Dende este venres pola tarde, mañá sábado e durante os vindeiros luns, martes e mércores
Empregaranse buses articulados que contan cunha maior capacidade
A liña 9A reforzarase con buses adicionais e unha maior frecuencia
Realizarase un control en tempo real da ocupación para adaptar o servizo ás necesidades de mobilidade
Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, reforzará o servizo para facilitar os desprazamentos dos vigueses e viguesas chamados ao cribado con test de antíxenos que terá lugar durante os vindeiros días no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Neste sentido, dende este venres pola tarde, mañá sábado e durante o luns, martes e mércores da semana que ven, reforzarase o servizo da liña L9A, que é a que chega ata o IFEVI, con buses articulados e unha maior frecuencia. Vitrasa tamén realizará un control en tempo real da ocupación para adaptar o servizo ás necesidades de mobilidade durante os días do cribado.

