O Concello recibe “luz verde” do informe de Aviación Civil para a aprobación do PXOM

Abel Caballero informou que o Concello recibiu o informe de Aviación Civil do Goberno de España para seguir adiante co PXOM. “Agora enviámoslle á Xunta, que fai a avaliación final, despois será remitido a Costas para un último informe e partir de aí, aprobación definitiva no Pleno”, explicou

Vigo ten “luz verde” do Goberno de España para seguir adiante coa aprobación Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concello recibiu o informe de Aviación Civil asinado como favorable, así como o de Telecomunicacións, xa fai un mes.

Abel Caballero celebrou a recepción destes documentos “porque son un novo paso fundamental na tramitación do PXOM. O Plan de Ordenación Municipal vai a velocidade de cruceiro”, declarou

O alcalde explicou que “agora enviámoslle á Xunta, que fai a avaliación final, despois será remitido a Costas para un último informe e partir de aí, aprobación definitiva no Pleno”.

“O Plan vai a velocidade de cruceiro e cambiará historicamente a cidade de Vigo”, dixo o rexedor. O novo PXOM garante o acceso á vivenda, máis espazos verdes e novas dotacións e servizos imprescindibles.