

Mentres tanto, polo escenario Buxos FEST Galicia pasaron os vigueses Isius, o cabaret psicodélico dos incorrectos Unsafe Space Garden -a da banda portuguesa foi unha das actuacións máis aclamadas desta edición- e os cataláns Prisson Affair, antes de dar paso á nixeriana Aunty Rayzor, cuxo directo gozou dunha grande acollida, ao igual que as sesións de DJ Saya, a compostelá orixinaria de Palestina e residente en Porto que transitaron entre o arab club, os hard drums ou o ggom surafricano.

Finalmente, o domingo 28 daba conta dunha sorpresa notable para o público: o peche do escenario SON Estrella Galicia da man de Will Butler & Sisters Square. O exmembro de Arcade Fire ofreceu un directo memorable para presentar a súa nova banda e disco homónimo. Antes, por ese mesmo palco, pasaron os murcianos Maestro Espada (sen dúbida un dos concertos máis emocionantes desta edición e cuxa Sesión San Simón -gravación con cilindro fonográfico- contou con ducias de espectadoras) e a manchega Lapili, na que foi a súa estrea en Galicia do seu discurso empoderado, rebelde e contra o machismo, e co que fixo bailar sen parar ao público. 

A xornada arrancou cunha dobre proposta. Por unha banda, a mestura do son ancestral da gaita e da vangarda electrónica da escocesa Brìghde Chaimbeul era protagonista de despedida do escenario Santo Antón. Pola outra, no Buxos FEST Galicia, a palestina Haya Zaatry ofrecía, en solitario, un directo vibrante no que o público non dubidou en proclamar “Free Palestine”. No mesmo palco, situado ao comezo da impresionante bóveda do Paseo dos Buxos, acolleu a continuación as citas coa portuguesa María Reis, co ugandés Afrorack e co keniata Kabeaushé, quen emerxeu como a sorpresa da xornada para ofrecer un directo excesivo, vitalista e contaxioso. O peche do domingo e desta edición, finalmente, veu da man do responsable da apertura da mesma no Malmequeres: o galego Phonotoner.  

El Ayuntamiento aprueba la reparcelación de Hernán Cortés que creará una nueva plaza en el centro de Vigo

0

El Ayuntamiento de Vigo aprobará mañana la reparcelación de la unidad de Hernán Cortés, ubicada en la confluencia de las calles María Berdiales, Hernán Cortés y Colmeiro Laforet, que incluirá una nueva plaza de uso público de 817 metros cuadrados. Así lo anunció este jueves el alcalde Abel Caballero. “Se trata de una importante actuación estructural de mejora en la ciudad de Vigo”, afirmó el alcalde.

El alcalde también adelantó que esta semana finalizarán las obras de demolición de los edificios situados entre las calles Hernán Cortés, María Berdiales y Colmeiro Laforet, que hasta hace unos meses estaban en situación de ruina y marginalidad. “La zona ya está preparada para iniciar el desarrollo del proyecto”, declaró Caballero.

El área céntrica cuenta con una superficie total de 1.760 metros cuadrados. Además de la nueva plaza de más de 800 metros cuadrados, cuyo coste será cero para el Ayuntamiento, se construirán dos edificios con un total de 63 viviendas. También se habilitará un carril de tres metros para el tránsito en la zona. “Toda la zona contará con espacios verdes y arbolado”, subrayó el alcalde.

Caballero detalló que entre las importantes mejoras que experimentará el área destaca su reordenación, “porque estaba en una situación que terminaba literalmente en un callejón; conectar la nueva plaza con la calle Simón Bolívar; tapar las medianeras que son elementos negativos, y también habrá una zona de uso comercial y aparcamientos bajo la plaza que en este momento se está creando con la demolición de los edificios”.

Con estas actuaciones, el Ayuntamiento de Vigo busca revitalizar esta céntrica área de la ciudad, mejorando tanto su estética como su funcionalidad, y ofreciendo nuevos espacios públicos y viviendas para sus ciudadanos.

La Xunta destina más de 123.700€ a la contratación de socorristas en ocho concellos del área de Vigo

0

La directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitó hoy el servicio de vigilancia, rescate y salvamento de Cangas, que recibió una ayuda de 35.000 euros para la contratación de sus socorristas durante la temporada estival

El Gobierno gallego financia hasta el 75% de los gastos de contratación de este servicio de competencia municipal a través de una orden de subvenciones dotada con 1,5M€

La directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitó hoy junto con la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, el servicio de vigilancia, rescate y salvamento de Cangas. El Gobierno gallego destinó a la contratación de los profesionales de socorrismo que prestan este servicio este verano en el concello cangués una aportación de 35.000 euros, una de las mayores cuantías a nivel autonómico, y la misma que Vigo, Ribeira y O Grove.

El municipio de Cangas es uno de los ocho ayuntamientos del área de Vigo beneficiarios de la orden de ayudas de la Xunta dotada con 1,5 millones de euros y destinada a municipios gallegos para ayudarles a sufragar los gastos derivados de la contratación de profesionales de socorrismo en espacios e instalaciones acuáticas.

Junto con Cangas, también recibirán este apoyo en el área vigués los municipios de Vigo, Moaña, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas y Salvaterra de Miño, lo que suma una aportación de más de 123.700 euros.

Segundo recordó la directora xeral de Administración Local, pese la que el servicio de socorrismo es competencia municipal, la Xunta pretende con esta convocatoria garantizar su prestación por parte de las entidades locales en las épocas de mayor concurrencia, como es la temporada estival. De hecho, la orden subvenciona los costes derivados de la contratación de este personal en el período entre lo 1 de junio y el 30 de septiembre y abarca una financiación de hasta el 75% de los gastos con un máximo de 35.000 euros, como es el caso de Cangas, hasta el 50% del presupuesto presentado, con ayudas de hasta 10.000 euros.

La diferencia de convocatorias anteriores en las que se exigía al personal estar en situación de desempleo y figurar en el Servicio Público de Empleo, en esta ocasión se amplía la cobertura al personal propio de la entidad local que presta lo del servicio de vigilancia, rescate y salvamento como a la prestación a través de una empresa externa.

Hace falta añadir que, también de cara a época estival, la Xunta cuenta con otras medidas para garantizar la seguridad en los municipios más turísticos como es el caso de las subvenciones para la contratación de auxiliares de Policía Local, que este año llega a 11 municipios, entre ellos Cangas, con un apoyo de 10.000 euros puesto que las plazas de alojamiento en comparación con la población es superior al 15%.

Fabiola García destaca el apoyo de la Xunta de Galicia al centro de día «O Son do Regueiro» de Torroso

0

La conselleira de Política Social e Igualdade visitó esta mañana estas instalaciones en las que se atiende a mayores de Mos y del entorno

El Gobierno gallego invirtió 800 mil euros en este centro que cuenta con 45 plazas y servicio de enfermería y gimnasio, entre otras prestaciones

La conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada de la alcaldesa de Mos, Clara Arévalo, visitó esta mañana el Centro de Día «O Son do Regueiro» en la parroquia de Torroso. La Xunta de Galicia invirtió más de 700 mil euros en estas instalaciones para la atención de los mayores de este ayuntamiento y de su entorno. El centro cuenta con servicio de enfermería, gimnasio, sala de actividades, sala de usos múltiples y cocina, entre otras prestaciones.

Fabiola García destacó el apoyo del Gobierno gallego para la puesta en marcha y el funcionamiento de estas instalaciones. Una actuación que se enmarca en la apuesta de la Xunta por acercar servicios públicos de calidad a todas las villas gallegas y, en concreto, la apuesta por el envejecimiento activo y la atención a los mayores a través de espacios como este, que les permiten recibir los cuidados que necesitan sin abandonar su entorno de toda la vida.

La conselleira recordó que, en el caso del concello de Mos, la apuesta del Gobierno gallego también se traduce en el apoyo a la conciliación de las familias, con 330 plazas en Escuelas Infantiles financiadas por la Xunta, y ahora, durante el verano, con la inversión de 135.000 euros para la celebración de un campamento con más de 170 chicos en el marco del Plan Corresponsables. En cuanto a discapacidad, la Xunta financia 200 plazas en centros especializados y una unidad de atención temprana con casi 270 usuarios.

El paseo de la capilla de A Guía permanece cerrado 2 años después

0

La Asociación Vecinal de Teis denuncia la inacción del Ayuntamiento de Vigo

La Asociación Vecinal de Teis ha denunciado públicamente que el paseo de la Capela da Guía lleva dos años cerrado, sin que se hayan realizado intervenciones por parte del Ayuntamiento de Vigo. Esta medida fue tomada por el mal estado de conservación del paseo, pero desde entonces, no se ha llevado a cabo ninguna obra de reparación o acondicionamiento.

Inaugurado en 1969, el paseo ha sufrido una falta de mantenimiento continuo por parte de las administraciones municipales a lo largo de los años. En la actualidad, los vecinos y visitantes que se acercan a la capilla del parque de la Guía se encuentran con una zona vallada, con la acera cortada, viéndose obligados a utilizar la carretera para pasar.

Desde la Asociación Vecinal de Teis, se exige al gobierno municipal la elaboración urgente de un proyecto con plazos definidos para acondicionar este paseo. «Estamos hablando de uno de los parques más importantes de la ciudad y un referente turístico. No es aceptable que se encuentre en este estado, vallado desde hace más de dos años y sin indicios de que se vaya a acondicionar pronto», declaran desde la asociación.

Falta de Servicios Básicos y Turismo

El parque de la Guía, uno de los más grandes de la ciudad, carece de servicios básicos como aseos públicos. «Cualquier visitante debería tener acceso a un simple aseo público en todo el parque», señalan desde la asociación.

Además, el parque ha sido excluido del itinerario del autobús turístico. La Asociación Vecinal de Teis ha solicitado en repetidas ocasiones al Ayuntamiento que se incluya el parque en el recorrido turístico, sin obtener respuesta alguna.

Importancia Arqueológica y Patrimonial

A principios de este año, se realizaron excavaciones arqueológicas que revelaron restos de gran importancia en el parque de la Guía. La asociación considera esencial llevar a cabo una excavación completa y conservar estos restos para el disfrute de los vecinos y como atractivo turístico adicional del parque.

El pasado 10 de junio, la asociación solicitó una reunión con la Concejalía de Patrimonio del Ayuntamiento de Vigo para tratar este asunto y aún están esperando una respuesta.

Potenciar el Parque de la Guía

La Asociación Vecinal de Teis ha denunciado en varias ocasiones la dejadez del gobierno municipal respecto al parque de la Guía. Problemas como la proliferación de árboles invasores (eucaliptos, acacias) que impiden disfrutar de las vistas sobre la ría de Vigo, la falta de una cafetería, la falta de un parque infantil, y la no ampliación de la carballeira, son solo algunos de los ejemplos de la falta de interés por potenciar y poner en valor este gran parque.

Desde la asociación, consideran que el estado del paseo, la exclusión del autobús turístico, y la falta de servicios básicos son indicadores claros de la falta de interés y dejadez del gobierno municipal en la promoción y cuidado de este importante espacio verde.