Abel Caballero realizou unha mensaxe de “apoio e pésame” ás “vítimas e afectados polos incendios que están sufrindo os nosos veciños e amigos portugueses”
O rexedor explicou que “debido ás altas temperaturas que se están a rexistrar actualmente” o Concello esta tomando “medidas para garantizar a protección do entorno natural”. A Policía Local aumentará a súa vixilancia para tratar de evitar que se produzan lumes incontrolados na área forestal do municipio de Vigo.
O protocolo de actuación que relatou Caballero, conta con diferentes medidas:
- Realizarase unha patrullaxe preventiva: Cando menos, unha patrulla en moto, realizará percorridos diarios polas sendas e pistas forestais, con especial atención ás zonas de maior risco de incendios.
- Vixilancia en puntos estratéxicos: As patrullas posicionaranse en puntos elevados seleccionados, que permitan unha ampla visibilidade da masa forestal, co obxectivo de detectar sinais de lume ou actividades que poidan comprometer a seguridade.
- Detección de actividades sospeitosas: Durante o percorrido, as patrullas deberán estar atenta a calquera comportamento ou actividade inusual que poida representar un risco potencial de incendio.
- Colaboración cidadá: A colaboración cidadá é esencial no marco da vixilancia preventiva.
- Informe diario: Ao finalizar cada xornada, a patrulla asignada deberá presentar un informe detallado das actividades realizadas, incidencias rexistradas e calquera observación relevante.
Ante a proliferación de incendios forestais no norte de Portugal, o alcalde quixo trasladar, unha mensaxe de “apoio e pésame” ás “vítimas e afectados polos incendios que están sufrindo os nosos veciños e amigos portugueses”.

