Xunta e Museo do Mar iluminan o Camiño Portugués da Costa

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago ilumina este Nadal ata o 8 de xaneiro de xeito especial monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago 

Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta de Galicia iluminará este Nadal ata o 8 de xaneiro de xeito especial medio cento de monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago, entre eles a Delegación da Xunta en Vigo e o Museo do Mar de Galicia.

A iniciativa enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.

O Camiño Portugués da Costa ten así monumentos iluminados na provincia de Pontevedra. Trátase da Capela Santa Liberata de Baiona, a Torre do Reló de A Guarda, o Pazo de Mos, a Delegación da Xunta e o Museo do Mar de Galicia en Vigo.