Wöyza & The Galician Messengers pecharán o VigoFem no Teatro Salesianos

Ante a previsión de choiva deste venres, o alcalde anunciou o traslado do concerto da Porta do Sol ao Teatro Salesianos. A artista actuará á mesma hora – ás 21 horas – no marco do programa municipal VigoFem. A actuación da viguesa supón o peche do repertorio artístico e cultural protagonizado por mulleres que se desenvolveu na cidade durante toda a semana. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.