A Xunta adxudica por preto de 400.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio

0

A actuación consistirá na substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, así como na renovación do novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga

As obras, cun prazo de execución de tres meses, inclúen tamén a substitución do falso teito da zona de aparcadoiro e reparacións nos accesos e na zona das caldeiras

A Xunta está a investir 9 M€ na mellora da sanidade pública de Moaña, onde constrúe un novo centro de saúde e comezará a operar proximamente unha nova ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de adxudicar á empresa Citanias Obras y Servicios, por importe de 397.988 euros,  as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña.

Os traballos que está previsto levar a cabo consistirán na disposición dun novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga. Tamén se procederá á substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, á substitución do falso teito na zona de aparcadoiro, á reparación das armaduras dos piares e rampla de acceso, á substitución de varanda e disposición de novo pavimento na rampla de acceso e á protección das caldeiras fronte a posibles inundacións.

O edificio que alberga o centro de saúde está recoñecido polo seu valor arquitectónico no Museo de Arquitectura de España, polo que é preciso que a intervención se leve a cabo conxugando o propio valor do edificio coas solucións ás carencias detectadas.

O prazo de execución dos traballos será de tres meses.

Esta actuación forma parte do importante esforzo que está a realizar a Xunta de Galicia por mellorar a sanidade pública de Moaña, onde actualmente está en execución un novo centro de saúde, na parroquia de Sisalde. Ese novo equipamento sanitario, no que a Consellería de Sanidade está a investir 8,3 M€, cofinanciado con fondos europeos do programa operativo Feder, estará rematado na primavera de 2025. Dese xeito, o Goberno galego está a investir preto de 9 M€ na sanidade pública de Moaña onde, tal e como anunciou o pasado martes o conselleiro de Sanidade, está previsto que comece a operar unha nova ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería, que reforzará a capacidade de asistencia durante todo o ano.

A Deputación inicia a próxima semana nove novos obradoiros do programa Provincia Activa para impulsar o envellecemento activo

0

170 veciños de 7 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, ximnasia de mantemento, bailes de salón, pilates ou, entre outras, risoterapia

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros de Provincia Activa, programa co que a institución provincial impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomentando a súa participación para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. A próxima semana, entre os días 23 e 28 de setembro, comezarán nove novos obradoiros doutras tantas entidades sociais que mobilizarán un total de 170 veciños de sete concellos da provincia: A Lama, Campo Lameiro, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os primeiros obradoiros serán o luns 23 de setembro, cando 19 persoas da Asociación de Xubilados de Vilalonga, de Sanxenxo, comezarán un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores. Xa o martes, 24 de setembro, darán comezo as súas accións formativas 25 maiores da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla (Sanxenxo), que impartirán o curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores; 15 da Asociación Cultural Xeada (Vilagarcía de Arousa) o de pandeireta e canto popular, e 18 da Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores (Vigo) o de pilates.

O mércores 25 de setembro serán 20 os usuarios de ATEGAL, en Vigo, os que comezarán o curso de bailes de salón. Pola súa banda, o venres 27 de setembro 24 usuarios da Asociación Veciñal de Praderrei (Campo Lameiro) comezarán o curso de risoterapia; 15 da Asociación Cultural San Mateo (Ponteareas) o de conservando a memoria, e 18 da Sociedade Cultural do Viso (Redondela) o de restauración de mobles e tapicería. Ese mesmo curso será o que comecen 16 usuarias da Asociación de Mulleres de Seixido (A Lama) o sábado 28 de setembro. En total, a Deputación ofertou catorce tipos de obradoiros no catálogo de Provincia Activa, divididos en seis bloques: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e están a participar nos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Rueda celebra la «nueva etapa» del Mosteiro de Oia tras un apoyo de 4 millones de la Xunta

0

Destaca que el complejo servirá para ampliar y mejorar los servicios del Camino Portugués de la Costa, una ruta que es la que más crece con más de 57.000 Compostelas recogidas hasta el momento

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, puso en valor el proyecto de restauración, rehabilitación y ampliación del Real Mosteiro de Oia presentado ayer como un ejemplo de protección del patrimonio y motor de desarrollo turístico.

En un acto celebrado en la sede de Afundación de Vigo, el titular del Gobierno gallego definió la iniciativa como  el «inicio de una nueva etapa» para este emblemático monumento del patrimonio gallego que cuenta con una ayuda de 4 M€ por parte de la Xunta para albergar un hotel y un restaurante. 

Estos apoyos forman parte de una línea destinada a apoyar iniciativas tractoras que supongan la rehabilitación con usos turísticos de lugares singulares del Camino de Santiago, en el marco del Plan Xacobeo Next Generation. En este sentido, el Monasterio de Oia, catalogado como Bien de Interés Cultural, forma parte del itinerario del Camino Portugués de la Costa, una ruta que, tal y como apuntó Rueda, es la que más crece con más de 57.300 Compostelas recogidas hasta el momento. 

Así, subrayó que, tras más de 20 años de esfuerzo por parte de los actuales propietarios, la empresa Residencial Mosteiro de Oia SA, el proyecto no solo es un hecho histórico, sino también un ejemplo de recuperación y puesta en valor del patrimonio cultural de Galicia para dejar también el mejor legado a las próximas generaciones.

Un objetivo que va en sintonía con la campaña impulsada este año por la Xunta, Que nuestra historia siga contando, para fomentar la sensibilización ciudadana sobre la importancia del cuidado del patrimonio cultural de la comunidad y en la cual el Monasterio de Oia fue uno de los elementos seleccionados.

Elemento vertebrador para la economía

Alfonso Rueda indicó que con este proyecto presentado hoy, además de preservar el patrimonio, se dinamizará la economía local y se fomentará un turismo sostenible y se mejorará los servicios para turistas y peregrinos. Con todo, la circulación de los usuarios turísticos no coincidirá con la de los asistentes a la iglesia ya que el espacio dedicado a uso turístico comprende únicamente el recinto cerrado intramuros.

Así, las Rutas Xacobeas están consiguiendo cifras de récord, con más de 393.000 Compostelas emitidas hasta el momento, y cada vez están más internacionalizadas, puesto que un 60% corresponde a peregrinos extranjeros. Al mismo tiempo, según un estudio de la Xunta en colaboración con la Universidade de Santiago, cada peregrino tiene un efecto económico equivalente a entre 2,4 y 3 turistas nacionales.

El IEO investiga la abundancia de cigala en Galicia a través de imágenes submarinas

0

Comienza la campaña ISUNEP25_0924 que, durante trece días, se llevará a cabo a bordo del buque oceanográfico Ramón Margalef

 Personal científico del Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) comenzó hace dos días la campaña ISUNEP25_0924 con el objetivo principal de estimar la abundancia de cigala en el noroeste de Galicia con tecnologías de imagen submarinas y muestreos biológicos.

Mediante un trineo fotogramétrico, se registrarán imágenes del fondo marino para determinar la abundancia de cigala (Nephrops norvegicus) del stock de Galicia Norte, que abarca unos 5800 km2 entre Fisterra y Cedeira. Esta metodología es utilizada por equipos científicos de ICES en varios stocks europeos para identificar y cuantificar las madrigueras activas de cigala con un impacto bajo en los fondos marinos sedimentarios donde habita esta especie. Para ello, se realizan transectos de grabación prefijados para cubrir toda el área del stock y se realizan muestreos mediante un patín epibentónico para obtener información biológica y genética sobre la cigala y analizar las comunidades del fondo marino.

Un equipo de expertos en bentos analizará el sedimento del área marina mediante muestreos con dragas. Por último, el equipo de geología durante la campaña realizará un cartografiado de alta resolución del fondo marino para caracterizar los fondos donde se encuentra la especie.

Esta campaña multidisciplinar permitirá obtener resultados adecuados para estimar la abundancia de cigala de una manera directa, “ya que las estimas provenientes de los datos pesqueros pueden estar condicionadas por los ciclos de permanencia de la cigala dentro de la madriguera o por la especie objetivo de cada marea de pesca”, explica Isabel Herráiz, investigadora del Centro Oceanográfico de A Coruña y responsable del proyecto.

Esta campaña, en la que participa personal de los centros oceanográficos de A Coruña, Vigo, Cádiz y Madrid del IEO, se realiza por tercer año y tiene una periodicidad anual.

La metodología empleada es la óptima para estimar la abundancia de cigala según los estándares europeos marcados por el Consejo Internacional para la Exploración del Mar (ICES, por sus siglas en inglés), el organismo intergubernamental que proporciona el consejo científico sobre los stocks del Noreste Atlántico a la Unión Europea.

A Rúa Príncipe acolle a exposición «Xuntos porque somos irmáns» de Aldeas Infantís SOS

0

Abel Caballero sumouse este mércores á iniciativa de Aldeas Infantís SOS para dar visibilidade á situación de dor das nenas e nenos que viven separados das súas irmás e irmáns e lonxe das súas familias, a través da exposición fotográfica “Xuntos porque somos irmáns” que permanecerá aberta ata o 13 de outubro na rúa Príncipe

“A exposición de Aldeas Infantís SOS é importante porque lanza as mensaxes de que hai que atender e acoller aos menores e de que os irmáns teñen que vivir xuntos teñan ou non con eles aos seus pais”. Así o reclamou hoxe o alcalde ante a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, o director territorial da ONG en Galicia, Víctor Muñoz Vázquez e a directora comercial do Grupo Planeta, Ronsel Cebrián, ao visitar a mostra que exhibe na rúa Príncipe un total de 33 fotografías realizadas por Iván Hidalgo a menores de Indonesia, Togo, Siria, Marrocos e Ucraína.

O rexedor sinalou que a continuidade en Vigo da mensaxe sobre a transcendencia da familia producirase co próximo despregamento do Nadal en toda a cidade.

Acollemento

O director territorial de Aldeas Infantís SOS, Víctor Muñoz, tras recalcar que a mostra é unha homenaxe aos irmáns en acollemento, explicou que coa exposición urxen a que afloren en todo o territorio nacional os datos sobre o número de irmáns que crecen separados.

Muñoz indicou que a ONG creou un programa especializado para favorecer a agrupación de irmáns nun fogar acolledor.

O Concello activa un protocolo para evitar incendios e garantizar a protección do entorno natural

0

Abel Caballero realizou unha mensaxe de “apoio e pésame” ás “vítimas e afectados polos incendios que están sufrindo os nosos veciños e amigos portugueses”

O rexedor explicou que “debido ás altas temperaturas que se están a rexistrar actualmente” o Concello esta tomando “medidas para garantizar a protección do entorno natural”. A Policía Local aumentará a súa vixilancia para tratar de evitar que se produzan lumes incontrolados na área forestal do municipio de Vigo.

O protocolo de actuación que relatou Caballero, conta con diferentes medidas:

  1. Realizarase unha patrullaxe preventiva: Cando menos, unha patrulla en moto, realizará percorridos diarios polas sendas e pistas forestais, con especial atención ás zonas de maior risco de incendios.
  2. Vixilancia en puntos estratéxicos: As patrullas posicionaranse en puntos elevados seleccionados, que permitan unha ampla visibilidade da masa forestal, co obxectivo de detectar sinais de lume ou actividades que poidan comprometer a seguridade.
  3. Detección de actividades sospeitosas: Durante o percorrido, as patrullas deberán estar atenta a calquera comportamento ou actividade inusual que poida representar un risco potencial de incendio.
  4. Colaboración cidadá: A colaboración cidadá é esencial no marco da vixilancia preventiva.
  5. Informe diario: Ao finalizar cada xornada, a patrulla asignada deberá presentar un informe detallado das actividades realizadas, incidencias rexistradas e calquera observación relevante.

Ante a proliferación de incendios forestais no norte de Portugal, o alcalde quixo trasladar, unha mensaxe de “apoio e pésame” ás “vítimas e afectados polos incendios que están sufrindo os nosos veciños e amigos portugueses”.

A Xunta destaca o potencial da automoción galega e a necesidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible

0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura da terceira edición do congreso ‘Automob Summit’ de Asime, onde explicou o compromiso do Goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou na inauguración a aposta do Goberno galego pola competitividade do sector da automoción con axudas de ata 22M€ e a elaboración dun plan director

A Administración autonómica seguirá reclamando con lealdade máis fondos europeos para unha industria tractora e crucial para Galicia como é a automoción, xa que dos 33.000M€ dos pertes industriais, as empresas galegas solo recibiron uns 640M€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura do congreso Automob Summit, organizado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), que celebrou onte e hoxe a súa terceira edición co obxectivo de ofrecer un foro de encontro para a industria da automoción e debater a mobilidade do futuro a nivel internacional.

Na súa intervención, destacou o compromiso da Xunta cunha mobilidade sostible a través da Estratexia Galega de Mobilidade, unha folla de ruta a seguir ata 2050 cun orzamento de 420 millóns de euros e case un cento de medidas para garantir desprazamentos sostibles. Trátase -explicou- de “reducir os desprazamentos, a distancia dos traslados, as emisións contaminantes e os accidentes de tráfico”.

De feito, entre os obxectivos marcados destaca que o 90% da poboación estea a menos de 30 minutos da cabeceira da súa área sanitaria ou a menos de 15 minutos da rede viaria de altas prestacións,  acadar cero emisións ou reducir un 5% os desprazamentos por estrada en 2050 e que o 30% dos desprazamentos en 2030 sexan non motorizados.

Diego Calvo explicou que, para acadar estes obxectivos, a Xunta continuará a poñer en marcha infraestruturas sostibles como sendas peonís e ciclistas, puntos de intercambio modal ou aparcamentos disuasorios, ademais de fomentar o transporte público. Nesta liña, lembrou que a estratexia aliñase con outras iniciativas do Goberno galego como o Plan de Transporte Público de Galicia.

Como lembrou o conselleiro de Presidencia, este plan supón un investimento anual de 140 millóns de euros anuais para que o autobús regular chegue a zonas onde non o había. Así, referiuse a que o aumento de número de paradas e liñas permitiu que actualmente máis do 90% da poboación teña unha parada a menos de 500 metros da casa.

Compromiso da Xunta coa automoción galega

Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou durante o acto de inauguración a aposta da Xunta pola competitividade do sector da automoción en Galicia e reclamou unha vez máis ao Goberno central unha distribución xusta dos fondos europeos. “Reclamámolo porque non vemos que se estea levando a cabo unha xestión de calidade por parte do Goberno de España e imos a seguir reclamando con lealdade o que é de todos os galegos e galegas”, dixo.

A conselleira manifestou de novo o descontento do Goberno galego pola forma na que o Executivo central está a xestionar estas axudas e insistiu en que “imos seguir exixindo os máximos estándares de calidade na xestións destes fondos e a súa distribución xusta tendo en conta o peso de cada industria en cada comunidade autónoma”, dixo.

Neste sentido, Lorenzana explicou que hai oito pertes industriais deseñados cun orzamento de máis de 33.000 millóns de euros dos que as empresas galegas recibiron uns 640 millóns. “Case un 70% destes 33.000 millóns está sen resolver por parte da Administración central”, sinalou.

Ademais, expuxo a importancia do sector da automoción en Galicia, que segundo o datos de Asime, supón na economía galega máis de 19.600 postos de traballo e máis de 12.300  millóns de facturación. Así mesmo, sinalou que a Xunta está a destinar fondos propios para o sector da automoción “e ímolo seguir facendo pero precisamos fondos europeos para esta industria tractora e crucial para Galicia”, apuntou.

Durante a súa intervención, a titular de Economía e Industria, puxo en valor os apoios da Xunta de Galicia a este sector co obxectivo de que non perda competitividade fronte a terceiros países no actual escenario de transformación.

Neste marco, Lorenzana destacou o Plan director da automoción, cuxo borrador xa está en fase de alegacións; a liña de axudas extraordinaria para as empresas de compoñentes por importe de 18 millóns, ao que se suma outro paquete de apoios de 4 millóns para o CTAG; ou no ámbito da comercialización, a ampliación ata finais deste ano, do Moves III do que xa se concederon máis de 32 millóns en apoios para incentivar a compra de vehículos eléctricos. Cómpre sinalar que ata o domingo conmemorase a Semana europea da mobilidade, que este ano ten como tema o espazo público compartido e como lema Combina e móvete!.

A Deputación iluminará este sábado o Pazo provincial en apoio ás persoas que sofren Alzhéimer e os seus achegados

0

A institución provincial mantén un total compromiso na loita contras as enfermidades neurodexenerativas. Este mesmo mércores, a deputada provincial Sandra Bastos fixo entrega na sede de Vigo do premio anual de relato curto de AFAGA

A Deputación de Pontevedra iluminará o Pazo provincial de verde durante a madrugada do sábado 21 de setembro, desde as 0:00 horas ata as 8:00 horas do domingo 22, co gallo do Día Mundial do Alzhéimer. Deste xeito, a institución provincial únese ás iniciativas promovidas por AFAGA Alzhéimer como xesto de solidariedade e compromiso coas persoas que sofren esta doenza e mais cos seus achegados.

O ente provincial mantén un total compromiso na loita contra as enfermidades neurodexenerativas en xeral, e co Alzhéimer en particular, uníndose ás campañas e proxectos que, como a desenvolvida este ano por AFAGA coincidindo co seu 30º aniversario, sensibilizan e dan visibilidade á enfermidade. Este mesmo mércores a deputada provincial Sandra Bastos fixo entrega na sede de Vigo da institución do premio anual de relato curto deste colectivo, que é ademais un dos integrados no proxecto “Alzhéimer de preto” desenvolvido por FADEAL (Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Alzhéimer e outras demencias) para realizar sesións informativas para dar a coñecer as enfermidades neurodexenerativas entre a poboación da provincia de Pontevedra. A institución provincial tamén apoia outros colectivos que centran a súa actividade nesta doenza, como Afapo, AFAMO ou Afasal, que prestan atención na provincia. A Deputación, tal e como recordou a deputada provincial Sandra Bastos na entrega do premio de relato curto de AFAGA, considera de vital importancia sumarse a iniciativas que teñen como obxectivo concienciar a cidadanía, informar sobre trastornos como o Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, así como amosar todo o seu apoio ás persoas doentes e ás súas familias.

O BNG avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade e bus en Vigo

0

A fronte nacionalista vai percorrer os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’ ante a “oportunidade” que abre a fin da concesión de Vitrasa en 2025

Cualifica de “broma pesada” que a única medida do Goberno de Caballero na Semana Europea da Mobilidade sexa facer gratuíto o bus turístico cando aínda non se recuperaron máis de 250 frecuencias do transporte urbano recortadas desde 2019

Xabier P. Igrexas: “A única simpatía que ten o alcalde pola mobilidade alternativa ao coche é a súa complicidade sen límites coa dirección empresarial de Vitrasa”

O Bloque Nacionalista Galego avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade e de bus urbano en Vigo. A fronte nacionalista vai percorrer nos vindeiros meses os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’, cun decálogo de medidas para revolucionar o transporte na cidade ante a “oportunidade” que abre a fin da concesión de Vitrasa en xuño de 2025.

“Diante dun Goberno de Abel Caballero que nos quere seguir condenando a ser unha cidade na que utilizar o coche é case obrigatorio, e cun modelo de Zonas de Baixas Emisións baseado en restricións e multas a quen non se poida permitir un coche híbrido ou eléctrico, o BNG queremos facer da mobilidade un dos principais eixos da nosa acción durante este curso político”, afirmou o portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas.

Con esta campaña, explicou, o Bloque quere dar a coñecer as súas alternativas para un xiro radical na mobilidade de Vigo, potenciando o uso do transporte colectivo, democratizando o espazo público para que as persoas gañen espazo sobre os coches, e “avanzar desta maneira cara a unha cidade máis habitábel, segura e moito máis verde”.

A este respecto, Igrexas cualificou de “broma pesada” que a única medida do Goberno local na Semana Europea da Mobilidade sexa facer gratuíto o bus turístico. “É unha demostración máis da súa nula política de mobilidade e do seu desprezo polo transporte público”, afeou o portavoz nacionalista.

Dende a fronte nacionalista demandaron, en contraposición a esa “medida ridícula”, que se recuperen as máis de 250 frecuencias de bus urbano suprimidas desde 2019; alagar a mellora dos servizos nocturnos; despregar novas lanzadeiras para conectar o hospital Álvaro Cunqueiro; facer gratuíto o bus durante todo o ano para as persoas menores de 14 anos e desempregadas de baixos recursos. “Iso si que serían compromisos concretos e unha aposta real polo transporte público”, defendeu Igrexas.

Decálogo de medidas da campaña ‘Máis buses, menos multas’ do BNG de Vigo:

1. Máis frecuencias e mellores horarios de bus

2. Un novo mapa de liñas.

3. A posta en marcha dunha liña CERO que conecte Navia até Teis.

4. A mellora da conexión cos hospiatis, co campus universitario e outros servizos públicos

5. Máis e mellor servizo nocturno

6. Promover a intermodalidade

7. Facer gratuítos dous transbordos por horarios

8. Reducir o prezo do billete e máis bonificacións

9. Remunicipalizar o servizo, para que sexa xestionado por unha empresa pública

10. Despregar unha alternativa integral de Zonas de Baixas Emisións “que non sexa a mala copia de Madrid Central que quere impoñer Caballero”.

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que tivo lugar na sede da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) en Vigo. No acto tamén estiveron presentes o presidente de Asime, Justo Sierra, o presidente do Porto de Vigo, Carlos Botana, e a consellería de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. O Automob Summit reuniu ás empresas líderes da industria da automoción e a mobilidade e nel debateuse sobre o estado da industria, a mobilidade, a cadea de subministros e temas de actualidade para o sector, como a descarbonización e a irrupción dixital na industria. A vicepresidenta provincial tamén estivo presente na clausura, que contou coa participación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.