Con motivo da celebración do San Xoán en Vigo, a noite do 23 de xuño Vitrasa reforzará a liña nocturna (N1) para dispoñer dunha frecuencia de paso de 20 minutos en zonas como o centro, Coia, Bouzas ou Samil.
Recordan que o itinerario da liña N1 inclúe as seguintes rúas: Samil – Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz- Príncipe – Trav. Vigo – Buenos Aires – S. Badia – G. Barbón – P. Sanz – V. Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil.
Do mesmo xeito, desde ás 19:00 todálas liñas regulares a Samil disporán dun servizo de reforzo:
Parada | Liñas | Frecuencia Media |
Choróns | L15A – L15B – L15C | 17 minutos |
Policarpo Sanz | L10 – L15B – L15C | 17 minutos |
Praza América | L10 – L15A | 20 minutos |
A información completa sobre percorridos e horarios estará dispoñible en vitrasa.es e Vigo App.